"Alca" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 261.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar poboado de alcaparras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produto da desintegración incompleta dos aminoácidos aromáticos, fenilalanina e tirosina. Chámase tamén ácido homoxentísico ou ácido dihidroxifenilacético.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade hereditaria autosómica recesiva que consiste nunha deficiencia do enzima oxidasa do ácido homoxentísico ou alcaptona, que se acumula en cantidades anormais na urina e no tecido conectivo do que a padece a causa dunha degradación incompleta dos aminoácidos fenilalanina e tirosina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
marroxo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Melide. As súas armas levan, en campo de azur, un alcar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pernileiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
carnabaza.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, ao pé da serra de Alcaraz (1.799 h [1996]). Centro agrícola e gandeiro. Castelo, murallas e conxunto monumental renacentista na Praza Maior.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora. Licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid (1996). A súa obra caracterízase por unha ollada permanente cara ao mar, empregando diversas técnicas e materiais. Entre as súas exposicións destacan as colectivas na Sala Caixavigo (Vigo,1993) e Sala de Exposicións da Facultade de Belas Artes (Madrid, 1995) e a individual Naufraxios (Puerto de La Cruz,1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Poeta ourensán pertencente ao cenáculo cultural Círculo Azor, constituído en Ourense no 1941 por un grupo de mozos. Publicou poemas na prensa e na revista literaria Posío, que saíu do prelo en xullo do 1945.
-
SERRAS
Serra da Península Ibérica ao L de Sierra Morena. Separa a depresión do Guadalquivir e a de Murcia en dirección N-L. As rochas que a forman son arxilas e margas triásicas. Nela nacen os ríos Guadalmen e Guadalimar (da conca do Guadalquivir) e o Mundo (da conca do Segura).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Lleida, á dereita do Segre (4.715 h [1996]. Agricultura (cebada de regadío, árbores froiteiras, alfalfa, trigo e hortalizas) e gandería (porcino, bovino, ovino e avícola). Balneario de augas cloruradas sódicas ferruxinosas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
asilla de barro poroso e pouco cocido, que ten a propiedade de deixar expeler certa cantidade de auga, enfriando a maior parte do mesmo líquido que queda dentro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comarca castelá repartida polo territorio das provincias de Guadalajara, Cuenca e Madrid (4.250 km2). Esténdese dende o río Henares ata a Serranía de Cuenca e limita coa Paramera de Molina e a Mancha. O relevo aséntase sobre rochas calcarias formando un conxunto de páramos e relevos tabulares que van dende os 1000 m aos 750 m de altitude. Na zona setentrional a erosión formou relevos máis complexos, con solos de materias detríticos. As máximas alturas encóntranse na Dehesa de Cifuentes (1.010 m) e as Tetas de Viana (1.128 m). Ao L, o Texo e o Guadiela escavan desfiladeiros que foron aproveitados para a construción dos grandes encoros de Entrepeñas e de Buendía. Cultívanse cereais, viñas e oliveiras. As poboacións máis importantes son Guadalajara, Arganda, Chinchón e Brihuega. O mel da Alta Alcarria é de excelente calidade. En Almonacid de Zorita foi inaugurada no 1968 a primeira central nuclear do estado español.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe portuguesa que pasou a Galicia e que pode presentar a variante gráfica Alcazoba. As súas armas levan, en campo de azur, un castelo de prata, con tres torres. Segundo algúns investigadores, traen en campo de goles, tres veneras de ouro, postas en pao, e, arrimadas de dúas flores de lis de prata, unha a cada lado, formando cruz coas veneras.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València (7.335 h [1996]). Cultivo de laranxeiras, oliveiras, viñas de moscatel, amendoeiras e horta. Gandería e industria da madeira e do moble. Igrexa parroquial de Sant Martí (1805) coa capela do Sant Crist de la Fe (1819), obxecto de especial veneración.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Anca dos bóvidos que se encontra onde remata o fío do lombo.
-
-
Cada un dos materiais bituminosos, de cor escura, líquidos ou semilíquidos a temperatura ambiente e de composición variable, que se obteñen por destilación destrutiva do carbón, a madeira, a turba e outros materiais vexetais ou carbonáceos. Na súa composición interveñen diversos fenois, coñecidos como ácidos do alcatrán (fenois, cresois, xilenois, etc), diversas aminas aromáticas e heterocíclicas, coñecidas como bases do alcatrán (anilina, piridina, picolina, lutidina e quinolina) e tamén unha mestura de hidrocarburos aromáticos mononucleares e polinucleares. A destilación dos alcatráns orixina un residuo, coñecido co nome de brea. O alcatrán ten unha grande importancia na industria química, xa que constitúe a primeira materia na síntese de produtos moi diversos, como colorantes, polímeros plásticos, caucho, perfumes sintéticos, produtos farmacéuticos, tecidos sintéticos e explosivos. O alcatrán adoita recibir o nome da materia orgánica da que se obtén: alcatrán...
-
alcatrán betume
-
alcatrán de carbón
-
alcatrán de piñeiro
-
-
-
Untar ou impregnar de alcatrán.
-
Mesturar con alcatrán.
-
Técnica mediante a que se protexen e impermeabilizan os cascos dos barcos construídos en madeira. Faise unha vez ao ano e con motivo do remate da temporada de pesca. O impermeabilizante conséguese mesturando brea, xofre e aceite que se quentan nunha pota para a continuación aplicala directamente no barco, asegurándose de que non se abran gretas na aplicación. Antes deste proceso cómpre eliminar a capa antiga de alcatrán chamuscando ben os fondos da embarcación.
-
-
ILLOTES
Illote da baía de San Francisco (California). Os españois ocupárono no 1769 e chamárono Isla de Alcatraces. No 1851 pasou a ser posesión dos EE UU, que estableceron alí un cárcere fortificado do exército no ano 1868. Dende 1933 converteuse en prisión federal forxando unha lenda de infranqueabilidade e imposibilidade de fuxida que inspirou obras literarias e cinematográficas. A cadea pechouse no 1963 porque o custo de mantemento era elevado de máis.
VER O DETALLE DO TERMO