"Díaz" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 214.

  • PERSOEIRO

    Franciscano. Vicedirector do xornal El Eco Franciscano e director da revista Ciencia y Virtud. Director das escolas franciscanas de Afonso XIII en Tánxer, publicou, entre outras obras, Compendio de la geografía físico-política de Marruecos (1912) e Historia de Tánger durante la dominación portuguesa (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guitarrista venezolano. En 1945 comezou os seus estudios na Escuela Superior de Música Jose Ángel Lamas e foi discípulo de Raúl Borges e mais de Vicente Emilio Sojo. Debutou en Caracas, continuou os seus estudios cunha bolsa no Conservatorio de Madrid con Regino Sáinz de La Maza e posteriormente recibiu clases de Andrés Segovia. En 1987 recibiu o Premio Interamericano de Música e a Universidad de Carabobo nomeouno doutor honoris causa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Prateiro. Entre as súas obras destacan un incensario realizado para a igrexa de Santa María de Galdo (Viveiro, 1596), unha cruz procesional para a igrexa de San Pedro de Miñotos (Ourol, 1600) e unha cruz coa flor de lis para Santa María de Ourol (Ourol, 1602).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de cantería. Por encargo de Álvaro de Oca e Sarmiento, señor da fortaleza de Celme, traballou na fachada e nas obras de restauración do pazo dos Oca Valadares na rúa Nova de Ourense (1583-1584). En 1584 realizou os arcos baixos do claustro do convento de Santo Antonio de Padua de Monforte de Lemos. En 1592 fixo, por encargo de Xoán Novoa, arcediago de Baroncelle, as cubertas de mármore dos sepulcros da capela de Nosa Señ­ora do Rosario da catedral de Ourense e dúas figuras de xeonllos, unha dun cabaleiro e outra dun sacerdote, feitas tamén en mármore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar, xornalista e político. Como membro do batallón de infantería do Comercio, no grao de privado do xeneral Carlos De Alvear, encargouse da redacción do xornal El Sol de las Provincias Unidas. Foi ministro en diversas ocasións e presidente do Consello de Estado. Dende 1823, dirixiu La Aurora e codirixiu, xunto a Santiago Vázquez e J. F. Giró, El Aguacero. Entre 1825 e 1827 dirixiu El Piloto e dous anos máis tarde, unha vez establecido en Montevideo, El Universal. Fundador de La Aurora e El Correo Nacional, dirixiu tamén El Defensor de la Independencia Americana. Postumamente, publicouse, entre 1877 e 1878, en doce tomos a súa obra Historia política y militar de las Repúblicas del Plata (1828-1866).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e poeta. Tras pasar a súa infancia na comarca de Meira, de onde tomou o apelativo O poeta de Meira, emigrou a Cuba e logo a Bos Aires. Ademais de traballar nunha empresa industrial, exerceu o xornalismo en publicacións, como Céltiga, El Despertar Gallego, A Nosa Terra ou Galicia Emigrante, e chegou a dirixir outras, como Galicia, Lugo ou Opinión Gallega. Ademais do poemario en castelán Flor de retama (1947), en galego publicou Debezos (1947) e Pallaregas (1963), que recollen versos dedicados a Galicia. Postumamente, o Centro Lucense de Bos Aires editou 11 poemas a Castelao (1975). Foi membro da Comisión de Cultura do Consello de Galiza e do Centro Gallego, membro correspondente, dende 1951, da Real Academia Galega e secretario do I Congreso da Emigración Galega celebrado en Bos Aires en 1956.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sindicalista libertario de orixe galega. Despois de viaxar por Cuba e Norteamérica durante a Primeira Guerra Mundial, regresou a Vigo en 1919, onde intentou levar adiante, sen logralo, os xornais El Látigo e El Combate. Trasladouse á Coruña e participou na campaña para a consecución dun Sindicato Único. Posteriormente, tomou parte na enquisa anarquista iniciada en 1927 polo grupo “Los Iconoclastas” de Steuvenville (Ohio, EE UU), alentado polo galego Xosé Lóuzara e en colaboración doutras figuras, como Paul Reclús ou Federica Montseny.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Mestre da catedral de Sevilla (1714), optou pola ornamentación lineal fronte á exhuberancia barroca. Entre as súas obras destacan as igrexas da Santísima Trinidad de Carmona (1721) e de Umbrete (1725-1733).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bordador. Activo entre 1551 e 1569. Mestre bordador da catedral de Santiago ata 1557, foi o principal especialista desta disciplina na Galicia do seu tempo. Nas súas obras predominou o uso do fío de ouro e as ricas teas toledanas de raso e seda. En 1541 realizou para a confraría da Concepción da catedral un pano fúnebre de veludo negro, decorado coas imaxes de Santiago e de Nosa Señora bordadas en fío de ouro. Nese mesmo ano bordou para a freguesía de San Bertomeu de Pontevedra unha capa litúrxica, adornada cunha representación da ascensión da Virxe, Deus Pai, Cristo resucitado e varios santos. En 1544 elaborou para a confraría do Corpo Santo do gremio de mareantes de Pontevedra diversas pezas de vestiario litúrxico. En 1551 confeccionou por encargo da confraría do Santísimo Sacramento do mosteiro de San Pedro de Soandres (Laracha) un palio de seda carmesí. Para a vara da cruz procesional da capela de San Xoán Apóstolo da catedral de Santiago elaborou dúas mangas de brocado carmesí bordado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dominicano. Profesor de teoloxía en Alcalá, en 1698 foi nomeado confesor de Carlos II. Procesado por difundir a idea de que o rei estaba enfeitizado, pasou longos períodos en cárceres inquisitoriais ou recluído en diversos conventos. Declarado inocente baixo a influencia de Filipe IV (1704), foi nomeado bispo de Ávila, pero morreu antes de ocupar o cargo. O seu proceso publicouse entre 1787 e 1788.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Moi relacionado co teatro independente do seu país, especialmente co grupo ICTUS, é autor de pezas como El cepillo de dientes (1961), Requiem por un girasol (1961), ou El mundo ciego (1961), encadrables no chamado teatro absurdista latinoamericano. Moitas das súas obras, especialmente as escritas en España, como Topografía de un desnudo ou América caliente, caracterízanse por un forte compoñente crítico. Nesta etapa centrouse no teatro para nenos. En galego publicouse, en 1973, a peza infantil Os anxos cómense crús, con tradución de Daniel Cortezón e representada por numerosos grupos (Os Cigurros, en 1974; Tespis e Lume, en 1975; Mahía, 1977, e Os Gaiteiriños, en 1980). Por outra parte, a finais dos setenta, O xeneraliño foi representada por Máscara 17 e A pancarta polo mesmo grupo e por Histrión 70.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, xornalista e diplomático. Fundador do diario La Palabra e un dos iniciadores da Academia Argentina de las Letras, foi unha das grandes figuras culturais do liberalismo de finais do s XIX. Iniciouse como poeta romántico e posteriormente foi un dos introdutores continentais do parnasianismo e adscribiuse ao modernismo. Da súa produción destacan, entre outras obras, Fuegos fatuos (1885), La batalla (1894), Bajo-relieves (1895), Las galeras de oro (1901) e Atlántida conquistada (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Relacionado inicialmente co federalismo, dirixiu a partir de agosto de 1882 o semanario anarquista El Hijo del Trabajo de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Realizou, entre outras obras, a pintura do retablo maior da igrexa de San Mamede de Carnota (1791) e dos catro colaterais da igrexa de Bastavales (1795).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guerrilleiro antifranquista. Coñecido como Pepito, actou como enlace das partidas de guerrilleiros e como propagandista do Partido Comunista de España (PCE). En 1949 formou parte do Comité Rexional Galego, xunto con Moncho e o Coronel Benito e, en 1950, cando o PCE mudou as súas tácticas e estratexias de loita baixo o liderado en Galicia de Ricardo, nomeárono secretario de organización do partido. Realizou tarefas de coordinación entre A Coruña, Lugo, Monforte, Ourense e Vigo e, como responsable de propaganda, tentou reconstruír o partido nas numerosas ocasións en que o desarboraban as forzas de seguridade do estado. Viaxou a Francia en dúas ocasións e foi elixido secretario xeral do Partido Comunista en Galicia en 1951. Morreu ante a Garda Civil cando regresaba a Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e conquistador. Foi a América na segunda expedición de Colón e participou na fundación de Santo Domingo. Nomeado gobernador de Puerto Rico (1509), foi perseguido pola coroa, aínda que en 1512 foi rehabilitado no seu cargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Ourense (1392-1408). De probable orixe galega, foi auditor no consistorio pontificio de Aviñón, onde residía antes do seu nomeamento. Non visitou en ningunha ocasión a súa diocese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Condenado á fogueira pola Inquisición, fuxiu a Portugal e instalouse en Braga. Publicou Verdaderas ganancias que se dan a los buenos en el Reino de Dios y verdaderas perdiciones que se dan a los malos en ambos infiernos (1632).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político mexicano. Ingresou no exército durante a invasión estadounidense de 1846 e, posteriormente, participou nas guerras civís contra o xeneral López de Santa Anna e contra o Emperador Maximiliano. En 1876 derrocou o presidente S. Lerdo de Tejada e asumiu o goberno ata 1911, agás entre 1876 e 1877, período no que deixou o poder a Juan Méndez, e, entre 1880 e 1884, cando gobernou Manuel González. Levou a cabo unha política de submisión aos EE UU, favoreceu os investimentos estranxeiros e os grandes latifundistas mexicanos e estranxeiros e reprimiu duramente as folgas de Cananea (Sonora, 1906) e Río Blanco (Veracruz, 1907) e as posturas críticas ao seu goberno. En 1910 intentou ser reelixido presidente por sétima vez pero a oposición, encabezada por Francisco Madero, organizou unha revolta (20.11.1910) que o obrigou a renunciar á presidencia e abandonar o país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de cantería. Activo en Santiago de Compostela, traballou na catedral con Alonso de Gontín, no sepulcro do rexedor Pedro Siso na capela de don Lope, e con Xoán Pérez, no asentamento de tres capelas no claustro (1531). Ademais doutras obras, traballou no colexio de Fonseca (1532).

    VER O DETALLE DO TERMO