"BAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1242.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Paradela. Posiblemente fundado no s VIII polo abade Quintila, constátase a súa existencia desde o s IX seguindo a regra de san Froitoso de Braga. Viviu a época de maior esplendor no s IX coa etapa dos cabaleiros templarios de Galicia e, de feito, a primeira reunión dos cabaleiros da orde militar de Santiago celebrouse neste mosteiro. A condesa Ermesinda mandouno restaurar, e en 927 os reis Sancho I Ordóñez e Afonso IV de León decidiron, nunha asemblea celebrada en Lugo, unha nova restauración disciplinar do mosteiro, que se lle encargou ao conde Gutier, pai de san Rosendo. A renovación do mosteiro confirmárona máis tarde os reis Ramiro II de León e Vermudo II. Posteriormente, estivo ocupado por monxes que seguían a regra de santo Agostiño.
-
GALICIA
Escritor. Doutor en Dereito pola Universidad de Madrid, traballou no ministerio de Facenda e desempeñou a cátedra de Lingua Francesa no Ateneo de Madrid e de Lingua e Literatura Galegas na Casa de Galicia. Fundou en Madrid en 1915 a revista Estudios Gallegos e cultivou a narrativa, con La campaña de Ultramar (1888), onde recompilou cinco novelas breves escritas en castelán; a novela curta Ferruxe (1894), a lenda decimonónica O pastor de doña Silvia (1925) e a novela curta O derradeiro amore (1931). No ámbito da poesía, onde se pode relacionar coa Escola Formalista pondaliana, tirou do prelo Pousadoiro. Os meus votos (1903), O libro da konsagrazión (1910), coa maior parte da súa produción poética e a “Nota sobre a reforma da ortografía gallega”, en que se declara a favor da ortografía fonética e onde se mostra como o primeiro defensor da gheada; e Altariño de amore (1935), en que se recolle unha breve historia romántica...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. De novo estableceuse en Madrid, onde recibiu a influencia do manierismo clasicista dos pintores italianos e casteláns activos en El Escorial, como Juan Fernández Navarrete o Mudo, Federico Zuccari e Pellegrino Tibaldi. Traballou para os conventos da corte, ata que se estableceu en València onde, protexido polo vicerrei Juan de Ribera, axiña se converteu en xefe da escola valenciana de pintura. O Retaule de Sant Jaume (1603-1604) con influencias do Mudo e de Lucca Cambiaso, e as táboas do colexio do Patriarca (1605-1611) próximas a Zucari, teñen aínda o xeito de El Escorial, aínda que mostran a súa personalidade. Semella que unha viaxe a Italia (1613-1615) provocou un cambio radical no seu estilo, que evolucionou cara a un naturalismo tenebrista e unha maior concreción escultórica das súas formas. Algúns tratadistas ven influencias de J. de Ribera na súa última etapa (1620-1628). Moitas das súas obras son difíciles de identificar xa que creou un taller...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e escritor. Licenciouse en Teoloxía Fundamental e Dereito Canónico, e diplomouse en Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria. Ordenado sacerdote en 1955, ingresou no corpo eclesiástico do exército e acadou o grao de capelán coronel. Foi colaborador do CSIC e publicou Cancioneiro da Terra Chá (1980), en que recolle cancións populares da súa terra natal; Cancións galegas. Literatura popular (1989), onde inclúe cantigas, refráns e xogos; O escudo do concello de Pol (1985), Heráldica de Pantón (1998) e Pantón: historia e fidalguía (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e sacerdote. Diplomado en Ciencias Sociais, foi capelán da central dos Peares, membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, do padroado do Museo do Pobo Galego e da Sociedade Galega de Antropoloxía. Colaborador nas publicacións Cuadernos de Estudios Gallegos, Encrucillada ou Lucensia, escribiu Inventario artístico de Lugo y su provincia (1975-1983), con outros autores; La parroquia de San Vicente de Pombeiro (1975), Escolma de Carballedo (1976), onde recolle cantigas, contos e adiviñas; A romaxe do Faro (1978), en que inclúe notas históricas, lendas e cantares relacionados coa romaxe; El libro lucense 1495-1936 (1982), Dende o meu lar (1984), Microtoponimia de Arcos (1995) e Libros impresos en Lugo (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor e ceramista. Coñecido como Caxigueiro, formouse no Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos e estudou a cerámica popular de Portugal e do norte de Marrocos. As súas principais preocupacións plásticas xiraron arredor da experimentación sobre arxila refractaria e louza, elevárono a constituír en 1987 o grupo Remol con outros artistas. Mesturou o expresionismo conceptual e a expresión minimalista abstracta coa figuración seriada. Da súa produción destaca a obra Sen título (1980), a montaxe Terra, auga e lume de vela (1989) e a serie escultórica Europa: terapia puntual, de principios da década de 1990. As súas obras están presentes en diversas coleccións galegas como o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, Museo de Arte Contemporánea de Unión Fenosa ou a Deputación Provincial de Pontevedra. En 1990 recibiu o Primeiro Premio da Semana Nacional de Cerámica do Museo do Pobo Galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Atleta. Campión nacional absoluto de 400 m lisos en 1965, 1967 e 1970. Participou nos Xogos Olímpicos de Toquio (1964) na especialidade de 100 m lisos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Foi comandante xeneral da Mariña en Ferrol. Colaborou na Revista de Marina e publicou Visicitudes del Cuerpo de Infantería de Marina (1940), Datos tácticos y logísticos resumidos (1943), Manual del infante de Marina (1944) e Historia de la Infantería de Marina española (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Nas súas obras, con reminiscencias simbolistas e da arte pobre, concedeu especial importancia ás modificacións visuais, polo que empregou frecuentemente elementos orgánicos. Destaca a serie Ciumes (1992). Recibiu o Primeiro Premio de Escultura no V Certame de Artes Plásticas de Pontevedra (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da costa atlántica situada na parroquia do Hío, entre os cabos Pequeno e Home (Cangas).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na Ramallosa (Nigrán). Ten planta en forma de L con dúas alturas e realizouse en pedra. O recinto está pechado por unha dobre muralla.
-
PUNTA
Punta do litoral atlántico, situada entre as de Tiñosa e Candieira, na parroquia de Landoi (Cariño).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe osteitio, da orde dos perciformes, que acada uns 80-90 cm e se caracteriza polo feito de ter o corpo alongado e pouco comprimido, dúas aletas dorsais separadas e raios espiñosos na primeira aleta dorsal, na anal e nas ventrais. É de cor prateada, gris escura no dorso e branca no ventre. Aliméntase de pequenos peixes, moluscos e crustáceos. Reprodúcese entre xaneiro e marzo. É un peixe que habita tanto á beira das rochas como nos fondos de area, e pode soportar perfectamente a auga ou medio doce.
-
VER O DETALLE DO TERMO
robaliza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe da orde dos pleuronectiformes, que pode acadar os 100 cm de lonxitude, aínda que o tamaño medio sexa entre 30 e 50 cm. Presenta un corpo de contorno case circular, os ollos no lado esquerdo, pel sen escamas pero provisto de formacións óseas dérmicas na parte superior, case sen pedúnculo caudal. É castaño agrisado ou verdoso, terroso ou amarelado, con puntos amarelos escuros. Os exemplares xuvenís aliméntanse de moluscos e crustáceos e os adultos de peixes. Habita os fondos areosos do Mediterráneo, do Mar Negro e do Atlántico sur.
-
GALICIA
Euxenista, nai de Carme Rodríguez Carballeira. De familia acomodada, coidou o seu sobriño X. Rodríguez Arriola, de quen fixo un neno prodixio na música. En 1907 decidiu fundar un falansterio como unha colonia de selección humana para a mellora da especie con individuos anteriormente seleccionados. Abandonou o proxecto para tentar ter un fillo despois de elixir o home apropiado que cumprise cos requisitos necesarios. Co nacemento da súa filla comezou unha férrea educación racionalista para convertela nun ser excepcional que redimiría o mundo. Despois de conseguir convertela nunha nena prodixio e, debido ás súas discrepancias, asasinouna mentres durmía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política e feminista, filla de Aurora Rodríguez Carballeira. Coñecida como Hildegard (‘Xardín de sabedoría’) pola súa nai, quen a educou baixo unha estrita disciplina e a converteu nunha nena prodixio, foi vicepresidenta das Juventudes Socialistas madrileñas e vogal do comité nacional (1932). De tendencia republicana, ingresou no Partido Republicano Federal (1932) e foi secretaria da Liga para la Reforma Sexual. Defendeu a igualdade de mulleres e homes en La rebeldía sexual de la juventud (1931), Malthusismo y Neomalthusismo e El control de la natalidad (1932) e loitou polos dereitos da muller, a súa liberación sexual e reprodutiva e a transformación social, loita que reflectiu en Tres amores históricos (1929) e Historia del movimiento sexual en España (1932). Publicou tamén Se equivocó Marx? (1932). Debido ás súas discrepancias, foi asasinada pola súa nai mentres durmía.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Ingresou no Seminario da Provincia Franciscana de Santiago, en Castroverde de Campos, posteriormente estudou no Seminario de Herbón e despois en Ponteareas. Tomou o hábito en 1970. Desempeñou cargos de responsabilidade na orde en Galicia ata que en 1997 foi nomeado definidor xeral da orde e secretario xeral para a Formación e os Estudos, desde onde dirixiu as universidades da orde. En 1998 foi nomeado visitador apostólico do mosteiro de San Pascual de Bailón (Vilarreal) pola Congregación para a Vida Consagrada. En xuño de 2003 foi elixido ministro xeral dos franciscanos no capítulo xeral celebrado en Asís.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Dramaturgo, guionista e escritor. Director das galerías de arte Torques e Citania en Santiago de Compostela e codirector da revista de estudos artísticos e literarios Citania, impartiu cursos de formación sobre escritura dramática e audiovisual nas tres universidades galegas. Colaborador do grupo Ditea e fundador do grupo de teatro Obradoiro e do equipo de cine Lupa, participou en numerosos congresos e actos culturais. Ademais, foi xurado en diversos premios literarios e artísticos, comisario en máis de 200 exposicións e colaborou en revistas especializadas, como Grial, Ensaio, Assaig de Teatre e Acotaciones, e en gran parte da prensa de Galicia. Da súa produción escrita destacan -ademais de abundantes recensións críticas e estudos teatrais en publicacións e libros colectivos-, en teatro, Zardigot (1974, Premio Abrente 1973), unha parábola da guerra protagonizada por unha serie de personaxes marcados pola violencia e estreada polo Teatro Circo; A...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e escritor, fillo de Xoán Rof Codina. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, completou a súa formación en Colonia, Viena e París. En España traballou para o doutor Gregorio Marañón e a fundación Rockefeller. Foi membro e fundador de diversas sociedades médicas, como a Sociedad Española de Medicina Psicosomática, e presidente do Instituto de Ciencias del Hombre. Escritor prolífico e colaborador de diversas publicacións, como Grial, das súas obras destacan Patología psicosomática (1949), primeiro achegamento en España a esta disciplina; Urdimbre afectiva y enfermedad: Introdución a una medicina dialógica (1961), Violencia y ternura (1967), Teoría y práctica psicosomática (1984), e o ensaio Mito e realidade da terra nai (1957). Membro da Real Academia Nacional de Medicina e da Real Academia Española, pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos.
VER O DETALLE DO TERMO