"Vas" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 331.

  • Empresa editorial fundada en Santiago de Compostela en 1990. Dirixida por Francisco Macías, conta con máis de cincuenta libros editados. Dedícase fundamentalmente á publicación de ensaios, libros de peto, literatura e revistas en lingua galega e portuguesa. Ademais das coleccións “Diversos”, “Narrativas”, “Plural” e “Popular”, tira do prelo a revista Animal+.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de escena ruso. Comezou a súa andaina no teatro infantil como responsable dunha compañía estatal de teatro para a infancia e a mocidade entre 1954 e 1963. Continuador das tendencias innovadoras de Vsevolod Meyerhold, os seus espectáculos destacan pola potenciación da dimensión física da interpretación, explorando a dimensión expresiva do xesto, do movemento ou do son, e pola revisión permanente das posibilidades de escenificación de autores clásicos e contemporáneos de relevancia. Esta escolla estética foi a causa dunha difícil relación cos responsables culturais da Unión Soviética que nos anos sesenta e setenta apostaban pola dimensión ideolóxica dos espectáculos fronte ás tentacións esteticistas. Entre as súas propostas máis innovadoras cómpre salientar As tres irmás (1967), sobre o texto homónimo de Čekhov; Romeo e Xulieta (1970), na que parte da obra de William Shakespeare; ou o Tartufo (1981) e o Misántropo (1986), segundo os textos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro do PCE, do PSOE e da UCD, foi director xeral de Vivenda da Xunta de Galicia na etapa preautonómica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do distrito de Portalegre, no Alto Alentejo, Portugal (30.000 h [1995]). As boas comunicacións terrestres fan dela un destacado núcleo comercial; tamén son importantes na súa economía as industrias agroalimentarias. Conquistada aos musulmáns en 1230, foi sede da diocese (1570-1882). Durante a Restauração (1640-1668), sufriu un asedio en 1658 que rematou coa Batalla das Linhas de Elvas. Preto dela, en Salvatierra, Xoán I de Castela e Fernando I de Portugal asinaron, en 1383, o denominado acordo de Elvas, que concertaba o matrimonio de Beatriz de Portugal con Xoán I de Castela. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral (s XVI) e o acueduto da Amoreira (ss XV-XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de envasar.

    2. Acción de envasar.

    3. Tecnoloxía de envasado e de procesamento de alimentos no que o produto e o envase son esterilizados separadamente, e posteriormente é envasado o produto alimentario en condicións asépticas para evitar a contaminación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen envasa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máquina automática para encher, pechar e, a miúdo, etiquetar un envase determinado (bolsas de papel ou de plástico, tarros, etc). Para materiais pulverulentos ou en pasta, é frecuente un sistema de envasado que consiste en aspirar o produto por un cilindro que bascula e expulsa a carga mediante un émbolo. Para materiais fluídos, empréganse xeralmente máquinas cun aparello que mide o volume ou o peso e que, unha vez seleccionada a cantidade necesaria, a baleira no envase xa preparado. En certas técnicas de envasado de produtos alimentarios, envásanse ao baleiro ou nunha atmosfera inerte de nitróxeno ou anhídrido carbónico.

    2. Instalación onde se envasa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Meter algo nun envase.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de envasar.

    2. Recipiente no que se pon un produto para transportalo ou conservalo. O baixo prezo dos materiais plásticos desprazou da fabricación de envases outros materiais tradicionais, como o vidro ou a porcelana, xa que permite que non haxa que devolvelos. Os envases de material plástico, pola contra, teñen o inconveniente de que non se destrúen facilmente unha vez que foron empregados, o que acrecenta o problema que supón a eliminación de residuos. Polo que atinxe á industria alimentaria, son especialmente importantes os materiais empregados na fabricación de envases, e están autorizados metais e aliaxes (aluminio, aceiro inoxidable, ferro, estaño, e sobre todo, folla de lata), materiais silíceos (vidro e cerámica), compostos celulósicos (papel e cartón), madeira, cortiza, fibras naturais e compostos macrocelulares (plásticos, como polistireno, polipropileno, cloruro de polivinilo e outros, e elastómeros como o caucho). Cómpre ter en conta tamén os revestimentos e as coberturas (vernices, ceras,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e escritor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, en Pontevedra foi catedrático de Retórica e Poética, fiscal da delegación de Facenda e síndico do concello. Posteriormente, trasladouse a Madrid e exerceu a docencia no Instituto Español e no Ateneo, ademais de dar clases de administración e dereito penal. En 1852 foi nomeado alcalde de Gijón, e logo foi comisario provincial de Albacete. Establecido de novo en Pontevedra en 1855, foi deputado provincial por Ponte-caldelas e catedrático de Francés no Instituto de Pontevedra e director do mesmo. Colaborador de La Reforma, Diario de Pontevedra, La Distracción, Las Musas del Lérez, El Heraldo, El Continental e La Ilustración, destacou como orador. Publicou, entre outras obras, Manifiesto al público de Pontevedra: sobre la creación de una academia de jurisprudencia (1842), Memoria descriptiva de la villa de Gijón (1852), Derecho...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués, pertencente á escola lírica galego-portuguesa, natural de Elvas. Debeu compor o seu cancioneiro na primeira metade do s XIV, e como demostran tanto a súa colocación nos cancioneiros B e V como as relacións intertextuais que o vinculan a Estevan da Guarda, na corte de don Denís ou ben na dos seus fillos Afonso IV ou Pedro de Portugal, conde de Barcelos. Os apógrafos italianos atribúenlle sete cantigas: catro delas enmárcanse no código da canción de muller e as tres restantes son cantigas de amor. Nestas últimas, desenvolve os motivos da beleza da dama e da coita do trobador, como en “Ay boa dona, se Deus vos perdom” e “O ouç’eu dizer huu verv’aguys[a]do”, combinados co motivo do castigo divino que se serve da beleza da senhor como instrumento, na cantiga “A mha senhor fezo Deus por meu mal”. Cultiva e enriquece os temas característicos da canción cortés cunha sutil e rica selección de procedementos retóricos, como o emprego do refrán intercalar, presente na última das...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Signo solar que adopta unha forma circular con numerosos raios sinuosos ou en forma de Z. Deu orixe á cruz gammada ou esvástica empregada polo nazis alemáns como símbolo do seu partido ou emblema do III Reich, e que quedaría vinculada ás correntes de extrema dereita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido vasco creado en 1895 por Sabino de Arana. Limitado inicialmente a Bizkaia, estendeuse a comezos do s XX ás outras provincias vascas do territorio español. En 1911 creouse na súa órbita o sindicato ELA-STV (Solidaridad de Trabajadores Vascos). Participou nas eleccións municipais e provinciais con éxito, ata que en 1921 graves crises internas o conduciron a unha situación límite e a diversos fracasos electorais. Na Segunda República converteuse no máximo defensor da autonomía e do Estatuto. Trala sublevación de xullo de 1936, mantívose fiel á legalidade republicana e no mes de outubro seguiu participando nun goberno autonómico que presidiu o lehendakari José Antonio de Aguirre. Trala toma de Bilbao (xuño de 1937), o nacionalismo marchou ao exilio, instalándose o grupo principal do partido en Francia, onde tomou parte na resistencia durante a ocupación nazi. Volveu á loita clandestina ata a súa legalización en 1977. Desde entón foi a forza preponderante nas sucesivas consultas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Tui. Mártir no 82, segundo o episcopoloxio do beneditino san Prudencio de Sandoval.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de evadir ou evadirse.

    2. Fuxida dun preso ou un condenado do establecemento penal no que estaba recluído.

    3. Saída ilegal de diñeiro ou doutros activos líquidos dun país cara a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medio que se utiliza ou resposta que se dá para eludir ou evitar algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que serve para evadirse de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de extravasarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saírse un fluído do seu conduto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se sitúa ou que ten lugar fóra dos vasos.

    VER O DETALLE DO TERMO