"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Deixar actuar a fantasía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é produto da fantasía ou que contén moitos elementos procedentes dela.

    2. Que se deixa levar moito pola fantasía e a imaxinación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparición sensible dun morto ou dun ser incorpóreo.

    2. Ser imaxinario que a xente cre ver en soños ou esperta.

    3. Recordo ou visión que volve á mente das persoas atormentándoas.

    4. Imaxe mental dun obxecto. Na filosofía escolástica tradicional equivalía a aquilo que o home chama modernamente fenómeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ilusión dos sentidos ou da intelixencia.

    2. Técnica cinematográfica que permite representar imaxes mediante trucaxes ópticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á fantasmagoría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica francesa realizada en 1908 por Émile Cohl. Trátase dunha pequena curtametraxe (90 segundos) realizada coa técnica da animación. O elemento fundamental é un debuxo branco sobre fondo negro que recrea a imaxe dunha persoa. Mediante o movemento rápido dos distintos debuxos que realizan unha acción, esta parece estar en movemento. Destacou esta produción por ser o inicio do que se coñece como “debuxos animados”, que perfeccionaría posteriormente Walt Disney.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos fantasmas.

    2. Que non semella real.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é resultado da fantasía.

    2. Que destaca polas súas boas calidades.

    3. Aplícase á arte e ao xénero literario ou cinematográfico caracterizado pola súa temática irreal, nacida da fantasía, pola aparición de elementos e personaxes imaxinarios ou extranaturais, ou pola incorporación de técnicas que crean unha atmosfera de irrealidade. Os seus recursos son o desafío das leis da física, a desaparición dos límites entre a vida animal e a humana, e o tratamento dos temas como a morte, as metamorfoses ou os mitos. A arte fantástica manifestouse en diversas épocas: nas representacións do demo da Idade Media, na pintura alemá e flamenga do Renacemento, no manierismo barroco, no romanticismo, no modernismo, no expresionismo e no surrealismo. Na literatura de todas as épocas hai elementos fantásticos, non obstante o cultivo da literatura fantástica propiamente dita deuse a partir do romanticismo. O cine, dende os primeiros tempos, empregou temas literarios, elementos e personaxes fantásticos. Temas moi tratados dende Méliès foron o demo, os vampiros, as pantasmas e os...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo fanti.

    2. Individuo do pobo fanti.

    3. Pobo melanoafricano da etnia axanti que habita na costa de Ghana. Dividido en pequenas comunidades políticas situadas ao NO de Ghana, mantiveron contactos cos exploradores europeos dende finais do s XV. A partir do s XVII formaron unha confederación de reinos autónomos que serviron como intermediarios no tráfico de escravos. A mediados do s XIX enfrentáronse cos axanti e tentaron formar un Estado no que se mesturaran institucións tradicionais coas formas políticas inspiradas en modelos europos. A súa economía, que se basea no comercio, complétase cunha agricultura itinerante e de barbeito, ademais da pesca. Orixinariamente politeístas, a maior parte da poboación converteuse ao cristianismo.

    4. Dialecto da lingua akan que se fala en Ghana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Discípulo de Courbet e amigo de Monet e Whistler, ao seu estudo acudían os impresionistas. Expuxo no Salon des Refusés en 1868. A súa pincelada é curta e minuciosa. Realizou tamén litografías. Entre as súas obras destacan Hommage à Delacroix (Homenaxe a Delacroix, 1864) e Un atelier á Les Batignolles (Un estudo en Les Batignolles, 1870).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción propia dun fantoche.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Boneco articulado que se move con fíos e co que se representan farsas teatrais.

    2. Persoa que presume do que non ten ou do que non é.

    3. Persoa con pouca personalidade e que se deixa influenciar facilmente polos demais.

    4. Busto humano, xeralmente monstruoso, sen brazos e con cornos, empregado como cimera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. Considerado un dos máximos representantes da poesía neoclásica italiana, escribiu Odi (Odas, 1784) e Poesie e prose varie (Poesía e prosa varia, 1785). En 1805 foi secretario e logo presidente da Academia de Belas Artes de Carrara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar que se consagrou a unha divindade e onde non é necesario a existencia de edificios relixiosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, escultor e decorador italiano. Foi un dos representantes do barroco napolitano. Entre as súas obras destacan as igrexas da Ascensione, de Santa Maria della Sapienza (1638-1641) e de San Giorgio Maggiore, e o inacabado Palazzo Donn’Anna (1642-1644).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e político. Coñecido como Antolín Faraldo Malvar, entre 1835 e 1842 realizou o bacharelato en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Membro da Academia Literaria de Santiago, a partir de 1843 incorporouse á Diputación Arqueológica Gallega. Entre os anos 1842 e 1845 traballou como redactor nos periódicos El Recreo Compostelano e El Porvenir, e colaborou en Santiago y a ellos e La Situación de Galicia, nos que asinaba co pseudónimo de Abehumeya. Formou parte do grupo de provincialistas que participaron no levantamento progresista de 1846, cando asumiu a secretaría da efémera Xunta Superior do Reino de Galicia, tralo que houbo de exiliarse en Portugal. En 1847 marchou a Madrid e participou na redacción do xornal progresista La Europa; ademais, escribiu artigos para o Boletín Mercantil e Industrial de Galicia, editado na Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Política. Foi presidenta de Novas Xeracións do Partido Popular da Coruña desde 1994 e deputada no Congreso pola circunscrición da Coruña na VI (1996-2000) e VII (2000) lexislaturas, nas que foi membro das comisións de Sanidade e Consumo, Administracións Públicas, Regulamento e da comisión mixta para o estudo do problema das drogas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, pai de Antolín Faraldo. De tendencia absolutista, foi deportado a Canarias durante o Trienio Constitucional e, ao regreso de Fernando VII, foi proposto como capitán do Batallón de Voluntarios Realistas. En 1832 foi nomeado, por designación real, secretario contador do Hospital Real de Santiago de Compostela, cargo do que foi destituído tras ser acusado de conspiración (1839).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Profesión dos actores do teatro e en xeral da xente que se dedica ao mundo do espectáculo.

    2. Conxunto de comediantes ambulantes que percorrían as vilas, onde organizaban espectáculos de tipo cómico popular. Orixinarios da Idade Media e herdeiros dos xograres, desapareceron coa proliferación de compañías profesionais e estables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro creado en Vigo por Eduardo Hernández Rúas. Nel formáronse actores, directores ou escenógrafos como Avelino González, Cándido Pazó, Xoán Goberna, Miro Magariños ou Carlos Alonso. Entre os seus espectáculos cómpre citar Burla e realidade de Sancho (1975), con textos de varios autores; O Catecismo do Labrego (1976), creado a partir da obra de Valentín Lamas Carvajal; Recital de poesía escenificada (1977); A corte miragreira (1978), sobre un texto de Domingo Mirás; I érase unha vez (1980), sobre textos de varios autores; Animación na rúa (1981); Tres pezas curtas (1982), con textos de Čekhov; ou Arroutadas (1983). Participou e promoveu diversas iniciativas para a normalización da vida teatral, entre as que hai que salientar as tentativas de crear unha compañía estable de teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO