"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • GALICIA

    Político. Enxeñeiro agrónomo pola Universidad Politécnica de Madrid, en 1978 fundou a empresa Digrama SL e en 1991 Valdamor SA, na que desempeñou o cargo de secretario e conselleiro-delegado; en 1981 foi nomeado director-xerente da Cooperativa do Ribeiro. Foi conselleiro do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (1989) e presidente da Confederación de Empresarios Ourensáns (1993). Foi elixido deputado por Ourense na candidatura do Partido Popular nas eleccións de 1993, cargo que abandonou para presentarse á alcaldía de Ourense, obxectivo acadado en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Conxunto das dezasete illas e illotes do arquipélago das Balears, no Mar Mediterráneo, situado ao S da illa de Mallorca, da que está separado pola canle de Cabrera. Fórmano as illas de Cabrera, Conills, Imperial, Redonda, Esponja, Plana, Pobra, Foradada e Freda (ou das Rates), o illote das Bledes, Illó, Pla e os cinco illotes das Estels.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Como comandante da guarnición da Coruña, apoiou o alzamento que encabezou Juan Díaz Porlier o 19 de setembro de 1815 para reinstaurar a legalidade constitucional. Non obstante , a pesar da súa intervención neste pronunciamento, non chegou a cumprir a pena imposta trala derrota do exército sublevado debido a que logrou fuxir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xefe indio nas tribos das Antillas; posteriormente este nome estendeuse polo resto da América hispánica.

    2. Persoa importante dunha aldea ou vila, que exercía unha influencia excesiva nos asuntos políticos e administrativos, por mor do seu prestixio profesional ou polo seu poder económico ou ideolóxico, sen estar investido xuridicamente para exercer ningún cargo político ou administrativo. A súa actuación adoitaba estar marcada polo favoritismo e o clientelismo; ademais, lograba defraudar nas votacións de xeito que saise elixido o candidato proposto polo poder. O cacique foi un elemento fundamental nas democracias parlamentarias latinas de finais do século XIX e comezos do XX, sendo en Galicia onde acadou a súa manifestación paradigmática. A figura do cacique foi obxecto de crítica por moitos escritores e políticos galegos. Para Valentín Lamas Carvajal, a tríade cacique-alcalde-secretario son os tres deuses do olimpo campesiño, como reflectía no Catecismo do labrego (1889): “-Quen son eses deuses?, -O alcalde noso señor, o secretario noso amo e o cacique noso dono”. Unha das críticas...

    3. Político que exerce o poder de xeito autoritario baseándose no clientelismo e no favoritismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exercer a autoridade ou a influencia indebidamente nun lugar ou nun asunto para beneficiar a uns e prexudicar a outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao cacique.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Sistema político no que se manifestou o clientelismo electoral nas sociedades rurais con pouco nivel de desenvolvemento e instrución; o caciquismo nas cidades e nas zonas obreiras era máis difícil, pero tamén se rexistrou. Caracterízase pola continuada influencia que exercen persoas dominantes na sociedade pola súa profesión (mestres, médicos, avogados, etc), polo seu labor ideolóxico (cregos) ou pola súa riqueza (banqueiros, empresarios, etc), que constituían a oligarquía local e servían de enlace entre o poder e os habitantes do lugar. O cacique desenvolvía actividades políticas sen estar instituído de ningunha investidura xurídica que lle acreditase esa función: o cacique non era o político electo, senón o “compoñedor” dos resultados electorais a través da práctica do clientelismo, o favoritismo e o pucherazo. Neste sentido, o caciquismo funcionou como un instrumento electoral que, dentro dunha racionalidade política, ao abeiro dunha lexislación determinada e nunha democracia parlamentaria,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración dos humores do corpo, segundo a medicina antiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cacoquimia.

    2. Afectado de cacoquimia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Iniciou en 1762 a carreira militar. Un ano máis tarde participou na invasión de Portugal e logrou o favor do conde de Aranda. Foi un exemplo literario da transición entre o neoclasicismo (Sancho García, 1771; Ocios de mi juventud, 1773) e o prerromanticismo (Noches lúgubres, 1790), e expresou a súa mentalidade europeizante na obra satírica Los eruditos a la violeta (1772). Amosouse tamén crítico en Cartas marruecas, a súa obra máis importante, publicada por entregas no Correo de Madrid entre o 14 de febreiro e o 25 de xullo de 1789, e cunha segunda edición en 1723, baseada en Les lettres persanes (As cartas persas) de Montesquieu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma invariable que significa ‘cada persoa, cada un’ e que se emprega sen distinción para toda persoa (

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya, na comarca do Alt Empordá, no cabo de Creus (1.852 h [1996]). Porto pesqueiro na súa orixe, as actividades náuticas deportivas convertérono nun centro turístico de gran relevancia internacional nos anos cincuenta e sesenta, potenciando o carácter de lugar de veraneo das clases burguesas catalanas, que adquirira dende comezos do s XX. Tamén, grazas á residencia do pintor Salvador Dalí, converteuse nun gran centro de atracción para pintores e escritores vangardistas como André Breton, García Lorca, Paul Éluard, Man Ray e Max Ernst, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Cadaval Ayaso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido dun cheiro repulsivo que se obtén por destilación ao quentar trióxido de arsénico cun acetato alcalino; coñécese tamén co nome de líquido arsénico fumegante, que ten como principal constituínte o óxido de cacodilo. Foi descuberto polo químico L. C. Cadet de Gassicourt (París 1731 - 1799).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Embarcación lixeira de remos usada nas costas do Bósforo.

    2. Embarcación de pesca de cabotaxe, de casco moi robusto e pouco calado, que arbora un pau ou dous ademais do bauprés. É propia da zona do Mar Mediterráneo oriental.

    3. En Portugal, embarcación de pesca, de aproximadamente 12 m de lonxitude, usada na costa do Algarve.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo ou á lingua cakchiquel.

    2. Individuo do pobo cakchiquel.

    3. Pobo amerindio da familia maia-quiché que habita na zona comprendida entre a cidade de Guatemala e o lago Atitlán. Na etapa precolombina organizábanse nun sistema teocrático militar, con capital na cidade de Iximché. Logo dunha breve resistencia aos invasores españois, uníronse a eles contra os quichés e os zutuhiles. Na actualidade o pobo está constituído por uns 350.000 membros.

    4. Lingua do grupo amerindio setentrional pertencente á familia lingüística maia-quiché, que se fala nos departamentos de Sololá, Chimaltenango, Sacatepéquez e Escuintla, en Guatemala. Dentro do cakchiquel distínguense as variedades: cakchiquel central, con 132.200 falantes repartidos polo sur de Guatemala e Chimaltenango; cakchiquel oriental, con 85.900 falantes no noroeste e cerca da cidade de Guatemala; cakchiquel sur-central, con 73.300 falantes e o cakchiquel de Santo Domingo de Xenacoj, con 5.200 falantes no oeste de Guatemala; cakchiquel occidental, con 69.000 falantes ao norte e leste do lago Atitlán; cakchiquel meridional, con 43.000 falantes na área sur de Antigua; cakchiquel setentrional, con 16.000 falantes nas montañas centrais; cakchiquel de Santa María de Jesús, con 9.900 falantes no sudeste de Antigua; e cakchiquel sudoeste Yepocapa, con 8.000 falantes en Yepocapa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deán. Foi cóengo arquiveiro da catedral de Mondoñedo. Formouse no Seminario Conciliar de Mondoñedo e licenciouse e doutorouse en Teoloxía na Universidad Pontificia de Comillas e en Madrid. Profesor de teoloxía dogmática e reitor no Seminario de Mondoñedo, foi titular da mesma materia no Instituto Teolóxico Compostelano. Publicou numerosos libros, entre os que destacan: Guía de la diócesis de Mondoñedo (1960), El monasterio de la isla de Colleira. Historia y leyenda (1983), e Catálogo-regesta de la documentación medieval, escrita en pergamino, del Archivo catedralicio de Mondoñedo (871-1492).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestra. Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela no 1945 e tamén realizou estudios de peritaxe mercantil. No 1961 fundou, xunto co seu marido Antón Beiras, o colexio Rosalía de Castro de Vigo onde puxo en práctica as novas técnicas pedagóxicas recomendadas pola UNESCO, os métodos de Pestalozzi e outros recursos propios do movemento contemporáneo da Escola Nova europea; ademais prestou especial atención á lingua e cultura galega. No 1967 comezou a súa relación coa asociación catalá de mestres Rosa Sensat, centrada na investigación pedagóxica. A partir de aquí, nos primeiros anos setenta, celebráronse en Vigo varios cursos pedagóxicos con profesorado catalán desa asociación. Por todo o seu labor docente recibiu unha homenaxe, promovida pola asociación Rosa Sensat, en Barcelona o 5 de xullo de 1999 e tamén, nese mesmo ano, foi homenaxeada pola facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Escribiu dúas obras inéditas: O...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrador. Coñécese como o pai da chamada escola valenciana e introdutor das formas pop na ilustración infantil e xuvenil. Cultivou o deseño gráfico, o cartelismo e a publicidade. Gañou, entre outros, o Premio Nacional de Ilustración en 1989.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á tribo dos calchaquís.

    2. ETN Individuo do pobo amerindio pertencente á familia diaguita.

    3. ETN Pobo amerindio da familia diaguita, actualmente extinguido, que habitou no NO de Arxentina, nas provincias arxentinas de Tucumán e Santiago del Estero e no S do Chaco. Crearon unha extensa rede de canais para regar os cultivos e a súa economía complementábase coa gandería da llama e da vicuña. Consérvanse abundantes restos deste pobo, especialmente as fortificacións ou pucaras e unha interesante cerámica con fins funerarios.

    VER O DETALLE DO TERMO