"Oria" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 423.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución cultural sen ánimo de lucro, con sede en Soria, creada en 1989 pola iniciativa e baixo a presidencia de honra da infanta Margarida de Borbón e de Carlos Zurita, duques de Soria. O seu obxectivo principal é a colaboración co mundo hispánico internacional e coa universidade no estudo e na difusión da cultura española, con especial referencia á lingua, mediante a organización de actividades académicas complementarias das programadas polas universidades. Apoia as institucions, como a Real Academia Española, o Instituto Cervantes ou a Asociación Internacional de Hispanistas. Na Comunidade Autónoma de Castela e León colaborou coas principais institucións de Soria, Salamanca e Valladolid.
-
PERSOEIRO
Compositor e director. Estudiou composición no Conservatorio de Madrid e posteriormente ampliou coñecementos en Berlín. Profesor no Conservatorio de Madrid, obtivo o Premio Nacional de Música en 1955.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertecente ao ecuador.
-
clima ecuatorial
Clima húmido e caloroso, característico das terras proximas ao Ecuador. Caracterízase por rexistrar temperaturas elevadas, así como chuvias constantes todo o ano, sen matizacións estacionais.
-
-
Telescopio que ten unha montura especial que permite medir a ascensión e a declinación recta dos astros.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Ecuador ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Ecuador.
-
Arte desenvolvida en Ecuador. As culturas precolombinas están pouco estudiadas. Entre as primeiras manifestacións prehistóricas destaca o asentamento de Inga, ao L de Quito, datado entre o 9000 e o 5000 a C, e do que se conservan puntas de proxectil. Cara ao 8000 a C, desenvolveuse unha industria lítica na costa e, entre o 3900 e o 2300 a C, a cultura valdivia, da que destacan os poboados de Valdivia, San Pedro, Loma Alta e Real Alto, onde se localizaron enterramentos baixo o chan das vivendas. Esta cultura foi unha das primeiras de América en posuír centros cerámicos e utensilios domésticos, mesmo creou unhas figuras femininas semellantes ás venus, caracterizadas polos seus tocados. Na mesma época xurdiu no S do país a cultura de Cerro Narrío (2800 a C), representada pola cerámica decorada con finas liñas vermellas e polo traballo, entre outros materiais, da pedra, dos ósos, das cunchas e dos metais. Do período comprendido entre o 2250 e o 1320 a C consérvanse pequenas figuriñas decoradas...
-
A obra fundamental da narrativa do s XIX é a produción de Juan Montalvo (1832-1899), con obras como Siete tratados, Las Catilinarias, Geometría moral ou Capítulos que se le olvidaron a Cervantes, nas que reflite unha preocupación política e moral. A novela do s XIX manifesta preocupacións costumistas e unha forte influencia francesa que desembocou na corrente realista. Destacan Alfredo Baquerizo Moreno (El señor Penco, 1895), J. León Mera (Cumandá o un drama entre salvajes, 1879) e Manuel J. Calle (Historia de un crimen, 1897). Coa obra Plata y bronce (1927), de Fernando Chávez, apareceu a primeira novela indixenista, corrente que seguiu posteriormente Jorge Icaza con obras como Huasipungo (1934). Esta influencia realista e indixenista tamén continuou no chamado Grupo de Guayaquil, representado, entre outros, por José de la Cuadra, Demetrio Aguilera Malta e Alfredo Pareja. Creador dunha obra exaltada e chea...
-
A música ecuatoriana está influída notablemente pola cultura indíxena, europea e africana. Polas referencias localizadas nas crónicas e documentos históricos, pode afirmarse que tanto a música popular europea como a música africana foron introducidos polos colonizadores e polos escravos africanos. Da música indíxena anterior á etapa colonial case non quedan manifestacións, debido ao feito de que carecían dun sistema de notación, e os instrumentos empregados eran basicamente de vento e percusión (bombo, caixa, xilófono, ocarina, frauta, etc). Entre os cantos e danzas típicas destacan a guaranda, o danzante, o pasacalle, o yaraví, o albazo, o pasillo, o sanjuanito e o yumbo. Durante a etapa colonial, a música era case na súa totalidade de carácter relixioso, xa que os músicos da época mantiñan unha forte relación coa Igrexa ao ser directores de coros ou mestres de capela. Coa República agromou a música de carácter popular,...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editora creada en Barcelona en 1888. Xurdiu a partir de Ediciones Don Bosco. Especializada na publicación de libros infantís e xuvenís en castelán e catalán, convoca anualmente un premio orientado a este sector. Edita tamén libros de texto e organiza cursos de formación para educadores en España e América Latina, onde se ensinan novos métodos de aprendizaxe. Ao grupo editorial pertencen as empresas Rodeira, especializada na publicación de libros en galego, Guadiel, que edita textos para Andalucía; Marjal, que tira do prelo libros para a Comunitat Valenciana; e Giltza, para edicións en éuscaro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial aparecida en Barcelona a finais do s XIX. As súas edicións enmárcanse dentro da liña do fundador do Instituto dos Irmáns Maristas, Marcelino Champagnat. Especializada na publicación de libros infantís, xuvenís e de texto, orienta os seus contidos cara a un humanismo cristián. Edita tamén a revista El Patio Escolar. Dentro do grupo editorial Edelvives inclúense as empresas Tambre, para edición de libros en galego, Baula (catalán), Alhucema (Andalucía), Ibaizabal (éuscaro) e Terra Nostra (València).
-
-
Relativo ou pertencente á edición.
-
Empresa que ten como finalidade a selección, reprodución e venda de textos, xeralmente a través da súa impresión. Xa no Exipto dos Ptolomeos e na Grecia e Roma clásicas se realizaba unha actividade editorial importante. Posiblemente, en Grecia foi onde comezou a venda ou aluguer de obras literarias, co labor realizado polos discípulos de Platón; amais, Atenas exerceu como capital literaria e centro produtor de papiros e pergameos, á que acompañou Alexandría, un dos maiores mercados de libros do mundo e posuidora da biblioteca máis importante en canto a número de libros da Antigüidade. Como mostra do avance editorial en Roma, cómpre salientar edicións de máis de 5.000 exemplares de manuscritos coloreados, un traballo pagado por patricios amantes da literatura e que realizaban escravos cunha determinada cualificación, coñecedores das letras e cunha escrita fiable e comprensible. En Oriente, concretamente en China, a consolidación do Imperio coa dinastía Ch’in, no ano 221 a C, favoreceu a...
-
Artigo de fondo dun xornal no que se comenta un tema de actualidade. Publícase nun lugar destacado sen sinatura, porque representa o posicionamento ideolóxico e político do equipo redactor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editora establecida en Vilagarcía de Arousa o 9 de xaneiro de 1992. Fundada e dirixida por Alberto Agra Paz, céntrase fundamentalmente en publicacións relacionadas co mundo da economía e das finanzas. Edita tamén a revista Mercadocontinuo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editora fundada en 1921 pola Irmandade da Fala de Ferrol. Publicaba unicamente en lingua galega. O seu equipo directivo estaba integrado por Xaime Quintanilla, o director, Fiz Álvarez do Castelo, secretario, Manoel Morgado, administrador, e Ramón Villar Ponte, xerente. Publicaba principalmente obras en prosa, pois seguindo as directrices das Irmandades vía a necesidade de fomentar o cultivo literario en galego, nun eido que estaba un pouco abandonado malia o Rexurdimento literario que se producira no século anterior. A editorial comezou a súa andaina publicando Alén de Xaime Quintanilla, Mal de moitos e Trato a cegas de Charlón e Hermida, e Trebón de Armando Cotarelo Valledor, todas elas pezas dramáticas representadas anteriormente e con certo éxito. Despois delas, iniciaron a colección Céltiga no mes de marzo de 1922, co subtítulo de “Novela mensual ilustrada”, con publicacións dos colaboradores da editorial. De periodicidade mensual, custaba 30 céntimos a entrega. Chegou a acadar...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial establecida en Bos Aires no ano 1957. Rematou o seu traballo de edición en 1959. Fundada por Luís Seoane e Diego Díaz Dorado, aos que posteriormente se uniron Antonio Baltar, Perfecto López e Manuel Martínez Lamela, pretendeu difundir a cultura e a lingua de Galicia, apoiando o labor realizado por diversos escritores e artistas establecidos fóra do país. As obras incluídas no seu catálogo xeral dividíronse en catro coleccións. A denominada “Mestre Mateo”, iniciouse co libro de teatro Midas. O ángulo da pedra, de Isaac Díaz Pardo; na colección “Martín Sarmiento” editáronse diversos ensaios técnicos e económicos e na titulada “Herba de namorar” tiráronse do prelo obras de poesía. A cuarta das coleccións denominouse “Idacio”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada por un grupo de anarcosindicalistas galegos exiliados en Francia nos anos corenta do s XX, vencellados á Confederación Regional Galaica da CNT no exilio. Co seu selo publicouse o folleto do vigués Campio Carpio “Curros Enríquez: poeta épico de la España Heróica” (1949), cun prólogo de Miguel Vázquez Valiño, membro destacado do grupo editorial e da Confederación Regional Galaica no exilio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada na Coruña en novembro de 1924 e dirixida por Leandro Carré Alvarellos e Ánxel Casal. Como continuadora do labor iniciado pola Editorial Céltiga, dedicouse á publicación de narrativa, poesía e teatro. Nela participaron numerosos autores vencellados ás Irmandades da Fala, á xeración Nós e ao Seminario de Estudos Galegos. Publicaba quincenalmente co seu selo unha obra de narrativa curta e xunto coa Colección Céltiga formou parte do proxecto que pretendía crear publicacións accesibles que fomentasen a lectura en galego. Das portadas e das ilustracións responsabilizouse Camilo Díaz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que redacta artigos editoriais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial italiana fundada en 1933 por Giulio Einaudi (Turín 1912 - 1999). Presidida por Roberto Cerati, conta con máis de 8.000 títulos diferentes no seu catálogo. Publica anualmente máis de 200 novidades. A súa liña editorial céntrase na literatura italiana e estranxeira, no ensaio literario e nos libros de temática histórica, filosófica, científica e económica, ademais de clásicos antigos e contemporáneos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proba que serve para seleccionar previamente un número determinado de participantes nunha competición deportiva.
-
-
-
Acción de escapar dun lugar ou dun encerro.
-
Maneira ou medio con que alguén trata de librarse dun compromiso, situación perigosa ou calquera outra dificultade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festas que se celebraban na antiga Atenas en honor da deusa Atenea no duodécimo mes do ano grego, que se estendía entre mediados de xuño e mediados de xullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten características semellantes ás da escoura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista literaria próxima a Falanxe dirixida a partir de 1940 en Madrid por Pedro Laín Entralgo e Dionisio Ridruejo. Cesou a súa edición en 1950. Tentaba reconstruír a cultura española nunha nova situación política e substituír outras publicacións que influíran nos anos previos á Guerra Civil, como a Revista de Occidente, Cruz y Raya ou La Gaceta Literaria. A partir de 1943 e coa incorporación á dirección de José Mª Alfaro, abandonou os ideais falanxistas para darlle un ton máis católico. Nela colaboraron intelectuais da época e difundiu a obra dos membros das xeracións do 36 e do 27 que permanecían en España (V. Aleixandre, G. Diego e D. Alonso), xunto con poetas máis novos como Rafael Morales, Vicente Gaos, José Mª Valverde, Blas de Otero e Carlos Bousoño.