"Agar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 159.

  • Planta herbácea anual, tomentosa ou glabra, que presenta o talo ramificado, follas alternas e pinnatisectas e flores liguladas de cor branca con flósculos amarelos dispostas en capítulos e froito en aquenio. O seu cheiro é desagradable e emprégase como insecticida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Haryāna, India, que está situada ao N de Delhi (240.057 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Saitama, na illa de Honshū, Xapón, situada a 20 km ao N de Toquio (144.335 h [estim 1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Fundou a escola budista Mādhyamika e defendeu a doutrina do camiño medio. Atribuíronselle moitas obras, en gran parte conservadas en traducións chinesas e tibetanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ir unha embarcación ao fondo.

      2. Sufrir alguén un naufraxio.

    1. Non ter éxito nun negocio ou asunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Salto producido polo río Niágara (56 km), na fronteira entre o estado de New York (EE UU) e a provincia de Ontario (Canadá), ao comunicárense as illas Erie e Ontario, de diferentes niveis. A canadense ten unha altura de 49 m e a estadounidense de 51 m. É un dos lugares máis turísticos de América do Norte. Dúas cidades á beira do río levan o nome de Niagara Falls, unha en Canadá (75.399 h [1991]) e a outra en EE UU (61.703 h [estim 1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela publicada por Ramón de Valenzuela en Bos Aires en 1957. Editada no exilio na editorial Citania e dentro da colección “Mestre Mateo”, foi a primeira novela do autor e a primeira obra galega que analiza a contenda da Guerra Civil Española. Ademais da súa importancia como documento histórico, cómpre salientar tamén algúns aspectos autobiográficos que constitúen a base sobre a que se asenta esta historia. Nela cóntanse as historias vividas polo seu personaxe principal, Gonzalo Ozores, de ideoloxía nacionalista e identificado co propio autor, que foxe polas terras do Deza ata que se alista no exército franquista e actúa como espía para os republicanos. Novela de ideoloxía marxista, cómpre destacar a súa defensa do galeguismo e a conciencia de clase.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antiga cidade de Magnesia (Tessalia, Grecia) situada no golfo homónimo (actual golfo de Bolos). Lugar de partida da mítica expedición dos argonautas, formou parte do territorio de Feres ata que Filipo II de Macedonia se apoderou dela.

    2. Entregar unha cantidade de diñeiro determinada ou algunha outra cousa a cambio dun traballo, un servizo recibido ou algunha outra cousa.

    3. Corresponder a un sentimento, unha actitude, un feito ou calquera outro beneficio que se recibe dunha persoa.

      1. Sufrir a pena ou o castigo imposto por algún erro, falta ou delito.

      2. Sufrir as consecuencias de algo.

    4. Cubrir os gastos de algo que se ofrece a alguén.

    5. Ter en moi alta consideración o mérito propio, os eloxios recibidos ou calquera outra cousa facendo ostentación deles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Entregar unha cantidade de diñeiro determinada ou algunha outra cousa a cambio dun traballo, un servizo recibido ou algunha outra cousa.

    2. Corresponder a un sentimento, unha actitude, un feito ou calquera outro beneficio que se recibe dunha persoa.

      1. Sufrir a pena ou o castigo imposto por algún erro, falta ou delito.

      2. Sufrir as consecuencias de algo.

    3. Cubrir os gastos de algo que se ofrece a alguén.

    4. Ter en moi alta consideración o mérito propio, os eloxios recibidos ou calquera outra cousa facendo ostentación deles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Multiplicar mediante reprodución.

      1. Facer chegar algo, especialmente unha idea, a moitos lugares ou a moitas persoas.

      2. Facer que algo se estenda a moitos lugares desde a súa orixe.

    2. Multiplicarse mediante reprodución.

      1. Difundirse ou estenderse algo, especialmente unha idea, a moitos lugares ou a moitas persoas.

      2. Chegar algo a moitos lugares a partir da súa orixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está demasiado fraco.

    2. Que está triste.

    3. Que está debilitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tropa que marcha ao final dunha columna para darlle seguranza nunha acción de guerra.

    2. Tropas máis afastadas do inimigo nun despregamento.

    3. Espazo que queda atrás nunha fronte de guerra, onde se levan a cabo as operacións de abastecemento e evacuación. É especialmente vulnerable pola aviación, os mísiles e os paracaidistas. A guerra de guerrillas baséase en accións para dominala ou convertela en zona de combate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Madhya Pradesh, India (195.106 h [1991]). Posúe un lago artificial, rodeado de templos hindús.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. En 1914 publicou o seu Primer libre de poemes, ao que seguiron a peza teatral Rondalla d’ esparves (1918) e a novela Paulina Buxareu (1919). Da man de J. Ortega y Gasset entrou no xornalismo como correspondente en Berlín do diario madrileño El Sol. Autor dunha obra extensa e variada, cun estilo rico e vitalista, mesturou formulacións temáticas e técnicas do modernismo con outros máis populares. En poesía destacan Cançons d´abril i de novembre (1918) e El comte Arnau (1928); no teatro La Rambla de les floristes (1935), ademais dos poemas dramáticos La corona d´espines (1930) e El Cafè de la Marina (1933). A súa novela Vida privada (1932) constitúe unha crónica costumista e proustiana da decadencia da aristocracia barcelonesa. Tradutor da Divina Comedia e do teatro de Shakespeare, adaptou con fortuna algunhas obras de Molière e Gogol’. Desta época tamén destacan as súas Memòries (1954)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de anemones, da familia dos sagártidos, da clase dos antozoos, cun disco sen ningunha outra orla máis ca a que forman os tentáculos externos. Son de talle grande (uns 90 mm), con columna maciza, cilíndrica e amarelada, e habitan xeralmente sobre as rochas e fendas onde se esconden algúns crustáceos anomuros.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de salvagardar.

      2. Persoa ou cousa que serve para garantir a protección dos dereitos.

      3. Aquilo que serve como protección ou garantía fronte a un perigo ou ameaza.

      4. Protección que se dispensa a certos establecementos para poñelos á marxe da guerra, como hospitais, comunidades relixiosas, bibliotecas, arquivos, museos ou obras de arte.

    1. Escudo ou sinal que en tempos de guerra se poñía á entrada das poboacións ou na porta das casas para protexelas contra a violencia dos soldados.

    2. Documento ou sinal que se lle daba a alguén en tempos de guerra para que non fose detido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Defender ou protexer a vida, os dereitos ou os bens de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída en setembro de 1930 como sucesora da Federación de Trabajadores creada en 1920 e integrada na CNT. En 1932, as diversas seccións agrupáronse en sindicatos de industria, co obxectivo de conformar os de edificación, transporte, metalurxia, servizos públicos e profesións varias, e deron lugar á Federación Local y Comarcal de Sindicatos Únicos de Villagarcía. Durante o goberno da Fronte Popular, estendeu a súa influencia a localidades próximas, e incorporou a mariñeiros, toneleiros, descargadores e labregos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de verán do estado de Jammu e Kashmir, India, situada no val de Kashmir (594.775 h [1991]). Os parques, as pontes de madeira e as casas flotantes sobre o lago Wular convertérona no principal centro turístico do Himalaia.

    VER O DETALLE DO TERMO