"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e físico. Profesor de mecánica na Escola de Artes de París e na Universidade de Xenebra. No ano 1828, mediu, xunto con Sturm, a velocidade do son na auga (1.435 m/s) e a compresibilidade dos fluídos. Demostrou as vantaxes do aire comprimido na transmisión de forza das bombas de compresión que aplicou na construción de túneles como o de Sant Gotard e o de Mont-Lein. Traballou sobre a electricidade atmosférica e sobre a propulsión das rodas de pas nos barcos de vapor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi membro da Convención, da que foi elixido presidente en 1793, e do Comité de Salvación Pública. Trala toma de Lyon (1793), que se levantara en contra da Convención, foi enviado por Robespierre para executar as decisións que adoptara a Convención, feito que provocou unha durísima represión. Participou no golpe de estado de Termidor (27.7.1794), en oposición á política de Robespierre; sen embargo, non evitou a acusación de complicidade con Robespierre, feito polo que foi expulsado á Guyana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar natural ou fabricado polo home no que as abellas constrúen os favos.

    2. Comunidade de himenópteros, especialmente abellas, que habitan xuntas. No caso da abella doméstica acada os 60.000 individuos e distínguense tres castes diferentes: a raíña, as obreiras e os abázcaros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Miniaturista francés. Pertenceu á escola do Loire. Rematou as Très riches heures du Duc de Berry (As marabillosas horas do duque de Berry) e ilustrou Romuleon, Les Heures de Laval (Romuleon, as horas de Laval) e L’Histoire de la Guerre de Troie (A historia da Guerra de Troia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico italiano. Foi profesor nas universidades de Pisa, Roma e Padua; nesta útlima sucedeu a Vesalius na cátedra de Anatomía en 1544. Autor, entre outros, de diversos estudios sobre a anatomía da pelve e do oído, así como sobre a fisioloxía da dixestión, sinalou a existencia da pregadura do peritoneo e deu unha descrición exacta do mediastino. Son tamén notables os seus descubrimentos en fisioloxía circulatoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teatro Colón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar cor a algunha cousa con tintura, pintura ou outra substancia con cor.

    2. Tomar cor algunha cousa, especialmente certos froitos que collen a cor propia de cando están maduros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de arbustos e plantas gabeadoras da familia das xesneriáceas, que reúne 250 especies propias de zonas tropicais ou de clima temperado. Moi apreciadas como adorno, destacan as especies C. banksii e C. microphylla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • La Celestina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueóloga. Doutora en Xeografía e Historia, investigou os inicios da metalurxia en Galicia. Escribiu en colaboración El tesoro desencantado (1998) e publicou Los inicios de la Metalurgia en el Noroeste de la Península Ibérica (1998). Membro da Asociación Profesional de Arqueólogos de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional fundada en 1984 con sede en illa Mauricio. Fórmana as Comores, Madagascar, illa Mauricio, illa da Reunión e as Seychelles. Os seus fins son a cooperación diplomática, económica, comercial e cultural entre os países membros. Os seus órganos de goberno son o Consello de ministros, o Comité de Servicios Permanentes de Enlace, a Secretaría Xeral e os Comités de Xestión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano executivo da Unión Europea que personifica e defende os seus intereses xerais. A súa orixe está nos primitivos tratados da CEE, a CEEA e a CECA, ata que en 1965 o Tratado de Bruxelas unificou a Comisión para as tres comunidades. Componse de vinte membros, os comisarios, designados polos gobernos dos estados membros e investidos polo Parlamento europeo e por un mandato renovable de cinco anos. A distribución dos comisarios por cada Estado determínase de maneira que cada Estado membro estea representado por un nacional, polo menos, e nunca por máis de dous. As súas funcións principais son as de garda dos tratados comunitarios, velando polo cumprimento da legalidade comunitaria; a instrumentación das políticas comunitarias, a través da execución dos orzamentos comunitarios e a administración dos fondos estruturais; a representación da Unión no exterior, ante terceiros estados; a organización de conferencias internacionais; e o impulso da actividade comunitaria en xeral, a través da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comisión permanente do Congreso dos EE UU, constituída en 1938, para investigar organizacións consideradas subversivas, en xeral, de tendencia esquerdista. Nos anos corenta e cincuenta protagonizou unha auténtica “caza de bruxas” entre actores, guionistas e directores de cine de Hollywood. Aboliuse en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo de xestión creado en 1929 para preparar os Congrés Internationaux d’Architecture Moderne (Congresos Internacionais de Arquitectura Moderna, CIAM). Os seus membros, elixidos polo mesmo congreso, tiñan a misión de ocuparse dos temas centrais e da súa posterior resolución. En 1932 tivo lugar en Barcelona unha reunión do CIRPAC para preparar o Congreso de Moscova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Réxime político instaurado en Inglaterra por Oliver Cromwell despois da execución de Carlos I (xaneiro de 1649) e que se estendeu a Escocia e Irlanda. Aínda que nun sentido amplo o sistema cromwelliano durou ata finais de 1660, cómpre aplicar estritamente esta denominación para o período de tempo comprendido entre 1649 e 1653, data en que Cromwell pasou a gobernar de forma ditatorial sen a participación do Parlamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de nacións constituída polo Reino Unido (coas súas colonias e dependencias) e por unha serie de estados soberanos nacidos a partir do imperio colonial británico. Réxense por un complexo sistema de reunións e consultas, entre as que destacan as reunións de ministros de finanzas e as conferencias dos xefes de goberno. O órgano permanente é a Secretaría Xeral, creada en 1965. As grandes diferencias económicas, culturais e políticas que separan e, a miúdo, enfrontan os membros, non esgotan en gran parte a súa eficacia. Só no terreo arancelario (tarifas preferenciais) se alcanzaron acordos importantes. Aínda que ata finais de 1926 non se produciu a primeira formulación oficial, cómpre situar as orixes na segunda metade do s XIX e nas primeiras décadas do s XX, período durante o que as colonias británicas con maioría de poboación branca (Canadá, Australia, etc) alcanzaron o estatuto de dominio e, xuntas, unha autonomía que se parecía moito á independencia. Os tratados de paz asinados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Literatura escrita en lingua inglesa por autores dos países membros da Commonwealth of Nations. Orixinada nos sistemas educativo e administrativo impostos por Reino Unido nas súas colonias, alcanzou o seu recoñecemento cando estas recobraron a súa independencia, a partir dos anos cincuenta e sesenta do s XX. Está escrita, sobre todo, por autores indíxenas pertencentes ás elites occidentalizadas e ten un carácter híbrido, xa que emprega o inglés pero desenvolve temas tradicionais, históricos, sociais e culturais autóctonos, a miúdo críticos cos valores occidentais. Os países máis representativos pola importancia da súa cultura autóctona son: a India e algunhas nacións africanas como Nixeria, Ghana, Kenya, Uganda, Tanzania e Malawi. A diversidade do proceso colonial nos diferentes países africanos está patente na temática política, máis ou menos reivindicativa. Na India, o dualismo cultural do escritor indio en lingua inglesa plásmase na gran variedade de temas literarios empregados, situados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico e realizador cinematrográfico alxeriano. Especializouse no documental político coas producións Les deux marsellaises (As dúas marsellesas, 1968), La Cecilia (1975), Carnets de bal (Carnés de baile, 1980) e L’ombre rouge (O ombreiro vermello, 1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía creada en 1985 no ámbito do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y Musicales, dependente do ministerio de Cultura e con sede en Madrid. Ideouse co obxectivo de manter a vixencia e a actualidade da literatura dramática clásica castelá. Adolfo Marsillach dirixiuna ata 1989, ano no que asumiu a dirección Rafael Pérez Sierra, quen ocupou o cargo ata 1992. Posteriormente, Marsillach volveu ocuparse da dirección ata 1996, función que logo pasou a exercer José Luís Alonso de Santos. Calderón de la Barca, Lope de Vega, Ruíz de Alarcón, Miguel de Cervantes, Tirso de Molina, Fernando de Rojas ou Agustín Moreto son algúns dos autores máis recorrentes nas realizacións escénicas da compañía, desde a que tamén se desenvolveron diversas actividades de promoción e divulgación dos clásicos, como o Festival de Teatro Clásico de Almagro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional creada en aplicación do Tratado de Roma, asinado o 25 de marzo de 1957 por Bélxica, Francia, os Países Baixos, a República Federal de Alemaña, Italia e Luxemburgo, que pretendía establecer unha unión aduaneira e un mercado común, elaborar unha política conxunta para a agricultura, para o movemento de man de obra e os transportes, e fundar institucións comúns para o desenvolvemento económico. O Tratado de Roma entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1958 e contemplaba tamén a fundación da EURATOM. En 1973 incorporouse Dinamarca, Irlanda e o Reino Unido; en 1981, Grecia; e, en 1986, España e Portugal. O 1 de novembro de 1993, coa entrada en vigor do Tratado de Maastricht, a CEE converteuse en Unión Europea (UE), na que se integraron Austria, Suecia e Finlandia en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO