"COU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 304.
-
PERSOEIRO
Médico. Nacionalizouse norteamericano en 1941. Colaborou con D. W. Richards no estudo das enfermidades do corazón e dos pulmóns, e no desenvolvemento de técnicas para medir o funcionamento destes órganos, como o cateterismo cardíaco. Ambos os dous compartiron con W. Forssmann o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1956.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático, economista e filósofo francés. Profesor de matemáticas nas universidades de Lyon e Grenoble, e inspector xeral e reitor da Académie de Dijon, está considerado como o iniciador do tratamento matemático da economía. A súa obra máis destacada é Recherches sur les principes mathématiques de la théorie des richesses (Anotacións sobre os principios matemáticos da teoría das riquezas, 1838), na que trata os problemas do cambio e das relacións entre a demanda e o prezo. Trasladou o seu interese polo cálculo de probabilidades á filosofía, campo no que destacou con Materialisme, vitalisme, rationalisme (Materialismo, vitalismo, racionalismo, 1875).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo británico dirixido pola Universidade de Londres. Nel amósase a colección pertencente ao Courtauld Institute of Art, institución dedicada ao estudo da arte que se formou en 1931 para acoller a colección de pintura impresionista e postimpresionista de Samuel Courtauld (1876-1947). A galería abriuse ao público en 1958 en Woburn Square, Bloomsbury, e en 1990 trasladouse á Somerset House. O Instituto enriqueceuse con outras coleccións como a Princess Gate Collection e as pertencentes ao viceconde Lee of Fareham, a Mark Gambier-Perry, a Robert Witt e a Roger Eliot Fry. Os seus fondos mostran pintura inglesa, italiana, francesa e flamenga, ademais de cerámica, mobles e outros obxectos.
-
PERSOEIRO
Caricaturista e realizador. Coñecido como Émile Cohl, foi escenógrafo no estudo Gaumont, onde en 1908 realizou Fantasmagorie, os primeiros debuxos animados da historia do cine.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico e compositor. Recibiu a primeira formación musical co seu pai, Xosé Courtier, violinista que tivo como discípulo a Pablo Sarasate. Posteriormente, estudiou a carreira de piano no conservatorio de Madrid. Rematados os estudios, foi director da banda de música da Pobra de Trives, ata que acadou, por oposición, a praza de director da Banda Municipal de Ourense (1910). A banda ourensá conseguiu con el triunfos en distintos certames. Dedicou parte da súa actividade á composición; escribiu a música para a zarzuela Flor de cardo, sobre texto de Antonio Suárez de Puga, estreada no Teatro Eslava de Madrid o día 25 de maio de 1904. Ten un só acto dividido en catro cadros, en prosa e verso, e editouse na imprenta de S. Velasco, en Madrid. A acción transcorre en terras valdeorresas; o río Sil aparece nomeado repetidas veces. A muiñeira da obra está dedicada a Helena Quiroga Velarde. Da súa produción destacan, ademais, as pezas Rosicler, Hechizo, El Club, Os...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Conxunto de relatos breves da autoría de Afonso Daniel Rodríguez Castelao. Editou o seu primeiro libro a partir de 1926 na Editorial Lar da Coruña; en 1929 apareceu o segundo, tamén na Coruña, na editorial Nós. Xa en 1934, con este último selo editorial, pero agora en Santiago de Compostela, o autor reunía nun único e definitivo volume o publicado nos dous anteriores. Varias das pezas artístico-literarias que Castelao bautizou como “Cousas” apareceron en diversas publicacións (El Pueblo Gallego, Nós, Alma Gallega, Céltiga, Terra) e, malia o anunciado pola editorial Nós, despois de 1934 non apareceron novos libros co título de Cousas. Para Carballo Calero nesta obra hai un feixe de “prosas ilustradas (...) que constitúen a máis orixinal creación literaria de Castelao”. Son, en conxunto, 44 pezas que, en perfecta simbiose, reúnen breves textos de prosa coas súas correspondentes ilustracións. A única excepción é “A carón da natureza”, texto...
-
Todo aquilo que existe ou é susceptible de existir como entidade independente, sexa material ou espiritual, concreto ou abstracto, animado ou inanimado.
-
Aquilo que é inanimado, en oposición ao vivente.
-
-
Aquilo que é real, concreto ou esencial, en oposición ao ideal, abstracto e aparente.
-
Entidade individual e material. Foi un dos cinco conceptos transcendentais para os escolásticos. Tradicionalmente, vinculouse a noción de cousa coa de substancia, pois ambas as dúas posúen propiedades. Na filosofía moral emprégase en contraposición ao concepto de persoa.
-
-
Aquilo que se fai, se di, se pensa, se sabe ou se coñece.
-
Acontecemento, circunstancia ou situación que lle afecta a alguén.
-
-
Asunto, cuestión ou materia sobre un tema determinado.
-
...

cousa pública
Conxunto dos asuntos de goberno da comunidade política.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de relatos breves da autoría de Afonso Daniel Rodríguez Castelao. Editou o seu primeiro libro a partir de 1926 na Editorial Lar da Coruña; en 1929 apareceu o segundo, tamén na Coruña, na editorial Nós. Xa en 1934, con este último selo editorial, pero agora en Santiago de Compostela, o autor reunía nun único e definitivo volume o publicado nos dous anteriores. Varias das pezas artístico-literarias que Castelao bautizou como “Cousas” apareceron en diversas publicacións (El Pueblo Gallego, Nós, Alma Gallega, Céltiga, Terra) e, malia o anunciado pola editorial Nós, despois de 1934 non apareceron novos libros co título de Cousas. Para Carballo Calero nesta obra hai un feixe de “prosas ilustradas (...) que constitúen a máis orixinal creación literaria de Castelao”. Son, en conxunto, 44 pezas que, en perfecta simbiose, reúnen breves textos de prosa coas súas correspondentes ilustracións. A única excepción é “A carón da natureza”, texto...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada polo Club de empleados de Casa de Galicia en Montevideo a partir do 1 de outubro de 1956. Coordinada por Antonio Paleo Fernández, contaba coa colaboración de Nélida Prado, Ana Mª Núñez, Rubén Montes, Manuel Chao, Antonio Rey Trigo, Manuel G. Terán e Francisco López Maseda, entre outros. O seu primeiro número saíu como homenaxe aos fundadores da sociedade que celebraba o seu 39 aniversario. Incluíu ademais retratos, algunha fotografía do local social e debuxos de motivos galegos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Herbácea perenne, de ata 50 cm de altura, con follas basais arredondadas, carnosas e pecioladas, semellantes a un funil e de ata 7 cm de diámetro. As flores están dispostas de xeito pendurante en longos acios e teñen a corola tubular pentámera de ata 10 mm de lonxitude e de cor branca verdosa. Distribuída polo sur e polo oeste de Europa, en Galicia é común entre pedras, valados e tellados. A planta presenta trimetilamina e taninos, ademais de mucilaxes, polo que ten propiedades cicatrizantes e diuréticas; así, as follas esmagadas aplícanse en feridas e a epiderme enteira da folla aplícase como apósito.
-
estraloque.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recipiente que pode ter diferentes formas e tamaños.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diminutivo correspondente ao apelido galego Couso.
-
GALICIA
Sacerdote e investigador. Estudiou no Seminario Maior de Santiago de Compostela, onde se ordenou en 1895 e do que foi profesor. As súas investigacións centráronse nos eidos da arqueoloxía e da historia. Colaborador do Boletín de la Real Academia Gallega, publicou entre outros artigos “Los juegos y danzas en las fiestas compostelanas” (1925), “Palacios y fortalezas en la Mitra de Santiago antes de la guerra hirmandina” (1926) e “El hospital de San Lázaro de Santiago” (1928). Escribiu La guerra hirmandina: s XV (1926), Fray Rafael de Vélez y el seminario de Santiago (1927), Galicia artística en el siglo XVIII y primer terzo del siglo XIX (1932), La Guerra de Sucesión en Galicia (1935) e La pintura gallega (1950). Renunciou ao seu nomeamento como académico da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Trasladouse en 1964 a Barcelona, onde estudiou pintura con Josep Maria Baixas i Castellví (1969) e na Escola de Llotja (1973), na que cursou estudios de litografía e gravado en 1977. Dende 1982 dedícase exclusivamente á pintura. As súas primeiras obras foron naturezas mortas e paisaxes; nestas últimas introduciu o eixe da súa pintura: a figura humana. Nun primeiro momento foron tres ou catro figuras espalladas polo cadro, despois representou multitudes ou grupos, para pouco a pouco reflectir novamente tres ou catro persoas caracterizadas polas miradas intensas dos seus rostros. Formalmente, as súas figuras están ben perfiladas pero tamén se achegan á abstracción. A cor lembra os fauvistas, mentres que a sinuosidade da liña recorda os expresionistas, pero en ningún caso son obras de carácter dramático. Cultivou tamén o cartelismo (Letras Galegas, Barcelona, 1987) e a ilustración (Contos e lembranzas, de J. A. Pet Posse). Participou en numerosas exposicións colectivas e realizou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. A súa obra de temática relixiosa caracterízase polo dominio do debuxo. No santuario de Las Ermitas (Astorga) consérvase a decoración da bóveda e dous lenzos que representan a Entrega do rosario e o Triunfo da Fe. Realizou tamén os altares da Fuxida a Exipto e Santo Antonio de Pádua, en San Vicente de Coeo (Lugo), e unha copia da Virxe do Socorro que fixera Claudio Coelho para a capela de Mondragón da catedral de Santiago de Compostela (1737).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
José Martínez Couselo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
reificación.
-
PERSOEIRO
Pintor e gravador francés. Coñecido como o Vello, realizou os tapices La légende de Saint Mammès (A lenda de san Mamés, 1543). Atribúenselle as vidreiras da catedral de Sens e o lenzo Eva Prima Pandora. Escribiu diversos tratados, entre os que destaca Livre de perspective (Libro de perspectiva, 1560).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador francés, fillo de Jean Cousin o Vello. Coñecido como o Novo, traballou en Sens e París. Da súa autoría só se documenta unha única pintura: Jugement dernier (Xuízo final). Ilustrou, entre outros, o libro de emblemas Livre de Fortune (Libro da Fortuna, 1568), as Metamorfoses de Ovidio (1570) e as Fábulas de Esopo (1582). Posiblemente rematou o Livre de portraiture (Libro do retrato, 1571), comezado polo seu pai.
VER O DETALLE DO TERMO