"rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

  • GALICIA

    Artista plástico. Licenciado en Pintura pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra, pertence á primeira xeración de artistas galegos formados academicamente en Galicia. A súa obra conecta coas manifestacións máis vangardistas, traballa coa manipulación de imaxes por ordenador pero cunha sensibilidade de raizame poética e de índole romántica. Realizou exposicións individuais e participou noutras colectivas. A súa actividade abrangue tamén a teoría artística, coa publicación de artigos e textos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor de Historia. Centrou as súas investigacións na sociedade, na demografía e na economía rural galega durante a Idade Moderna, sobre todo en cuestións forais, gremiais e familiares, que constituíron o tema da súa tese de doutoramento: La jurisdición del Xallas a lo largo del siglo XVIII: población, sociedad y economía (1993). Así mesmo, en colaboración con Ofelia Rey Castelao, publicou Pobres, peregrinos y enfermos: la red asistencial gallega en el Antiguo Régimen (1999). É colaborador de revistas especializadas, como Compostellanum ou Obradoiro de Historia Moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Editor e empresario gráfico. Emigrado ao Uruguai, traballou na librería Real y Prado -naqueles anos a máis prestixiosa de Montevideo- ata que en 1871 fundou a Librería Nacional. Pouco despois editaba libros de recoñecidos intelectuais uruguaios como Bauza, Blixén, Cervantes, Jiménez de Aréchaga e Magariños, entre outros moitos. Foi o momento no que incorporou obradoiros de impresión ás oficinas da editorial, encargándose el mesmo da produción completa dos libros. Foi tamén administrador da Revista del Plata (1882) e director do Banco de la República. Promoveu a famosa ‘Tertulia de Barreiro’, na que participaron coñecidos políticos, poetas, científicos e xornalistas da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Lanzadora de disco pertencente ao Club de Atletismo Santiveri. Foi campioa de España absoluta na súa especialidade entre os anos 1985 e 1988, ambos incluídos. Amais, foi internacional absoluta en dezaseis ocasións. Conseguiu a plusmarca española de lanzamento de disco en Barcelona o 13 de xullo de 1988, cunha distancia de 55,18 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e músico. Ademais de xefe de produción da Radio Galega, dedicouse ao cine, compoñendo a música das películas Sempre Xonxa, Esperanza e Mamasunción. Colaborou tamén coa Editorial Canela na gravación, montaxe e mastering para os CD que acompañan os libros: Manuel Enríquez Fernández, Nela de Bres (2012) e Desiderio Sampayo Rico, Siderio de Vilarmide (2015)  

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor de Ciencia Política na Universidade de Santiago de Compostela e político. É doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid e licenciado en Filosofía e Letras polas universidades Pontificia de Comillas (Madrid) e Complutense. Entre os anos 1977 e 1989 desenvolveu unha intensa carreira política que o levou a ocupar os cargos de vicepresidente da Xunta de Galicia baixo as presidencias de Fernández Albor (1983-1986) e González Laxe (1987-1988) e de conselleiro da Presidencia (1982-1986). Foi deputado no Parlamento de Galicia nas dúas primeiras lexislaturas (1981-1989), onde desempeñou o cargo de voceiro parlamentario do Grupo Popular, e representou a Galicia na Asemblea de Poderes Rexionais e Locais do Parlamento Europeo. Logo de ostentar distintos cargos en Alianza Popular na provincia de Pontevedra, ocupou a Secretaría Xeral de Alianza Popular-Partido Popular...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pedagogo e profesor. No 1947 comezou os seus estudos de bacharelato que logo simultaneou cos de mestre de Ensino Primario, período no que colaborou co semanario pontevedrés Litoral. Entre 1955 e 1960 escribiu no Faro de Vigo. No 1957 ingresou na Universidade de Santiago de Compostela, pero no 1958 trasladouse a Madrid onde cursou estudos de Filosofía e Letras na Universidade Complutense, rematados en 1965. En Madrid relacionouse cos integrantes do grupo Brais Pinto e vinculouse ao Partido Comunista. Foi lector de español (1965-1967) en Montluçon e Avignon (Francia). Dende 1976 imparte clases de Historia da Educación na Universidade de Santiago de Compostela. Presentou a súa tese Lorenzo Luzuriaga y la renovación educativa en España. 1889-1936 na que analiza os movementos de renovación educativa en España no primeiro terzo do século XX, centrándose no pedagogo Lorenzo Luzuriaga....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, licenciado en Dereito Canónico e doutor en Teoloxía. Foi profesor de Teoloxía do Seminario Conciliar de Santiago de Compostela e de Relixión na Universidade Laboral da Coruña. Membro do consello de redacción e colaborador da revista Compostellanum (1967-1971) onde escribiu sobre temas de teoloxía moral (“Pecado y psicología analítica actual”, 1963; “La psicopatología de la anticoncepción”, 1965). Dende 1986 é profesor de Historia Económica na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo. No eido da investigación histórica publicou Ideología y conflito de clases. Siglos XI-XIII (1977) e El señorío de la Iglesia de Santiago de Compostela: siglos IX-XIII (1987), que foi o tema da súa tese de doutoramento. Así mesmo, colaborou en obras colectivas como Galicia, rasgos originales y perspectivas de conjunto (1981) ou Dende Galicia: Marx: Homenaxe a Marx no 1° Centenario da súa morte...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de cine e fotógrafo. Na primeira metade dos anos 20 desenvolveu as súas primeiras investigacións fotográficas ao redor dun novo procedemento de cine en cor, que foi finalmente patentado en 1925. Realizou ese mesmo ano en Pontevedra as primeiras demostracións públicas dun sistema que se encontraba co inconveniente da súa velocidade de proxección. É así como concibiu e realizou o documental Pontevedra, cuna de Colón (1927), onde defendía a tese da orixe pontevedresa do descubridor de América. Concibe logo un novo sistema de cor, esta vez bicromático, co que filmou unha segunda versión deste mesmo título (1930); é esta unha película lastrada polo seu exceso de rótulos explicativos, cun argumento supeditado a servir de soporte aos experimentos cromáticos do seu realizador. En 1932 constituíu co seu irmán Ramón e co pintor Ramón Peña a produtora Folk, coa que sacou adiante un noticiario cinematográfico galego que se mantivo ata 1935. Froitos desta iniciativa serán documentais como Por...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Director e guionista, irmán do tamén realizador e fotógrafo Enrique Barreiro. Colaborou con este nas súas primeiras experiencias coa fotografía cinematográfica en cor e co documental Pontevedra, cuna de Colón. Participou tamén na fundación da produtora Folk en 1932. A produtora estivo vencellada á intelectualidade nacionalista galega do momento. Rematada esta experiencia de Folk polas desavinzas familiares e polas dificultades para impoñer os noticiarios nas salas galegas, trasladouse a Madrid en 1935. Alí estudiou música, dirixiu unha empresa de mensaxería e dedicouse á fotografía publicitaria, colaborando por exemplo coa revista Vogue. En 1936 foi contratado pola empresa CEA para realizar os documentais Jerez, El monasterio de piedra e xa en 1936, o notable e prestixioso Velázquez. Esta especialización no xénero documental continuou ao longo da Guerra Civil coa realización da curtametraxe Madrid heroico (1936), producida polo anarcosindicalista SUICEP. A súa afiliación republicana...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e dourador de retablos. De orixe compostelá traballou no retablo maior da capela de santa Catalina, na Catedral de Tui.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Traballou nas pinturas do retablo da Igrexa de San Miguel e levou a cabo a restauración do Cristo da parroquia de Cordeiro (Pontevedra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lisardo Rodríguez Barreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Melide baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • José María Rodríguez Barreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. De tendencia moderada, tivo o poder político do distrito de Arzúa (1846-1864), presentándose en todas as eleccións agás en 1854. En 1857 foi xerente do Banco de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Barreiros baixo a advocación de san Cosme, onde se atopa a capital municipal, a vila de San Cosme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de san Cosme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Mariña Oriental situado na provincia de Lugo ao NL da comunidade autónoma de Galicia (43° 32’ de latitude N e 7° 14’ de lonxitude O). Limita ao O cos concellos de Foz e de Lourenzá (da Mariña Central), ao S co de Trabada, ao L co de Ribadeo (A Mariña Oriental) e ao N co Mar Cantábrico. Abrangue unha superficie de 72,42 km 2 cunha poboación de 3.246 h (2007), distribuídos nas parroquias de Cabarcos, Celeiro de Mariñaos, Reinante, San Cosme de Barreiros, San Miguel de Reinante, San Pedro de Benquerencia, San Xusto de Cabarcos e Vilamartín Pequeño. A capital municipal é a vila de San Cosme, na parroquia de Barreiros.Situada 160 km de Santiago de Compostela, 96 km de Lugo e 23 km de Mondoñedo, está adscrito ao partido xudicial de Mondoñedo e á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
    Xeografía física
    O territorio do concello de Barreiros encádrase no dominio climático oceánico húmido, caracterizado pola suavidade termopluviométrica, aínda que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario. Traballou co seu pai nunha liña de autobuses ata que creou unha empresa construtora (1946). Converteu os motores de gasolina en Diesel (1949) e dedicouse á fabricación de motores. Fundou en Madrid cos seus irmáns a Compañía Anónima de Bombas, Motor Nacional SA (MONASA) e Barreiros, SA (1956). Continou coa fabricación de motores e iniciou a de camións Barreiros e de tractores. En 1962 chegou a un acordo coa AEC e ampliou a súa produción para a fabricación de autobuses. Vendeu o 40% de Barreiros Diesel á Chrysler no ano 1964 e lanzou ao mercado o Dodge. En 1969 vendeu a súa participación e abandonou a presidencia. Dedicouse entón a negocios gandeiros (Explotaciones Puerto Vallhermosos SA), inmobiliarios, mineiros e financeiros (sociedade INBURSA). Con socios cubanos creou CIMISA, dedicada á fabricación de motores. En Cuba, onde foi asesor de Fidel Castro,...

    VER O DETALLE DO TERMO