"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio convocado en 1997 pola Asociación Galega de Editores e pola Asociación Portuguesa de Editores e Libreiros e patrocinado pola asociación Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. Os orixinais poden presentarse tanto en lingua galega como portuguesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade que teñen os átomos de ceder ou gañar electróns ata adquirir unha configuración estable; esta propiedade vén determinada de xeito cuantitativo pola súa enerxía de ionización e pola súa afinidade electrónica. A electrovalencia explica a formación de ións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á electrovalencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa estatal francesa creada no 1976 como sucesora da Société Nationale des Pétroles d’Aquitaine (SNPA), constituída en 1941 tralo descubrimento de depósitos de gas na rexión desde 1939. Está presente en todo o ciclo do petróleo e comercializa os seus produtos baixo as marcas Elf e Antar. Converteuse no primeiro grupo refinador de Francia, así como no primeiro produtor francés de gas natural. Participou tamén nas industrias química e farmacéutica. Privatizouse en 1994 e fusionouse con Total-Fina en 1999, co que se conformou un dos primeiros grupos petrolíferos mundiais.
-
PERSOEIRO
Fonetista e matemático. Educouse en Eton e Cambridge, onde se licenciou en Matemáticas (1837). As súas investigacións centráronse sobre todo na fonética e na acústica. En 1873, con Isaac Pitman, iniciaron as investigacións para establecer en taquigrafía o alfabeto do inglés, e baseándose no alfabeto fonotípico de I. Pitman acadaron ese logro en 1847. Cómpre destacar as súas obras The Alphabet of Nature (1844-1845), The Essentials of Phonetics (1848), On the Sensations of Tone (tradución de Die Lehre von den Tonempfindungen, de H. Helmholtz, 1863), On Early English Pronunciation (5 vol, 1869-1889) e Pronunciation for singers (1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de encalecer.
-
-
Facer que se forme calo nalgunha parte do corpo.
-
Facer máis dura ou menos sensible unha persoa.
-
Saír calo nalgunha parte do corpo.
-
Endurecerse ou facerse menos sensible unha persoa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra publicada por Ir Indo Edicións desde o ano 1999 e que continúa unha importante traxectoria da editorial a prol da cultura galega. Ademais do editor Bieito Ledo Cabido e do director Xosé A. Perozo, o equipo que elabora a EGU está composto por 28 redactores, todos eles licenciados cunha formación específica en lexicografía, bioloxía, historia, antropoloxía, arte, xeografía, literatura, música, etc; 59 asesores, expertos nos principais eidos de coñecemento, que documentan o labor dos redactores, e máis de 500 colaboradores, especialistas nas diferentes disciplinas, xunto cos profesionais da fotografía, edición, maquetación, deseño e gráficos, informática e cartografía. Á parte da calidade da edición (encadernación de guaflex, impresión en cuadricromía, maquetación moderna), cómpre destacar as características da EGU, que inclúe 30.000 ilustracións en cor (con cadros sinópticos, gráficos, táboas, etc), 200.000 entradas e unha cartografía actualizada das 53 comarcas administrativas galegas...
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, entre os vales dos ríos Genil e Anzur (2.333 h [1996]). A base da súa economía é a agricultura, principalmente o cultivo da oliva. A actividade industrial limítase a pequenas fábricas de bebidas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Alemaña (918-936) e duque de Saxonia e Turinxia (912), fillo de Otón I de Saxonia. Loitou contra Conrado I de Alemaña, ao que sucedeu no trono. Recuperou Lorena e derrotou os eslavos de Bohemia (929) e os húngaros (933). Enfrontouse aos dinamarqueses (934) e constituíu unha marca alemá entre o Eider e o Schlei.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e político. Foi deputado por Valdeorras (1872-1873; 1898-1899; 1901-1903), por Ponferrada (1893-1895) e senador pola Coruña (1896-1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Botar talo unha planta.
-
Quedar teso algo que antes era flexible polo frío ou outro axente.
-
Sentir ou ter moito frío.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Charles de Beaumont.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura retórica que consiste na repetición dunha palabra no medio doutras.
-
ENTRADA LARGA
Período de transición entre o Paleolítico e o Neolítico situado a comezos do Holoceno, durante o que predominou unha economía depredadora, continuadora da cultura dos cazadores-recolectores no período posglaciar. Algúns autores denominaron Mesolítico o mesmo período cronolóxico, pero referido ás transformacións das sociedades humanas que os distanciaron das tradicións paleolíticas e que se definiron polo sedentarismo e a economía produtora. No ámbito climático, definiuse polo rápido incremento da temperatura, feito que ocasionou un brusco retroceso das masas glaciares, coa desaparición dos grandes vertebrados da etapa anterior (mamuts, renos e rinocerontes laúdos), mentres se multiplicaban os propios do clima temperado (cervos, corzos e porcos bravos). A mellora climatolóxica permitiu a expansión dos bosques de caducifolias e unha elevación do nivel mariño. Os asentamentos dos grupos humanos diversificáronse e, xunto ás covas, empregáronse os abrigos rochosos e as construcións temporais...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Epipaleolítico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de corenta e seis novelas de breve extensión, divididas en cinco series de dez obras cada unha -agás a última, que quedou interrompida e só ten seis-, que conforman un ambicioso proxecto narrativo de Benito Pérez Galdós: facer a historia novelada de gran parte do s XIX, dende 1805, data da derrota da Batalla de Trafalgar, ata 1875, coa restauración da monarquía borbónica, explorando sistematicamente o pasado recente do país na procura da raíz histórica da experiencia colectiva e analizando criticamente os aspectos sociais e políticos. Mesturando personaxes de ficción con outros históricos, recolleu, a carón de acontecementos políticos e militares, sucesos cotiáns e privados, e conseguiu así recrear unha historia emocionante e próxima ao sentir dos seus contemporáneos. As dúas primeiras series cobren a Guerra da Independencia e o reinado de Fernando VII. Entre as obras desta serie encóntranse Trafalgar, Bailén, Napoleón en Chamartín ou La familia de Carlos IV. Series posteriores,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coalición electoral de forzas demócrata cristiáns galegas que se presentaron ás eleccións xerais de 1977, formada por Alianza Galega Social Demócrata (AGSD), nome que adoptou o Partido Social Demócrata Galego ao ser legalizado; o partido de Lasuén, representado en Galicia por Pérez Barxa; o Partido Galego Social Demócrata (PGSD) e o Partido Popular Galego (PPG). O seu ideario electoral estivo constituído polos puntos en común dos catro grupos asentados nunha base humanista e comunitaria, no federalismo non independentista e no proxecto demócrata cristián de contido galeguista. A coalición, que soamente se presentou nas provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra, obtivo unicamente 23.075 votos en conxunto, feito que significou a súa disolución.
-
-
Calidade de equivalente.
-
Forma que se corresponde exacta ou aproximadamente con outra doutra lingua diferente. Non deben confundirse os termos voces sinónimas e voces equivalentes: os sinónimos pertencen a unha mesma lingua e son, na maioría dos casos, intercambiables entre si, mentres que no caso das equivalencias se refiren aos mesmos termos en dúas ou máis linguas e non son intercambiables nun contexto determinado. Así, por exemplo, a voz galega chapeo ten como equivalencias a portuguesa chapeu, a catalá capell, a castelá sombrero, a francesa chapeau, a italiana cappello, a inglesa hat e a alemana hut.
-
Confusión entre dúas ou máis realizacións fonemáticas que teñen, polo menos, un trazo distintivo común, de punto ou de modo de articulación, e que explican algunhas evolucións diacrónicas anómalas. Así, por exemplo, nas líquidas fórmanse equivalencias entre /r/ e /l/, xeralmente por disimilación, en casos como lat CALAMĔLLU > caramelo, LĪLĬU > lirio, LŎCĀLE > logal > logar > lugar ou PARABŎLA > paravra > palavra > palabra; ou tamén hai equivalencia, neste caso sincrónica, entre /b/ e /g/, en casos como VŎMĬTĀRE > vomitar > popular gomitar.
-
Relación de igualdade funcional que, segundo Bally, se dá entre dous ou máis membros oracionais que poden intercambiarse a causa da súa función común, sen que os seus valores semánticos e estilísticos sexan necesariamente idénticos, e que é sempre viable dentro dun contexto determinado. Deste xeito, hai equivalencia entre [A poboación] viguesa, de Vigo, que hai en Vigo. OBS: Tamén se denomina concorrencia.
-
Relación binaria entre os elementos dun conxunto que permite establecer unha clasificación destes elementos de tal maneira que quede cada un nunha clase, chamada de equivalencia, e estas clases non teñan ningún elemento común. Para que unha relación sexa de equivalencia ten que ser reflexiva, simétrica e transitiva. Son equivalentes dous elementos que pertencen á mesma clase. O conxunto das clases de equivalencia chámase conxunto cociente do conxunto de partida C para esta relación R, e escríbese C/R.
-
-
-
Que ou o que equivale ou posúe o mesmo valor ou características.
-
Aplícase á figura ou ao corpo que ten a mesma área ou o mesmo volume pero unha forma diferente á doutro.
-
Tributo establecido por Filipe V en València (1717) e Aragón (1718) como imposto directo e único sobre a riqueza. Considerado equivalente ao conxunto de tributos e rendas provinciais aos que estaba sometida Castela, conservouse ata a reforma tributaria de 1845.
-
Auga que queda adherida ás partículas do solo despois dunha centrifugación de mil veces a aceleración da gravidade.
-
Peso en gramos do elemento ou composto liberado electroliticamente polo paso dun coulomb cunha eficiencia de corrente do 100%. É igual ao equivalente gramo dividido por 96.487.
-
Peso en gramos dunha substancia que libera ou se combina cun mol de protóns, en caso de reaccións ácido base, ou cun mol de electróns, no caso de reaccións redox.
-
Factor que relaciona as unidades caloríficas e as unidades mecánicas da enerxía. A súa determinación cuantitativa fíxoa Joule empregando un calorímetro que contén unha masa de auga, dentro do que pode xirar un sistema de paletas ao redor dun eixe. Este sistema acciónase por un corpo que cae dunha certa altura. O traballo efectuado polo corpo na caída emprégase en axitar a auga e convértese en enerxía calorífica. Así resulta que 1 caloría=4,186 joules, ou ben, 1 kcal=427,1 kpm.
-