"Santa María" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 234.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Laxe. Construíuse no s XIV en estilo gótico mariñeiro cunha nave e ábsida cadrada cuberta cunha bóveda de crucería. No interior conserva un retablo pétreo e o sepulcro dos Moscoso de Altamira (s XIII). A portada está formada por arquivoltas dóricas. A torre elévase á altura do arco triunfal e ten unha escaleira exterior de acceso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Monforte de Lemos. Identifícase co de Santa María da Régoa.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Estrada. O seu estilo é románico da segunda metade do s XII. Ten planta rectangular, dunha soa nave, con bóveda de canón e ábsida dividida en dous tramos. A porta principal ten arquivolta con axadrezado. Sobre o testeiro atópase un Agnus Dei con cruz potenciada sobre o lombo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Santa María de Ribalogio.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Arteixo. Foi construída no s XII, en estilo románico, do que conserva a ábsida orixinal, abovedada con dous arcos apuntados e reformada no s XIX con compoñentes neoclásicos. O retablo é obra de Ferreiro e do pintor Landeira (s XVIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro que puido estar situado aos pés do coto Louredo ou coto do Castro, no concello de Barbadás ou Toén. Foi fundado antes do s X e pertenceu a Santa Comba de Naves.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Saviñao. Construída entre finais do s XII e comezos do s XIII, conta cunha nave de planta rectangular, muros de pequenos perpiaños e cuberta a dúas augas cun tellado de tella. A fachada presenta unha portada abucinada con tres arquivoltas de medio punto que se apoian en columnas con capiteis cúbicos. A espadana conta con dous vans e está rematada por un frontón con óculo. No interior consérvanse retablos con imaxes e pinturas murais do s XV.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Palas de Rei. Datada no s XIII, é de estilo románico e ten planta rectangular con nave, ábsida en dous planos e sancristía. No interior conserva pinturas góticas e a ábsida decorada polo mestre de Marzá, que representan a Virxe co Neno e a Anunciación. Destaca o relevo de san Bertomeu na fachada, así como uns canzorros figurados.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro cisterciense situado en Meira. A súa fundación, en 995, atribuíuse a Álvaro Rodríguez e á súa dona, Sancha Fernández, condes de Sarria. Desde o s XI a comunidade relixiosa, ata entón dirixida por un monxe de nome Xeraldo, adoptou a regra beneditina e recibiu importantes doazóns, como as de Afonso VII e Fernando II. En 1515 o mosteiro uniuse á Congregación de Castela, baixo a que viviu períodos de grande esplendor, especialmente ao redor de 1600, cando se abriu na súas dependencias un centro de estudios de filosofía. A este período sucedeu a decadencia do conxunto, agravada pola Guerra da Independencia e materializada coa expulsión dos monxes do mosteiro en 1835, froito da política desamortizadora de Mendizábal. A igrexa monacal, construída arredor de 1142 baixo a dirección de Domingo Ibáñez, consagrouse en 1258. Seguiu o esquema típico das construcións cistercienses, onde destacan a simplicidade nas formas e o predominio da horizontalidade e da austeridade decorativa. Construída...
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Pereiro de Aguiar. De estilo barroco, presenta nave única con bóveda de canón, mentres que a ábsida se cubriu cunha bóveda de cruzaría. Destacan os retablos do s XVIII e no exterior a fachada, que está flanqueada por dúas torres, unha delas inacabada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro cisterciense situado en Melón. O primitivo cenobio fundouse no s XII e a súa orixe confundiuse con frecuencia coa do mosteiro de Santa María de Bárcena. A súa construción foi similar á do mosteiro de Santa María de Oseira, aínda que con dimensións máis reducidas, e un ano despois que aquel, incorporouse (1142) á orde do Císter, baixo a dependencia de Clairvaux. A primeira referencia documental do templo data de 1158, cando se produciu unha doazón ao mosteiro da condesa Froila Fernández. Afonso VII dotou o mosteiro de numerosos bens como o couto de Melón e o monte Verdugo; as posteriores doazóns dos monarcas Fernando II e Afonso VIII, así como a concesión do reguengo de Vigo en 1176, convertérono nun dos cenobios máis destacados de Galicia, do que dependeron os mosteiros de Santa María de San Clodio e Santa María da Franqueira. En 1506 incorporouse á Congregación de Castela e estivo habitado ata a expulsión dos monxes pola Lei de Desamortización de Mendizábal, en 1835. Despois...
-
IGREXAS
Igrexa situada en San Martín de Montalbán (Toledo). Datada en época mozárabe (ss VII-VIII), pertenceu a un antigo mosteiro situado sobre unha vila romana. Está construída en cantaría e presenta planta cruciforme con ábsida de ferradura. A nave cubriuse cunha bóveda de canón e o cruceiro cubriuse cunha cúpula dun castelo árabe que se edificou enriba da igrexa. Case non presenta decoración exterior. En 2003 inaugurouse nas súas proximidades o Centro de Interpretación de Santa María de Melque. Foi declarada Ben de Interese Cultural (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Ortigueira. Era coñecido nas fontes como Mera de Sursum, en referencia á súa situación respecto ao río Mera. Puido ser administrado polo mosteiro de San Xoán de Caaveiro.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Merca. Construíuse en distintas etapas pero a maior parte da estrutura, con cuberta de madeira, data do s XVIII. No seu interior destacan o sepulcro pétreo de Pedro López Mosquera Villar y Pimentel, señor de Vilar de Paio Muñiz (1632), unha fornela dos ss XV-XVI e os retablos barrocos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Sarria. Fundouse, segundo a tradición, por dous monxes italianos a principios do s XIII, co fin de atender os peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela. O Papa Pío V en 1568 concedeulles a oficialidade, pero baixo a regra agostiña. Abandonaron o lugar coa exclaustración de 1835, e retornaron en 1896. O edificio ten planta rectangular que alberga un claustro e dous patios laterais. A primeira edificación, a capela de San Lourenzo, é de estilo románico-gótico. No s XVI realizáronse reformas, pero foi no s XVIII cando experimentou a maior transformación en estilo barroco.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Vilasantar. Pertenceu ao antigo mosteiro beneditino do mesmo nome, que fundara o abade Reterico sobre os restos aquitectónicos doutro, chamado mosteiro de Mosontio. En 870 doouse ao Rei Afonso III e no s X reedificouno san Pedro de Mezonzo. En 995 pasou a depender de Santa María de Sobrado e no s XV cesou a súa actividade. A igrexa, de estilo románico, ten planta basilical con tres naves, conserva capiteis dos ss VI e VII, as bóvedas non se remataron e presenta cuberta de madeira a dúas augas na nave central. A cabeceira destaca pola súa ornamentación ao exterior, coas tres capelas da ábsida a diferentes alturas. Foi declarada Ben de Interese Cultural (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cantigas de Santa María.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Zas. Construída no s XVIII, conserva pouco da estrutura primitiva. A igrexa, reformada a mediados do s XX, ten planta de cruz latina e cuberta abovedada. A ábsida, poligonal, foi respectada e a fachada conta cunha porta arquitrabada, unha ventá cun arco de medio punto e un ollo de boi. en un retablo do s XVIII. A espadana, dun só corpo, tres vans e dous arcos de medio punto está coroada por un frontón triangular rematado por pináculos e unha cruz.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Monterrei. Construída durante o s X, inicialmente debeu formar parte dun mosterio beneditino. En 1115 pasou a San Salvador de Celanova a consecuencia dunha doazón de Afonso VII, e con Carlos I pasou a depender de Monterrei. Ten tres naves separadas por piares e rematadas en ábsidas cuadrangulares por fóra e semicirculares por dentro, cubertas con bóvedas de aresta feitas de ladrillo. Presenta características propias dos estilos que se desenvolveron na Península Ibérica en época prerrománica (ss VI-X): visigodo, mozárabe e asturiano. Destaca o contraforte da esquina dunha das ábsidas laterais, posiblemente colocado para corrixir as deficiencias técnicas da construción inicial dos muros. As escavacións realizadas na década de 1960 mostraron a existencia de varias edificacións anexas. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1931.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado en Monfero. Ten a súa orixe nun cenobio cisterciense do s XII que recibiu o apoio do conde de Traba e de Afonso VII. Renovouse completamente no s XVII en estilo barroco. A igrexa, de orixe románica, é dunha soa nave con planta de cruz latina. Na intersección entre a nave principal e a do cruceiro sitúase unha cúpula-ciborio octogonal con ventás no tambor e bóveda de canón casetonada. Os muros laterais da nave están decorados con columnas que sosteñen unha cornixa que percorre a igrexa. A cabeceira está formada pola capela maior rectangular, enmarcada por dous capelas rectangulares. Está percorrida por un deambulatorio. Tras o altar maior atópanse unha sancristía e unha capela, onde celebraban misa os sacerdotes que non pertencían ao mosteiro. Cóbrese cunha bóveda de comezos do s XVIII. No brazo norte do cruceiro destaca o retablo pétreo da Virxe da Cela (1666). No interior do templo destacan os sepulcros de Nuno Freire de Andrade o Mao, de estilo gótico, o do seu...