"Obre" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 296.
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Ribadavia a partir de 1891. Cesou en 1897. Tratouse dunha publicación de tendencia socialista orientada á defensa dos intereses locais. O seu responsable foi Máximo Tomé González.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario “defensor de los trabajadores”, do que o seu primeiro número apareceu en Vilagarcía de Arousa no mes de xaneiro de 1900.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado en Ferrol a partir de 1910. Subtitulado “Órgano de la Agrupación Socialista Ferrolana y defensor de la clase trabajadora”, foi un dos periódicos obreiros de andaina máis longa. Apareceu como semanario socialista e converteuse en voceiro oficial da Agrupación Socialista de Ferrol tres anos máis tarde. Suspendido durante a Ditadura de Primo de Rivera, reapareceu en 1930. Logo dun peche gobernativo entre outubro de 1934 e abril de 1935, seguiu editándose ata a Guerra Civil Española. Durante a Segunda República foi dirixido por Marcial Fernández, Manuel Morgado e, por último, por Xaime Quintanilla, asesorado por un consello de redacción. As súas páxinas fomentaron a controversia entre os partidarios galegos das teses esquerdistas de Largo Caballero e os defensores da liña moderada adoptada polo PSOE durante o primeiro bienio republicano. Así mesmo, El Obrero contou coa colaboración de prestixiosas sinaturas do socialismo español como Luis Araquistain, Andrés Saborit,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia constituída no Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) entre 1919 e 1921. Os seus dirixentes máis destacados foron Aleksandra M. Kollontaj, A. G. Šliapnikov e S. P. Medvedev. Denunciaba a burocracia no seo do partido e do estado soviético, e reivindicaba un papel máis importante dos sindicatos na sociedade e na economía. Combatidas as súas teses no XI Congreso do PCUS, o grupo disolveuse pouco despois.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sindicato escindido de Comisiones Obreras entre 1972 e 1979. Foi unha organización comprometida coa problemática nacional galega e xurdiu para loitar por un cambio social e político profundo. Axudou a que a Unión do Pobo Galego (UPG) e o Sindicato Obreiro Galego (SOG) tiveran o seu espazo dentro da clase obreira. A súa estrutura estaba formada por un comité executivo e varios comités de zona, onde se integraban células de militantes e simpatizantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Valga. Consta de casa principal e varias dependencias, localizadas arredor dun patio. Destaca un escudo nunha das paredes laterais exteriores.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Parga, ao seu paso por Parga (Guitiriz). Trátase dunha ponte realizada no s XV, en cantaría, con catro vans formados por arcos oxivais e tallamares triangulares. Posteriormente ampliouse o seu ancho sobre ménsulas de formigón. Une o antigo camiño de Lugo a Betanzos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político creado en abril de 1921 polos delegados non conformes cos resultados do congreso extraordinario do PSOE contrarios á afiliación dos socialistas á Terceira Internacional. En novembro de 1921 fundiuse co Partido Comunista Español para dar lugar ao Partido Comunista de España (PCE). A partir de 1970, o grupo prosoviético, escindido do PCE, adoptou o mesmo nome. En 1986 reingresou no PCE.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político fundado en 1977 en Praceres, na parroquia pontevedresa de Lourizán, por membros procedentes da Unión do Pobo Galego, da Asemblea Nacional--Popular Galega, da Asamblea Popular Galega, do Partido Comunista Galego, do Partido Socialista Galego e doutros partidos de esquerda radical. Defenderon o marxismo, a concepción de Galicia como un ente dependente no económico e político de Europa, e, como forma de goberno lexítima, a federación socialista das nacións ibéricas. Loitaron pola formación da autonomía como primeiro paso para acadar o autogoberno. En 1977 manifestouse, xunto ao Partido Socialista Galego, a prol da autonomía e, en 1978, xunto con outras formacións nacionalistas, contemplou a necesidade de configurar a preautonomía con partidos propiamente galegos. Desta inquietude xurdiu Unidade Galega (UG) como opción ás eleccións de 1979. A maior parte dos seus militantes integráronse en Esquerda Galega en 1980, e o POG desapareceu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político fundado por Lenin en 1898 e que en 1918 tomou o nome de Partido Comunista da Unión Soviética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político de carácter comunista autónomo, non integrado na Internacional Comunista, creado en Barcelona o 29 de setembro de 1935 da fusión do Bloc Obrer i Camperol (BOC) e da Izquierda Comunista de España (ICE), de carácter trotskista. Os principios básicos da unificación foron a loita pola revolución democrático-socialista, mediante a toma de poder pola clase obreira, a formación dunha fronte única dos traballadores a través da Alianza Obreira, a atracción ou neutralización da pequena burguesía e os campesiños, a unificación sindical e a formación dun só partido marxista. Reorganizou as forzas sindicais, procedentes a maioría do BOC, na Federació Obrera d’Unitat Sindical. Ao se iniciar a Guerra Civil Española (1936-1939) e ata a metade de 1937 participou nos organismos políticos da Catalunya autónoma e no goberno da Generalitat coa figura do seu secretario político, Andreu Nin. En 1945 sufriu unha escisión que deu lugar ao Moviment Socialista de Catalunya. Antes de maio de 1937...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político xurdido en 1971 como facción trotskista do Grupo Comunismo. En 1973 converteuse en Organización Trotskista e en agosto de 1974 constituíuse no PORE, que desde 1976 se considera a Sección Española da IV Internacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política fundada en Madrid en 1879 por núcleos marxistas expulsados da Federación Regional Española da Asociación Internacional de Traballadores. Implantouse nos medios obreiros de Madrid, Euskadi e Asturias. O primeiro deputado socialista, Paulo Iglesias Posse, foi elixido en 1910, grazas á alianza electoral cos republicanos. O partido defendeu as reivindicacións obreiras e cumpriu unha ampla tarefa de educación popular. Aproveitou a tolerancia da que gozou durante a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) para implantarse nos medios campesiños do sur do estado. Participou no comité revolucionario (1930), no goberno provisional da Segunda República (1931) e no goberno de Manuel Azaña Díaz (1931-1933). Durante a Guerra Civil Española (1936-1939) Francisco Largo Caballero e Juan Negrín López presidiron cadanseu goberno de coalición; mentres, no exilio, impúxose a liña moderada de Indalecio Prieto Tuero. Deixando de lado o sector histórico escindido en 1972, que en 1982 se converteu...
-
-
Marcha militar rápida, adoptada como paso regulamentario de infantaría, fixada en 120 pasos por minuto.
-
Danza, con orixe na marcha militar, que se popularizou en España cara a 1926. Normalmente é de ritmo binario e de compás 2/4 ou ben 6/8, pero nalgúns casos tamén pode ser de ritmo ternario e de compás 3/4. Popularizada nas festas de touros, tamén figura en diversas zarzuelas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada na Coruña en 1903 polas Escuelas Populares Gratuítas, baixo a presidencia de Alfredo Bermúdez de Castro. As súas actividades abarcaron os campos relixioso, instrutivo, económico e recreativo, e dirixíronse tanto ao persoal da clase obreira, como a membros da burguesía e da nobreza. Os seus fins eran a protección dos obreiros cunha base relixiosa católica, e abranguían actividades culturais e recreativas. Desapareceu na década de 1920.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Santiso baixo a advocación de san Cristovo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Santiso baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Santiso. De estilo románico (s XII), ten unha soa nave de forma rectangular dividida por un arco de medio punto. No seu interior destaca a ábsida, construída en data posterior á nave. A porta principal está formada por un par de columnas acobadeladas sobre as que se apoia unha dobre arquivolta. No tímpano destaca unha cruz en forma de aspa inscrita nun cadrado. A fachada remata nunha espadana de dous vans. Na fachada meridional a cruz do tímpano está rodeada por unha moldura de pequenos arcos en forma de coroa. Consérvanse os canzorros románicos que sosteñen o beiril do tellado.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Que ou quen ten poucos bens.
-
Que conta con recursos insuficientes.
-
Que ou quen é de baixa condición social.
-
Persoa que vive da caridade.
-
-
Que ten algo de xeito escaso.
-
Que dá pena. OBS: Adoita ir anteposto ao nome.
-
-
Membro dunha congregación relixiosa ou seita que adoptaron esta denominación para subliñar a súa condición de pobreza e, sobre todo, a súa adhesión ao espírito da pobreza evanxélica. Entre eles foron especialmente coñecidos os valdenses, que en Francia foron chamados pobres de Lyon e en Italia pobres lombardos.
-
pobre católico
Membro da comunidade relixiosa fundada en 1208 por Durando de Huesca con antigos valdenses convertidos. O Papa Inocencio III aprobou as súas regras en 1212: pobreza absoluta ata a mendicidade, castidade, predicación contra os herexes, oficio canónico e submisión á xerarquía eclesiástica. Establecéronse basicamente na diocese de Elna e en Occitania e disolvéronse a partir de 1250 tras a morte do seu fundador.
-
-
...
-