"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Militar e político sueco. Axudante de campo do Rei Gustavo III e gobernador de Pomerania (1800), dirixiu os exércitos que contiveron o cerco francés á cidade de Stralsund (1807). Embaixador en París, asinou a paz cos franceses en 1810. En 1814 dirixiu o exército sueco que invadiu Noruega e desde 1817 foi vicerrei deste país.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou o que estabiliza.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de tendencia absolutista aparecida en Santiago de Compostela o 21 de abril de 1813. Cesou o 2 de setembro do ano seguinte. Fundada e dirixida por Manuel Freire Castrillón, quen asinaba os seus artigos co pseudónimo de El Estafetero, saía os mércores e os sábados. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Los Dos Amigos, nos talleres de Ignacio Aguayo e, finalmente, nas súas propias prensas. Defendeu a Santa Inquisición, a fe católica, e os foros e privilexios dos terratenentes; por outra banda, criticou os liberais, a Constitución de 1812 e as Cortes de Cádiz. Cómpre salientar a inclusión dun dos primeiros textos en prosa escritos en lingua galega e titulado “Carta a un liberal”. Aos seus ataques políticos responderon as publicacións liberais El Redactor General, de Cádiz, e a Gazeta Marcial y Política de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar francés. Almirante de Francia (1792) e conde de Estaing. Loitou na Guerra de Independencia dos EE UU do lado norteamericano e sitiou a cidade de Nova York (1778). En 1780 dirixiu a flota franco-española no sitio de Xibraltar. Comandante da Garda Nacional do Palacio de Versailles (1789), foi favorable á Revolución Francesa, aínda que a súa defensa da monarquía o levou á guillotina.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Persoa que ten por oficio estañar.
-
Instrumento ou utensilio para soldar con estaño.
-
-
-
Acción e efecto de estañar.
-
Capa de estaño que recobre un obxecto.
-
-
-
Deter a saída dun líquido, especialmente do sangue.
-
Deixar de botar ou de producir un líquido, en especial o sangue.
-
-
-
Recubrir un metal cunha capa de estaño.
-
Soldar algo con estaño.
-
-
-
Acción e efecto de estancar ou estancarse.
-
Situación prolongada dunha economía en que o crecemento do produto total ou por habitante é moi pequeno, inexistente ou negativo. Pode afectar a unha industria, a un sector ou a unha economía considerada globalmente. Neste último caso pódese falar de diferentes situacións de estancamento, entre outros, o que se dá nas diferentes fases do ciclo económico nas economías industriais e o producido nos países pobres e subdesenvolvidos, onde a escaseza de medios de produción e a organización económica e social tradicional manteñen a economía estabilizada en baixos niveis de renda. Pode tamén estar provocado por causas externas, como as guerras ou a inestabilidade política.
-
-
-
Deter e parar o curso ou a corrente de algo, especialmente dun líquido.
-
Suspender ou deter o avance ou progreso de alguén ou de algo.
-
Privar a administración a venda libre dun produto e conceder o seu monopolio a persoas ou institucións determinadas.
-
Deter algo, especialmente un líquido, o seu curso ou corrente.
-
Suspender ou deter alguén ou algo o seu avance ou progreso.
-
-
-
-
Feito de permanecer nun lugar durante certo tempo.
-
Tempo que dura a permanencia nun lugar.
-
-
Cuarto ou compartimento dunha casa ou lugar onde se habita.
-
Estrofa de orixe italiana moi usada no Renacemento, formada pola combinación de versos hendecasílabos e hexasílabos, en número e disposición variables. A estrutura da primeira estrofa debe repetirse ao longo do poema.
-
Espacios en que, durante a época medieval, se representaban cadros e escenas. Instalábanse en estrados colocados nos diversos lugares onde transcorría o espectáculo teatral, aínda que ás veces se preparaba un único escenario con varias estancias que indicaban diferentes momentos na cronoloxía dunha historia. En Francia, na dramaturxia clásica do s XVII, designaba unha especie de soliloquio en que un personaxe facía saber o seu estado de ánimo.
-
-
-
Que non permite nin a entrada nin a saída de auga ou calquera outro fluído.
-
Que non corre ou que está parado.
-
Monopolio da produción e venda de determinados produtos administrados directamente polo Estado ou arrendado por este a unha compañía. O monopolio máis antigo era o do sal, que data do s XV. Non obstante , a facilidade na obtención deste mineral obrigou o Estado a centrarse no monopolio da venda. Entre 1632 e 1636 creouse na Coroa de Castela o estanco do tabaco e en 1707 estendeuse aos demais reinos españois e pasou a ser controlado directamente pola coroa. En 1887 concedéuselle o estanco a unha compañía arrendataria e o seus rendementos económicos permitiron a súa continuidade. A causa das dificultades da Real Facenda introducíronse novos estancos, entre outros, os da pólvora, do chumbo, do xofre e da pementa (1605). A maioría destes abolíronse durante o s XIX, aínda que foron creados outros novos como o dos mistos e o do petróleo e os seus derivados.
-
Establecemento onde se vende tabaco, selos de correos, impresos oficiais e outros efectos timbrados. En España, debido ao seu carácter de centro expendedor de artigos controlados e distribuídos polo Estado, a apertura dun estanco require unha concesión administrativa; antigamente, primábanse nesta os empregados públicos que sufriran, en acto de servicio, algunha eiva que lles impedía desenvolver as súas funcións no corpo en que estivesen destinados, ou as súas conxuxes en situación de infortunio familiar provocada polo deceso ou incapacidade do causante.
-
Aparello rectangular dun só pano que vai amarrado nos seus extremos en dúas estacas fixas cravadas na beira dos ríos; emprégase, sobre todo, na pesca de muxos durante a baixamar.
-
Pao que se emprega para manter aberta a tapadeira da artesa.
-
-
-
Que se axusta a un tipo ou modelo que copia e repite un patrón moi estendido.
-
-
Tipo, modelo ou patrón que se considera un exemplo claro para ser imitado.
-
ariedade dunha lingua que, en sociolingüística, dispón dun status máis elevado dentro dunha comunidade ou nación. Prototipicamente, esa variedade baséase na fala e escrita de falantes nativos con estudios. Ademais, acostuma ser a variedade utilizada polos medios de comunicación e na literatura, a escollida na descrición gramatical e lexicográfica e a que se ensina nas escolas e aos falantes non nativos que a aprenden como segunda lingua. En determinados casos, pode coincidir coa variedade que se fala na capital política ou cultural dun país. Así, por exemplo, o francés estándar coincide en boa medida co falado polas clases medias parisinas. Non obstante , noutros casos o estándar constitúe un rexistro vinculado a determinados usos lingüísticos formais. Esta variedade lingüística adoita promoverse mediante a selección e codificación dunha forma relativamente homoxénea que poida ser utilizada en diferentes ámbitos sociais e cumprir determinadas funcións lingüísticas dentro da comunidade,...
-
-
-
-
Acción e efecto de estandarizar.
-
Proceso de unificación e modernización dunha lingua que consiste en provela dos rexistros necesarios para o seu uso en todas as funcións sociais. Prototipicamente, este proceso realízase sobre o corpus da lingua utilizado para as funcións medias e altas antes ca sobre os rexistros coloquiais e os niveis máis informais, adoito de creación espontánea e non condicionada. Trátase dunha das áreas básicas da planificación lingüística, disciplina que xurdiu na década de 1960 e que se divide principalmente en dúas seccións: planificación do status e do corpus; nesta última inclúese a estandarización. Dentro dela, algúns autores, como Einar Haugen, asignáronlle a selección, codificación, implementación social e modernización de variedades lingüísticas. A estandarización como tal pode producirse como resultado dun proceso relativamente espontáneo, en comunidades lingüísticas coincidentes cun Estado que, de xeito temperá, tomou esa lingua como propia ou oficial. Non obstante , en situacións non coincidentes...
-
-
-
-
Insignia ou bandeira dunha corporación militar, en especial a das tropas de cabalería.
-
Insignia ou bandeira en que figura a imaxe dun santo ou da Virxe María e que serve como distintivo dunha confraría ou comunidade relixiosa.
-
Bandeira que se representa en forma cadrada, pendurada duns cordóns amarrados a unha hasta, e que remata en dúas puntas o dobre de longas ca a súa anchura.
-
-
Pétalo superior da corola das papilionáceas.
-
Aquilo que pasa a ser a representación ou o símbolo dun movemento ou dunha causa.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de tendencia liberal aparecida en Santiago de Compostela en 1811. Subtitulouse “Llámesele Estandarte ao Garabato y véngale de perlas al Sensato”. Distinguiuse polas súas críticas á publicación absolutista El Sensato. Co mesmo título e na mesma cidade apareceu unha publicación en setembro de 1814 impresa nos talleres de Manuel Antonio Rey.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situación de estancamento nos niveis de produción dun país e dun forte incremento no índice de prezos.
-
PERSOEIRO
Escritor. Pseudónimo de Lucien Bastard, director literario de La Croix (1934-1955). Da súa produción destaca Audelà de moi-même (Máis alá de min mesmo, 1938), Présence de Bernanos (Presencia de Bernanos, 1947) e Sain-Exupéry (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que vén do nome eslavo Stanislav, composto de stan ‘levantar’ e slava ‘gloria’. Presenta o hipocorístico Estanis. Levaron este nome dous santos polacos: Estanislao de Cracovia (1030-1079), celebrado o 11 de abril, e santo Estanislao de Kostka, celebrado o 13 de novembro.