"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de carnal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cloruro de magnesio e de potasio hidratado, de fórmula KMgCl36H2O. Cristaliza no sistema rómbico, de cristais pouco frecuentes, incoloros ou avermellados. Ten dureza 2,5 e peso específico 1,6. É o sal potásico máis importante das explotacións salinas do norte de Alemaña.
-
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Profesor en Viena, Praga, Chicago, Princeton e Los Angeles. As orixes do seu pensamento están nalgúns dos postulados expostos polo Círculo de Viena: a constitución lóxica do mundo, o rexeitamento da metafísica, a sintaxe lóxica da linguaxe, a semántica e o exame da indución, que teñen como tema central o coñecemento científico e os problemas dunha filosofía metodolóxica dominada pola idea de exactitude e de corrección lóxico-formal. Intentou crear unha linguaxe xeral das ciencias. As súas teses iniciais baseáronse na afirmación de que os enunciados científicos eran analíticos ou empíricos e que eran significativos se podían ser verificables. Posteriormente, afirmou que o significado dun enunciado podía ser gradualmente confirmable e non verificable. Estudiou a semántica lóxica e concibiu a filosofía como o estudo da natureza da linguaxe da ciencia, entendendo que tiña que ter unha linguaxe rigorosa. As súas principais obras son Der logische Aufbau der Welt (A estrutura...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Henry Howard Molyneux Herbert.
-
VER O DETALLE DO TERMO
George Eward Stanhope Molyneux Herbert.
-
REXIÓNS
Rexión histórica da India, no altiplano de Deccan, que se estende dende os Ghates occidentais ata o golfo de Bengala. A agricultura e a gandería son as principais actividades económicas, complementadas co comercio de viño, trigo e azucre. Habitada por pobos de lingua karanesa, que corresponden en gran parte ao actual estado de Karnākata. Constituíu o imperio dos Vijayanagar (1300-1600); a partir deste último ano as sucesivas conquistas musulmanas reduciron a súa extensión e modificaron a súa localización. O nome empregouse tamén para designar a parte sur do Coromandel, no sudoeste da baía de Bengala, lugar onde se retiraran os Vijayanagar despois da súa derrota. O reino mantívose independente de Mysore ata a conquista británica en 1799.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Período de tres días que precede á Coresma.
-
Festa popular, celebrada neste período, que se caracteriza polas máscaras, bailes, comidas tradicionais, etc. Ten a súa orixe nas antigas bacanais (en honor do deus Baco), nas saturnais (en honor de Saturno) e nas lupercais (en honor do deus Pan), así como noutras festas orxiásticas e misteriosas que se celebraban en Grecia e Roma. O cristianismo non conseguiu destruír estas tradicións totalmente, malia as persecucións das antigas relixións por parte da Igrexa. A partir do s VI o carnaval acadou un grande esplendor en Italia, particularmente en Venecia. Na Idade Media, o carnaval foi menos licencioso ca na Antigüidade, pero máis groseiro e desprovisto de misterio. Tanto en Italia como en Francia e España, adoitábase rematar o carnaval co popular enterro do carnaval, que consistía en queimar un boneco de palla despois de pasealo polas rúas e prazas das poboacións, en medio dun gran bulicio.
-
[Ho
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao carnaval.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Baile de orixe campesiña de ritmo binario, popular en Bolivia e no N de Arxentina. Normalmente se acompaña co charango, a quena e o tambor.
-
-
Provisión de carne feita trala matanza de animais.
-
Desfeita e mortaldade de vidas humanas causadas pola guerra ou por calquera outra catástrofe.
-
-
-
Cara da pel que está en contacto coa carne.
-
ariedade de uva bastarda tinta e de bo gusto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
carnazo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se alimenta de carne.
-
-
Aplícase á pataca ou á castaña que non teñen pel.
-
Parte da pel que estivo en contacto coa carne.
-
Comida que se usa como cebo para pescar ou cazar.
-
Carne de animais mortos.
-
Excrecencia de carne.
-
-
-
Parte branda do corpo dun animal que está formada principalmente polo tecido muscular.
-
-
Parte comestible do corpo dos animais que se corresponde coas masas musculares, especialmente aquela procedente de animais de matadeiro, curral ou caza, en contraposición aos peixes. Quimicamente a carne está composta sobre todo de auga (76%), proteínas, lípidos, glúcidos e vitaminas. Entre as proteínas, distínguense as solubles (mioxeno, albumina e globulinas) e as insolubles. Ademais a carne está formada por outras substancias nitroxenadas (péptidos de baixo peso molecular, aminoácidos, aminas, etc) e ácidos orgánicos, cetonas, aldehidos, glicerina, ácido sulfhídrico, sulfhídrilos e mercaptanos, que lle dan o seu aroma e sabor característicos. O seu contido en glúcidos é xeralmente moi baixo; o máis importante é o glucóxeno. Contén tamén enzimas (catepsinas, fosforilasas, etc). Como alimento ten un importante valor nutritivo, posto que, ademais de vitaminas A e B, subminístralle ao organismo unha boa cantidade de proteínas e aminoácidos esenciais, especialmente a lisina e a metionina,...
-
carne curada
Carne que se secou no fumeiro.
-
carne de Ávila
Carne de vacún de raza Avileña, protexida pola Denominación de Orixe. A produción céntrase na obtención de carne branca que provén de tenreiros de ata 10 meses de idade alimentados exclusivamente con leite, feito que lles causa unha anemia que confire á carne a súa cor e sabor característicos. Non obstante , para os chuletóns de Ávila, prefírese a carne de tipo añojo ou novillo, vermella e máis sabedeira.
-
carne de pelo
Carne de coello ou lebre.
-
carne de pluma
Carne das aves, como a galiña, o pato, etc.
-
carne do sábado
Sobras e gordura dos animais que se aproveitan para comer. Antigamente só se comían nese día.
-
carne fresca
Carne dos animais que non se someteu a ningún proceso de conservación.
-
carne magra
Carne que non ten graxa nin nervios.
-
...
-
-
-
-
Tarxeta ou documento, expedido por unha entidade pública ou privada, en favor dunha persoa, provisto dos seus datos persoais e normalmente dunha foto, que acredita a súa identificación persoal ou a pertenza a unha sociedade, corpo ou entidade.
-
Documento Nacional de Identidade.
-
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Adscrito ao realismo poético, é o autor de destacadas películas que se poden incluír dentro desta tendencia: Drôle de drame (Estraño drama, 1937) e Le jour se lève (O día comeza, 1939). En Les visiteurs du soir (Os visitantes da tarde, 1942-1943) e Les enfants du Paradis (Os nenos do Paraíso, 1943-1945) establece, en clave, unha vontade de definición estética semellante á de Prévert. Entre as súas obras posteriores destacan Juliette et la clef des songes (Xulieta e a chave dos soños, 1951) e La Bible (A Biblia, 1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo grego. Sucedeu a Arcesilao a partir do 156 a C e dirixiu a Academia Platónica na época denominada Academia Nova. Representante do escepticismo moderado, foi adversario de todo dogmatismo. Afirmaba que o home non pode distinguir dunha maneira absoluta entre as representacións verdadeiras e as falsas, polo que precisa dun criterio de verdade teórica e práctica, que se atoparía nas nocións do verosímil, o probable e o persuasivo. O seu discípulo Clitómaco difundiu as súas ideas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Industrial e filántropo norteamericano de orixe escocesa. Logo de traballar nunha compañía de ferrocarrís, en 1865 fundou diversas empresas siderúrxicas, que en 1899 fusionou na Carnegie Steel Corporation. Retirado dos negocios, de acordo co que deixara establecido no seu libro The Gospel of Wealth (O evanxeo da riqueza, 1889), dedicouse á filantropía. Fundou diversas institucións benéficas e culturais nos EE UU e no Reino Unido, entre as que destaca a Carnegie Fundation for the Advancement of Teaching creada no 1905.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Conxunto de carneiros.
-
Golpe que dan as cabras coa cabeza cando trucan.
-
Comida ou festa celebrada a base de carneiro.
-