"Ural" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 152.
-
-
Cantidade grande de cousas, especialmente se son diversas.
-
Feito de haber ou de ser máis dun.
-
-
-
-
Pluralidade de opinións, ideas ou opcións.
-
Doutrina sociopolítica que preconiza a coexistencia de tendencias diferentes en calquera sociedade ou institución.
-
-
-
Doutrina filosófica, oposta ao monismo, segundo a que o Universo está composto dunha pluralidade de seres, non reducibles a un único principio.
-
Conxunto de filósofos gregos integrado por Empédocles, Anaxágoras e os atomistas Leucipo e Demócrito, que non aceptaban un único principio entitativo do real, senón diversos elementos ou átomos.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pluralismo.
-
Seguidor do pluralismo.
-
-
-
Dar número plural a palabras que normalmente só se usan en singular.
-
Atribuír a varias cousas ou persoas algo que é peculiar dunha soa.
-
-
-
Que permanece fóra do que é natural ou conforme ao curso natural das cousas, sen ser realmente sobrenatural.
-
Aplícase aos dons outorgados por Deus ao home no seu estado orixinal, que perdeu por causa do pecado e, a diferenza dos dons sobrenaturais, non volveu recuperar a pesar da redención. Entre estes destacan a inmortalidade, a ausencia de sufrimento e o dominio das paixóns.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Coristanco a partir de decembro de 1989. Subtitulada “Revista da Federación de Escolas familiares Agrarias en Galicia”, estivo dirixida por E. Rodríguez Rendo. De carácter informativo, estivo dirixida ás escolas familiares do medio rural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Madrid por Real Decreto de 25 de febreiro de 1847 que ten como obxectivo promover o estudo e o progreso das ciencias, así como normalizar e establecer os criterios a seguir en investigación científica, coa creación de dicionarios técnicos, diversas publicacións e cursos. Ten a súa orixe na Academia Naturae Curiosorum (1657) de Madrid, que foi substituída en 1834 pola Academia de Ciencias Naturales, que se suprimiu coa creación desta real academia. Desde 2001 está composta por 54 membros numerarios, 90 correspondentes nacionais e académicos supernumerarios e correspondentes estranxeiros. Organízase nas seccións de Exactas, Físicas y Químicas e Naturales. Está incorporada ao Instituto de España. Publica a Revista de la Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, creada en 1850 co título Revista de los progresos de las Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, e, desde 2001 a Serie A Matemáticas de la RACSAM, que recolle as contribucións...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espazo natural situado no centro oriental da Cordilleira Cantábrica asturiana, de 376,2 km2 de superficie, que foi declarado Parque Natural (1996) e Reserva de la Biosfera (2001). Presenta unha orografía de media e alta montaña caliza, formacións de orixe glaciaria e formas kársticas nas que predomina o bosque atlántico, pradarías e pastos e fauna característica do N peninsular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Campaña de rectificación (zhengfeng) iniciada por Mao Zedong coa axuda de Lin Biao, en setembro de 1965, para provocar “un gran salto cara a adiante na perspectiva mental das masas” e achegarse máis ao ideal comunista. A ideoloxía pasou a primeiro termo na sociedade chinesa, perdendo peso o sector máis pragmático do partido, normalmente asociado á liña soviética. Foi expulsado todo o aparato de propaganda, chegando a purga a altos cargos como Deng Xiaoping, secretario xeral do comité central. Tras once anos de duración, o movemento pechouse coa morte de Mao Zedong en 1976, iniciándose entón unha violenta campaña contra os seus dirixentes principais, a Banda dos Catro, que foron acusados de ultraesquerdismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á vida no campo e a todas aquelas actividades relacionadas coa agricultura, por oposición á vida na cidade. A definición de espazo rural é moi complicada debido á dificultade de establecer unha unanimidade na mesma que faga que posúa un carácter universal. Non obstante, pódense establecer criterios para concretar os elementos ou problemáticas que axuden á súa definición. Segundo algúns autores, estes criterios poden dividirse en obxectivos ou en normativos. É dicir, a visión obxectiva de que un municipio é rural pode deducirse da porcentaxe de poboación activa agraria ou dunha combinación de variables como a poboación, a densidade ou a presenza de servizos. Pola contra, a visión normativa, pode fundamentarse en consideracións subxectivas, como o número de habitantes que debe ter un municipio para ser considerado rural. Os criterios que se basean nesta última perspectiva para clasificar municipios ou núcleos de poboación como rurais chegan a situacións tan dispares...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de rural.
-
-
Relativo ou pertencente ao ruralismo.
-
Persoa amante do ruralismo.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque Natural situado no NO da provincia de Zamora, moi cerca do límite coa provincia de Ourense. Trátase dunha área de montaña con abundantes vales e lagoas de orixe glaciaria. Conta cunha extensión de 5.027 ha, das que 368 corresponden ao lago de Sanabria, o maior de orixe glaciaria de España. A depresión que se asenta sobre materias precámbricos pechouse debido á formación dunha morena. Está percorrido polo río Tera, que nace na vertente S de Pena Trevinca, a 2.127 m de altitude nun antigo glaciar. Predominan os prados alpinos, os bosques de ribeira e de carballos cerquiños, acivros e teixos, e a matogueira de queiroas que configuran un conxunto no que hai unhas 1.500 especies vexetais. Da fauna destacan o corzo, o lobo, o xabaril, a londra, a aguia real, o falcón, a lagarta galega, a víbora de Seoane, a troita e o barbo.
-
MONTAÑA
Aliñación montañosa do extremo oriental de Galicia, limítrofe coa comarca do Bierzo, que no seu sector galego se estende polas parroquias de Oulego, O Robledo da Lastra, Biobra e Covas, no concello de Rubiá. Conta cunha superficie de 1.723 ha e a súa maior altitude é o monte Tara, que acada os 1.112 m. Xeoloxicamente correspóndese cunha gran dolomía, o que a converte nun fenómeno excepcional en Galicia. A súa localización nunha área baixo un dominio climático con características mediterráneas, a fragmentación topográfica que produce o río Sil e a destacable litolóxica, outórganlle a este pequeno espazo unha enorme biodiversidade. En canto á flora pódese atopar sabinas, castiñeiros comúns, aciñeirais e varios endemismos (Petrocoptis grandiflora, Rhamnus legionensis), algún deles confinado nesta serra. En canto á fauna existe un gran número de especies de vertebrados terrestres, especialmente aves rapaces, como a aguia real e o falcón peregrino; de réptiles, como o lagarto das silvas; e de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
SEPRONA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo dependente do ministerio de Agricultura, creado en 1953 co nome de Servicio Nacional de Concentración Parcelaria. Mantivo este nome ata 1963. Os seus obxectivos pretenden superar o fraccionamento do campo español. En 1971 integrouse no Instituto de Reforma y Desarrollo Agrícola (IRYDA), substituído en 1996 pola Secretaría General de Desarrollo Rural y Conservación de la Natureza.
-
-
Que excede o poder ou as leis da natureza.
-
Que sobrepasa o natural ou non se pode explicar por causas naturais.
-
Aplícase, na especulación teolóxica occidental, á comunicación libre e gratuíta de Deus, a graza, en tanto que non é debida á esencia finita de ser espiritual creado ningún nin este a pode esixir de Deus. Por razón da unidade no home entre espírito e materia, o sobrenatural é un factor interno da historia espiritual, de xeito que a creación alcanza a súa finalidade e perfección non nunha hipotética natureza pura, senón na graza. Inaccesible polo esforzo do home, concédese gratuitamente como un don que, lonxe de forzar a natureza ou destruír a liberdade, as perfecciona. A teoloxía oriental, partindo dunha concepción da graza increada, negou esta concepción porque nela vía unha imposibilidade real de comuñón con Deus.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que deriva dunha actitude non reflexa que reduce a orde sobrenatural a unha ideoloxía, pretende deducir todo positivamente da graza e da revelación e, en último termo, poñer todo sobre a dirección da Igrexa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade independente e científica, sen ánimo de lucro, que foi fundada en 1976 a partir do Grupo Ornitolóxico Galego e que se adicada ao estudo, divulgación, conservación e defensa do medio. Leva a cabo unha intensa actividade en temas relacionados coa natureza, organizando conferencias e congresos tanto sobre estes temas como sobre aves, mamíferos mariños ou micoloxía. Tamén realiza censos invernais de aves acuáticas ou de aves petroleadas, iniciada a raíz do accidente do petroleiro Andros Patria; marcaxes de aves, para coñecer a súa dispersión, e colabora na coordinación do Programa de Conservación do Arao Ibérico. Publica revistas, monografías e boletíns de divulgación do medio natural, como Paspallás e Braña, e o Atlas de vertebrados de Galicia.