"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • GALICIA

    Poeta, narrador, conferenciante, autor teatral, arqueólogo, historiador, autor de estudios etnográficos e literarios, editor, etc. Foi o prototipo do intelectual inquedo, amante da súa terra e da súa cultura. Estudiou bacharelato en Tui e maxisterio en Pontevedra. Esta cidade vai ter unha importante influencia na súa formación xa que nesa época de estudante coñece a personaxes da importancia de García Lorca ou Alexandre Bóveda quen casará coa súa curmá Amalia Álvarez Gallego. De precoz vocación, comezou a publicar poemas en xornais de Pontevedra e Tui, e no ano 1932, viu a luz o seu primeiro libro de poemas en castelán Abril e fundou, xuntamente co poeta Xoán Vidal, a revista literaria Cristal. En 1933 ingresou na Federación de Mocidades Galeguistas, nas que exercereu o cargo de secretario de Pontevedra. No ano 1934 rematou os estudios de Maxisterio, e deu a luz un afervoado texto nacionalista titulado Berro en lembranza dos herois de Carral. En 1935 obtivo o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Crítico musical. Realizou estudios musicais en Vigo e Santiago de Compostela, dedicándose dende moi novo á crítica musical. Colabora en diversos teatros e auditorios galegos en temas de divulgación musical (programas de man, conferencias). Socio fundador e secretario da Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza e director adxunto e colaborador da revista musical Cavatina, primeira revista galega dedicada á ópera. Colabora en diversos xornais e revistas especializadas (Scherzo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Catedrático da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, de onde pasou a Granada e Madrid. Doutorouse no 1850 coa tese titulada Del empirismo. Escribiu sobre temas médicos e políticos nos xornais El Amigo del País, La Verdad e La Discusión. Publicou Manual de Medicina operatoria, fundada en la Anatomía normal y patológica, por J.F. Malgaine, trad. de la 4ª y última edición y aumentada con varios procedimientos de autores españoles (1848).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, notario e escritor. Traballou como notario, primeiro na Coruña e despois en Madrid. Tamén traballou para o Goberno na elaboración de estatísticas das provincias de Guadalajara, Cuenca e Toledo. Tras este labor foi interventor da Comisión do Mapa Xeolóxico de España e Oficial Primeiro na Dirección de Agricultura, Industria e Comercio. Participou como membro da Sociedade de Autores Dramáticos de Madrid e da Academia de Ciencias e Artes de Granada, foi socio de mérito do Liceo Artístico e Literario de Granada, entre outras distincións, e dirixiu os xornais Guía del Miliciano Nacional e Diario Popular. Publicou o estudo Historia crítica del reinado de D. Pedro de Castilla y su completa vindicación, sacada de las obras que más le acriminaron y especialmente de la que premió la Real Academia Española en el certamen de 2 de marzo de 1850 (1852); e as novelas La familia errante, en tres entregas (1853-1854-1855) e El honor castellano (1855),...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de amazocar.

    2. Compacto ou denso de máis, especialmente cando nos referimos ao pan, ao biscoito ou a outra masa cocida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mazar o liño.

    2. Conseguir que algo se volva máis compacto, duro ou pegañento, especialmente a masa do millo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Símbolo por excelencia do comercio electrónico, a maior librería do mundo ofrece os seus fondos a través da rede Internet. Inclúe desde novidades ata primeiras edicións, ademais de dispor dunha área dedicada á música. A partir do seu nacemento, moitas librerías puxeron os seus produtos na rede, mesmo algunhas galegas. A competencia máis directa de Amazon é o grupo Bertelsmann, aliado en España con Planeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Muller guerreira da mitoloxía grega que cabalgaba con moita habilidade. As amazonas non admitían homes entre elas agás un día ao ano co fin de asegurar a perpetuidade da raza. Queimaban o peito dereito para tensar mellor o arco. Habitaban en Asia Menor e loitaron con diversos heroes. Parece que o mito pode ter orixe nalgún pobo asiánico en réxime de matriarcado guerreiro ou ben nunha reminiscencia de sociedades matriarcais exeas prehelénicas. Artisticamente destacaron, no s V a C, as de Policleto, Fidias e Cresiles, pero foron máis abundantes as representacións conxuntas da epopeia das amazonas (amazonomaquia), entre as que é célebre a de Fidias, esculpida nunha serie de metopas do Partenón de Atenas. No século seguinte o tema aplicouse a frisos e frontóns. Foi un tema moi recorrente na arte helenista e na arte romana. Na Idade Moderna, seduciu o espírito barroco de Rubens.

    2. Muller guerreira ou de ánimo viril.

    3. Muller que monta a cabalo.

    4. Vestido feminino con faldras longas para montar a cabalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos sitaciformes, cun tamaño de 24 a 46 cm segundo a especie, de peteiro groso, ás curtas, anchas e fortes, e plumaxe de cores vivas, predominantemente verde no corpo e variada na cabeza. De hábitos arborícoras e gabeadoras, aliméntanse de froitos, sementes e gromos. Son individuos sociables e gregarios, que manteñen parellas estables de por vida. As máis de 20 especies son propias da selva tropical americana, especialmente da Amazonia; a maior parte delas están en grave risco de extinción polo comercio como animais de compañía e pola destrución do seu hábitat. Reciben o denominación vulgar de papagaios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de América do Sur, primeiro do mundo en canto ao caudal, anchura, profundidade e extensión da súa conca, que cos seus afluentes drena unha área de 6.000.000 de km2e comprende territorios do Brasil, Perú, Bolivia, Ecuador, Colombia e Venezuela. Ten un caudal que oscila entre 80.000 e 120.000 m3/s, e unha velocidade media de 2,5 km/h, que se incrementa abondosamente na época das chuvias. Flúe ao S da liña ecuatorial, en dirección SO-NL, ao longo de 6.280 km dende as fontes do Ucayali e de 5.500 km dende as do Marañón, ata chegar ao Atlántico, onde a desembocadura ten 200 km de anchura media. Se se considera que o Apurímac é a póla nai, o Amazonas ten 7.025 km de lonxitude, cifra que o converte no primeiro río do mundo en longura. A súa situación permítelle recibir afluentes dos dous hemisferios, o que lle provoca cheas en diferentes épocas do ano. Os tributarios andinos son o Marañón, os ríos colombianos e os do O brasileiro. No curso medio, o Madeira pola dereita...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comisaría de Colombia no distrito de Orinoquía Amazonía (109.665 km2; 52.874 h [1992]). A capital é Leticia (14.298 h [1985]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento do Perú (39.249 km2; 352.100 h [1991]). A capital é Chachapoyas (13.800 h [1989]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do Brasil (1.567.954 km2; 2.320.000 h [estim 1995]). A capital é Manaus. Situado na rexión do N, comprende o curso medio do río Amazonas, dende a fronteira con Colombia e Perú ata o estado de Pará. É o estado máis grande do país. Forma, coa excepción dun pequeno sector montañoso ao N (serras de Imeri e de Tapirapeco), unha inmensa chaira aluvial, cuberta de vexetación exuberante e lixeiramente inclinada cara á depresión do Amazonas, río que atravesa transversalmente o estado e que xunto cos seus afluentes (Madeira, Purus, Juruá, Putumayo, Japurá e Río Negro, entre outros), drena o estado e forma unha extensa rede hidrográfica na que se localizan os principais asentamentos humanos, nunha rexión pouco poboada (densidade media de 1,47 h/km2). O clima é ecuatorial e a vexetación forma unha mesta xungla. Explótase a hevea, árbore da que se extrae o caucho, o iute, azucre, cacao, café e outros produtos. Os recursos mineiros son abundantes, e o comezo da explotación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio federal de Venezuela, no curso do río Amazonas (175.750 km2; 66.668 h [1992]). A capital é Puerto Ayacucho (35.865 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión natural de América do Sur constituída por unha extensa conca sedimentaria de máis de 6 millóns de km2, sucada polo río Amazonas e os seus afluentes, e situada entre dous macizos antigos pouco elevados: o macizo da Güiana, ao N, e o escudo brasileiro ao S. Aproximadamente a metade da rexión pertence ao territorio do Brasil; o resto, estendido ao pé dos Andes, ocupa territorios de Venezuela, Colombia, Ecuador, Perú e Bolivia. Os límites oriental e o occidental están ben definidos polo Atlántico e os Andes. O límite meridional e o setentrional non o están tanto, pois os dous escudos cristalinos só delimitan parcialmente a conca: a transición da selva á sabana é o criterio xeralmente adoptado a falta duns límites físicos precisos. A chaira amazónica, que ocupa aproximadamente a metade da rexión, é a paisaxe máis característica: vastísimo conxunto de pequenos relevos (a terra firme) que non superan os 300 m de altitude (altiplano de Santarém, 130 m; escarpada de Paranaquara,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao río Amazonas.

    2. Relativo ou pertencente á rexión amazónica.

    3. Relativo ou pertencente ás amazonas.

    4. Rexión bioxeográfica do reino neotropical que comprende toda a Amazonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de microclina, unha das formas triclínicas dos feldespatos potásicos, que contén pequenas cantidades de cobre. Ten cor verde intensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico soviético. Foi Presidente da Academia de Ciencias da RSS de Armenia, profesor da Universidade de Erevan, e director e fundador do observatorio de Biurakan. En 1955 formulou a inestabilidade dos sistemas de galaxias, enunciando que se atopan en estado de expansión e que os seus compoñentes afástanse dun centro común. A partir do estudo sistemático dos grupos estelares inestables encontrou as asociacións de estrelas, nacidas, segundo el, de sistemas múltiples de enerxía positiva. Publicou, entre outras obras,   Teoreticheskaia astrofizika (Astrofísica teórica, 1939). Foi Presidente da Unión Astronómica Internacional (1961-1964) e premio Stalin 1950.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de ameazar.

    2. Anunciar a alguén por medio da palabra ou xesto a intención de lle facer dano ou infundirlle temor, preocupación, etc.

    3. O que supón un perigo para algo.

    4. Indicio ou sinal a través do que se augura a inminencia dun perigo ou dalgunha cousa considerada negativa.

    5. Delito consistente en intimidar a alguén co anuncio de causar un mal (a el, á súa familia, persoa, honra ou propiedade) sexa para acadar un determinado obxectivo, sexa como unha expresión de rancor ou de ira. Segundo a quen se dirixa a ameaza (Xefe do estado, autoridades, etc), o alcance ou non do propósito e o momento e a forma da intimidación, a penalidade é máis ou menos severa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que expresa ou constitúe unha ameaza.

    VER O DETALLE DO TERMO