"CAI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 245.

  • Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa encargada de realizar pagamentos e cobros nunha empresa, nunha entidade financeira ou nun organismo da administración pública.

    2. Aparello electrónico interactivo, dotado de pantalla e teclado, que permite aos clientes dunha entidade financeira efectuar diversas operacións de caixa e retirar o seu diñeiro dispoñendo soamente dunha tarxeta magnética dotada dun código de identificación persoal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Traballador especializado na confección de moldes tipográficos e na composición de textos para a súa impresión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caixa grande usada habitualmente como embalaxe.

    2. Caixa sen tapa, encaixada no oco dun moble, que se utiliza para gardar cousas e que se pode desprazar cara a dentro ou cara a fóra para abrilo ou pechalo.

    3. Caixa longa de madeira ou doutros materiais e con tapa destinada a depositar un cadáver ao que se vai dar sepultura.

    4. Cada un dos espacios nos que se divide unha parede por medio dos machóns.

    5. Caixa de madeira situada sobre a pedra do muíño onde se bota o gran para que vaia caendo pouco a pouco na quenlla.

    6. Obxecto de madeira semellante a unha caixa aberta por un lado que utilizaban as lavandeiras para protexerse da humidade.

    7. alforxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘caixa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘encaixar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘baúl’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (37-41). Fillo de Xermánico e de Agripina a Vella, criouse seguindo ao seu pai polos campamentos militares; neles recibiu o alcume de Calígula, diminutivo do lat calĭga ‘calzado militar que empregaban os soldados romanos’. Sucedeu a Tiberio como emperador coa axuda de Sertorio Macrón. Durante os primeiros meses inaugurou unha política de tolerancia, abolindo a Lex Maiestatis, reducindo o imposto sobre as vendas, devolvendo o poder de elección aos comicios e gobernando de acordo co Senado. Despois, afectado por unha enfermidade, o seu comportamento dexenerou e gobernou despoticamente. Á fronte do exército emprendeu campañas paródicas nas Galias e na Xermania, nomeou cónsul o seu cabalo e cando esgotou o tesouro imperial dedicouse ao asasinato de membros destacados da aristocracia aos que lles requisaba os seus bens. Chegou a proclamarse deus e recibiu culto en vida. Morreu asasinado polo tribuno da cohorte pretoriana Casio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Ribeira Alta do río Xúquer, Comunitat Valenciana, situado nunha extensa chaira (20.397 h [1996]). A agricultura ten moita importancia para a economía da rexión: destacan os cultivos de árbores froiteiras, principalmente laranxas, e tamén de fabas, millo e trigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Portugal, no distrito de Lisboa, ao O do cabo da Roca (10.558 h). Tradicionalmente foi un centro pesqueiro, pero hoxe en día é un dos destinos turísticos máis importantes do país. Os principais lugares de interese son as praias e os balnearios de augas termais. Desde 1870 converteuse no centro de veraneo dos reis de Portugal e, despois de que en 1910 se abolise a monarquía, do presidente da República. A industria céntrase na explotación de hulla e de mármore. Foi un importante porto de partida para os navegantes durante a época dos descubrimentos. Poboada polos árabes e romanos, os seus restos localízanse nas poboacións circundantes de Alcoitão e Alcabideche.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patricio romano. Durante a guerra civil (49-46 a C) foi prefecto da flota pompeiana. Despois de Farsalia reconciliouse con Xulio César, pero foi un dos líderes principais na conspiración que preparou o seu asasinato (44 a C). Posteriormente, foi gobernador de Siria e aliouse con Bruto contra o triunvirato. Foi vencido en Filipos e un liberto deulle morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. De familia acomodada, desempeñou un cargo oficial en Bitinia, no estado maior do propretor Memmio, entre os anos 56 e 57. Pertenceu ao grupo dos neotéricos. Influído pola lírica grega arcaica (Safo), pola poesía alexandrina (Calímaco, Apolonio e os epigramistas), pola tradición poética latina e polos seus inmediatos predecesores, os chamados poetae novi, considérase o creador da lírica erótica latina. A súa obra reuniuse baixo o título Catulli Veronensis liber (Libro do veronense Catulo), colección de 116 poemas de métrica e extensión diversa, organizada a partir de criterios métricos e de xénero. A maior parte destes versos, os máis coñecidos da súa produción, aluden ao seu desafortunado amor por Lesbia, que probablemente fose Clodia, irmá do tribuno Publio Clodio; outros eloxian ou satirizan a sociedade do seu tempo. Entre eles destacan a elexía “A cabeleira de Berenice” e os poemas mitolóxicos “Attis” e “Bodas de Tetis e Peleo”. En 1943 o compositor alemán Carl...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, escritor e militar. Desterrado por Sila en Asia o 81 a C, estudiou en Rodas e volveu a Roma no ano 73 a C, cando foi nomeado pontífice. Loitou con Pompeio polos dereitos dos tribunos da plebe e, desde o cargo de cuestor (70 a C), comezou as manobras para adquirir o poder. Á morte da súa primeira esposa Cornelia (68 a C) casou con Pompeia, neta de Sila. Nomeado pretor da Hispania Ulterior (62 a C) emprendeu unha expedición contra os lusitanos no 61-60 a C á procura de vitorias e chegou a Galicia, onde conquistou Brigantium e acadou un importante botín. Interveu na conxuración de Catilina e, cando regresou da Hispania (60 a C), formou con Pompeio e Craso o Primeiro Triunvirato. Desde o consulado (59 a C) aprobou leis favorables á plebe e ás provincias, e conseguiu o proconsulado das Galias e da Iliria por un período de cinco anos. A conquista das Galias comezou no 58 a C, e a súa fama en Roma aumentou polas riquezas das súas conquistas e coa publicación dos informes das súas campañas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto inglés. Estudiou en Roma e estableceuse en Londres. Introdutor en Inglaterra das formas do barroco italiano, en 1674 realizou os relevos que decoran a base do monumento que lembra o grande incendio de Londres de 1666. Entre as súas obras destacan A loucura e A melancolía (1675?), realizadas para a porta do antigo hospital Bedlam. Como arquitecto traballou con Christopher Wren na catedral de San Paulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide principal das follas de coca, que conteñen do 0,5 ao 1,5% da substancia, de sabor amargo. En forma básica, tal e como aparece na planta, é insoluble en auga pero soluble en alcol, éter e aceites. O uso máis habitual é en forma de clorhidrato, un po branco soluble en auga, de dobre acción: de tipo tóxico sobre o sistema nervioso central e predominantemente anestésica sobre o periférico. Úsase moito en medicina e cirurxía para producir anestesia local nas mucosas. O seu consumo habitual crea unha forma de dependencia chamada cocainomanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa tímida, covarde ou de pouco ánimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación crónica por cocaína. É unha das toxicomanías máis deteriorantes, tanto sobre o psiquismo como sobre a parte orgánica, na que aparece un estado de caquexia. Chega a provocar cadros semellantes aos do delirium tremens, aínda que predominan as alucinacións táctiles e auditivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adición á cocaína provocada polo seu consumo habitual. Considérase que a partir de 0,3 cg a intoxicación con cocaína pode ser perigosa. A fase aguda ou de embriaguez ten tres períodos: de euforia (con sensación de malestar se non se está acostumado), de alucinacións (táctiles, auditivas e visuais) e de somnolencia. Os efectos posteriores son longos e molestos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen sofre adicción á cocaína.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución teatral francesa creada en París a partir de 1680. Neste ano, Luís XIV ordenou a unión das compañías de l’Hôtel de Bourgogne e de l’Hôtel Guénégaud, co que se constituíu a primeira compañía nacional de teatro de Europa. En 1799 instalouse na Salle Richelieu e viviu un período de considerable esplendor, aínda que sempre estivo influenciada polo acontecer político da República, e así, despois da Revolución Francesa, pasou a se denominar Théàtre de la Nation. Desde o primeiro momento constituíuse como unha compañía cun repertorio orientado á realización de espectáculos a partir dos textos clásicos da literatura francesa e universal, e integrou no seu elenco actores, actrices e directores de prestixio, como Mademoiselle Clairon, Sarah Bernhardt, Coquelin, Jacques Copeau, Jean-Louis Barrault ou Antoine Vitez, que, sen embargo, remataron por abandonala ao pouco tempo. Nestes case catro séculos de existencia a compañía, que desenvolveu o seu traballo noutros teatros da capital francesa...

    VER O DETALLE DO TERMO