"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PERSOEIRO

    Sétimo marqués de Villafranca del Bierzo, duque de Ferrandina e príncipe de Montalbano como sucesor do seu tío, o sexto marqués, García Álvarez de Toledo-Osorio y de Mendoza. Xeneral da Armada do Océano (1619), loitou contra Holanda. Apoderouse de San Salvador (1625) e San Cristovo (1630). O Conde-Duque de Olivares desterrouno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Canle ou conduto polo que circula un río ou calquera curso de auga.

    2. Acanaladura, estría dunha columna trazada lonxitudinalmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que mide o traballo de deformación e rexistra as características reolóxicas (tenacidade, extensibilidade, elasticidade e forza) dunha masa constituída por fariña de trigo e auga, preparada en condicións estándar. Unha vez obtida a masa, lamínase e córtase en discos que, despois de seren fixados nunha platina, son sometidos a unha presión de aire que os vai inflando ata chegar a rebentar. Un manómetro de auga rexistra as variacións de presión durante o inflado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gráfico obtido cun alveógrafo. Da forma e dimensións do alveograma dedúcense as aptitudes e as aplicacións industriais das fariñas e, polo tanto, dos diferentes tipos de trigo das que se obtiveron: para facer pan, ensaimadas, pastas para sopa, biscoitos e outros alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formado por alvéolos, que ten alvéolos.

    2. Ornamentación e técnica característica do esmalte ao modo das celas dun panal. Consiste en soldar a unha prancha metálica láminas moi finas (de menos dun milímetro de relevo), que delimitan os contornos do debuxo; estes compartimentos énchense de esmalte en po e as pezas introdúcense no forno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos alvéolos, semellante aos alvéolos.

    2. Dise do fonema cunha realización sistemática ou esporádica mediante un contacto do ápice da lingua coa cara interna dos alvéolos superiores. Presentan estas características diversos fonemas líquidos: [l], [n], [r], todos eles sonoros.

    3. olume de aire residual contido permanentemente nos alvéolos pulmonares e que está en contacto co sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Foraminífero fósil de cuncha globosa ou fusiforme, que se atopa abundantemente nos terreos do Terciario, principalmente do Eoceno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Destrución dun alvéolo. Aplícase especialmente aos alvéolos dentais nos que a alveólise, por causa sobre todo da piorrea, pode chegar a deixar ao descuberto as raíces dos dentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inflamación dun alvéolo dental.

    2. Inflamación dos alvéolos pulmonares.

    3. Síndrome clínica, tamén chamada pneumonite por hipersensibilidade, ocasionada por reaccións inmunolóxicas a nivel pulmonar a consecuencia da inhalación de diversos alergóxenos, en especial proteínas derivadas de animais e fungos. É unha enfermidade profesional de granxeiros, traballadores do malte, cultivadores de cogomelos e outros oficios, que pode ser aguda ou crónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de erosión que produce cavidades alveolares ou alvéolos nas rochas, especialmente nas pedras de gran grosor, xistos areosos, conglomerados e outros, en puntos nos que a rocha é facilmente disgregable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequena cavidade.

    2. Pequena concavidade existente nunha superficie, por exemplo, o receptáculo das asteráceas ou o episperma dalgunhas sementes.

    3. Cada unha das cavidades dunha toma de corrente na que se introducen as caravillas para establecer un contacto.

    4. Cavidade de reducida dimensión (entre 1 e 10 cm) nas rochas, orixinada por erosión química ou mecánica ( alveolización).

    5. Cada un dos compartimentos ou células do favo dalgúns insectos sociais. Os da abella son de sección hexagonal e tamaño variable, é onde a raíña deposita os ovos. Outros alvéolos serven para a almacenaxe do mel e do pole.

    6. Cavidade dos maxilares na que están inseridos os dentes; está cuberta polas enxivas.

    7. Formación globosa dunha glándula.

    8. Pequeno saco terminal dos bronquiolos, nos pulmóns dos vertebrados, ao que van parar unha arteriola e unha vénula. A través da súa superficie efectúase o intercambio respiratorio de osíxeno e dióxido de carbono, entre o aire e o sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefixo do termo alvéolo, que denota conexión, relación cos alvéolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Condottiero (‘mercenario’) italiano. Loitou a soldo do Papa (1478), da familia Orsini (1496) e do Rei Fernando II de Aragón (1503) contra as tropas francesas polo Reino de Nápoles. No 1507 pasou ao servizo de Venecia. Prisioneiro dos franceses na Batalla de Agnadello (1509-1513), aínda estando ao servizo de Venecia, contribuíu á vitoria francesa de Marignano (1515) contra os suízos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado ás moedas de prata de cinco pesetas cuñadas en Madrid a partir do ano 1871, baixo o reinado de Amadeo I de Savoia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome posiblemente nado na Idade Media a partir da forma ama deu ‘ama a Deus’ para traducir o nome grego Teófilo ( ϴ εο- ϕ ιλ ή ς) de idéntico significado. O nome difúndese en Europa sobre todo por ser o tradicional da Casa de Savoia, nome dinástico desde os primeiros nove condes ou duques (ss XI-XV), ata a etapa contemporánea cos duques de Aosta. Santo Amadeo de Portugal (s XV) é o patrón dos exiliados. Este antropónimo presenta a variante Amadeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amadeo I de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de España (2.1.1871-11.2.1873). Fillo do Rei de Italia Víctor Manuel II, foi Duque de Aosta antes de ser proclamado Rei de España logo do destronamento de Isabel II. Proclamado polas Cortes Constituíntes en novembro do 1870, Amadeo aceptou formalmente a Coroa en decembro, chegando a Madrid o 2 de xaneiro do 1871. Abdicou o 11 de febreiro do 1873. Foi popularmente coñecido en España como Amadeo de Savoia. O seu foi un reinado breve e complexo, caracterizado en Galicia pola permanente conflitividade: os campesiños, mostraban a súa insatisfacción como consecuencia da subida   dos impostos e as levas; os carlistas, que non recoñecían a Amadeo I, deron comezo á Terceira Guerra Carlista, que mobilizou a numerosas partidas guerrilleiras, con   o obxecto de restituír   o pretendente    Carlos no trono, logo da abdicación de Isabel II; os republicanos, que tampouco recoñecían a Amadeo de Savoia, promoveron unha rápida conquista de poder que culminou coa Insurreción de Ferrol do 11 de outubro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - ? 1047) Segundo conde de Savoia, fillo de Humberto I de Blancamano. Ademais do condado de Savoia posuía os de Belley, Nyon, Aosta, Salmorenc e Moriana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Quinto conde de Savoia (1060-1072), fillo de Odón e da condesa Adelaida de Susa, de quen herdou o Piemonte. Con el a casa dos Savoia pasou a controlar os accesos cara aos Alpes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sétimo conde de Savoia (1103-1148), fillo de Humberto II, a quen sucedeu baixo a rexencia da súa nai, Xisela de Borgoña. No 1115 casou con Matilde de Albon. Apoiou a Conrado de Hohenstaufen contra Lotario de Supplinburg, quen ocupou Turín (1136), pero á súa morte (1137) a cidade retornou ao control de Amadeo. Morreu na segunda cruzada, na que participara xunto co Rei de Francia. Fundou a abadía de Altacomba.

    VER O DETALLE DO TERMO