"Ada" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2197.
-
MONTES
Monte que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Lebozán (Lalín) e San Cosmede de Cusanca (O Irixo). O seu cumio acada 749 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Execución ou sucesión de algo en graos pasando por todas as etapas, fases ou estados intermedios.
-
-
Serie de cousas ordenada por graos.
-
Grao de contraste nunha imaxe, no que as imaxes que posúen un baixo contraste defínense como suaves, e as que teñen un alto contraste denomínanse duras.
-
-
Posibilidade que ten o adxectivo de recibir a atribución de diversos graos de significación (comparativo e superlativo).
-
Figura retórica que consiste nunha sucesión de expresións ou palabras, en grao crecente ou decrecente, de xeito que van acentuando o seu significado.
-
Clasificación dos grans polo grosor progresivo nos sedimentos detríticos. Pode ser lateral (diminución do gran dunha capa no sentido da corrente de auga) ou vertical (diminución do grosor da base que sostén unha capa).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de gradar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santa Cruz do Valadouro (O Valadouro). Consta de dous corpos principais, con capela pegada, e outros dous auxiliares anexos, nos que destaca a cheminea. Está rodeado dun muro agás na fachada NO. No lintel da porta destaca un escudo cuartelado con varios brasóns que alude, entre outros, aos Bolaño e aos Saavedra. Conserva outros escudos no muro e nas fachadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Esterroar e achanzar a terra que se ara coa grade.
-
-
milgranda.
-
-
Proxectil cheo de material explosivo que se pode lanzar coa man (granada de man) ou cunha arma de fogo (granada de fusil). A explosión prodúcese por percusión ou mediante unha espoleta retardada.
-
granada contrapersoal
Proxectil de aceiro que leva unha carga interior de balotes esféricos de chumbo e antimonio, unidos en condicións normais por unha substancia aglutinante coa que forman unha masa compacta ata que se produce a explosión.
-
granada de agresión química
Proxectil que non produce metralla e que está cargado cunha substancia que provoca efectos lacrimóxenos, sufocantes ou tóxicos.
-
granada de fume/granada fumíxena
Proxectil similar á granada de agresión química pero coa carga de fósforo branco ou de calquera outra substancia fumíxena, que serve para diminuír a visibilidade creando nubes de fume que dificulten a percepción dos efectivos propios por parte do inimigo.
-
granada incendiaria
Proxectil cheo de pequenos cilindros cargados de material inflamable que pode ser unha mestura de aluminio en po e óxido de ferro, ou unha solución de fósforo branco con sulfuro de carbono, ou ben bencina xelatinizada con xabón de aluminio (napalm), ou algún outro inflamable reincidente.
-
granada rompedora
Proxectil constituído por un recipiente de aceiro ou de fundición de aceiro cheo dun potente explosivo. O efecto prodúcese pola onda explosiva e polas estelas nas que se fragmentan as diversas partes ao estouparen.
-
-
-
MUNICIPIOS
Municipio e capital da provincia homónima, Andalucía, situado ao pé de Sierra Nevada e na confluencia dos ríos Darro e Genil (240.661 h [2001]). A comezos do s XX a poboación experimentou un grande aumento (dos 70.000 h de principios de século ata os 150.000 h en 1950), grazas á introdución da remolacha, que o converteu nun centro inmigratorio. Coincidindo coa reforma agraria, sufriu grandes transformacións urbanas e adquiriu unha nova estrutura urbanística. É o centro dunha ampla rexión agrícola, a Vega de Granada, e un núcleo de vías de comunicación entre o val do Guadalquivir e o Mediterráneo. Destaca como núcleo comercial, turístico e, en menor medida, industrial. É sé arcebispal. Fundada no s VIII polos musulmáns sobre a antiga cidade romana de Elvira, non se desenvolveu como cidade ata a constitución no s XI do reino taifa de Granada, cando o núcleo urbano se trasladou ao Albaicín. No s XIII, trala creación do reino nazarí de Granada, a cidade acadou un gran desenvolvemento urbano...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Andalucía (12.531 km2; 821.660 h [2001]). A súa capital é Granada. A poboación concéntrase nas beiras dos ríos e na zona de Motril. A base da súa economía é a agricultura de regadío centrada nos cultivos de hortalizas, froiteiras, remolacha azucreira e patacas. Tamén ten importancia a gandería caprina e porcina ademais das industrais alimentarias, metalúrxicas, da construción, da confección e da pel. O turismo eo comercio teñen unha importancia crecente.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Nicaragua (929 km2; 155.683 h [1995]). A capital é Granada (71.783 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado de América Central, situado no mar das Antillas, formado pola illa homónima e por un grupo das illas Granadinas (344 km2; 94.000 h [estim 2001]). Situado ao SL do Caribe, é a máis meridional das illas Windward ou de Barlovento. Esténdese entre os 12° de latitude N e os 62° de lonxitude O. A capital é Saint George’s.
Xeografía físicaRelevo e climatoloxía
De orixe volcánica, o seu relevo é bastante montañoso, co punto máis elevado no monte Sainte Catherine situado a 840 m de altitude. Os vales situados entre as montañas son bastante fértiles e están drenados por numerosos ríos. A illa conta tamén con importantes mananciais termais, algúns lagos de montaña e amplas praias. O clima é tropical, cunha temperatura media anual de 27,8°C. As precipitacións anuais na costa son de 1.524 mm e a estación das chuvias prolóngase entre xuño e decembro.
Xeografía económicaEconomía
VER O DETALLE DO TERMO
A agricultura... -
GALICIA
Escritor. Doutor en Dereito na Universidad de Montevideo, foi xuíz e ocupou a cátedra de Dereito Civil e de Xentes no Liceo Católico, a de Literatura no Ateneo Uruguay e a de Dereito Natural na Universidad Nacional. Colaborador de diversas publicacións, publicou Vocabulario rio platense razonado (1889 e 1890) e Reseña histórico-descriptiva de antiguas y modernas supersticiones del Río de la Plata (1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de campañas (1481-1492) levadas a cabo polos Reis Católicos co fin de anexionar o Reino de Granada. Aínda que favorecidas polos continuos enfrontamentos entre a familia nazarí reinante, a guerra non foi fácil como consecuencia das numerosas forzas e prazas fortes que existían no reino granadino. A guerra formulouse a longo prazo e buscou illar a capital do reino. Os Reis Católicos financiárona a través de diversos medios: a declaración por parte do papado de cruzada, os préstamos xudeus, a venda de cativos e as continuas levas, como as documentadas en Galicia nas que se concedía o perdón a cambio de servir na Guerra de Granada por un prazo non inferior a catro meses. Durante os primeiros anos da contenda sucedéronse as escaramuzas entre cristiáns e musulmáns, pero a partir de 1483, coa vitoria dos exércitos cristiáns en Lucena e o apresamento do Rei Boabdil, que se converteu en vasalo dos Reis Católicos, iniciouse un período durante o que os cristiáns conquistaron numerosas prazas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Luís de Sarria.
-
REINOS
Estado musulmán da Península Ibérica que existiu como entidade política independente en dous períodos diferentes da historia de Al--Andalus. O primeiro Reino de Granada xurdiu como reino de taifa baixo o goberno da familia bérber dos Ziríes, trala desaparición do califato de Córdoba (1031), e foi conquistado en 1090 polos almohades; e o reino nazarí de Granada, fundado en 1231, trala caída do imperio almohade, por Mu ḥ ammad ibn Našr, quen o estendeu desde Tarifa a Almería e situou a capital en Granada. Este reino existiu durante dous séculos e medio, ata que as loitas entre as distintas faccións da familia nazarí reinante e a guerra iniciada polos Reis Católicos acabaron con el o 2 de xaneiro de 1492.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Guiso ou frito que ten moita graxa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comida feita con grelos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Andazo de gripe.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado na vertente S do Sistema Bético e drenado polo río homónimo, afluente do Guadiana (2.265 h [2001]). Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de Santa María la Mayor (s XVI), con fachada renacentista e artesoado mudéxar.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Andalucía, afluente do Guadalquivir, que desemboca preto de Córdoba (152 km).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Castela-A Mancha, capital da provincia homónima (68.248 [2001]). Situada no paso natural que comunica a Meseta e o val do Ebro, a proximidade con Madrid converteuna nun satélite industrial desta. De orixes iberos, foi conquistada polos romanos durante as campañas de Sertorio. Foi unha importante poboación musulmá do reino taifa de Toledo, e conquistárona os cristiáns en 1085. Desde o s XV estivo vinculada á casa do Infantado. Do seu patrimonio cultural destacan parte da muralla e ponte musulmana, as igrexas mudéxares de San Gil e Santa Clara (s XIV), a gótica de San Francisco (s XV) e San Ginés, con portada de A. de Covarrubias, e o palacio dos duques do Infantado.
VER O DETALLE DO TERMO