"Santiago" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 262.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Taboada. Construída en estilo renacentista no s XVI, ten unha soa nave de planta rectangular e cuberta de madeira a dúas vertentes. O presbiterio cóbrese cunha bóveda de crucería coas claves decoradas cos escudos de armas dos señores da casa-fortaleza de Vilar. No interior consérvase unha pedra de armas de 1596 cos escudos dos Camba, Fernández de Lemos, Taboada e Ulloa no muro do Evanxeo. Na fachada destaca a espadana composta por tres corpos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de tendencia absolutista aparecida en Santiago de Compostela o 21 de abril de 1813. Cesou o 2 de setembro do ano seguinte. Fundada e dirixida por Manuel Freire Castrillón, quen asinaba os seus artigos co pseudónimo de El Estafetero, saía os mércores e os sábados. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Los Dos Amigos, nos talleres de Ignacio Aguayo e, finalmente, nas súas propias prensas. Defendeu a Santa Inquisición, a fe católica, e os foros e privilexios dos terratenentes; por outra banda, criticou os liberais, a Constitución de 1812 e as Cortes de Cádiz. Cómpre salientar a inclusión dun dos primeiros textos en prosa escritos en lingua galega e titulado “Carta a un liberal”. Aos seus ataques políticos responderon as publicacións liberais El Redactor General, de Cádiz, e a Gazeta Marcial y Política de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. Profesor de lingua e literatura galega de ensino medio e ensino universitario, foi membro fundador e primeiro presidente da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega e membro fundador e secretario do MRP Instituto Galego Socio-Pedagoxía. Cómpre destacar as súas publicacións Didáctica da Lingua e Literatura Galega (1986) e O vocabulario galego-castelán no ensino en Galicia. Unha aproximación sociolingüística (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Samos. De orixe románica, ten unha soa nave con cuberta a dúas augas e ábsida de maior altura que a nave con cuberta a catro augas. Conserva unha imaxe da Virxe sedente co Neno do s XVI e un retablo do s XIX. A fachada consta dunha portada de dúas arquivoltas, óculo e espadana de dous vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo aglutinador das diversas sociedades de resistencia existentes en Santiago de Compostela que, durante o primeiro terzo do s XX, adoptou diversas denominacións. A primeira, Federación Local de Trabajadores, fundouse en 1902, e perdurou ata finais da primeira década do século. Reorganizouse en 1916 coa denominación de Federación de Obreros y Agrarios de Santiago, baixo a influencia de Xosé Pasín Romero. A integración da maioría das sociedades de oficio compostelá na CNT a partir de 1919, determinou que o colectivo ficase integrado na central anarcosindicalista baixo o nome de Federación Local de Sindicatos de Santiago ata 1934, data na que o ingreso no Partido Sindicalista de numerosos cadros societarios composteláns, levou ao arredamento de diversos sindicatos da organización cenetista e á creba da federación local.
-
GALICIA
Escritor. Coñecido como Manuel Forcadela, doutorouse na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (1992). Profesor de lingua e literatura galegas, colabora en distintas publicacións (Dorna, A Nosa Terra, Nordés, Clave Orión, A trabe de ouro, Coordenadas). No eido da creación dramática é autor dun texto, A pedra do tempo (ou Santiago, Santiago), publicado na Revista Galega de Teatro en 1997, e que deu lugar a un espectáculo homónimo creado pola compañía de monicreques Tanxarina en 1993. Publicou no ámbito do ensaio, tradución, poesía, narrativa e crítica literaria. Da súa produción destaca Ferida acústica de río (Premio Celso Emilio Ferreiro 1981), O regreso das ninfas (1985), O varredor de outono (Premio Leliadoura 1987), A harpa e a terra. Unha visión da poesía lírica de Eduardo Pondal (1988), Sangue sobre a neve (1990), Paisaxe con muller e barco (Premio Manuel...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor, director e mestre. Traballou como profesor de declamación no Conservatorio da Coruña. Participou como actor nas compañías Tespis, Teatro Circo, Escola Dramática Galega; dirixiu varios espectáculos cos Titiriteiros do Norte e foi promotor de teatro. Despois de dedicarse á dobraxe, integrouse como actor e profesor en CasaHamlet.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Guntín. Da primitiva construción románica só conserva a porta principal de dúas arquivoltas e flanqueada por dúas columnas acobadeladas con bases toscanas e capiteis de entrelazos; o tímpano non ten decoración. Ten nave rectangular e capela maior cuadrangular; á súa esquerda engadíuselle unha sancristía. No interior destaca o retablo maior neoclásico e, no exterior, o reloxo da torre procedente da catedral de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista anual editada polo centro galego de Tarragona. Tírase do prelo con motivo da celebración do 25 de xullo, Día Nacional de Galicia.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Corgo. De orixe románica, ten unha nave e ábsida con tramo recto cuberto con bóveda de canón e tramo curvo con bóveda de forno. Na ábsida consérvanse pinturas murais cunha representación do Xuízo Final.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Foz. Construída no s XVIII, as remodelacións que sufriu modificaron a planta de tres naves con cruceiro. A nave principal ten tres tramos e as laterais dous; a capela maior ten cuberta de madeira decorada con pinturas do s XIX. No interior destacan o retablo maior, construído en estilo rococó a finais do s XVIII con imaxes e escenas referidas á vida do Apóstolo Santiago, e a mesa do altar, feita en granito coa representación de Cristo cos apóstolos nunha barca vestidos con traxes mariñeiros. Na fachada destaca o pórtico, formado por tres arcadas e cuberto cunha bóveda de aresta, sobre o que se erixiu a torre, composta por tres corpos: o inferior é macizo e acolle o reloxo, o central ten unha balaustrada e acolle as campás e o superior adopta a forma dunha pequena cúpula.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo priorado que pertenceu ao mosteiro de Samos no s XVIII. Estivo situado na parroquia do mesmo nome do concello de Bóveda.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Santiago de Compostela a partir de 1872. Subtitulouse “Diario de noticias y anuncios”. Malia que nun principio se declaraba independente, co tempo converteuse en republicana. Contaba con obradoiros tipográficos propios e incluía, ademais de información xeral, crónica local e espectáculos. En 1873 pasou a denominarse Diario de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación política editada en Santiago de Compostela a partir do 1 de febreiro de 1812. Cesou a súa edición o 30 de decembro de 1813. Dirixiuna Xoán Bautista Caamiña. Impresa nos obradoiros tipográficos de Manuel A. Rey, saía todos os mércores e sábados. Erixiuse no substituto de “El Patriota Compostelano” e “El Cartel”. Incluíu extractos das sesións das Cortes de Cádiz, comunicados e noticias estranxeiras e de España.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Antropólogo. Investigador titular da Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM) dende 1956, foi vicepresidente da Academia da Investigación Científica (1963-1964). Participou nas expedicións Ra I e II (1969-1970) e no 1973 organizou e dirixiu a expedición Acalli. Centrou as súas investigacións nos estudios de xénero e na análise da violencia e do racismo. Das súas obras destacan: El hombre entre la guerra y la paz (1968), Comportamiento y violencia (1976) e La Violencia en el país Vasco y sus relaciones con España (1986). Recibiu, entre outros galardóns, o Premio de Investigación de la Academia Mexicana de Ciencias (1961), o Premio Internacional da Paz (1968). Membro, entre outras, da American Anthropological Association, da Royal Anthropological Institute of Great Britain and Ireland e da Societé d’Anthropologie de Paris.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Corgo. É unha construción románica (s XII) e ten nave rectangular e ábsida semicircular cun tramo recto e outro curvo. A nave ten cuberta de madeira e a ábsida está cuberta cunha bovéda de canón e de cuarteiróns. O arco triunfal é semicircular e de aresta dobre. No exterior destaca a porta N, formada por un arco de medio punto, oculto por un tímpano liso en forma de lintel, que descansa directamente sobre as xambas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Emigrou á Arxentina e alí completou a súa formación literaria e cultural. Colaborou coa prensa galega de América e co periódico Umia y Lérez, onde reflectiu as súas impresións sobre aspectos socioeconómicos da comarca pontevedresa. Nas súas Impresiones de las ferias de Soutelo y Cachafeiro ofrecía datos etnográficos de grande interese. Publicou as novelas Terra Meiga (1924) e Céltiga (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Calígrafo. Ingresou na Compañía de Xesús (19.10.1624) e exerceu como mestre de ensino primario no colexio de Santiago (1628) e en Monforte (1648). Redactou un manuscrito sobre os deberes profesionais e as actividades didácticas que debía desenvolver un mestre de escola primaria no s XVII, conservado na Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela, que non chegou a publicarse Preceptos de la pluma en diversas formas de letras [...].
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de México que nace no lago Chapala (515 km). É a continuación do río Lerma e discorre polos estados de Jalisco e Nayarit. Forma a fervenza de Junacatlán e desemboca no Océano Pacífico, preto da cidade de La Concha.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Estudiou medicina na Universidad de València e despois marchou a EE UU, onde colaborou con Severo Ochoa e Arthur Kornberg nas investigacións sobre os ácidos nucleicos. Foi profesor de medicina e bioquímica da Universidade de Kansas (1959), profesor visitante na Universidade de California (1960-1970), profesor e xefe do departamento de bioquímica e bioloxía molecular da facultade de Medicina da Universidade de Kansas (1962-1973), e fundador e director da Escola de Formación de Investigadores. Publicou máis de 350 traballos de investigación en revistas de prestixio internacional, con contribucións en diversos campos como a fixación do CO2 na síntese da urea, o metabolismo do fosfoglicerato, a degradación de pirimidinas (descubriu, identificou e purificou os enzimas que interveñen neste proceso), e a regulación enzimática. É doutor honoris causa pola Universidade de Kansas e a Universitat Politècnica de València. Foi proposto en diversas ocasións para o premio Nobel...
VER O DETALLE DO TERMO