"Duca" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 137.

  • DUCADOS

    Ou ducado da Baixa Saxonia Territorio alemán formado como consecuencia da partición do ducado de Saxonia en 1260 para Xoán I (?-1285), fillo maior do duque Alberte I de Saxonia, da dinastía de Ascania. En 1689 pasou ao duque de Brunsvic-Lüneburg-Zelle, en 1702 ao electorado de Hannover, en 1815 a Dinamarca e en 1864 a Prusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Estado alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1662, a favor de Xoán Xurxo I (?-1686), fillo terceiro do duque Guillerme I de Saxonia-Weimar. Incorporou en 1671 o ducado de Saxonia-Eisenach e uniuse, en 1698, ao ducado de Saxonia-Jena, mantendo, non obstante, a propia denominación ata 1741, que foi incorporado ao ducado de Saxonia-Weimar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Estado independente creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1680, para Bernardo I (?-1706), fillo do duque Ernesto I de Saxonia-Gotha. En 1825 incorporou parte do ducado de Saxonia-Hildburghausen e a totalidade do de Saxonia-Saafeld e en 1826 pasou a denominarse ducado de Saxonia-Meiningen-Hildbugrhausen. Desde 1871 pertenceu ao Imperio Alemán e desapareceu en 1918 coa proclamación da república. Integrouse no land de Turinxia en 1920.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Estado independente alemán, creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1556, despois da división en ducados do antigo landgraviato de Turinxia, para Xoán Guillerme I (?-1573), fillo pequeno do elector Xoán Federico I de Saxonia. En 1741 incorporou Marksuhl, Eisenach e Jena e tomou o nome de ducado de Saxonia-Weimar-Eisenach. En 1806 adheriuse á Confederación do Rin, e en 1815 foi erixido en gran ducado de Saxonia-Weimar-Eisenach. Foi membro da Confederación de Alemaña do Norte (1867) e do Imperio Alemán (1871). Desapareceu en 1918 coa proclamación da república. Integrouse no land de Turinxia en 1920.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Territorio alemán formado a raíz da partición do ducado de Saxonia en 1260 para Alberte II (?-1298), fillo segundo do duque Alberte I de Saxonia, da dinastía de Ascania. En 1356 os duques de Saxonia-Wittenberg recibiron a confirmación da dignidade electoral. Á morte do derradeiro Ascania (1422) o ducado e a dignidade electoral pasaron (1423) ao margrave Federico III de Misnia, da dinastía de Wettin, que se converteu no elector Federico I de Saxonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Seminario permanente que se creou en 1985 promovido por un grupo de profesionais dos distintos niveis do ensino sensibilizados diante da ausencia de materiais didácticos e reflexións teóricas sobre a educación para a paz en xeral ou especificamente sobre os dereitos humanos, a tolerancia, a solidariedade, o ecopacifismo, a solución pacífica de conflitos, a interculturalidade ou a cultura de paz. O seu primeiro coordinador foi o profesor Calo Iglesias Díaz e, desde 1994, convertido xa nunha ONG, está presidido por Manuel Dios Diz. Forma parte da Coordinadora Galega de ONG’s para o Desenvolvemento e da Coordinadora Galega pola Paz. No ámbito internacional forma parte dos Comités Asesores Internacionais de Hague Appeal for Peace, da Asociación Internacional de Educación para a Paz (AIEP) e da Fundación Cultura de Paz. Promoveu e coordinou o Congreso Europeo de Educación para a Paz, celebrado en Santiago de Compostela en 1994, así como o Congreso Mundial de Educación e Cultura de Paz, celebrado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título, correspondente á unión dos ducados de Slesvig e de Holstein, que levaron todos os reis de Dinamarca desde Cristián I (1460) ata Federico VII (1863). Da casa ducal de Slesvig-Holstein saíron diferentes liñas ducais. O duque Adolfo I de Holstein-Gottorp (?-1586). O duque Federico III de Holstein-Gottorp (?-1659) declarouse independente de Dinamarca. Del descenden Adolfo Federico de Holstein-Gottorp (quen en 1571 se converteu no Rei Adolfo Federico II de Suecia e orixinou a dinastía dos Wasa-Holstein-Gottorp, que reinou ata 1814), Federico Augusto de Holstein-Gottorp (?-1785), que formou a rama dos grandes duques soberanos de Oldenburg e o duque Carlos Pedro Ulrico I de Holstein-Gottorp (?-1762), que en 1762 se converteu no Tsar Pedro III de Rusia. A liña de Slesvig-Holstein-Sonderburg orixinouse en 1582 co duque Xoán I de Slesvig-Holstein-Sonderburg o Novo (?-1622), irmán do Rei Federico II e o duque Alexandre I de Slesvig-Holstein-Sonderburg (?-1627). Dividiu os...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título inglés concedido en 1443 a John Beaufort (?-1444), IV conde de Somerset. En 1448 foi concedido de novo ao seu irmán Edmund Beaufort (?-1455), conde de Dorset e V conde de Somerset, xefe da facción dos Lancaster. Reverteu á coroa á morte (1471) do seu fillo Edmund Beaufort. Enrique VIII concedeuno de novo en 1525 ao seu fillo ilexítimo Henry Fitzroy (morto sen fillos en 1536). Finalmente foi outorgado en 1547 a Edwuard Seymour, irmán da Raíña Xoana. Continúa nos seus descendentes. O condado de Somerset foi concedido por primeira vez en 1141 pola Raíña Matilda I ao normando William de Mohun (?-1155?). O segundo titular foi John Beaufort (?-1410), fillo do duque de Lancaster, a quen foi doado en 1397 e que foi o pai do primeiro e segundo duque. Por última vez o condado foi outorgado por Xaime I ao seu favorito e amigo íntimo Robert Kar (ou Carr), viceconde de Rochester, morto sen fillos en 1645.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título nobiliario outorgado por Filipe V a Fernán Yáñez de Soutomaior e Lima , herdeiro da liñaxe dos Sotomayor, en 1703. O título pasou á súa irmá, ao seu sobriño e aos descendentes deste ata Ignacio Jaime de Sotomayor y Margens de Nin Masons y Lima , V duque de Sotomayor, que en 1795 perdeu os dereitos sobre os bens e a fortaleza dos Sotomayor (que pasaron a mans de Benito Fernando Correa de Sotomayor), ao reabrirse un preito de 1773 polo que Payo Correa de Sotomayor pedira os dereitos de sucesión. O título herdouno María Ana Nin Zatrillas Sotomayor y Lima , irmá de Ignacio Jaime, e á súa morte aos seus descendentes ata chegar a Ignacio Martínez de Irujo y Artazcoz , VI marqués da Casa Irujo, que en 1959 se converteu en X duque de Sotomayor e grande de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título inglés concedido en 1448 a William de la Pole (morto en 1450) sobre o marquesado de Suffolk, que lle fora doado en 1444 sendo xa quinto conde de Suffolk. Sucedeuno o seu fillo, John de la Pole (morto en 1491/1492), que casou coa princesa Isabel, irmá do Rei Eduardo IV, e foron pais de Edmund de la Pole (morto en 1513), terceiro duque, que renunciou ao título ducal en 1493 para usar desde entón o de conde. O ducado foi concedido de novo en 1514 a Charles Brandon (morto en 1545), casado coa princesa María, irmá do Rei Enrique VIII e foi incorporado á coroa en 1551. O condado de Suffolk foi creado en 1337 para Robert Ufford (morto en 1369) e reverteu na coroa en 1382 pola morte sen fillos do seu fillo e segundo conde. En 1385 foille concedido a Michael de la Pole (morto en 1389), pai do quinto conde e primeiro duque de Suffolk. Por última vez foi concedido en 1603 a ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino de Nicea (1254-1258). Sucedeu a seu pai Xoán III Ducas Vatatzes, que xa o asociara ao trono. Bo lexislador e home dunha gran cultura, era un bo estratega e conservou todas as posesións territoriais do Imperio de Nicea. Casou a súa filla Irene co novo tsar de Bulgaria, Constantino I Taš, e a súa filla María con Nicéforo, fillo do déspota de Epiro Miguel II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título concedido no Reino de Castela con grandeza de España, en 1610, a Cristóbal Gómez Sandoval-Rojas y de la Cerda, marqués de Cea. Pasou aos Téllez-Girón, duques de Osuna, aos Pacheco, condes da Puebla de Montalbán, aos Fernández de Velasco e outra vez aos Girón, duques de Osuna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado independente formado polos territorios polacos subtraídos á administración prusiana no Tratado de Tilsit (1807). Napoleón confioulle o seu goberno a Federico Augusto I de Saxonia e o mando do exército ao príncipe J. Poniatowski. Promulgouse unha constitución inspirada na francesa e suprimiuse a servidume do campesiñado, aínda que non se lles recoñeceron dereitos sobre as terras que traballaban. O Congreso de Viena (1814-1815) dividiu o territorio entre Prusia e Rusia, agás Cracovia, erixida república independente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Territorio francés erixido en 1515, sobre o condado de Vendôme a favor de Carlos de Borbón-Vendôme . O seu fillo e sucesor foi Antonio I de Navarra polo seu matrimonio con Xoana III de Navarra e posteriormente foi herdado polos descendentes destes, o futuro Enrique IV de Francia , quen lle cedeu en 1598 o ducado ao seu fillo, César de Borbón-Vendôme . Foi sucedido polo seu fillo Luís de Borbón-Vendôme , e este tamén polo seu fillo Luís Xosé de Borbón-Vendôme , e á súa morte (1712) o ducado reverteu á coroa. En 1872 foi recuperado por Manuel de Orléans (morto en 1931), bisneto de Luís Filipe I de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (1222-1254), xenro e sucesor de Teodoro I Láscaris. Venceu os francos en Poimanon (1224) e reconquistou moitas illas do arquipélago grego (1224), Tracia e Macedonia (1246).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (1258-1261), fillo de Teodoro II Láscaris. Ao morrer seu pai, unha conspiración de nobres impuxo como rexente a Miguel VIII Paleólogo, a quen apresou en 1261.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título inglés concedido en 1385 a Edmundo de Inglaterra , fundador da liñaxe de York. En 1483 o título retornou á coroa. Desde os Stuart pasou a ser o título do segundo fillo do rei de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO