"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • Movemento filosófico estendido, a finais do s XIX e comezo do s XX. Representou un retorno ao pensamento de Hegel, interpretado primordialmente como un pensador romántico. Estendeuse sobre todo por Inglaterra, grazas a F. H. Bradley, e por Italia, grazas a B. Croce e G. Gentile.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento pictórico francés desenvolvido a finais do s XIX. Constituíu a radicalización do impresionismo, no empeño de empregar unicamente cores puras. A súa base teórica foi o divisionismo, coa súa técnica asociada, o puntillismo. Os principais representantes desta escola foron Georges Seurat, Paul Signac, Maximilien Luce, H.E. Cross, Charles Angrand, Albert Dubois-Pillet e o belga Théo van Rysselberghe. A súa influencia fíxose sentir tamén na obra de Camille Pisarro, Henri Martin, Giovanni Segantini e Maria Pidelaserra. Signac, na obra D’Eugène Delacroix a Néo-Impressionisme (1899), recolleu o ideario da escola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente filosófica que xurdiu a mediados do s XIX baixo a idea de O. Liebmann, de recuperar o pensamento de Kant. A súa influencia estendeuse ata finais do s XX. Os seus representantes principais situáronse maioritariamente en Alemaña: A. Lange, H. Hemolz, A. Riehk, a escola de Marburg, con H. Cohen, P. Natorp, E. Cassirer e a de Baden con W. Windelband, H. Rickert e B. Bauch. OBS: Tamén se denomina neocriticismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente da teoría económica, iniciada cara á metade da década de 1960, que pretende demostrar a orixinalidade teórica das achegas de J. M. Keynes, e tamén seguir os camiños que abriu a súa visión do equilibrio macroeconómico. Distínguese dos seus seguidores inmediatos, denominados simplemente keynesianos, porque considera que non seguiron o espírito e as achegas verdadeiramente renovadoras de Keynes. O keynesianismo representa unha alternativa á visión neoclásica dominante ata a Segunda Guerra Mundial, sobre todo polo que fai referencia á política económica en casos de recesión. A partir de 1950 xeneralizáronse os intentos de síntese entre ambas as dúas actitudes, os máis coñecidos son os dos economistas John R. Hicks, Paul Anthony Samuelson e Don Patinkin. Outros economistas que poden ser considerados neokeynesianos son Armen Alchian, Robert J. Barro e Herschel I. Grossman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría explicativa da evolución segundo a que o papel principal desta corresponde ao ambiente, sen ter en conta a selección natural (lamarckismo). E. D. Cope creou a escola neolamarckista (1855).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola de pensamento económico que defende a vixencia dos principios do liberalismo clásico, nacida por oposición ás teorías que avogan por un protagonismo económico do estado e como resposta á evolución do sistema capitalista (concentración de empresas, proteccionismo). Defende unha decidida intervención estatal para corrixir as distorsións producidas polo funcionamento do sistema, que fan imposible a libre competencia, e é partidaria de fornecer equipos colectivos eficientes e de asegurar o acceso á propiedade privada dos traballadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade léxica ou significado que se incorpora a unha lingua   para designar un obxecto ou un concepto de nova creación. Os neoloxismos formais son os que se crean a través de procesos de prefixación (prerromano), sufixación (alfabetizar), composición (calcapapeis), abreviación (moto), acrónimos (módem) e siglas (RENFE) e préstamos doutras linguas (cámping). Os neoloxismos semánticos adaptan un significante vello, por metáfora ou outro procedemento, a un novo significado (rato: dispositivo informático). Para a formación de neoloxismos en vocabularios técnicos, recórrese a miúdo ao grego e ao latín, principalmente a creación de formas a partir da unión de dúas bases léxicas que pasan a funcionar como prefixos e sufixos na nova forma (neonato, filólogo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina social e demográfica, continuadora da teoría de T. R. Malthus (malthusianismo), que avoga polo control da natalidade para limitar o crecemento da poboación e evitar a miseria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • neorrománico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría da herdanza biolóxica que defende as ideas do mendelismo e as adapta aos novos coñecementos da xenética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento ideolóxico e político inspirado no nacionalsocialismo. O seu núcleo principal constituíuse en Alemaña coa creación, en 1964, da National Demokratische Partei Deutschlands (Partido da Democracia Nacionalista Alemá, NDPD).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento filosófico-relixioso que floreceu en Alexandría e que se desenvolveu do s I a C ao s II. As súas caracerísticas son a crenza nunha relixión astral, na arte da adiviñación, na harmonía das esferas e na metempsicose. Canto á moral, establece unha separación estrita e antitética entre o Ben (Deus e alma) e o Mal (a materia e o corpo). Os seus principais representantes foron Apolonio de Tíana (s I) e o Pseudo-Hermes Trimexisto (s III). A súa influencia foi notable en Roma durante o s I a C a través das obras de Varrón e Nixidio Figulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina filosófica que se desenvolveu entre os ss II e IV. Na súa historia distínguense tres épocas: a romana, representada por Plotino e Porfirio; a siria, por Xuliano o Apóstata, e a ateniense, por Proclo e Damascio. Plotino, considerado o fundador da escola, estruturou un pensamento que era asemade unha prolongación do platonismo e unha creación autenticamente súa. Representou o punto máis alto da elaboración do pensamento filosófico-relixioso do momento, segundo o que todo provén de Deus e todo torna a El gradualmente. O afastamento do Un e da simplicidade absoluta supón unha degradación cara ás sombras. Este proceso componse de tres graos: o Intelecto, a Alma universal e o mundo corpóreo que se caracteriza polas tebras e o mal absoluto. A materia é o último grao do descenso, pero representa a un tempo o inicio do retorno, posto que a alma constitúe o ser verdadeiro de todo o que vive, tendo por natureza a unidade superior da que provén. No caso de que, ferida de orgullo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Punto de reunión dos movementos do positivismo lóxico e da escola analista. Este movemento propugna a unidade da ciencia, a necesidade de comprobación das hipóteses e o desenvolvemento dunha estrutura lóxica, sobre todo da física e da matemática. Ademais das escolas de Berlín (Reinchenbach) e de Münster (Scholz) e dos independentes B. E. Moore e Popper, o núcleo máis destacado foi o Círculo de Viena, con representantes como Schlick, Carnap, Neurath, Feigl e Kraf, que   defenderon unha filosofía, o positivismo lóxico, como denuncia das pseudoproposicións metafísicas, e como unha análise das proposicións das ciencias positivas e das ciencias matemáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corrente artística que xurdiu a comezos da década de 1960 como reacción contra o expresionismo abstracto. O termo inclúe tanto as tendencias da figuración naturalista como o emprego de imaxes procedentes dos medios de comunicación e de ensamblaxes.

    2. Doutrina propugnada en 1912 por un grupo de filósofos norteamericanos reunido en torno a W. P. Montague, para enfrontar o idealismo hegeliano e o pragmatismo. Establecía que o coñecemento non é subxectivo e que atinxe á realidade, que é constituída por un conxunto de entidades simples relacionadas entre si diversamente.

    3. Movemento cinematográfico italiano que xurdiu en 1945, ao finalizar a Segunda Guerra Mundial e o réxime fascista, e que durou, aproximadamene ata 1952. Esta corrente inaugurouse con Roma, città aperta (1945), de Roberto Rossellini, e adoptou un ton marcadamente realista, dado polo afán de obxectividade documental e de verismo, conseguidos coa utilización de actores non profesionais, a rodaxe en escenarios naturais e a exposición dunha temática cotiá das clases populares. O neorrealismo produciu obras como Paisà (1946), de Rossellini; Ladri di biciclete (1948) e Miracolo a Milano (1950), de De Sica; La terra trema (1948), de Visconti e Riso Amaro (1949), de De Santis. Ademais dos autores citados, inscríbense dentro do movemento neorrealista outros como Luigi Zampa, Alberto Lattuada, Pietro Germi, Renato Castellani, Michelangelo Antonioni, Pier Paolo Pasolini e Federico Fellini.

    4. Tendencia da narrativa italiana que comezou a consolidarse cara a 1930 coa esixencia dunha representación extremadamente analítica, introspectiva, crúa e dramática das convencións da vida burguesa e da vacuidade e a insatisfacción da existencia. Comprende a produción de escritores que practicaron unha narrativa apartada da lírica, resolta nos personaxes, os ambientes e as situacións (A. Moravia, F. Iovine ou C. Bernari), e tamén a dos que son esencialmente líricos e van na procura da creación de atmosferas suxestivas (E. Vittorini, C. Pavese, V. Pratolini, P. A. Quarantotti-Gambini ou R. Bilenchi).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento literario de reacción contra o naturalismo na literatura europea contemporánea que renovou parcialmente o romanticismo. É particularmente importante o conxunto de tendencias que se desenvolven na literatura alemá do período comprendido entre 1900-1920, encabezado por H. von Hofmannsthal, S. George, R. M. Rilke, R. Huch, e O. zur Linde, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente filosófica desenvolvida na segunda metade do s XIX, que supuxo unha renovación dentro do tomismo e que tomou pulo como parte da neoescolástica. Foi impulsada por León XIII, que pretendía convertela no punto de partida da renovación intelectual da Igrexa Católica. Os primeiros defensores desta renovación foron pensadores próximos aos xesuítas como M. Liberatore e J. Kleutgen. No s XX destacou E. Gilson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento poético xurdido en Galicia ao redor da década de 1920 e que pretendía a recuperación das cantigas medievais galego-portuguesas. Difundiuse especialmente tras a publicación de diversos traballos e estudos sobre o tema, en concreto as Cantigas d amigo dos trovadores galego-portugueses (1926-1928) e Cantigas d amor dos trovadores galego-portugueses (1932), de José Joaquim Nunes. Tomando como referente este corpus, algúns poetas achegáronse á literatura trobadoresca, sobre todo formalmente, empregando recursos propios das cantigas como o paralelismo ou o dístico monorrimo con refrán. As primeiras composicións que se poden inscribir neste movemento son Nao senlleira (1933), de Fermín Bouza-Brey, e Cantiga nova que se chama ribeira (1933), de Álvaro Cunqueiro, ás que se poden engadir os Cantares d amigo, de Carles Riba, e o Poemeto da Vida (1930), de Xohán V. Viqueira. Pero non só atende á parte estrutural, senón que este incipiente interese pola lírica trobadoresca tamén vén determinado...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Método de que se valeron os papas para consolidar o seu poder temporal, que consistiu en favorecer a membros das súas familias con doazóns, títulos ou favores en xeral. Orixinariamente referíase aos sobriños ou aos fillos recoñecidos legalmente con este nome, pero estendeuse tamén a outros membros da familia, e tivo especial importancia durante os ss XV e XVI.

    2. Abuso de poder cometido a favor de amigos e parentes.

    VER O DETALLE DO TERMO