"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • Manchar a cara, as mans ou a roupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Foz baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na parroquia de Fazouro (Foz). Aséntase nunha pequena península pechada ao L pola praia de Area Longa. Escavado por primeira vez na década dos sesenta por Suárez Acebedo, G. de Sela e Torres, e despois por A. del Real e M. Fernández Rodríguez, foi consolidado a finais da década dos oitenta por F. Carrera Ramírez. Datado no s I d C, trátase dun asentamento marítimo defendido por un foso en forma de U, bastante deteriorado debido á súa proximidade á praia, e por un pequeno antecastro. A superficie visitable é duns 250 m2 e nela aprécianse cinco estruturas completas e parte doutras cinco que se estenden cara ao acantilado. As casas construíronse con aparello poligonal en pedra local de xisto e teñen plantas cuadrangulares con esquinas redondeadas e algunhas cun pequeno vestíbulo enlousado en xisto. Dentro das vivendas localizáronse restos de bancos corridos acaroados e lareiras pétreas cuadrangulares. Na zona do acantilado conservouse no muro dunha das vivendas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da cara que vai dende os ollos e as tempas ata a barba. Constitúe a parte lateral da cavidade bucal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten prominente cada unha das partes da cara que queda ao lado da boca, entre o pómulo e o queixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción, en estado ruinoso, situada en San Vicente de Elviña (A Coruña). Tiña planta en forma de L con patín e capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pazo de Figueroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santa María de Baamorto (Monforte de Lemos). Ten planta en forma de L e capela, con espadana, unida ao edificio. A fachada principal sitúase nun dos lados menores do corpo máis desenvolvido. Na parte posterior transformouse a solaina nunha galería; consérvase tamén unha escaleira que dá acceso á planta nobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto aromático heterocíclico nitroxenado que se pode considerar derivado da p-diazina. Preséntase en forma de cristais aciculares amarelos, de punto de fusión 171°C, solubles en ácidos minerais e insolubles practicamente en auga. Obtense da anilina que se quenta a 140°C con hidróxido sódico e nitrobenceno. Este núcleo está contido en numerosos colorantes que pertencen á serie dos colorantes azínicos, como a mauveína e o negro de anilina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia cristalina, derivado sintético da pirazolona, con actividade analxésica, antipirética e antiinflamatoria, que se empregou en medicina en afeccións reumáticas e flebíticas. A súa toxicidade, coa posibilidade de aparición de agranulocitose, limita o seu uso terapéutico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado fenílico da hidrazina, cun punto de ebulición de 244°C. É unha base forte, moi redutora, que se presenta en forma de líquido oleoso. É tóxica, cunha acción hemolítica e con produción de eccemas. Obtense por redución dunha solución de sal de diazonio da anilina con outra de cloruro de estano e ácido clorhídrico a baixa temperatura. Emprégase na manufactura de colorantes, de antipirina e como reactivo de azucres, aldehidos e cetonas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia que se presenta en forma de láminas rómbicas, de cor amarela, e que funde a 185°C e ferve a 371°C. Emprégase como antihelmíntico e antiséptico urinario.

    2. Cada unha das substancias que derivan da molécula da fenotiazina que se empregan como neurolépticos, por como diminúen a tensión emocional, a excitación e a actividade psicomotora excesiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce en gran cantidade algo, especialmente referido á terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Beade. Fundouna o cóengo de Santiago de Compostela Francisco Cotón e fixérona os mestres Pedro Antonio Reboreda e Matías Gómez. Ten planta rectangular e dous andares. Na fachada principal destaca nun lateral unha escaleira de dous tramos que conduce ao patín. O brasón representa as armas dos Temes, Novoa, Castro, Enríquez, Mosquera e Oxea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador. Activo no terceiro cuarto do s XIII, posiblemente pertenceu á liñaxe de Durão Froiaz, chanceler de Sancho II de Portugal. Do escarnio de Alfonso X “Don Airas, pois me rogades” -que é un contrafactum da súa cantiga “Juravades-mi vós, amigo”, elaborado segundo as técnicas da cantiga de seguir codificadas na Arte de Trobar do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B)- poderíase deducir que o poeta frecuentou a corte e o círculo literario de Afonso X o Sabio. O manuscrito B e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana (V) recollen catro cantigas de amigo da súa autoría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Foi concelleiro (1983-1991) e primeiro tenente-alcalde do concello de Ferrol (1987-1989) polo Partido Popular. Deputado pola Coruña no Congreso na IV, V e VI lexislaturas, dende o 2000 foi delegado do Goberno en Galicia. Foi distinguido coa Gran Cruz ao Mérito Naval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestra e política. Foi alcaldesa da Estrada, senadora por Pontevedra na IV lexislatura (1989-1993) e deputada no Congreso na V (1993-1996) polo Partido Popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. Especialista en educación musical, adoita asinar co pseudónimo José Luis Fernández Carnicero. Secretario da Associação Sócio Pedagógica Galaico Portuguesa (ASPGP), foi membro do consello directivo do Centro de Formación Continuada do Profesorado (CEFOCOP) de Ourense e director do obradoiro musical da ASPGP. Colaborou como relator nas Escolas de Verán do MRP, organizadas por Escola Viva, e coordinou varios cursos de pedagoxía musical e informática musical. Escribiu varios artigos na revista Ensino e no xornal Profesionais da Educación, e publicou, entre outras obras, Libro Guía do Profesorado (2001), en colaboración, e Música na escola (2002), ademais de realizar composicións musicais para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro e escritor. Despois de estudar o bacharelato na súa cidade natal marchou a Madrid, onde se licenciou en Enxeñería Técnica de Obras Públicas, especialidade de Construcións Civís (1972). Dende entón traballou en diversas empresas relacionadas coa construción e a enerxía, tanto de España coma en América do Sur e do resto de Europa. Gran afeccionado ao mundo do ferrocarril, nos seus estudos aplica os coñecementos técnicos na análise da situación do tren, concretamente en Galicia. Ademais das obras públicas de infraestruturas e liñas de alta velocidade, ou mantemento de redes convencionais, tamén centra as súas investigacións nos servizos das empresas RENFE e Feve, que critica reiteradamente cun criterio independente. Colaborador de diversos medios de comunicación, publicou El Ferrocarril en Galicia. Pasado, presente y futuro (2006), obra de referencia para o coñecemento do mundo do ferrocarril galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. Coñecido como Chocolito, estudiou na Escola Normal de Ourense. No primeiro bienio da República ensinou en Bóveda de Amoeiro (Amoeiro), a carón de Rafael Alonso, Ignacio Herrero, Adolfo R. Ansias e Elixio Núñez, dirixentes da Asociación de Traballadores do Ensino de Ourense (ATEO), e cos que comezou o traballo asociativo. Colaborou na súa revista mensual, Escuela del Trabajo, con diversos artigos sobre pedagoxía. En 1934 gañou en propiedade a praza de mestre na escola de Vilariño (O Pereiro de Aguiar), na que puxo en práctica os métodos activos, facendo xirar as distintas materias ao redor da Xeografía Parroquial, material que destruíu cando fuxiu a Portugal (1942) e que recuperou esquematicamente nun artigo publicado na Revista Galega de Educación (1985). En 1932 militou en Izquierda Comunista de España e, en 1935, entrou no Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM). Escribiu no periódico Espartaco, voceiro dos mozos antifascistas ourensáns, e tivo...

    VER O DETALLE DO TERMO