"URA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1529.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Área urbana ou rural na Península Ibérica habitada e controlada por poboación mudéxar e despois mourisca. Os diversos pactos de capitulación concertados co avance da Reconquista a partir do s XII estipularon a presenza da poboación anterior mudéxar, que superou durante moito tempo á cristiá, por iso o termo “mouraría” non apareceu nas poboacións afectadas ata o s XIV. Como no caso do barrio xudeu, a mouraría constituía o espazo urbano, e os seus habitantes formaban a alxama. A partir do s XV, sobre todo, foron converténdose nun corpo estraño dentro da sociedade cristiá e orixe do problema mourisco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Ollares (Vila de Cruces). Ten planta rectangular e está constituída por planta baixa e un andar. Está construída en cachotaría co tellado cuberto a catro augas. Na fachada destaca a porta cun arco de medio punto con grandes doelas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de uva tinta.
-
MONTES
Monte situado no extremo L da parroquia de Araúxo (Lobios). O seu cumio acada os 965 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Forcadela e Nogaledo (O Barco de Valdeorras). O seu cumio acada os 800 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
muxidura.
-
PERSOEIRO
Médico estadounidense. Estudou na Escola de Medicina da Western Reserve University (Cleveland), onde se doutourou en 1965. Centrou as súas investigacións en averiguar como o óxido nítrico regula as funcións celulares e sobre determinadas hormonas. Ten numerosos artigos, como “Quantitative protein profiling in heart mitochondria from diabetic rats” (2003), “The excitement and rewards of research with our discovery of some of the biological effects of nitric oxide” (2003) e “Intrauterine devices containing progesterone” (1977), entre outros. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1998), xunto con R. Furchgott e L. J. Murad, polos seus descubrimentos relacionados co óxido nítrico como sinal molecular no sistema cardiovascular.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Traxe tradicional feminino de cor negra e de gran distinción. Está composto polo refaixo que é negro e con adornos da mesma cor e broche de prata e incluso de ouro; o dengue, corpiño e mantelo, en que había adornos con abelorios de acibeche; e a cofia. Nalgunhas zonas úsase como traxe de gala e incluso de voda.
-
Peza do traxe tradicional que consiste nun mantelo negro con veludo e adornado con abelorios.
-
-
SERRAS
Sistema montañoso situado nas parroquias de Pacios e Piñeira (A Fonsagrada). As súas altitudes máximas oscilan entre os 1.000 e os 1.111 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Muros ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Muros.
-
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Chantada. Construíuse en estilo románico durante o século XII. Consta dunha única nave, con muros de cantaría de granito e cuberta a dúas augas, e dunha ábsida cuadrangular. No lado sur, leva anexada unha capela. Durante o s XVIII reedificouse, de xeito que se construíu unha nova ábsida e a capela, que se comunica interiormente coa nave. Da factura románica só se conserva o muro frontal, rematado en espadana con dous vans e dúas portadas: a principal, con arco de medio punto con arquivoltas e tímpano historiado, e a portada norte, da que sobresae o dintel pentagonal.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de murar.
-
Que está cercado cun muro.
-
-
GALICIA
Biólogo. Doutorouse en Ciencias Biolóxicas na Universidad Complutense de Madrid (1972). Investigador científico e xefe do departamento de Biotecnoloxía e Acuicultura do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, foi director do Instituto de Investigaciones Pesqueras (1983-1987) e vicedirector do Instituto de Investigacións Mariñas (1990-1994). As súas investigacións centráronse na análise residual, dinámica ambiental, metabolismo e aspectos tóxicos dos compostos organoclorados, na calidade microbiolóxica das augas litorais e na súa influencia no cultivo de moluscos, na biorremediación en ambientes mariños, na produción de probióticos e probiontes, na depuración e bioconservación microbiana de residuos da industria alimentaria e na aplicación de modelos matemáticos a procesos de bioconservación, operación e deseño de bioreactores. Membro do consello editorial da revista Investigaciones Marinas, os seus artigos son habitualmente citados en Science Citation Index (SCI). Das súas...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. Coñecido como Antonio Murado, as súas pinturas movéronse entre a figuración expresionista e a abstracción, incluíndo o tratamento de xéneros artísticos tradicionais, que se reflectiron nas series Árbores, Marañas ou Perspectivas. Nos seus lenzos, de gran formato, as figuras, paisaxes e naturezas mortas representan unha excusa para a investigación continua sobre a percepción e a representación. Destaca o seu lenzo Susana e os vellos (1989) e as súas ilustracións nos libros Bestiario de descontentos e De soños e derribos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Guionista, escritor e xornalista. Arqueólogo de formación, foi reporteiro de guerra nos Balcáns e en Xerusalén, ocupou distintos cargos na Autoridade Nacional Palestina e traballou como correspondente para Europa Press, Radio France Internationale e El Mundo. Presidente da Asociación Galega de Guionistas, fixo unha ducia de guións para documentais, series de televisión como Mareas Vivas e Pratos Combinados e películas como La Ley de la Frontera (1995) e Finisterre (1998). É autor de obras en case todos os xéneros literarios, publicou novelas como Metamorfosis benezianas (Premio Café Gijón, 1983), os libros de relatos Memoria de derribos (1987), Ruído, relatos de guerra (1995) e Mércores de cinza (1997), os libros de poemas Bestiario dos descontentos (1986), Lapidario dos heterodoxos (accésit no IX Premio Esquío 1990) e Lapidario (2004), e dous textos dramáticos, A grande noite...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antonio José Murado López.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao gato que é bo cazador de ratos.