"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Pedagogo e antropólogo físico e indixenista. Foi inspector de primeiro ensino de Lugo (1928-1932) e entre 1928 e 1930 trasladouse a Xenebra para ampliar estudios na Escola Universitaria de Ciencias da Educación (antes Instituto J. J. Rousseau). Alí asistiu a cursos e realizou traballos de pedagoxía e psicoloxía experimental, didáctica pedagóxica, organización escolar, etc, baixo a dirección de, entre outros, Bovet, Piaget, Claparède, Dottrens, Dubois e M. Pitard. Produto destas experiencias foi o amplo labor desenvolvido no campo do primeiro ensino durante a Segunda República. Ao longo da súa estadía en Lugo e Xenebra colaborou en Vida Escolar, onde publicou varios artigos nos que recollía as súas investigacións sobre escolas novas, a reforma escolar austríaca, a educación para a paz, as granxas escolares e outros temas. En 1938 exerceu como secretario xeral do ministerio de Instrución da República. Trala Guerra Civil española exiliouse a México, onde se especializou en antropoloxía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • La Comédie humaine.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Profesional que representa comedias e outras pezas de teatro. No teatro do Século de Ouro español designaba calquera actor, independentemente do xénero que representase, mentres que no teatro barroco francés, comédien referíase ao actor cómico, oposto ao actor tráxico, tragédien, e evolucionou ata converterse nun sinónimo de actor.

    2. Quen finxe ou esaxera sentimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo teatral creado entre 1970 e 1971 por Joan Font e por un grupo de actores e actrices que se formaron en Barcelona nunha serie de centros alternativos ao Institut del Teatre. Despois dos seus dous primeiros espectáculos, Non, Plus Plis (1973) e Catacroc (1974), estreado nas Jornadas de Teatro de Vigo, decidiron explorar a rúa como espazo de representación, ao tempo que traballaban na recuperación dunha tradición popular de carácter mediterráneo, caracterizada polo clima de festa e polo uso de cabezudos, máscaras, demos, xigantes, música, acrobacias, falabaratos e outros elementos transcendentais como a pirotecnia. Desenvolveron unha liña de traballo baseada na creación colectiva e na investigación a partir da creación de obradoiros onde exploraron diversas linguaxes expresivas. Entre os seus espectáculos máis interesantes hai que destacar Sol Solet (1979), Dimonis (Demos, 1982), Alé (1984), La nit (A noite, 1987) ou El llibre de les bèsties (O libro das bestas, 1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución teatral francesa creada en París a partir de 1680. Neste ano, Luís XIV ordenou a unión das compañías de l’Hôtel de Bourgogne e de l’Hôtel Guénégaud, co que se constituíu a primeira compañía nacional de teatro de Europa. En 1799 instalouse na Salle Richelieu e viviu un período de considerable esplendor, aínda que sempre estivo influenciada polo acontecer político da República, e así, despois da Revolución Francesa, pasou a se denominar Théàtre de la Nation. Desde o primeiro momento constituíuse como unha compañía cun repertorio orientado á realización de espectáculos a partir dos textos clásicos da literatura francesa e universal, e integrou no seu elenco actores, actrices e directores de prestixio, como Mademoiselle Clairon, Sarah Bernhardt, Coquelin, Jacques Copeau, Jean-Louis Barrault ou Antoine Vitez, que, sen embargo, remataron por abandonala ao pouco tempo. Nestes case catro séculos de existencia a compañía, que desenvolveu o seu traballo noutros teatros da capital francesa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título xeral baixo o que Honoré de Balzac publicou o esencial da súa produción novelesca, entre 1842 e 1848. A visión de conxunto e a técnica empregada parten da publicación de La peau de chagrin (1831) e perfílanse definitivamente con Père Goriot (1834), ao concibir a idea da aparición intermitente dos mesmos personaxes. A obra perfílase como unha gran síntese cósmica e social cunha rigorosa unidade de composición. A primeira parte compóñena os Estudios de costumes e divídese en: Escenas da vida privada, Escenas da vida de provincia, Escenas da vida parisiense, Escenas da vida política, Escenas da vida militar e Escenas da vida rural; a segunda confórmana Estudios filosóficos; e a terceira Estudios analíticos. Traza un amplo abano de tipos sociais, desde o aristócrata ao pequeno comerciante e ao campesiño, e prescinde da clase obreira. A orde cronolóxica dos argumentos vai desde 1308 a 1846, pero a maioría das novelas sitúanse entre a Revolución de 1789 e os últimos anos da monarquía de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Dramaturgo e pedagogo. Dirixiu o colexio do Sagrado Corazón de Ferrol. Colaborou en diversos xornais como La Semana e El Heraldo Gallego, e dirixiu El Correo Gallego. Como dramaturgo, publicou Pilara ou grandezas dos humildes (1920), drama en prosa estreado no teatro Jofre de Ferrol (23.8.1919) por un grupo ferrolán dirixido por Xaime Quintanilla e representado, entre outros, polo cadro de declamación da Irmandade da Fala da Coruña (1920) e o coro Toxos e Froles (1930). Trátase dunha peza de ambiente mariñeiro caracterizada polo seu didactismo e intención anticaciquil. Tamén é autor de Redención por amor, estreada en 1920. Ademais, publicou Escuelas-talleres parroquiales y gratuitas. Cómo se sostendrían en Ferrol (1912) e Catecismo social (1920). O seu poema “A María Pita” recibiu un premio nos Xogos Florais da Coruña (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jan Amos Komenský.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen, dunha maneira profesional, se dedica á actividade comercial. Para o código de comercio español son comerciantes os que, con capacidade legal para exercer o comercio, se dedican habitualmente a el, e anuncian publicamente o establecemento no que realizan esta actividade. Tamén son comerciantes as compañías mercantís ou individuais que se constitúen con arreglo ao código de comercio. A constitución como comerciante determínase en función dos fins da sociedade. Non poden exercer o comercio, ademais dos incapacitados, os sentenciados apenas de interdición civil, os que están na bancarrota, os eclesiásticos, os maxistrados, os xuíces e os funcionarios do ministerio fiscal, os xefes gobernativos económicos ou militares, os empregados de recadación e administración de fondos estatais e os axentes de cambio e bolsa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Estudiou Enxeñería de Camiños en Madrid, e ocupou, en 1866, a praza de enxeñeiro auxiliar no estaleiro da Mariña en Ferrol e de profesor de Física e Xeometría na Maestranza. Na cidade departamental desenvolveu unha notable actividade social e cultural. Como enxeñeiro destaca pola proxección e dirección da construción do dique da Campá do Arsenal ferrolano, rematado en 1879, a obra de enxeñería máis importante do século XIX en Galicia. Nomeado xefe do estaleiro, realizou as primeiras experiencias telefónicas coa instalación das liñas para comunicar o arsenal e a capitanía. Participou en congresos científicos internacionais e publicou, entre outras obras, Curso práctico de construción naval (1868), texto que obtivo unha medalla na Exposición maritíma de Barcelona, e Los castillos feudales de Moeche, Narahío y Andrade (1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi mestre de capela da catedral de València, da de Lleida e vicemestre da Capilla Real de Madrid. A súa produción é maioritariamente de carácter sacro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica composto polo verbo comer e o substantivo saña. O primeiro destes termos remite ao lat comedĕre, mentres que a orixe da segunda voz pode explicarse a partir de tres étimos latinos diferentes: insania ‘loucura’, sanies ‘podre, pus’ ou sanna ‘furor’. En todo caso, a procedencia última deste antropotopónimo debe de estar no alcume dun antigo posesor que se caracterizaba por ter un carácter rancio. Documéntase no s XVIII: “Joseph de Comesaña” (doc ano 1753 en Tuy 1753 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 93; “Salvador de Comesaña” (doc ano 1753 en Tuy 1753 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 98).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Foi profesor na  Escola de Artes e Oficios de Vigo. A súa obra caracterízase polo emprego do granito e pola iconografía de tipos populares tratados de xeito xeometrizante pero sen afastarse do naturalismo. Entre as esculturas públicas que realizou en Vigo destaca o Busto de Carlos Gardel (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantante, presentador de televisión e actor. Realizou estudos de Enxeñería Técnica Agrícola. Foi presentador da TVG nos programas Verán, Verán (1988), A tumba aberta (1988) e Con perdón (1996-1997). Participou tamén como actor nas series Don Rock (1987) e La batalla salvaje (1989) e foi comentarista deportivo na COPE (2000). En 1982 tivo lugar a presentación do grupo musical Semen Up, agrupación que liderou ata 1990 e coa que gravou os títulos: Lo estás haciendo muy bien (1985), La agonía del narciso (1986), Vuelve el hombre (1987), El gusto es mío (1988) e Madurez (1989). Dende 1991 ata 1998 formou parte do dúo Amistades Peligrosas e sacou ao mercado Relatos de una intriga (1991), La última tentación (1993), La profecía (1995) e Nueva era (1997)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista, líder da CNT. Retornado de Arxentina, participou na fundación da Sociedad Obrera de Cultura, da Federación Local de Trabajadores e do xornal Revolución, dos que se arredou a finais de 1931 debido á inxerencia do PCE local. En 1932 fundou o Ateneo Obrero de Divulgación Social e contribuíu a organizar o grupo Natura da FAI. Coñecido no Morrazo polo seu labor de asesoramento dos sindicatos mariñeiros, chegou a representar a Fraternidad Marinera de Moaña no Congreso da CNT, celebrado en maio de 1936 en Zaragoza. Detido nos primeiros días da Guerra Civil, foi condenado a morte e logo conmutada a pena por nove anos de cadea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Santo André de Comesaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Dominicano. Ingresou na orde de san Domingos, entre 1819 e 1822 foi depositario do convento de Santiago. Ao mesmo tempo rexentou a cátedra de Canons ata 1829, agás na paréntese dos cursos 1822-1823 e 1827-1828 que explicou Teoloxía Dogmática. Doutorouse pola Universidade de Santiago de Compostela en 1825 e, no 1829, acadou o grao de mestre en teoloxía. Ademais de dedicarse ao ensino nos conventos dominicanos, ocupou a cátedra de Filosofía (1820) e de Teoloxía (1821) da universidade compostelá. Entre 1824 e 1836 presidiu a academia de filosofía e rexentou a cátedra de Metafísica, que acadou en propiedade (1829). Foi suspendido da súa cátedra por non xurar a Constitución do Estado, e pasou a ser rexente de estudios e prior de Santiago ata xullo de 1835.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formouse na Escuela de Arquitectura de Madrid, onde se licenciou en 1924. Foi profesor de xeometría, debuxo arquitectónico, estereotomía e construción na Escola de Artes e Oficios de Vigo (1927-1967), e arquitecto municipal de Santiago de Compostela (1930-1931) e de Lavadores. Traballou en Vigo ata que se xubilou en 1974. Durante a súa estadía en Santiago de Compostela proxectou o Hotel Compostela (1930). Influenciado polas ideas arquitectónicas de Gómez Román e Palacios, a súa arquitectura anterior á Guerra Civil caracterízase por unha concepción rexionalista sen a proliferación ornamental que existía noutros arquitectos contemporáneos. Construíu vivendas particulares para a burguesía viguesa da época, edificios para institucións docentes, como o colexio Cluny (1929) e o Fogar e a Clínica San Rafael (1935). Trala guerra a súa actividade incrementouse e realizou un gran número de proxectos, tanto de carácter privado como público. Estilisticamente evolucionou cara a un eclecticismo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional fundada en 1984 con sede en illa Mauricio. Fórmana as Comores, Madagascar, illa Mauricio, illa da Reunión e as Seychelles. Os seus fins son a cooperación diplomática, económica, comercial e cultural entre os países membros. Os seus órganos de goberno son o Consello de ministros, o Comité de Servicios Permanentes de Enlace, a Secretaría Xeral e os Comités de Xestión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Narrador e xornalista italiano. Viaxou por Europa e África como correspondente do diario Il Corriere della sera. Influenciado por D’Annunzio, distinguiuse polo seu estilo descritivo. Publicou, entre outras obras: L’italiano errante per l’Italia (O italiano errante por Italia, 1937) e Un gatto attraversa la strada (Un gato atravesa a estrada, 1955).

    VER O DETALLE DO TERMO