"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘estacada, fungueirazo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Pedro de Porta (Sobrado). Ten planta en forma de L e a á esquerda construíuse no s XIX. Na fachada destaca a balconada de pedra e dous escudos. No patio consérvase un cruceiro que puido pertencer á capela da que se conserva o seu altar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Xulián de Gaibor (Begonte). Ten planta en forma de L con dúas alturas. Na fachada principal engadíronse outros corpos. Conserva dous escudos ás beiras do balcón coas armas dos Lanzós, Baamonde e Saavedra, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Pedro de Trasalba (Amoeiro). Ten planta en forma de L con dúas alturas e cunha solaina no ángulo. Conserva unha balaustrada e unha escaleira de dous tramos no patio que conduce ao piso superior. O peche realizouse con ameas. Nunha das coxías está a capela. No portal consérvase un escudo do s XVIII coas armas dos Gaioso, Puga, Losada, Muros, Sandiás e Araúxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santa Mariña de Outeiro de Rei (Outeiro de Rei). Fundouno o conde O’Kelly e foi terreo dos Gaioso. A planta adoita a forma rectangular con baixo e dúas alturas. Na parte posterior conserva unha solaina ao xardín. Os escudos da fachada aluden aos Montenegro e Gaioso e aos Andrade, Seixas e Montenegro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encontro das velas contra os paos ou contra a xarcia, especialmente cando parou o vento pero continúa a marexada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nave de guerra máis pesada e robusta ca a galera, cunha soa cuberta, que arboraba tres paos con velas latinas. Levaba ata 32 remeiros por banda e 8 potentes canóns inscrustados nuns buratos das bordas que sobresaían do casco para permitir a colocación da artillería. Empezouse a construír no s XV como consecuencia da necesidade de naves máis fortes ca a galera mediterránea -que carecía de gran capacidade de transporte para longas travesías- para aventurarse a navegar polo Océano Atlántico. Acadou a súa máxima relevancia no s XVI -algunhas destas naves formaron parte da Armada Invencible-, e deixouse de construír a comezos do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Galegos (Frades). A vivenda ten planta rectangular cunha capela engadida en 1950, que outorga ao conxunto a planta en forma de L. Na fachada do edificio consérvase un brasón que alude aos Novoa, Luaces e Enríquez. Os escudos do portón de entrada fai referencia aos Montenegro, Mosquera, Andrade, Bermúdez, Ribera, Salgado e Gaioso. Nunha inscrición localizada no portón alúdese á estancia de Mariana de Neoburgo na súa viaxe da Coruña a Santiago de Compostela en 1609. Está ocupado por unha comunidade relixiosa que o recibiu en doazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa radiofónico emitido a finais dos anos setenta do s XX en Madrid por Radio Cadena Española. Dirixido e presentado por Manuel Lombao, incluía entrevistas a autores, músicos, pintores e intelectuais galegos que eran noticia na capital de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada a partir de 1996 polo Galicien-Zentrum da Universität Trier, en Alemaña. Coordinada por Dieter Kremer, presidente da Deutsch-Galicischen Gesellschaft (Sociedade Galego-Alemana) e apoiada pola dirección xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, incluíu artigos referidos á literatura, á tradución e recensións en alemán e galego. Ademais das colaboracións de destacados intelectuais galegos, contou coa participación de Johannes Kabatek e Franck Meyer, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conto infantil da autoría de Carlos Casares editado en 1968. Trátase dunha serie de historias dirixidas especialmente aos nenos, nas que a través de divertidas anécdotas contadas á nena protagonista, Ana, o autor pretende amosar o lector un mundo fantástico con seres marabillosos e cheos de vitalidade e imaxinación. Esta obra foi premiada no I Concurso de Contos O Facho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Martiño de Salcedo (Pontevedra). Sede da Misión Biolóxica de Galicia, foi propiedade de Sebastián Malvar Pintor, arcebispo de Santiago, que o mandou construír a finais do s XVIII. Destaca a balconada da primeira planta apoiada en ménsulas con molduras e con varandas de ferro, e a decoración de placas. Conserva na fachada posterior a capela, con tres arcos na porta de entrada, sobre a que se sitúa un escudo, e rematada cunha espadana, e un hórreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Licenciouse en Belas Artes na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1962). Traballou con Pablo Serrano e Enrique Pérez Comendador. Instalouse en Ourense en 1963, onde se vinculou aos Artistiñas de Vicente Risco, e realizou a súa primeira exposición en Madrid en 1966. A súa obra, expresionista e neorrealista, está enraizada na tradición galega. Nos seus comezos traballou na madeira, para acadar a súa máxima expresión nas obras en bronce, ás que chegou a través do coñecemento da fundición e dos procesos da soldadura autóxena, en obras nas que acadou unha maior expresión ao prescindir do accesorio e traballar o oco como materia. Traballou tamén a pedra. A súa obra é dinámica e espontánea e nela están presentes a muller e a maternidade. Realizou, entre outras esculturas públicas, os monumentos a Castelao e Otero Pedrayo en Ourense, a Castelao en Pontevedra, ao afiador en Luintra (Nogueira de Ramuín) e moitas das esculturas do Centro Cultural Caixanova de Vigo....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e profesor. Da súa produción destaca IV Melodía. Desfíe de ambente galego (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Goiás (Lalín). Conserva unha escaleira exterior e solaina cuberta. Destaca tamén a cheminea rematada con pináculos. Conserva escudos que representan as armas dos Deza, Somoza, Arias, Ulloa, Salgado, Gil e Gundín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e escritor. Foi redactor do periódico La Esperanza ata 1870 e colaborou en El Eco Franciscano. Traduciu ao castelán os Himnos sacros, de Manzoni, e El anillo de Polícrates, de Schiller. Ademais da letra do Himno dos peregrinos ao Apóstolo Santiago, musicada por Santiago Tafall, escribiu Vicios de la locución de los naturales de Galicia (1884). Foi membro correspondente da Real Academia da Historia, da Real Academia Galega e da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Técnico de publicidade. Coñecido co pseudónimo de Pepe Garalva, é director da axencia Garalva, relacións públicas e presidente da Asociación Provincial de Axencias de Publicidade. Exerceu como correspondente deportivo de El Correo Gallego e foi director da revista Mirador Lucense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da armadura de guerra que cobre e protexe o brazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, deseñador e interiorista. Evitou o esquematismo formal do racionalismo e as arbitrariedades da arquitectura orgánica. Das súas obras destacan a Padiglione d’arte contemporanea (PAC) en Milán (1944-1947), a Mensa Olivetti en Ivrea (1953-1959) e a reforma do Teatro Carlo Felice en Xénova (1981-1990) con Aldo Rossi. Foi membro do CIAM.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferida feita cun garrancho.

    VER O DETALLE DO TERMO