"BRE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 949.

  • Parte ventral e cóncava da umbrela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da vertente atlántica. Nace a 500 m de altitude na parroquia da Porta, no concello de Sobrado, da confluencia de varios regos que drenan os montes do Bocelo, entre eles o Rodelo, que forma a lagoa de Sobrado. O seu curso adopta unha dirección básica L-O, que se adapta ás fracturas tectónicas que atopa ao seu paso, e coa que drena os concellos de Sobrado, Vilasantar, Mesía, Boimorto, Frades, Arzúa, Oroso, O Pino, Santiago de Compostela e Trazo. A partir do límite entre estes dous últimos concellos a súa dirección vira definitivamente cara ao SO. Atravesa entón os concellos de Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión e Negreira, servindo de límite municipal entre eles, como xa fixera nalgúns casos no seu curso alto. O encoro Barrié de la Maza represa o seu caudal ao longo de 14 km. A partir de aquí, o seu curso, que nos seus primeiros 30 km se dirixía cunha suave pendente, continúa o seu percorrido polo límite entre Negreira, Outes e Noia cunha pendente máis acusada. Desemboca na ría de Muros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en 1980 en Santiago de Compostela e pertencente ao grupo Edelvives. Dirixida por Antonio Martínez Fernández, José Luis Llana Gutiérrez e Isabelino Reine Carrasco, ten máis de douscentos libros publicados. Céntrase fundamentalmente na edición de literatura infantil e xuvenil, libros e manuais de texto para primaria, secundaria e bacharelato, e produtos multimedia. Divide a súa produción editorial nas coleccións: “Ala Delta”, “Catavento”, “Álbum de cores”, “Podo ler... inglés”, “A Casiña”, “Os libros grandes da ratiña pequena”, “Cadernos”, “Ler e colorear” e “Coloreo”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Noia a partir do 3 de decembro de 1879. Cesou o 9 de xullo de 1881. Subtitulado “Periódico bisemanal de intereses generales, noticias y anuncios” editouse nos obradoiros de Xosé Rodríguez Ruibal, que chegou a ser o seu propietario. Antes foi propiedade de Ramón Lira e estivo dirixido por Andrés Rey. Incluíu sucesos, notas de sociedade, poesías e folletín. Foi rival doutro xornal local, El Zumbido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que se produce en determinadas substancias, que consiste no escurecemento ao ser sometidas a determinadas radiacións, como os raios X ou raios catódicos. É un fenómeno inverso ao de luminescencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Regra que se aplica por termo xeral no xogo do tenis cando hai empate nun set a seis xogos. Comeza servindo o xogador que non dispoñía do servizo. O seu rival serve o segundo e o terceiro puntos, e despois cada un dos xogadores ten que servir alternativamente dous puntos consecutivos e cambiar de pista cada 6 puntos, ata que un deles gañe 7 puntos e o outro menos de 6. Se hai empate a 6, continúase xogando ata que un consiga dous puntos de diferenza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Insignia que se coloca encima do escudo de armas para distinguir os graos de nobreza.

      1. Selo que estampa o estado no papel onde se estenden documentos públicos e privados que se refiren a actos de comercio, xudiciais ou administrativos, e que indica a cantidade que se ten que pagar ao fisco en concepto de dereitos. Creado en 1637 por Filipe IV de Castela, a lei tributaria española de 1963 impúxoa como medio de recadación de ingresos públicos e de realización de prezo de certos servizos públicos ou exaccións.

      2. Póliza ou selo dun certificado.

      3. Renda do tesouro público constituída polo importe dos timbres, selos, papel selado e outras imposicións que gravan a emisión, o uso e a circulación de certos documentos.

    2. Parte do casco dunha armadura, que recubría o cranio.

    3. Moeda antiga que levaba gravado o escudo real, especialmente a cuñada baixo a Coroa de Aragón.

    4. Aparato que se emprega como avisador acústico, constituído por unha pequena campá en forma de casquete esférico metálico e un martelo que, accionado manual ou electricamente, a golpea.

      1. Calidade dun son que permite distinguilo doutros que teñen idéntica altura e intensidade.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Betanzos baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Tiobre (Betanzos). Construída en estilo renacentista (1568-1601), ten unha soa nave con cruceiro e ábsida. O presbiterio cóbrese cunha bóveda de terceletes. No cruceiro están as capelas de San Caetano e Santo Antón, cubertas cunha bóveda de cruzaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Betanzos. Ten planta rectangular cunha soa nave e ábsida. O arco triunfal é apuntado e sostense con semicolumnas. Na portada principal destacan as arquivoltas semicirculares apoiadas en columnas acobadeladas con capiteis con decoración vexetal. A fachada remata nunha espadana de dous vans rematada nun corpo triangular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudita. Coñecida como a marquesa de Châtelet, está considerada como unha das mulleres máis destacadas das ciencias do s XVIII. Naceu no seo dunha familia nobre e desde pequena relacionouse con personaxes eminentes da intelectualidade francesa. En 1725 casou co marqués de Châtelet, con quen tivo tres fillos. Mantivo unha longa relación sentimental con Voltaire, algo que se reflectiu no pensamento do sabio. Impulsou os intereses da ciencia, especialmente a difusión das ideas de Newton en Francia. En 1734 participou na elaboración dos Elements de la philosophie de Newton, publicados por Voltaire en 1738. En 1737 comezou a escribir as Institutions de Physique, un novo tratado sobre esa materia destinado a substituír outro, de 1671, que ignoraba a física newtoniana. O traballo de maior esforzo e que máis contribuíu á súa gloria foi a tradución ao francés da obra de Newton Philosophiae naturales principia Matematica, que comezou en 1744 e rematou pouco antes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (3.759 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na gandaría. Destaca o cultivo de cereixas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que consta de tres membros ou partes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de glándulas mamarias dos mamíferos, que adoitan ter varios tetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte ampla das medusas, en forma de parasol, que contén a cavidade gastrovascular, os condutos radiais e as gónadas. Arredor da súa marxe hai un número variable de tentáculos, de diferente lonxitude e de carácter sensorial ou para capturar presas. Na parte ventral (subumbrela) hai unha especie de mango, o manubrio, no extremo do que está a boca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, siuado ao NO da capital provincial, preto de Sanlúcar la Mayor (5.038 h [2001]). Ten industria alimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada na Coruña a partir de 1996. Subtitulada “Cadernos de vida e culturas”, está promovida por Ediciós do Castro e coordinada por Claudio Rodríguez e Carmen Blanco. Pretende ser unha colección de cadernos anuais aberta a todo tipo de contidos, crítica, independente e libertaria, e cun coidado deseño artístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización fundada a raíz dos encontros que desde 1901 reuniron a traballadores galegos e do norte de Portugal para solucionar o problema da contratación dos portugueses polos patróns galegos como man de obra máis barata e pouco consciente do ideario obreiro. Entre as sociedades galegas afiliadas, a maior parte delas tiñan a súa orixe no sur da provincia de Pontevedra, cun marcado predominio dos socialistas. No segundo congreso (1902) adoptáronse unha serie de acordos que revelaron a súa orientación internacionalista e prosocialista. Entre os seus líderes destacou Heraclio Botana. O proceso de decadencia iniciado despois do congreso de Braga (1903), levou á súa desaparición en 1904.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade de socorros mutuos integrada por obreiros e artesáns, constituída no seo da Asociación Tipográfica en Santiago de Compostela en 1892. Cofundada polo canteiro socialista Nicolás Pardo e polo tipógrafo republicano Santiago Fraga, entre os seus obxectivos figuraban proporcionar asistencia médica e pensións temporais aos seus socios, no caso de enfermidade ou accidente de traballo. As súas actividades perderon importancia coa xeneralización da Seguridade Social, e desapareceu oficialmente en 1973.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sindicato obreiro, fundado en Asturias en 1960 a raíz do aumento do nivel de conciencia obreira producido pola conflitividade laboral nas minas asturianas. Malia a incorporación de sectores de militancia cristiá (Juventud Obrera Católica), foi sempre un sindicato aconfesional. Inicialmente colaborou con Comisiones Obreras. Deu moita importancia á autonomía sindical con relación aos partidos políticos, e impulsou un socialismo de autoxestión que intentou recoller unha corrente socialista diferenciada do PSOE e de UGT. En 1977 conseguiu a legalidade e celebrou en Madrid o seu primeiro congreso federal. Pese a unha escisión, dirixida polo antigo secretario xeral, José María Zufiaur, integrouse en UGT (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO