"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Título do Imperio Bizantino, creado en 1081 por Aleixo I Comneno a favor do seu irmán Isaac. Na xerarquía bizantina ocupou o primeiro grao, ata que, en 1163, Manuel I creou o título de déspota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Ucraína, situada na república autónoma de Crimea (350.798 h [1999]). Localizada nas beiras dunha baía do Mar Negro que a divide en dúas partes (N e S), é un porto no que destaca a industria pesqueira e conserveira. Situada preto da colonia grega do Quersoneso, foi ocupada por romanos e bizantinos. Entre 1783 e 1784 os rusos construíron unha base naval e a fortaleza. Durante a Segunda Guerra Mundial foi asediada e ocupada polos alemáns e liberada polas tropas soviéticas (1944). Ao se disolver a URSS (1991), a base naval foi motivo de disputa entre Ucraína e Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza de múltiples quistes sebáceos na pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedra ou concreción formada nunha glándula sebácea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é confidencial ou reservado a un reducido número de persoas e non se debe divulgar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a calquera tecido ou órgano que produce algunha secreción.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Superficie limitada por un arco dunha curva e dúas rectas.

      2. sector circular

        Parte do círculo limitada por dous raios e o arco comprendido entre os seus extremos. A súa superficie S pode ser calculada a partir da lonxitude l do arco e da lonxitude r dos raios, mediante a fórmula S = (1/2) lr.

      3. sector esférico

        Parte do espazo limitada pola rotación dun sector circular dun círculo ao redor de calquera diámetro deste círculo. Se S é a superficie da parte de esfera que o limita e r é o raio, o volume do sector vale V = (1/3) Sr.

    1. Parte diferenciada dun todo, como pode ser unha colectividade humana ou un lugar.

    2. División fitoxeográfica inferior á provincia.

    3. Parte dunha pista dun disco, de capacidade xeralmente prefixada, variable segundo o tipo de disco.

    4. Cada unha das partes ou zonas interconectadas en que pode estar dividida unha rede de distribución de enerxía eléctrica.

    5. Cada un dos tramos de vía protexidos por un sistema de bloqueo.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a un sector.

    2. Aplícase á análise económica que estuda a estrutura produtiva da economía a partir da descrición das diferentes actividades económicas agregadas por sectores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten moita sede ou necesidade de auga.

    2. Que sente un desexo moi forte dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pouso formado pola precipitación de materiais en suspensión nun líquido.

      1. Material sólido fragmentario, ou masa deste material, ben de orixe orgánica ou inorgánica, que se orixina da meteorización das rochas preexistentes. É transportada e depositada por aire, auga ou xeo, ou ben acumulada por outros axentes naturais, tales como a precipitación química a partir dunha solución, ou dunha secreción dos organismos vivos. Forma capas ou estratos sobre a superficie da terra dun xeito incoherente e non cimentado (por exemplo, area, grava, lama, lodo, till ou loess).

      2. sedimento mariño/peláxico

        Sedimento que se caracteriza pola falta de influencias continentais ou da terra e pola presenza de restos fósiles planctónicos e nectónicos. Os sedimentos peláxicos máis destacables son o lodo vermello ou pardo, o de radiolarios, o de diatomeas, o de pterópodos e os nódulos de manganeso.

    2. Depósito sólido que aparece nos ouriños despois dun certo tempo de quedar en repouso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudo científico dos sedimentos e dos seus procesos de formación. Analiza os tipos de concas e os ambientes sedimentarios, as estruturas sedimentarias como un expoñente da dinámica sedimentaria e das paleocorrentes, os axentes de transporte e a orixe dos sedimentos alóctonos, ademais dos sedimentos neoformados ou transformados dentro da conca, dos climas e dos solos, e a meteoroloxía dos ambientes sedimentarios.

    2. Rama da estratigrafía que estuda a xénese e as características dos sedimentos que se depositan no momento actual, como tamén os ambientes sedimentarios e a xeometría das concas, para establecer os modelos sedimentarios apropiados e particulares de cada unha.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sedimentos.

    2. Que presenta sedimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen seduce.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Parte limitada dun todo continuo.

      2. Parte dunha recta comprendida entre dous puntos fixados, A e B, da recta, que se denominan extremos do segmento. Cando estes extremos son considerados nunha certa orde A, B, o segmento AB-- denomínase orientado ou vector fixo.

      3. segmento circular

        Parte dun círculo comprendida entre un arco e a corda correspondente.

      4. segmento esférico

        Parte dunha esfera situada entre dous planos paralelos, un dos que, como mínimo, é secante á esfera. En caso de que os dous planos sigan secantes á esfera, o segmento que resulta denomínase segmento de dúas bases.

      1. Cada unha das partes dun corpo separadas por un suco profundo.

      2. metámero.

      3. Cada unha das partes en que se divide o limbo dunha folla pinnatisecta.

      4. folíolo.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. Xurista, foi catedrático das universidades de Pavia, Perugia, Cagliari, Sassari e Roma. Membro do Partito Popolare Italiano, na etapa fascista organizou a Democracia Cristiana en Sardeña, foi ministro varias veces e dúas presidente do consello de ministros (1955-1957 e 1959-1960). Presidente da República desde 1962, dimitiu por motivos de saúde en 1964.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de seguir ou de perseguir algo ou a alguén.

    2. Radar cunha antena que se orienta automaticamente cara ao obxecto do que se quere coñecer os seus movementos.

    3. Operación que permite determinar a órbita, velocidade e posición dun obxecto no espazo, grazas a un sistema de localización por radio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen naceu en segundo lugar, despois do fillo primoxénito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Discípulo de F. Bello Piñeiro,iniciou a súa formación como debuxante na Escola de Artes e Oficios de Ferrol. Maioritariamente cultivou o óleo e o debuxo, tamén traballou o pastel, a encáustica e a acuarela. Dos seus primeiros debuxos, de trazo realista e dramático, destacan Os tellados da catedral ou O Pórtico da Gloria e, da década de 1970, as series de debuxos Cabezas de anciáns ou Moscas. Paisaxista encadrado no expresionismo,destacou polo emprego dunha ampla gama cromática, con preferencia polos vermellos e os verdes, así como o claroscuro, nos primeiros tempos. Despois aclarou a súa paleta e se aproximou ao cubismo (Nu en azul, 1966) e ao expresionismo (O arenque galáctico).Traballou o medio e gran formato e empregou unha pincelada cada vez máis longa e ancha (As máscaras, 1972). Como manifesto do seu compromiso coa realidade social e política pintou O exército dos paxaros de papel (1977), Retrato de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Competición internacional de rugby que se disputa desde 1910 entre as seleccións de Escocia, Gales, Irlanda, Inglaterra e Francia, polo sistema de liga a unha soa volta, co nome de Torneo das Cinco Nacións. En 1999 incorporouse Italia e adoptou o nome definitivo.

    VER O DETALLE DO TERMO