"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de rexurdir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento de recuperación literaria, lingüística e cultural que se deu en Galicia no s XIX, enmarcado dentro do movemento europeo de recuperación da tradición oral e da literatura popular, tendencia romántica derivada da aparición dos nacionalismos. Estivo ligado aos diversos movementos galeguistas baseados na defensa da personalidade diferenciada e da singularidade de Galicia. Considérase o ano 1863 como a data do seu comezo, coincidindo coa publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, primeira obra escrita integramente en galego, aínda que A gaita gallega (1853), de X. M. Pintos, publicada anteriormente e escrita na súa maior parte en galego, tamén se pode incluír neste período. Este autor, xunto con Francisco Añón, Alberto Camino e Vicente Turnes, entre outros, pódense considerar os precursores do que se deu en chamar Rexurdimento. Durante este tempo, foi frecuente a produción literaria bilingüe, onde a escolla do idioma obedecía ocasionalmente a motivos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín publicado en Betanzos a partir do 1 de agosto de 1922. Cesou en xullo de 1923. Subtitulado “Boletín quincenal. Órgao dos intereses mariñáns”, foi dirixido por Salvador Mosteiro da Pena (1922-1923). Relacionado coa delegación local da Irmandade Nacionalista Galega, incluíu temas sociopolíticos, crítica literaria e unha sección de noticias de Portugal e Irlanda. Completou os contidos con recensións e colaboracións literarias de nacionalistas betanceiros. Interrompeu a edición o 16 de outubro de 1922 e reapareceu en xaneiro de 1923, subtitulándose “Ógao da I.N.G”, e aumentando a tiraxe. Controlado por Vicente Risco desde Ourense, seguiu editándose nas Mariñas.
-
-
Acción e efecto de rexuvenecer ou de rexuvenecerse.
-
Recuperación do nivel de base dun relevo, debido ao descenso do nivel do mar ou á elevación do terreo.
-
-
GALICIA
Editor, neto do fundador de La Voz de Galicia Xoán Fernández Latorre. Propietario e presidente da Corporación Voz de Galicia, un dos maiores grupos de comunicación de Galicia, que engloba La Voz de Galicia, Diario de León, Radio Voz, Voz Audiovisual, Sondaxe e Canal Voz. Licenciado en Dereito, accedeu en 1963 á xerencia do rotativo La Voz de Galicia. Baixo a súa dirección, o xornal, o de maior difusión de Galicia e o sexto de información xeral de España, viviu a súa grande expansión: acometeu unha total renovación técnica, superou os 100.000 exemplares de difusión diaria, creou o sistema de edicións que dá cobertura a toda Galicia e inaugurou o edificio intelixente que alberga a planta de impresión de Sabón (Arteixo) en 1992. En 2001 creou a fundación que leva o seu nome co fin de fomentar o coñecemento e difusión da cultura e contribuír ao estudo, investigación, defensa e creación de medios de comunicación en Galicia en calquera dos seu soportes e que...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Foi profesor en Oviedo, en Madrid e en Bos Aires. Ocupouse de diversos aspectos das matemáticas, como os espazos n-dimensionais. Foi autor de obras de texto e de divulgación e de historia das matemáticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso e escritor. Ordenado sacerdote (1901), formouse nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid. Colaborador d’O Tío Marcos d’a Portela, mantivo unha estreita relación con Basilio Álvarez. En agosto de 1922 participou na creación da produtora viguesa Celta Film, con Antonio Méndez Laserna e Carlos Reguenga Borrajo, unha sociedade formada para a explotación en España e América de filmes relacionados con Galicia e Asturias. Colaborou de forma activa coa primeira obra da produtora, Un viaje por Asturias y Galicia (1922), de Luis Rodríguez Alonso, e en 1926 colaborou na longametraxe Carmiña, flor de Galicia, de Rino Lupo. Seguidor de Lord Byron e Horacio, é autor de Nido de áspides (1911), Remansos de paz, campos de guerra (1915), o poema A Tola de Covas (1917), o poema dramático Amor que vence al amor (1917), a novela La Loba (1918), o drama Cuento del lar (1918), Colón español, hijo de Pontevedra...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor. Defensor das ideas liberales, mantivo obradoiros tipográficos na rúa do Preguntoiro de Santiago de Compostela a partir de 1811. Alí editáronse as principais obras dos escritores liberais do momento, como Sermón (1811), de Rodríguez de Casal, ou Canto épico (1822), de Taboada Leal. Co restablecemento do réxime absolutista en 1823, traspasou os seus obradoiros a Alberto Núñez Espinosa e emigrou a Porto, onde abriu outro obradoiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso xesuíta, historiador e novelista. Coñecido como Adro Xavier, especializouse en biografías de personaxes españois, dos que destacan Aproximación a la historia de España en veinte grandes biografías e a Colección Tu y yo. Ademais publicou, entre outras obras, Amor de héroe (1937), Rojo y español (1939), Ocaso del Imperio (1940), Carlos María Rey-Stolle Pedrosa marino y aviador (1941), Almas hundidas (1950), Francisco Suárez en la España de su época (1950), Emigrantes y sus cosas (1963), Bonifacio VIII (1971), Fui soldado en cuatro guerras (1976), El Papa de Peñíscola: un siglo de Europa (1975) e Doctor Irurita: del consenso al crimen, 1876-1936 (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Coñecido como Pablo Neruda, en lembranza ao poeta checo Jan Neruda, foi cónsul en Madrid e Barcelona e estableceu unha grande amizade cos poetas da Xeración do 27. Partidario do bando republicano na Guerra Civil Española, ingresou no Partido Comunista en 1945. Candidato á presidencia da República de Chile en 1970, renunciou a favor do seu amigo Salvador Allende. Escribiu ao redor de corenta obras, como Veinte poemas de amor y una canción desesperada (1924), Residencia en la tierra (1935), España en el corazón (1937) e Tercera residencia (1947), en que iniciou o seu estilo épico, dunha retórica luminosa e dunha grande agresividade política, que tamén plasmou en Canto general (1950), poema en quince cantos que vai desde a evocación da América precolombina ata a exaltación política actual. Nos volumes de Odas elementales, iniciados en 1954, cantou as cousas máis elementais e cotiás. Tamén cómpre salientar os seus libros...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro de montes e escritor. Formado na Escola Superior de Enxeñeiros de Montes da Universidad Politécnica de Madrid, desenvolveu unha intensa actividade cultural e de compromiso con Galicia, e coa defensa do medio natural. Presidente do Seminario de Estudos Celanovenses, secretario do Grupo Histórico-Arqueolóxico Larouco, secretario da Asociación de Amigos do Couto Mixto e membro fundador da Fundación Curros Enríquez e da Asociación Álvaro das Casas, é xuíz honorario do Couto Mixto (2004). Responsable da posta en marcha do servizo de medio natural de Ourense e xefe do servizo galego de espazos naturais, foi membro do Comité Nacional de Flora y Fauna do ministerio de Medio Ambiente e de EUROPARC, e director-conservador do Parque Natural do Invernadoiro e do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, do que foi promotor e polo que recibiu un recoñecemento internacional. Ademais, coordinou e redactou a Estratexia Galega de Conservación e Uso Sostible da Biodiversidade. Como escritor ten...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Factor antixénico contido nos glóbulos vermellos do sangue dalgúns individuos e descuberta en 1940 por K. Landsteiner e A. S. Wiener no simio Macaca rhesus (hoxe Macaca mulatta), do que o nome Rh é a abreviatura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da familia dos rinobátidos, co corpo alongado, cos extremos das aletas pectorais superpostos coas aletas ventrais e a cabeza máis plana e ancha. Pódese destacar o R. rhinobatos, de pequeno tamaño (menos de 1 m de longo), cunha serie de espiñas en ringleira ao longo do dorso e cola moi pouco visible; e o R. cemiculus, co fuciño mouro nos exemplares novos, o corpo cunha liña de espiñas máis sobranceiras ca na especie anterior, e pode acadar ata os 2 m de longo. Ambas especies presentan unha coloración castaña coas partes ventrais brancas. Habitan en fondos pouco profundos de area e lama, xeralmente por riba dos 100 m.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recipiente en forma de corno, baleirado e furado na punta, que se designou así posiblemente a partir do s IV a C. Anteriormente denominouse ÷έñáò (corno). Utilizouse para beber a chorro e acabou por converterse nun vaso. Modelado con formas de rostros de animais na parte inferior, foi moi usual en Grecia e en Italia empregouse, en época romana, na decoración de fontes e de xardíns.
-
GALICIA
Médica. Directora xerente da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, foi coordinadora do Plan Autonómico de Urxencias, presidenta da Comisión Asesora Técnica da Consellería de Sanidade e directora técnica da División 061 de Galicia. Recibiu, entre outros galardóns, a Cruz da Soberana Orden Militar de Malta e a Medalla de Oro de San Juan de la Cruz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Porto pesqueiro situado na ría de Arousa, no concello do mesmo nome. É un porto mexilloeiro e de pesca de baixura que serve de base a pequenas frotas artesanais. Ten un calado de 3 m, rampas, auga, combustible, talleres e efectos navais de tipo pesqueiro, grúa e iluminación. Conta con instalacións deportivas con capacidade para 83 embarcacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porto situado na ría de Ribadeo, no límite con Asturias. Posúe instalacións pesqueiras, comerciais e náutico-deportivas, estas na dársena de Porcillán, onde se atopa o Club Náutico. Conta con pantaláns, amarres, combustible, auga, electricidade, efectos navais, rampla de varada, talleres, guindastres e prazas de atraque en pantaláns flotantes. O porto pesqueiro, cunha frota non excesivamente grande pero destacada na pesca de baixura, contou en épocas anteriores con moita maior actividade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en San Vitoiro de Ribas de Miño (O Saviñao). Segundo un privilexio de 941 do Rei Ramiro II, foi fundado polo abade Veremundo Páez. A igrexa converteuse en parroquial e conserva a integridade da obra románica agás a sancristía, anexada no lado sur do presbiterio, e a espadana. Datada no s XII, ten nave e ábsida rectangulares e na fachada principal destaca a porta con tres arquivoltas en arco de medio punto, ademais de tres pares de columnas con capiteis decorados con motivos vexetais e tímpano liso. A porta do muro norte tamén presenta arco de medio punto e dúas arquivoltas, con capiteis decorados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Santo Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao). Pode tratarse do mosteiro de Santo Estevo en Vila Nazara que dependía de Samos. Pode datar do s X. Do antigo cenobio consérvase a igrexa, que se converteu en parroquial. Construída posiblemente a finais do s XII, consta de nave rectangular dividida en catro tramos, separados por arcos apuntados, cada un deles cunha fiestra con arco de medio punto; unha única ábsida formada por un tramo recto e outro semicircular separados por un arco faixón. A sancristía atópase no lado sur, pegada ao tramo recto da ábsida. O arco triunfal é de medio punto peraltado en aresta e apóiase en columnas pegadas. A fachada principal da igrexa divídese en dúas partes, a inferior coa porta principal flanqueada por dous arcos de medio punto cegos, e a superior presidida por un gran rosetón. A porta presenta catro arquivoltas abucinadas con decoración figurada e vexetal nalgúns capiteis e sete figuras de anciáns apocalípticos sobre unha das arquivoltas....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro masculino situado en Sacardebois (Parada de Sil). Fundouno no s X o abade Froila segundo consta nunha inscrición do Tumbo Nuevo de Santa María de Montederramo de 1648.