"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Organización sindical latinoamericana fundada en México en 1938 baixo a presidencia do mexicano Lombardo Toledano e do brasileiro Luis Prestes. O seu programa propuña unha reforma agraria, a defensa dos réximes democráticos e a independencia económica latinoamericana. Asistiron delegacións sindicais de Arxentina, Bolivia, Chile, Colombia, Paraguay, Venezuela, Nicaragua, Costa Rica, Perú, Ecuador, Cuba, EE UU e México. Ao pouco tempo, os comunistas acadaron o seu control e vinculárona aos intereses soviéticos. A CTAL conseguiu a adhesión dos máis importantes sindicatos continentais, favoreceu a creación doutros novos e participou na conformación da Federación Sindical Mundial. A súa estratexia prosoviética fíxolle perder os principais afiliados a partir de 1951. A Confederación de Trabajadores de Cuba, fundada en 1939, escindiuse en dúas seccións, a comunista e a partidaria do presidente Batista. Trala vitoria castrista unificouse de novo na Central de Trabajadores de la Cuba Revolucionaria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión política que agrupou a diversos estados alemáns entre 1806 e 1813. Naceu trala sinatura do Tratado de París (12.7.1806) por parte dos principados alemáns que se separaron do Sacro Imperio Romano Xermánico. Inicialmente, formábana sete estados alemáns, que constituíron un instrumento político nas mans de Napoleón, quen se declarou o seu protector, asinou unha alianza e se reservou a dirección da política exterior e o mando das forzas armadas. A súa submisión ao Imperio Francés reforzouse polos matrimonios de Eugène de Beauharnais, cuñado de Napoleón, con Augusta de Baviera, e de Jerome Bonaparte con Caterina de Württemberg (1807). Os estados convertéronse en reinos e Joachim Murat recibiu o ducado de Berg. A derrota de Prusia na Batalla de Jena (1806) fortaleceu a Confederación, á que se uniron, entre outros, o duque de Würzburg, o elector de Saxonia e en 1807 o reino de Westfalia, creado para Jerome Bonaparte. En 1808 todos os estados alemáns, agás Prusia, formaban parte da Confederación....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización integrada por 47 federacións e confederacións provinciais ou autonómicas, compostas por 12.000 asociacións de pais de alumnos, que operan nos centros públicos de ensino e algunhas no sector privado. Está representada no Consejo Escolar del Estado. En Galicia integra un número considerable de asociacións agrupadas, á súa vez en varias federacións provinciais e comarcais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado en 1928 e domiciliado en Madrid que agrupa todas as caixas de aforro en España, excepto Caja Postal. No 2001 estaba integrada por 47 caixas e dentro do grupo realizaba funcións de coordinación, información e asesoramento, ademais de actividades crediticias e compensadoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación patronal fundada en 1977 que representa a maior parte do sector educativo privado de España dos niveis non universitarios. Está integrada por asociacións e federacións que, á súa vez, están constituídas por uns 5.000 centros, a maioría non confesionais, de distintos niveis e modalidades. Conta con federacións e asociacións espalladas por todas as provincias e existe unha representación autonómica das mesmas. Forma docentes e directivos, especialmente a través do Instituto de Técnicas Educativas (ITE), e publica a revista mensual Actualidad Docente (cun suplemento de información europea, Actualidad Europea), ademais de libros e documentos. Tamén integra as seguintes asociacións e federacións sectoriais: Asociación Estatal de Centros de Enseñanzas Musicales (AECAM), Federación de Escuelas de Música y Centros no reglados de Enseñanzas Musicales del Estado Español (FEM), Asociación Nacional de Escuelas de Turismo (ANESTUR), Asociación Nacional de Centros de Peluquería...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación política creada en Madrid a comezos de marzo de 1933 que agrupou o partido de Acción Popular, de Gil Robles, a Derecha Regional Valenciana, dirixida por Luis Lucía e outros grupos monárquicos, mauristas e democristiáns. Nas eleccións de novembro de 1933 foi o partido que conseguiu máis deputados (115), pero non os suficientes para gobernar en solitario. Alcalá Zamora, presidente da República, encargou a formación de goberno ao Partido Radical liderado por Lerroux, que gobernou en solitario ata outubro de 1934. Nese ano constituíuse un goberno radical-cedista que outorgou tres carteiras a membros da CEDA, feito que desencadeou a Revolución de Outubro de 1934. Centraron a súa acción de goberno en frear o reformismo republicano e convertéronse en instrumento dos grandes propietarios agrarios e industriais. O 6 de marzo de 1935 entraron novamente cinco cedistas no goberno, con Gil Robles no ministerio de Guerra. Nas eleccións de febreiro de 1936, a CEDA perdeu o 20% dos seus postos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización empresarial española fundada en xuño de 1977 trala disolución doutras tres entidades: Confederación Empresarial Española, Confederación General de Empresarios e Agrupación Empresarial Independiente. O seu principal obxectivo é representar os empresarios e defender os seus intereses fronte aos demais axentes sociais e á propia Administración. Integra máis dun millón de empresas a través de 2.000 asociacións de base e 170 organizacións territoriais e sectoriais, entre as que destaca a CEPYME, organización de pequenos e medianos empresarios que se incorporou á CEOE en 1980. O seu primeiro presidente foi Carlos Ferrer Salat, que desempeñou o cargo entre 1977 e 1984. José María Cuevas substituíuno o 23 de maio de 1984. A CEOE contribuíu á transición política española como voceira dos intereses dos empresarios. Nesta liña inscríbese a petición que presentou ás Cortes constituíntes en xuño de 1978, na que solicitaba o recoñecemento expreso ao sistema de libre mercado no texto constitucional....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sindical constituída en 1973 en Bruxelas por iniciativa da Confederación Internacional de Sindicatos Libres (CISL). O seu obxectivo é defender os intereses dos traballadores europeos, en particular ante as institucións europeas (UE e EFTA). A súa estrutura interna está formada polo Congreso, elixido por catro anos e que se ocupa do nomeamento do secretario xeral, das dúas secretarías xerais deputadas e do presidente; polo Comité Executivo, que se reúne catro veces ao ano cos representantes de todos os afiliados e elixe as delegacións que negocian coas organizacións de empresarios europeos; polo Comité Directivo, que ten a responsabilidade de continuar as decisións do Comité Executivo no tempo que media entre as súas sesións; polo Secretariado, que se ocupa de seguir a evolución das actividades da Confederación de manter as relacións coas institucións europeas e coas organizacións de empresarios; e polo secretario xeral, que actúa como voceiro. En outubro de 1998, a Confederación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sindical española escindida da CNT en 1989. Os seus principios básicos son a relación federal, a autoxestión e a autonomía sindical. A cédula básica é o sindicato. As Confederacións Territoriais e as Federacións de Rama, xunto co Secretariado Permanente, conforman o seu Comité, máximo órgano de xestión entre congresos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu Colombia entre 1858 e 1861 trala conversión das provincias da República de Nueva Granada en estados federais. O seu presidente, Mariano Ospina Rodríguez, promulgou a Constitución que rexeu o país. Disolveuse en 1861 co inicio da guerra civil que enfrontou a conservadores e liberais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu a entidade política, coñecida como Suíza, establecida entre varias comunidades alpinas entre 1291 e 1848, ano en que se aprobou a Constitución que a organizaba de xeito federal. Malia que a súa denominación oficial é Schweizerische Eidgenossenschaft, Confédération Suisse e Confederazione Svizzera, o acrónimo CH emprégase nas placas dos automóbiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo autónomo, dependente da Secretaría de Estado de Aguas y Costas do ministerio de Medioambiente, responsable da xestión das augas públicas e das concas fluviais das comunidades autónomas de Galicia e Asturias, ademais da maior parte de Cantabria (agás unha pequena porcentaxe do S e do SL que depende das confederacións do Ebro e do Douro) e dos territorios de Bizkaia e Gipuzkoa. Creado por decreto do ministerio de Obras Públicas o 16 de marzo de 1961, a súa sede está en Oviedo. En Galicia ten oficinas en Lugo, Monforte de Lemos e Ourense. As súas principais funcións son regular os aproveitamentos hídricos, planificar e acometer as obras de infraestruturas hidrolóxicas e vixiar o cumprimento da lexislación medioambiental relativa ás augas continentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sindical constituída en Londres (1949) e formada polos sindicatos disidentes da Federación Sindical Mundial, que a acusaban de estar controlada polos comunistas. Con sede en Bruxelas, o seu Congreso reúnese cada catro anos. Posúe un Fondo Internacional de Solidariedade (FIS) destinado á axuda dos países subdesenvolvidos ou afectados por desastres naturais ou réximes represivos. Conta con 215 organizacións en 145 países, cun total de 125 millóns de afiliados. Na súa estrutura distínguense tres grandes organizacións rexionais: a ORAP, para Asia e o Pacífico; a ORAP, que se ocupa de África; e a ORIT, que actúa en América. A nivel internacional, a CIOSL coopera coa Organización Internacional do Traballo e ten status de organismo consultivo diante do Consello Económico e Social da ONU e doutros organismos como a Unesco. Mantén, ademais, estreitos vínculos coa CES e cos Secretarios Profesionais Internacionais, que congregan os sindicatos nacionais dunha profesión ou industria a nivel...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional constituída na Haia en 1920. Integrada por sindicatos de obediencia protestante e católica, reconstituíuse no ano 1968, cando abandonaron toda referencia ao cristianismo e adoptaron o nome de Confederación Mundial do Traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Sindicato de clase fundado o 19 de marzo de 1994 no que converxen a Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional (CXTG-IN) e a Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG), que asinaron un pacto de alianza o 2 de abril de 1990. Ten como obxectivo principal a mellora progresiva e xeral dos intereses dos traballadores, da propia organización e do conxunto da sociedade galega. O ámbito territorial no que desenvolve a súa actividade é a Comunidade Autónoma de Galicia.
    Órganos, estrutura e obxectivos
    Os órganos de dirección son o Consello Confederal, máximo organismo entre congresos; o Secretariado, que ten como finalidade facer o seguimento da acción sindical e reivindicativa sectorial e comarcal; e a Executiva Confederal. O secretario xeral, que exerce a máxima representación, e o presidente, que representa a central sindical en actos de especial relevancia, son cargos unipersoais elixidos nos congresos. A organización territorial vertébrase...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sindical fundada en 1968, como sucesora da Confederación Internacional de Sindicatos Cristiáns (CISC). Rexeita a loita de clases e a violencia, e declárase partidaria do pluralismo sindical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Sindicato anarquista español fundado en Barcelona en 1910, representante en España da Asociación Internacional de Traballadores (AIT). Organizado en seccións sectoriais nas que a adopción de decisións se realiza de xeito asembleario, rexeita participar nos órganos de representación dos traballadores (comités de empresa) e, xa que logo, renuncia a beneficiarse do sistema de finaciamento a través das empresas e do Estado. Territorialmente, articúlase en confederacións rexionais que non se corresponden exactamente coa organización autonómica do Estado. Ademais, conta cunha confederación rexional do exterior, xurdida no exilio sufrido polos cenetistas que fuxiron do país ao remate da Guerra Civil.
    Fundación da CNT
    A chegada dende Francia das ideas sindicalistas da Confederation Générale des Travailleurs (CGT), permitiu aos anarquistas saír da paralización orixinada polos actos de terrorismo que caracterizaron a súa actividade a finais do s XIX. En 1907 creouse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado formado pola unión de Bolivia e Perú en 1836. O Pacto de Tacna (1837) concedeu a presidencia da Confederación ao boliviano Andrés de Santa Cruz e dividiu o novo estado en tres repúblicas confederadas: Bolivia, o norte de Perú e o sur de Perú. Chile e Arxentina declaráronlle a guerra; trala Batalla de Yungay (1839) a Confederación disolveuse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Organización territorial galega da Confederación Nacional del Trabajo (CNT) fundada o 21 de agosto de 1922 no salón Ideal Cinema de Vigo por 52 sociedades (representantes de 25.256 afiliados) da Coruña, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, Tui, Ferrol, Ourense, Vigo e Marín, entre outros lugares. As orixes da CRGO II Congreso da CNT (1919) acordara consolidar a organización territorial do sindicato dun xeito federal, espallando o modelo catalán, valenciano e andaluz. En Galicia, xa existira un precedente fracasado de estruturación supralocal que fora Solidaridad Obrera de Galicia. No congreso de Vigo nomeouse a Xosé Suárez Duque secretario da CRG e director do seu voceiro semanal, Solidaridad Obrera. A CRG estableceu a súa sede na Coruña e a súa traxectoria na ditadura de Primo de Rivera non foi doada; malia todo, as organizacións da CNT mantivéronse na legalidade. Santiago de Compostela acolleu nesta época o comité da CRG. No aspecto meramente sindical, a Confederación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sindical xurdida en 1980 ao escindirse da Unión Sindical Obrera (USO). En setembro de 1982 unificouse coa Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) e deu lugar á INTG-CSG. En 1985 abandonou a INTG e foi unha das fundadoras da Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional (CXTG-IN).

    VER O DETALLE DO TERMO