"ORGA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 205.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo da ONU creado en 1946 para ofrecer asistencia aos refuxiados de guerra europeos e asiáticos. Os seus servizos incluían transporte, manutención, aloxamento, asistencia sanitaria, protección legal, formación, orientación e colocación dos refuxiados e busca de familias perdidas. En 1951 foi substituído polo Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional que ten como finalidade ditar as normas pertinentes para facilitar o intercambio de bens e servizos, e de desenvolver o traballo conxunto no campo intelectual, científico, técnico e económico. Creada en 1946, substituíu a International Standard Associaton (ISA), que fora fundada en 1926. Das súas propostas de normalización internacional destacan o sistema de transliteración de alfabetos non latinos (como o árabe, o grego, o cirílico ou o hebreo).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización xuvenil española creada en 1960 e baseada nos principios doutrinais do Movimiento Nacional. Desapareceu entre 1976 e 1977, no marco da transición á democracia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional fundada polos representantes latinoamericanos en La Habana (1966) para formular unha estratexia de loita contra o imperialismo e o neocolonialismo en América Latina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que en 1982 adoptou a Organización Intergobernamental Consultiva da Navegación Marítima (OICNM), organismo creado en 1948 para promover a cooperación entre os gobernos no campo da navegación marítima e, especialmente, da súa seguridade. Está afiliada á ONU e ten a súa sede en Londres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político que naceu a finais da década de 1960 en Francia, aínda que se firmou a súa constitución en Bruxelas en 1968. Estivo formado por diferentes grupos, dos que destacan os relacionados co xornal Mundo Obrero Revolucionario e a Organización Comunista Marxista-Leninista. Dos seus obxectivos destaca a igualdade da muller, a separación Igrexa e Estado e a liberdade dos presos políticos. Creou comisións obreiras de barrio en París, e en España operou en Cádiz, Madrid e Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización da ONU que se dedica ao campo da meteoroloxía. En 1951 substituíu o IMO (International Meteorological Organization) e ten a sede permanente en Xenebra. Os obxectivos desta organización son facilitar a cooperación entre os diferentes países (ten 152 membros) no establecemento dunha rede de estacións meteorolóxicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional creado por unha convención asinada en Estocolmo en 1967, que entrou en vigor en 1970. É unha axencia especializada da ONU e proponse promover a protección da propiedade intelectual en todo o mundo. Comprende dúas ramas principais: a propiedade industrial e o copyright, principalmente en literatura e artes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo da ONU, con sede en Xenebra, que se creou en 1948 para promover a mellora das condicións sanitarias en todo o mundo. Comprende unha Asemblea Mundial da Saúde, que se reúne anualmente, e un Consello Executivo, dirixido pola Asemblea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional da ONU, con sede en Madrid, creada para promover e desenvolver o turismo responsable, sostible e accesible para todos. Pretende estimular o crecemento económico, a creación de emprego e incentivar a protección do medio natural e do patrimonio cultural, amosando especial interese polos países en vías de desenvolvemento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional con sede en Xenebra creada polas negociacións da rolda Uruguay (1986-1994) o 1 de xaneiro de 1995 como sucesora do GATT. O seu obxetivo é prestar axuda aos produtores de bens e servizos, aos exportadores e aos importadores promover as súas actividades e supervisar as políticas comerciais nacionais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización sen ánimo de lucro creada en 1938 en Burgos co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos cegos e deficientes visuais. Ten escolas de ensino xeral e laboral e os seus afiliados están autorizados para a venda de cupóns para un sorteo diario, con premios en metálico. Creou, en 1988, a Fundación ONCE para la Cooperación e Integración Social de las Personas con Discapacidad e, en 1993, a Corporación Empresarial ONCE (CEOSA), para buscar obxectivos de financiamento distintos ao cupón, e emprego para persoas cegas ou con outra discapacidade. Pon a disposición dos seus afiliados unha biblioteca que conta con máis de 11.000 obras en braille, máis de 1.700 en soporte informático, máis de 20.000 en formato de son, ao redor de 3.600 partituras musicais en braille e máis de 30.000 obras en tinta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo guerrilleiro fundado en 1954 e dirixido por Georgios Grivas, que loitou contra os británicos para acadar a independencia de Chipre. Despois de disolverse apareceu de cando en vez para atentar contra o goberno republicano ou contra a comunidade turco-chipriota.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sindicato escindido de Comisiones Obreras entre 1972 e 1979. Foi unha organización comprometida coa problemática nacional galega e xurdiu para loitar por un cambio social e político profundo. Axudou a que a Unión do Pobo Galego (UPG) e o Sindicato Obreiro Galego (SOG) tiveran o seu espazo dentro da clase obreira. A súa estrutura estaba formada por un comité executivo e varios comités de zona, onde se integraban células de militantes e simpatizantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo político-militar creado en Xerusalén en 1964. Intentou agrupar os refuxiados palestinos para manter o seu nacionalismo. Algúns grupos, como Saika ou al-Fatah, refusaron adherirse porque emanaba duns estados incapaces ata aquel momento de liberalos. O efecto máis notable da Guerra dos Seis Días (1967), coa ocupación israelí de toda Palestina (Guerras Árabe-israelís), foi o de acrecentar o nacionalismo e rexeitar toda solución que non fose a liberación total de Palestina. A raíz dos ataques a Tunisia (1985 e 1988), onde estaba o cuartel xeral da organización e aos campos de refuxiados palestinos de Líbano, a organización escindiuse en grupos moderados, comandados por Yasser Arafat, e radicais, que tiñan o apoio de Líbano e Siria, e que obrigaron a Y. Arafat a dispersar as súas forzas por Alxeria, Tunes e a República Árabe do Iemen. Cando o Rei Hussein I de Xordania renunciou (xullo de 1988) á posesión de Cisxordania, o Consello Nacional de Palestina proclamou en Alxeria un estado...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional creada en Budapest o 6 de decembro de 1994, herdeira da Conferencia sobre Seguridade e Cooperación en Europa (CSCE). Nela participan 55 países de Europa, Asia e América do Norte, e ten a súa sede en Viena. Os seus obxectivos son o fomento da paz, da seguridade, da xustiza e da cooperación en Europa. A CSCE era unha organización rexional creada co obxectivo de defender a seguridade en Europa e fomentar a cooperación económica, científica, tecnolóxica, cultural e do medio natural entre os países europeos. Naceu en 1972 dunha serie de conferencias que deron lugar á Acta Final de Helsinqui sobre as relacións Leste-Oeste firmada o 1 de agosto de 1975 na Conferencia de Helsinqui. Posteriormente tiveron lugar as conferencias de Belgrado (1977-1978), de Madrid (1980-1983) e de Viena (1986-1989). As áreas de competencia da CSCE incrementáronse coa Carta de París para unha nova Europa (1990), que transformou a CSCE nunha organización consolidada no Acordo de Helsinqui (1992)....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político fundado na Coruña en outubro de 1929. Na súa formación converxeron dúas tendencias, o republicanismo tradicional de Santiago Casares Quiroga e o nacionalismo galego de Antón Villar Ponte. O manifesto fundacional afirmaba que non era un partido nacionalista, xa que o referente nacional era España, e entre os seus obxectivos estaba a intención de transformar o Estado español en república federal, a separación de poderes entre Igrexa, estado e exército, e a consecución dun réxime de autonomía para Galicia. Destacou a súa promoción e engrandecemento de Galicia. A súa militancia baseouse nas clases medias e pequenos burgueses, e estruturouse de forma piramidal como un partido de comités. No Pacto de Lestrobe (16.3.1930) fixaron, xunto con Alianza Republicana, a constitución da Federación Republicana Gallega (FRG), co obxectivo de instaurar a república e conseguir a autonomía de Galicia, polo que quedaban definidos como un partido republicano-autonomista. Presentáronse aos comicios...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido comunista do Estado español creado, en 1969, como froito da radicalización do grupo obreiro católico Acción Sindical de Trabajadores, que existía en Madrid desde 1963. Foi unha organización maoísta, prochinesa e antisoviética e, desde 1977, impulsou o Sindicato Unitario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema sindical de carácter vertical vixente en España durante o Franquismo. O Fuero del Trabajo (1938) uniu nun organismo unitario todas as ramas da produción en sindicatos verticais baixo a dirección do Estado. Posteriormente, disoltas as antigas sindicais obreiras libres, empresarios e traballadores integráronse nunha única sindical. Desapareceu en 1976 no marco da transición á democracia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de organizacións privadas que teñen como obxectivo elaborar e executar plans de pesca, concentrar a oferta, regular os prezos, mellorar a calidade e actuar como empresas. Deben constituírse por libre iniciativa dos produtores e foron creadas para adaptar a normativa á entrada na Comunidade Económica Europea. Foron reguladas por primeira vez en 1970.