"BAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1242.

  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Foi un dos iniciadores da cartografía islámica. É o autor dunha descrición climática de diversos países islámicos. Discípulo do filósofo al-Kindī, sostivo que os diversos nomes aplicados a Deus no Alcorán derivan do sirio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Décimo Emir do Al-Andalus (740-742). O Califa Hišām (724-743) enviouno a axudar ao seu delegado na Ifrīqiya durante a revolta dos bérberes do 740. Foi derrotado e tivo que se refuxiar en Tánxer, onde foi liberado polo gobernador do Al-Andalus ‘Abd al-Malik. A raíz deses acontecementos Bal ǧ foi proclamado Emir, pero morreu pouco despois. As forzas sirias, que el introducira, orixinaron un problema social que resolveu o emir Abū-l-Ha ṭṭ ār (743-745) instalándoas segundo o modelo oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Musicólogo, folclorista e compositor da xeración do 22. Estudiou piano no conservatorio de Madrid. Participou na fundación da revista Ronsel (1924), xunto con Evaristo Correa Calderón, Álvaro Gil e Luís Pimentel. Ingresou no ano 1927 no Seminario de Estudios Galegos. En l928 comezou a súa investigación da música tradicional galega, en colaboración con Eduardo Martínez Torner, co fin de elaborar un Cancioneiro Galego. Relacionouse con personalidades da cultura galega como Carlos Maside, Bouza Brey, García-Sabell, Rafael Dieste, Luís Seoane, Torrente Ballester ou Filgueira Valverde. En 1938 exiliouse en México, onde colaborou na fundación da Casa de España (máis tarde Colegio de México), institución na que desenvolveu a súa actividade profesional ata 1965, ano no que regresou a España. Durante a súa estancia en México pertenceu ao grupo Nuestra Música e Ediciones Mexicanas de Música, con Rodolfo Halffter e Adolfo Salazar. Foi xefe da sección de investigacións musicais do Instituto...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proxectil macizo das armas de fogo portátiles; os outros proxectís das mesmas armas inclúense na categoría das chamadas bombas ou granadas. Nos primeiros tempos das armas de fogo portátiles (ss XV e XVI), a bala era esférica e de chumbo macizo. Despois foise perfeccionando para conseguir que se axustase ao calibre do canón: bala prolongada (1662), bala envolta en tea (1750), etc. A introdución das armas de ánima estriada, que se cargan pola culata, deu lugar ao tipo moderno de bala, con envoltura de latón ou aceiro extrasuave e de forma cilindricooxival encaixada a unha vaíña e que se axusta por si mesma ao pasar da recámara ao canón.

    2. Bomba ou granada.

    3. bala dum-dum

      Bala explosiva de fusil, de chumbo recuberto de aceiro e con dúas estrías entrecruzadas na punta que, no momento do impacto, proxecta o chumbo no interior do corpo no que penetra producindo feridas con esgazadura. A Segunda Conferencia Internacional da Haia (1899) prohibiu o seu uso.

    4. bala morta

      Aquela que chega ao obxectivo sen forza para ferir.

    5. bala perdida

      Bala que, fóra da zona de combate, chega a un punto nos límites do alcance máximo.

    6. bala perforadora

      A que na punta, baixo a cuberta, leva un núcleo de aceiro duro, e que pode atravesar unha capa, un escudo ou unha blindaxe lixeira de aceiro.

    7. bala pesada

      Na antiga artillería naval, bala de canón esférica que se enchía de chumbo a fin de que, co peso, aumentase o seu poder perforador.

    8. bala vermella

      Bala de canón que se quentaba ao lume e, candente, empregábase para producir incendios nos barcos e nos poboados.

    9. bala trazadora

      Aquela que leva no interior unha substancia luminosa ou fumífera que se incendia no momento do disparo e vai deixando un rastro luminoso ou de fume que indica a traxectoria. Utilízase para a corrección do disparo, intercalada na munición normal das armas automáticas.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe bíblico que, segundo o libro dos Números, enviou Balac, Rei de Moab, para maldicir os israelitas que chegaran a Palestina logo do Éxodo e que, ao final, acabou bendicíndoos. No mesmo libro inclúese a tradición segundo a que a súa burra falou cando o anxo de Iavé lle saíu ao paso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. A súa tarefa foi fundamental na propagación do movemento socialista durante o primeiro terzo do s XX e na difusión por Europa da Segunda Internacional. En Italia compartiu con Mussolini a dirección do xornal socialista Avanti. Á súa volta á URSS, en 1917, ocupou un lugar no secretariado da Terceira Internacional, aínda que a abandonou cara ao ano 1922. Os seguintes anos residiu en Europa e nos EE UU, onde continuou participando activamente a prol do movemento socialdemócrata internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta ruso. Colaborou na fundación da revista Études (Estudios, 1856) e foi cronista de temas rusos na revista Civiltà Cattolica (Civilización Católica).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Cultivou a pintura de temática histórica e costumista, é coñecido pola súa obra A Batalla de Almansa (1862).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xénero poético-musical. O seu nome deriva do latín tardío ballare ‘bailar’ e dentro del englóbanse, polo tanto, aqueles textos que estaban compostos para ser bailados; deste étimo procede tamén balar que en provenzal significa ‘bailar’. Na súa orixe pertencía á denominada “canción de danza”, como o virelai e o rondeau en Francia ou a dansa en Catalunya e Provenza. A balada, igual que outros xéneros afíns, constaba de refranh (retrouso) inicial, cantado polo coro de bailaríns, e estrofas -xeralmente tres- interpretadas polo solista, que conducía a danza; despois de cada estrofa todo o retrouso era repetido polo coro. O contido era lírico, profano ou relixioso, pero non faltaban as baladas dramáticas e narrativas. Aínda que o xénero non foi obxecto de ningunha teorización nas poéticas que codificaron a poesía do Midi francés, a súa existencia vén confirmada polas rúbricas dos manuscritos e polos propios textos, xa que a palabra balada...

      1. Composición vogal sobre textos de baladas con acompañamento instrumental. De carácter lírico ou épico, esta forma musical, aparecida a finais do s XVIII, non ten nada en común coa balada medieval. Schubert converteu a balada nun xénero independente dentro do lied. Outros autores de baladas foron Schumann, Brahms, Mendelsshon e Plüddemann.

      2. Composición instrumental de forma indeterminada escrita normalmente para piano. O carácter desta forma inspirada máis ou menos directamente en textos poéticos é esencialmente narrativo e lendario. Chopin, Brahms, Grieg, Liszt, Vieux-temps, Prokofiev, Fauré e outros escribiron baladas para diferentes instrumentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Estudiou en Barcelona e nos EE UU, con Aaron Copland. Cultivou o ballet, o concerto, a música de cámara, música para cine, a oratoria e a ópera. En 1989 estreou a súa ópera Cristóbal Colón no Liceo. Actualmente é catedrático de Composición da Universidade de Carnegie-Mellon, de Pittsburg (Pensilvania). En 1993 a Generalitat de Catalunya outorgoulle o Premio Nacional de Música á Composición Musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos baladís.

    2. Denominación que deron os musulmáns aos árabes chegados á Península Ibérica nas primeiras expedicións (711-712) para diferencialos dos sirios, que entraron máis tarde no ano 741.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariante gráfica de Valado, apelido de orixe toponímica que remite á voz común valado ‘cerre, valo, muro’, termo derivado á súa vez do latín vallatu ‘cerrado con valo’. Xa que logo, a forma Balado presenta un b- non etimolóxico debido ás constantes flutuacións dentro da antroponimia galega entre as grafías b e v.

    2. Liñaxe oriúnda de Monforte de Lemos. As súas armas levan, en campo de azul, un valado de sinople.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Animadora teatral. Desenvolveu unha importante actividade de promoción das artes escénicas na área de Ferrol Terra. Participou na posta en marcha da Mostra de Teatro Infantil Galego Xeración Nós, moi importante na promoción do teatro infantil e xuvenil, e coordinou programas de divulgación cultural e teatral na radio local. Tamén traballou como actriz no Teatro Círculo de Perlío, participando en espectáculos como O cantar dos cantares (1975) ou O circo de tiza caucasián (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Iniciou e desenvolveu a súa carreira no grupo lalinense Viravolta, co que realizou traballos de manipulación e iluminación, ademais de participar noutras actividades colectivas como a dramaturxia dos espectáculos ou o deseño e realización de marionetas. Entre os espectáculos nos que participou destacan: As venturosas fazañas de Don Florete (1983), Contos para ratos mortos (1984), Historias con demo (1985), Jasón (1985), A aventura do doutor Sabañón (1993), O candil marabilloso (1994) ou Guillermo Tell (1995).
     

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formouse na Escola de Artes e Oficios con Oliveira, quen lle ensinou a técnica da fundición de cera, e con Antúnez Pousa, con quen aprendeu o traballo da pedra. No seu traballo combínanse pedras e materiais diversos, como bronce e madeira, na procura da expresividade ata chegar á esencialización da forma. Recibiu numerosos premios e participou en distintas exposicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cetáceos da familia dos balénidos ao que pertence a balea de Grenlandia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cetáceos da familia dos balenópteridos que reciben a denominación común de rorcual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONCELLO

    Concello da provincia de Lleida, Catalunya (13.103 h [1996]), situado ao pé dos primeiros dobramentos subpirenaicos, na beira do Segre. Cultívanse amendoeiras, oliveiras, trigo, tornasol e froiteiras. Hai gandería porcina, ovina e bovina. Industria alimentaria, téxtil, da madeira e da construción. A cidade de Balaguer foi fortificada polos francos no ano 897. En 1106 incorporouse ao condado de Urgell, do que foi capital ata que pasou á coroa (1413). A súa situación estratéxica concedeulle protagonismo durante as Guerras dos Segadors, de Sucesión e Civil Española. No seu patrimonio destacan a antiga Colexiata de Santa María (1351-1575), a Igrexa románica de San Salvador, erixida sobre a antiga Mesquita de Avimoni, e o Convento de Santo Domingo (1323), desamortizado no 1835.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. No ano 1865 participou na conspiración do xeneral Prim. Foi ministro de Fomento e de Ultramar durante o reinado de Amadeo I e na Restauración. Escribiu dramas históricos con intención nacionalista. Colaborou co diario El Constitucional e fundou o diario El Catalán (1849). A súa produción poética en catalán está recollida en Lo trobador de Montserrat (O trobador de Montserrat, 1861), Esperances i records (Esperanzas e recordos, 1866) e Los Pirineus (Os Pireneos, 1893), co que obtivo un grande éxito. Así mesmo, publicou Historia de Cataluña y de la Corona de Aragón (1850-1863) e Las calles de Barcelona (1865).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político dominicano. Estudiou Dereito nas universidades de Santo Domingo e París. Foi ministro de Asuntos Exteriores (1954-1955), de Educación (1955-1957) e vicepresidente (1957-1960) nos gobernos do ditador Trujillo, a quen sucedeu na Presidencia tralo seu asasinato o trinta de maio de 1961. No ano 1962 un golpe de estado militar obrigouno a abandonar o país e refuxiouse nos EE UU, onde fundou o Partido Reformista, de tendencia moderada. En 1966, ao abeiro da intervención militar dos EE UU, ocupou a Presidencia, que exerceu, con dúas reeleccións, ata o 1978. En 1986, 1990 e 1994 foi elixido de novo Presidente da República. Deixou o cargo en 1996, ao resultar gañador Leonel Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO