"Chan" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 202.

  • PUNTA

    Punta da beira setentrional da ría de Corme e Laxe, no litoral da parroquia de Corme Porto (concello de Ponteceso).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantar épico francés que describe en verso a lendaria Batalla de Roncesvalles (778), desde a súa xestación ata as súas consecuencias, na que saíu derrotado Carlomagno, quen se proclamara defensor da cristiandade. Meses despois de que o emperador invadira Zaragoza, co fin de crear un protectorado que formase unha barreira contra os movementos expansionistas do emir de Córdoba ‘Abd al-Ra ḥ mān, tivo lugar este enfrontamento entre o exército francés e os reis mouros de Zaragoza ao seren atacados aqueles na súa retagarda por unha cuadrilla de vascos que pretendían saquealos. O texto máis antigo (pouco antes do 1100) que narra estes sucesos, docúmentase tres séculos despois do acontecido; de aí que o relato bélico se adornase con personaxes fiticios, que nada tiveron que ver coa acción histórica, ou con abondosos elementos novelescos, fantásticos e sobrenaturais. En definitiva, creouse unha intriga que converteu o desastre militar, causado por un erro estratéxico, no drama dunha paixón...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma polifónica característica da escola franco-flamenga do s XVI, nacida da fusión do espírito popular da canción monódica coa linguaxe do motete contrapuntístico. Co madrigal italiano contemporáneo, destinouse a ser cantada a capella. Non ten estrutura propia ben determinada. O número de voces é bastante variable e o seu carácter é moi diverso. Guillaume de Machaut (1300?-1377), Guillaume Dufay (1398?-1474) e Binchois (1400?-1460) cultivaron este tipo de composicións. Clément Janequin (1485?-1558) foi, na primeira metade do s XVI, o seu principal representante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Libro impreso ou manuscrito que contén chansons ou as súas musicacións. Entre os máis coñecidos destaca o Mellon Chansonnier, copiado cara ao 1476, o Laborde Chansonnier, copiado cara ao 1480 e o Chansonnier Cordiforme, realizado antes de 1477.

    2. Artista que interpreta cancións compostas xeralmente por el mesmo e que apareceu en Francia cara ao 1700. A partir da segunda metade do s XIX, pasou a designar o artista que interpretaba as súas obras nos cabarés.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Lousa ou pedra grande que se chanta nos lados dun terreo para cercalo.

      2. Lousa ou pedra grande que compón a cámara e o corredor dunha construción megalítica.

    1. Pao, estaca ou póla que se crava no chan para facer un valado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de chantar os dentes.

    2. Porción de alimento que se pode arrincar dunha soa vez cos dentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia e capital do concello homónimo baixo a advocación de Santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello que é cabeceira da comarca do seu nome, situado na provincia de Lugo no centro da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello de Taboada (Chantada), ao L cos do Saviñao e Pantón (Terra de Lemos),ao S co de Carballedo (Chantada) e ao O co de Rodeiro (Deza). Abrangue unha superficie de 176,7 km 2 , nos que acolle unha poboación de 9.150 h (2007), distribuídos nas parroquias de Adá, Arcos, Argozón, Belesar, Bermún, Brigos, Camporramiro, Chantada, Esmeriz, Esmoriz, Fornas, A Grade, A Laxe, Líncora, Mariz, O Mato, Merlán, O Monte, Mouricios, Muradelle, Nogueira de Miño, Pedrafita, Pereira, Pesqueiras, Requeixo, Sabadelle, San Fiz de Asma, San Pedro de Viana, San Salvador de Asma, San Xurxo de Asma, Santa Cruz de Viana, Santa Uxía de Asma, Santiago de Arriba, A Sariña, Veiga e Vilaúxe. A capital municipal é a vila de Chantada, na parroquia homónima, situada a 43° 35’ de latitude N e 7° 26’ 14’’ de lonxitude O, 94 km ao SL de Santiago de Compostela, 58 km ao...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica. O topónimo Chantada podería ter un significado fitonímico (lugar plantado) ou proceder do sintagma latino *(petra) plantata ‘(pedra) chantada’ coa conseguinte elipse do substantivo. O apelido documéntase no s XIII: “Petrus Chantada” (doc do ano 1202 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol I, 1976, p 383).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeógrafo. Doutorouse en Xeografía e Historia en 1982 e comezou a súa actividade docente en 1976 no departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, que dirixiu entre 1989 e 1991. Profesor de Análise Xeográfica Rexional na Universidade de Santiago de Compostela, centrou a súa investigación na ordenación do territorio, na demografía e na cartografía. Foi pioneiro na aplicación da teledetección e dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) en Galicia. Foi profesor invitado nas universidades de Cork, Nantes e Maine (Le Mans) e, dende 1995, profesor colaborador da Escola Superior Gallaecia, en Vila Nova de Cerveira (Portugal). Ampliou os seus estudios sobre xeomorfoloxía litoral en París (1987) e sobre SIX en Durham e Londres (1988-1991). Forma parte do consello de redacción da revista Agália. Á parte de numerosos artigos e comunicacións, publicou Paisaje agrario en la Galicia Noroccidental (1982; versión en galego de 1989), Las parroquias de Galicia....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca do centro da Comunidade Autónoma de Galicia, constituída segundo a Lei de Desenvolvemento Comarcal de Galicia de 1996. Neste espazo comarcal concorda de xeito claro o espazo natural, ben diferenciado do resto do territorio circundante, co núcleo funcional, Chantada. Non obstante , tradicionalmente, mantivéronse vinculados a esta vila os concellos do S da Ulloa (Antas de Ulla e Monterroso) e o de Portomarín, que quedan fóra dos límites comarcais. Esta comarca toma a súa denominación do principal núcleo, Chantada. Esténdese aproximadamente entre os 42° 27’ e os 42° 47’ de latitude N e os 7° 39’ e os 7° 56’ de lonxitude O. Limita ao N coas comarcas da Ulloa (concello de Monterroso) e Lugo (Portomarín), ao S coa de Ourense (Vilamarín e A Peroxa), ao L coa Terra de Lemos (concellos do Saviñao e Pantón) e Sarria (Paradela), e ao O coas da Ulloa (Antas de Ulla), Deza (Rodeiro) e O Carballiño (San Cristovo de Cea). Abrangue unha superficie de 462,2 km2, nos que acolle unha poboación...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Chantada ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Chantada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de chantar.

    2. Cerca feita con chantos.

    3. Terreo onde se chantaron pólas verdes ou estacas para a súa reprodución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde abundan os chantos.

    2. Depósito sedimentario de chantos ao pé dunha pendente.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Introducir un obxecto aguzado nun corpo ou nunha superficie.

      2. Introducir involuntariamente un obxecto aguzado nalgunha parte do corpo.

    1. Atravesar un corpo cun obxecto aguzado de xeito que quede introducido nel.

    2. Afundir algo nunha superficie branda.

    3. Cercar algún lugar con chantos.

    4. Plantar unha póla verde ou estaca na terra para que prenda.

    5. Dicir algo a alguén de forma súpeta e con intención ferinte.

    6. Botar a alguén dun sitio.

    7. Baterlle a alguén.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Procedemento delitivo para conseguir diñeiro ou outro beneficio dunha persoa a cambio de non revelar información comprometedora sobre ela.

    2. Acción de ameazar ou manipular os sentimentos de alguén para obrigalo a facer algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Herbácea con follas lanceoladas ou lineares, de nerviación paralela e dispostas en mouta basal, pertencente ao xénero Plantago ou Alisma.

    2. Herbácea do xénero Plantago que presenta as follas principalmente na base, flores hermafroditas, pequenas e tetrámeras, dispostas en espigas pedunculadas. Os froitos son cápsulas que se abren transversalmente. Nas especies que viven en medios ocasionalmente inundados, as sementes presentan substancias viscosas que lles serven para fixarse ao substrato. En Galicia están presentes as especies: P. coronopus, que tamén recibe o nome de estrela de mar, e que se caracteriza por ter follas lanceoladas e pinnatífidas de ata 20 cm de lonxitude, co tubo da corola piloso, propia de lugares secos e areosos; P. lanceolata, perenne, con varias plantas xuntas, de follas lanceoladas con cinco nervios como máximo e de ata 30 cm de lonxitude, común en prados e matogueiras; P. major, de follas ovadas de entre cinco e nove nervios e de ata 30 cm de lonxitude, que son propias de camiños e campos de cultivo; e P. maritima, de follas enteiras e carnosas de ata 25 cm...

    3. Herbácea perenne de ata 1 m de altura, con follas basais e lanceoladas, de nervios paralelos que acadan os 30 cm de lonxitude. Poden disporse ergueitas ou boiantes sobre a auga. Presentan flores hermafroditas e trímeras de 1 cm de diámetro, con pétalos brancos ou rosáceos nos extremos das ramificacións do seu longo talo, que constitúen unha inflorescencia en panícula. Posúe froitos en aquenios de ata 3 mm de longo. Está presente nas beiras de masas de auga doce de toda Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer chantaxe a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai chantaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO