"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Revista mensual bilingüe que saíu á luz o 12 de decembro de 1995 en Bos Aires, subtitulada “Del Grupo Nós de Buenos Aires” e baixo o lema “Un medio para la expansión gallega en el mundo”. O seu editor e presidente foi Álvaro Campos. Dirixida por Rodolfo A. González, entre os seus colaboradores figuraban Graciana Vázquez Villanueva, Xosé M. Manteiga, Rosa Puente, Ramón Suárez, Eduardo Vázquez e Victoria Besada. Trátase dunha publicación que inclúe novas da actualidade social, política e económica de Galicia, á parte das actividades das institucións galegas nese país e das visitas que realizan diferentes personalidades do mundo político e cultural. Case todos os artigos van ilustrados con fotografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal que saía dúas veces á semana (xoves e domingos), que apareceu o 21 de novembro de 1811 e cesou o 28 de xuño de 1812. Impreso por Ignacio Aguayo, encargouse da súa redacción Manuel Freire Castrillón. Como voceiro da devandita comisión, trátase dunha publicación oposta á política liberal e á Constitución de 1812.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter liberal que apareceu no ano 1821. Dirixiuna Manuel Pardo de Andrade e tiña a misión de informar ao público en xeral sobre asuntos políticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de corresponder ou de corresponderse.

      2. Relación establecida entre cousas que se corresponden.

      1. Comunicación entre dúas ou máis persoas por escrito mediante o intercambio de cartas.

      2. Conxunto de cartas, impresos e todo tipo de documentos ou envíos que circulan por medio do correo, incluídas as comunicacións telegráficas e telefónicas. A inviolabilidade da correspondencia é un dereito persoal, e calquera acción na súa contra constitúe un delito. A correspondencia relativa ás operacións dos comerciantes denomínase correspondencia mercantil.

    1. Unha correspondencia entre dous conxuntos A e B vén definida como un subconxunto do produto cartesiano A¥B. Nunha correspondencia entre A e B, o conxunto A chámase dominio e o conxunto B imaxe. Se cada elemento do dominio se corresponde cun ou ningún elemento do conxunto imaxe, a correspondencia é unha función. Pódese falar de composición ou produto de correspondencias. Se C 1 é unha correspondencia entre A e B, e C 2 é unha correspondencia entre B e C, C 2 ¥C 1 é a correspondencia entre A e C, definida deste xeito: (a,bC 2 ¥C 1 se existe un bÎB tal que (a,bC 1 e (b,cC 2 . O produto de correspondencias é asociativo....

    2. Manifestación literaria dun concepto procedente do esoterismo, que defende a existencia de analoxías ocultas entre os diferentes elementos que compoñen o universo. Reflíctese nos textos no entrecruzamento de sensacións, de xeito que unha se entenda en termos doutra, producindo relacións e coincidencias inesperadas entre elas, por exemplo, asociacións de sons e formas, ou cores, e olores que confirman a lei suprema da creación, a variedade na unidade e a unidade na variedade. Este procedemento está na base da figura retórica coñecida como sinestesia. A publicación de Arcana Coelestia (1745-1756), de Enmanuel Swedenborg, supuxo un avance importante no desenvolvemento do concepto. Preséntao como unha resposta á necesidade humana de localizar un elemento común a toda a realidade material, que xustifique a súa unidade. A obra establece tamén un vínculo cos símbolos, ao concibir o home como unha síntese do mundo material, representada polo seu corpo, e do celeste ou sobrenatural, a onde...

    3. Principio que relaciona a mecánica clásica coa cuántica. Estableceuno Niels Bohr en 1923 ao afirmar que os resultados da mecánica clásica poden servir de guía na elaboración da mecánica cuántica e dan, deste xeito, unha imaxe coherente do mundo real. Na nova formulación da mecánica cuántica, o principio de correspondencia establece que o valor medio dun determinado estado cuántico ten que ser reducido, no límite (cando a constante de Planck h tende a cero), ao valor clásico da magnitude correspondente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal que apareceu na Coruña o 1 de xuño de 1867 baixo o subtítulo de “Diario de noticias, intereses materiales y anuncios”. Dirixiu a publicación Xosé María Montes e figuraba como redactor Froilán de Salazar. Impresa nos obradoiros tipográficos de Eusebio Cascante, incluíu artigos sobre historia, viaxes e literatura, á parte de información xeral sobre noticias nacionais e estranxeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Pontevedra en 1874 e cesou en 1913. Tivo unha segunda etapa que se iniciou en 1889 baixo o subtítulo de “Diario de Pontevedra”. Os seus contidos, de tendencia conservadora, foron evolucionando cara a posturas máis liberais. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xosé Millán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cargo de correxente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de baloncesto feminino fundado en 1987 no seo do Instituto de Bacharelato do Carril (Vilagarcía de Arousa). O seu equipo, que viste uniforme de color celeste e xoga os partidos como local no pavillón de Fontecarmona, ascendeu á máxima categoría da Liga española na tempada 1996-1997, competición que disputou nas tempadas 1997-1998, 1998-1999, 1999-2000, 2000-2001 e 2001-2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás corticiáceas.

    2. Fungo da familia das corticiáceas.

    3. Familia de fungos, da subclase das afiloforomicetídeas, á que pertencen os xéneros Lyomyces, Merulius, Peniophora, Phlebia, Terrana e Vuilleminia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación territorial da administración de xustiza que inclúe os concellos de Arteixo, Cambre, Carral, Cerceda, A Coruña, Culleredo e Oleiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Circunscrición administrativa de España, unha das catro nas que se divide a Comunidade Autónoma de Galicia, situada no seu cuadrante NO. Integrada por 94 concellos (2001) agrupados en 18 comarcas (A Coruña, A Ferrolterra, Terra de Santiago, Arzúa, Barbanza, A Barcala, Bergantiños, Betanzos, Eume, Fisterra, Muros, Noia, Ordes, Ortegal, O Sar, Terra de Melide, Terra de Soneira e Xallas), abrangue unha superficie de 7.942,8 km2,nos que acolle unha poboación de 1.110.302 h (1996). A súa capital é A Coruña. Eclesiasticamente, o seu territorio repártese entre as dioceses de Santiago, Mondoñedo-Ferrol e Lugo.
    Orixe e delimitación da demarcación
    Aínda que a cidade da Coruña conseguiu no final do Antigo Réxime converterse en capital dunha das provincias do Reino de Galicia, o primeiro precedente que se pode considerar é a prefectura proxectada polo goberno do Rei Xosé I Bonaparte, que coincidía en gran medida coa actual demarcación. Non obstante , non foi ata o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adiviñación que se efectúa empregando unha peneira. Un dos métodos máis utilizados en Galicia consiste en que unha persoa especializada, tras abrir unhas tesoiras e pendurar da súa punta unha peneira, pronuncie ditos do xeito de “co poder de Deus e das areas do mar/dime, peneiriña, que che hei preguntar” e, despois, a persoa preocupada polo futuro concentra o pensamento no que desexa saber. A peneira indica resposta afirmativa ao se decantar á dereita ou co simple movemento, mentres que a quietude ou o xiro á esquerda son sinal da negación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e deseñador. Estudiou na Escola de Artes Decorativas de António Arroio (1943-1948), da que foi profesor, e pintura na Escola Superior de Belas-Artes de Lisboa, onde exerceu dende 1976 como profesor na sección de arquitectura. Foi tamén profesor na Sociedade Nacional de Belas-Artes (1968) e na facultade de Arquitectura da Universidade Técnica de Lisboa. O seu traballo centrouse no campo do deseño de interiores. Entre as súas intervencións destacan o reitorado da Universidade de Lisboa (1960) e a oficina da TAP en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Trasladouse en 1964 a Barcelona, onde estudiou pintura con Josep Maria Baixas i Castellví (1969) e na Escola de Llotja (1973), na que cursou estudios de litografía e gravado en 1977. Dende 1982 dedícase exclusivamente á pintura. As súas primeiras obras foron naturezas mortas e paisaxes; nestas últimas introduciu o eixe da súa pintura: a figura humana. Nun primeiro momento foron tres ou catro figuras espalladas polo cadro, despois representou multitudes ou grupos, para pouco a pouco reflectir novamente tres ou catro persoas caracterizadas polas miradas intensas dos seus rostros. Formalmente, as súas figuras están ben perfiladas pero tamén se achegan á abstracción. A cor lembra os fauvistas, mentres que a sinuosidade da liña recorda os expresionistas, pero en ningún caso son obras de carácter dramático. Cultivou tamén o cartelismo (Letras Galegas, Barcelona, 1987) e a ilustración (Contos e lembranzas, de J. A. Pet Posse). Participou en numerosas exposicións colectivas e realizou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación fundada en 1998 baixo a iniciativa dun grupo de persoas, convocadas pola Fundación dos Premios da Crítica Galicia, coa finalidade de recuperar a memoria histórica daquel lugar. Os seus fundadores foron Xosé González Martínez, Luís García Mañá, Bieito Ledo Cabido, Xosé Manuel Cid Fernández, Bento da Cruz, Xesús Ferro Ruibal, Xoán Fonseca Moretón, Xosé María Fonseca Moretón, Modesto Hermida García, Álvaro López Mira, Benito Montero, Antón Pulido, Xosé Benito Reza, Máximo Salinas Valencia e Carlos Varela García. A eles engadíronse Xosé Ramón García Rivero e veciños das parroquias que integraban o Couto Mixto. Presidida por Máximo Salinas Valencia, desenvolveu unha serie de actividades entre as que destacan os cursos de verán celebrados en colaboración coas universidades de Vigo e Tras-Os-Montes, en Chaves e Celanova (1999) e Xinzo de Limia (2000), e o proxecto do Museo Aberto do Couto Mixto que ten como finalidade a recuperación das construcións adxectivas do lugar e que se desenvolve...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Emigrou a La Habana (1914) onde fundou a Sociedad Natural de Ortigueira (1928) e a Federación de las Sociedades Españolas de Cuba (1957), e presidiu a Sociedad Artístico-cultural Rosalía de Castro. En 1971 estableceuse en Miami onde fundou a Casa de los de Santa Marta de Ortigueira (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de enlace entre dous átomos na que cada átomo achega un dos electróns de cada un dos pares de enlace compartidos (covalencia normal) ou na que un dos átomos achega os dous electróns do enlace (covalencia dativa ou coordinada). I. Langmuir propuxo este termo en 1919 en oposición ao de electrovalencia, empregado ata entón para describir a transferencia de electróns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de abrandamento dos ósos do cranio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mesa que se pon preto do altar onde se coloca o necesario para a celebración dos actos litúrxicos.

    2. Aparador ou andel no que se poñían as bebidas para servírllelas ao rei ou ao señor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que acredita.

    2. Documento no que consta o cargo ou a situación oficial dunha persoa.

    3. carta credencial.

    VER O DETALLE DO TERMO