"IBE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 465.

  • Antropónimo masculino que constitúe unha adaptación do nome francés Philibert, de orixe xermánica, composto por filu ‘moito’ e de berht ‘claro, ilustre, esplendoroso’. A grafía con ph débese á analoxía co radical de Philippe. Hai dous santos con este nome: un mártir toledano do s IV e mais un abade gascón do s VII. A súa festividade celébrase o 20 e 22 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento de oposición á dominación portuguesa xurdido en Moçambique en 1962 da fusión de varias organizacións independentistas. Dirixiu as actividades nacionalistas e en 1964 lanzou a súa ofensiva guerrilleira. Dende o golpe de estado portugués de abril de 1974, iniciou negociacións co goberno portugués e en setembro de 1974 formou parte dun goberno de transición. Trala independencia (1975) constituíuse como partido único.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fronte guerrilleira de El Salvador fundada en 1980 coa finalidade de establecer un réxime democrático. En 1992 chegou a un acordo co goberno, pero o conflito continuou ao non cumprirse o programa de transferencias das terras e de compensacións dos ex-combatentes. Coa intervención dos denominados escuadróns da morte o enfrontamento converteuse nunha guerra civil. En 1994 celebráronse as primeiras eleccións tralo conflito, nas que se presentou convertido xa en partido político. Nas eleccións do 2000 acadou a maioría dos votos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento nacionalista angolano fundado en 1962 polos partidos políticos União das Populações de Angola (UPA) e Partido Democrático de Angola (PDA), liderado por Holden Roberto. Combateu o colonialismo portugués a través do seu brazo armado, o Exército de Libertação Nacional de Angola. Trala independencia participou xunto á UNITA no conflito civil fronte ao MPLA. O Congreso de 1999 nomeou novo presidente a Lucas Benghy Ngonda e secretario xeral a Carlos Mendes, e propúxose o relanzamento do partido na escena política angolana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización político-militar creada en Nicaragua en 1961 coa finalidade de derrocar o réxime de A. Somoza. Intégrase dentro do movemento do sandinismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido nacionalista alxeriano nacido en 1954 da fusión de diversos movementos políticos que iniciaron unha guerra de independencia fronte ao dominio colonial francés. Trala independencia (1962), a Constitución de 1963 converteuno en partido único. Derrotado polo FIS nas eleccións lexislativas de 1991, perdeu definitivamente o poder tralo golpe de estado militar de 1992. O seu candidato, Abdelaziz Buteflika, resultou vencedor nas eleccións presidenciais de 1999, cun programa de reconciliación nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política de carácter asembleario e autodeterminista de esquerda. A súa orixe está na crise da Unión do Pobo Galego (UPG) a principios de 1977, que se saldou coa expulsión dun cento de militantes da súa á esquerda. Algúns destes, como Cid Cabido, Felipe Marzoa, Leónides de Carlos, Méndez Ferrín ou Manuel Pousada, aos que se sumaron Luís Soto, Xosé González, X. M. García Crego e Mª Xosé Queizán fundaron a UPG-liña proletaria que, no seu Congreso Fundacional, decidiu chamarse Partido Galego do Proletariado (PGP), se declaraba marxista-leninista e optaba pola independencia de Galicia. O PGP acordou un programa de mínimos e creou Galicia Ceibe (Organización de Liberación Nacional) como organización de masas. Na VI Asamblea Nacional, en 1983, dezasete dos seus membros, entre os que se atopaban García Crego e Méndez Ferrín, formularon a disolución de Galicia Ceibe e, ao non ser aceptada a súa proposta, abandonaron a organización, continuando a publicación do xornal independentista...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado en Santiago de Compostela a partir de agosto de 1885. Na súa cabeceira anunciaba o seu carácter independente e a súa saída dúas veces á semana. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Alonso. Ademais das noticias locais e de carácter xeral, incluíu poesías e folletíns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e xornalista. Foi redactor de El Liberal Coruñés e de La Mañana (1896), e colaborador do Diario de Avisos. Sucedeu a Marcelino Dafonte na dirección de La Voz de Galicia. Foi correspondente da Real Academia Galega e escribiu Historia de la Guerra de la Independencia en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, ourive e arquitecto. En 1401 gañou o concurso para a realización das portas do baptisterio de Florencia, nas que traballou ata 1424 cun estilo gótico. En 1425 recibiu o encargo da porta coñecida como a do Paraíso do mesmo baptisterio, inscrita na corrente clasicista. Para a catedral de Florencia realizou diversas obras. En 1447 comezou a escribir o tratado de historia da arte Commentari que deixou incompleto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que pertence ao grupo das sulfonilureas e que ten acción hipoglicemiante que se debe, polo menos inicialmente, a unha estimulación da secreción pancreática da insulina. Absórbese completamente por vía oral e o máximo nivel plasmático conséguese ao cabo de catro horas. En medicina emprégase como hipoglicemiante oral na diabete que comeza na idade adulta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Foi correxidor en Chiquimula de la Sierra e Casablastran (Guatemala) desde 1730. Nomeado gobernador de Nicaragua (1748) ascendeu a coronel de Infantería (1751).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Participou no sitio de Cartago xunto a Escipión Emiliano (147 a C) e, posteriormente, foi cuestor no exército romano que sitiaba Numancia. Elixido tribuno da plebe (133 a C), presentou un proxecto de lei agraria para resolver o problema do latifundismo e mellorar as condicións de vida dos cidadáns romanos, para o que contou co apoio da plebe. Aprobada polos comicios, malia a oposición do Senado e da oligarquía, as dificultades económicas impediron a súa aplicación. Para solventalas, presentouse á reelección como tribuno, pero acusado de tentar converterse en ditador, foi asasinado no foro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo fundado en 1921 por militantes anarcosindicalistas do S da provincia de Pontevedra, en que participaron cadros sindicais de Vigo, como J. Villaverde, ex-secretario da Federación Local de UGT, o tudense Severino Estévez, e o carpinteiro de Marín, Eduardo Collado. Dinamizador das actividades da Confederación en Tui, A Guarda, Marín e Vigo, o grupo editou un periódico de igual denominación que foi substituído en maio de 1922 polo voceiro dos sindicatos da provincia adheridos á CNT, Solidaridad Obrera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Loitas entre os celtiberos e os romanos que se estenderon entre o 154 a C e o 133 a C. O exceso de poboación dos territorios celtiberos e a dureza do clima, levou as tribos celtiberas a realizar incursións de saqueo nos territorios dominados polos romanos no val do Ebro e a Meseta Sur. Trala sublevación e as primeiras vitorias dos lusitanos, produciuse a rebelión dos celtiberos, liderada por Caro, que se negaron a pagar os tributos. Durante a Primeira Guerra Celtibera (154 a C-152 a C) derrotaron os romanos en varios enfrontamentos, ata que a política conciliadora de Claudio Marcelo negociou un acordo de paz. No 143 a C iniciouse unha nova sublevación, coñecida como Segunda Guerra Celtibera, que se estendeu ata o 133 a C. Os xenerais romanos Quinto Cecilio Metelo, Quinto Pompeio Aulo e Caio Hostilio Mancino sucedéronse no sitio de Numancia. A partir do 137 a C levantouse temporalmente este sitio, pero no 134 a C o Senado romano outorgoulle o mando das operacións a P. Escipión Emiliano,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do xermánico Heribert, Herbert ou Haribert ‘ilustre no seu exército’, composto de *harja- ‘pobo en armas’, ‘exército’ e *bertha- ‘ilustre’, ‘famoso’. Hai quen pensa que pode vir tamén do xermánico Hari-berth ‘exército’. A súa festividade celébrase o 16 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Chanceler (994) do emperador Odón III e arcebispo de Colonia (999). Fundou a abadía de Deutz e foi canonizado no s XVII. Na iconografía viste roupas arcebispais, co sagrado palio, e leva como atributos unha pomba e a maqueta dunha igrexa ou mosteiro. A súa festividade celébrase o 16 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de fenómenos biolóxicos provocados polo inverno na maior parte dos homotermos e nalgúns poiquilotermos e que lles serve para resistir o medio máis desfavorable illándoos. O ritmo vital mingua, a temperatura corporal é un ou dous graos centígrados máis alta ca a ambiental, a frecuencia cardíaca e a respiratoria son moi febles e o animal non come nin se move e dorme.

      2. Período de inactividade, inercia ou improdutividade.

    1. Procedemento aplicado aos aceites comestibles que consiste nun arrefriamento a baixas temperaturas e unha posterior decantación do aceite líquido que flota, para separalo das estearinas insolubilizadas. Conséguese así un aceite límpido e transparente que non se enturba co frío.

    2. Diminución dos procesos metabólicos celulares mediante certo tipo de drogas e refrixeración orgánica por medios físicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que hiberna.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estar en hibernación un animal.

    2. Someter a alguén ou algo a hibernación.

    VER O DETALLE DO TERMO