"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Maxistrado relixioso que se ocupaba inicialmente de representar o pobo romano nos actos públicos internacionais. Constituían un colexio formado por vinte membros e presididos por un magister fetialum. Entre as súas funcións incluíase a perpetuación mediante tradición oral dos tratados, as paces e as treguas. Emitían ademais ditames respecto ás violacións dos dereitos e aos tratados, e demandaban a reparación polas inxurias inferidas ao pobo romano. Durante o Imperio perderon as súas facultades sobre a guerra e a paz e quedaron limitados á capacidade de decidir sobre os embaixadores e as extradicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización estudantil creada en Santiago de Compostela en 1990. Ten como obxectivos, ademais do labor reivindicativo, a formación de asociacións xuvenís, a divulgación dos dereitos e deberes dos alumnos nos centros educativos, a organización de asembleas, conferencias e congresos (política educativa, política lingüística, etc) e a defensa dos alumnos galegos diante das diferentes administracións educativas. Foi a primeira forza estudantil de ensino secundario en Galicia con preto de 350 conselleiros escolares adscritos. Membro activo do Consello Escolar de Galicia e do Consello da Xuventude de Galicia, foi pioneira na celebración de encontros sobre política lingüística entre asociacións estudiantís, en colaboración co Colectivo de Estudiantes Vascos (CEV-EIK) e coa Associació de Joves Estudiants de Catalunya (AJEC). Integrouse na Unión de Estudiantes de España (UDE), e posteriormente no Colectivo de Asociaciones de Estudiantes Progresistas (CAEP), e no ámbito internacional pertence á...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación fundada durante o primeiro congreso galego de empresarias de Galicia, celebrado o 27 de abril de 1989, na Coruña. Ten a súa sede en Santiago de Compostela e está integrada, no 2002, polas Asociacións de Empresarias da Coruña (AECO), Pontevedra (APE), Ourense (AME) e Lugo (AELU). A través dun convenio coa Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, conta desde 1999 cun servizo gratuíto de asesoramento para a creación e consolidación de empresas. Proporciona, ademais, asesoría xurídica e laboral e información socioeconómica de carácter xeral, e organiza cursos de formación, congresos e xornadas sobre temas de interese para as mulleres empresarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada o 29 de outubro de 1977 en Santiago de Compostela que ten como finalidade a defensa dos intereses dos libreiros, do libro e da cultura de Galicia. Ademais, procura a mellora profesional e material dos seus asociados, promove o libro e a lectura a través de diversas actividades, e representa o sector en todos os foros de decisión e debate. Ao longo da súa historia, presidírona Xesús Couceiro Rivas, Ángel Martínez Ferrer, Xosé M. Alonso Martínez e Xaime C. Corral Prieto. Está formada por sete Agrupacións de Libreiros (Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo). Publicou os tres primeiros tomos do catálogo das publicacións en galego dende as Cantigas de Santa María ata o ano 1993. Anualmente, edita antoloxías e monografías dos escritores homenaxeados no Día das Letras Galegas. Ademais, encárgase da organización das Feiras do Libro Novo e as do Libro Antigo e de Ocasión que se celebran en Galicia, xunto con xornadas monográficas sobre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo político constituído en 1976 por membros do Partido Socialista Galego e doutros partidos socialistas españois, no marco da Conferencia Socialista Ibérica. Defendeu a ruptura democrática fronte ao franquismo, en oposición á transición pactada, impulsada polo PSOE e o PCE. Mantivo tamén diferencias coa UPG na definición do carácter da AN-PG, que para os socialistas se concibía como un órgano interclasista e suprapartidario e non como un partido de vangarda revolucionaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de entidades locais (concellos, deputacións, consellos e cabidos insulares) fundada en 1980 en Madrid, onde radica a súa sede. Os seus fins son: o fomento e a defensa da autonomía das entidades locais; a representación e defensa dos intereses xerais das entidades locais ante outras Administracións públicas; a prestación de toda clase de servicios ás entidades locais; o desenvolvemento e consolidación do europeísmo no ámbito local, baseado na autonomía e solidariedade entre todas as entidades locais; a promoción e favorecemento das relacións de amizade e cooperación coas entidades locais e as súas organizacións no ámbito internacional, especialmente o europeo, iberoamericano e árabe; e a xestión de programas gobernamentais destinados ao ámbito local. O 12 de xaneiro de 1980 celebrouse en Madrid unha xuntanza de alcaldes da que xurdiu unha xunta xestora presidida polo alcalde de Málaga, Pedro Aparicio Sánchez, que tramitou a constitución formal da Federación Española de Municipios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación das corporacións locais galegas (todos os concellos e as deputacións provinciais) fundada o 7 de outubro de 1988. Os seus obxectivos son: o fomento e a defensa da autonomía das entidades locais; a representación e defensa dos intereses xerais das entidades locais ante outras Administracións públicas e, especialmente, a reivindicación das súas competencias; a promoción e o desenvolvemento da cultura e da lingua galega no ámbito local; o fomento da participación cidadá na vida local; o desenvolvemento e consolidación do europeísmo no ámbito local, baseado na autonomía e solidariedade entre as entidades locais; e a prestación de toda clase de servicios ás entidades locais. Na súa asemblea constituínte, celebrada o 7 de abril de 1989, ratificouse como presidente a José Castro Álvarez, alcalde de Ponteareas, que en 1992 foi substituído por Xosé Luis Torres Colomer, alcalde de Ribeira. En 1995 accedeu á presidencia o alcalde de Quiroga, Xulio Álvarez Núñez, ao que sucedeu, en 1999,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación constituída en 1927 en Edimburgo para proporcionarlles aos bibliotecarios de todo o mundo un foro no que intercambiar ideas, promover a cooperación, a investigación e o desenvolvemento internacional nos diversos campos da actividade bibliotecaria. En 1971 estableceu a súa sede na Royal Library da Haia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: FIFA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo constituído en Pontevedra a finais de 1953 co obxectivo de coordinar e impulsar as actividades de centros culturais e ateneos de carácter libertario. Contou con entidades adheridas en Vigo e nos seus arredores (Lavadores, Beade, Bembrive, Candeán, Sárdoma), Porriño, A Guarda, Cangas, Moaña, Vilagarcía e Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización xurdida entre 1914 e 1915 e baseada na efémera Federación de Marineros del Morrazo. Con forte presenza en Marín e Cangas, tentou integrar as sociedades de mariñeiros, maquinistas e patróns de cabotaxe de toda Galicia. Alentada por militantes socialistas, como o marinense Xosé Hervés e o canteiro residente en Cangas Lorenzo Corbacho, tentou intervir no control das artes depredadoras e na erradicación da dinamita nas faenas pesqueiras. Desapareceu en 1922, logo de ter desenvolvido unha intensa conflitividade mariñeira nas rías de Vigo e Pontevedra a finais da segunda década do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación creada en Madrid en 1900 coa finalidade de coordinar as sociedades obreiras de resistencia herdeiras do espírito da Federación Regional Española da AIT. Trala sede de Madrid, o seu comité residiu en Zaragoza e, a partir de 1905, na Coruña. Publicaba un boletín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1720-1751), duque de Finlandia, príncipe de Estonia e Ingria (1720-1751) e langrave de Hessen-Kassel (1730-1751). Tras loitar na Guerra de Sucesión española, casou en 1715 con Ulrica Leonor I de Suecia, quen se converteu en raíña en 1718 e lle cedeu a coroa dous anos máis tarde. Iniciou un novo conflito con Rusia en 1741 que acabou co Tratado de Abo (1743).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Bispo de Foligno, morreu durante a persecución de Decio. A súa festividade celébrase o 24 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir xunto co seu irmán Primo no s III en Roma. Na iconografía adoitan representarse xuntos con cravos ou feridas nas mans e cun león aos pés. A súa festividade celébrase o 9 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que ten a súa orixe no latín Felicianus, cognome romano, xentilicio de Felix. A forma feminina correspondente é Fabricia. As variantes son Felicio/Felicia e os hipocorísticos Felo/Fela. Entre os santos que levaron este nome, un foi mártir co seu irmán Primo no s III en Roma. A súa festividade celébrase o 20 de outubro (bispo) e 9 de xuño (F. e Primo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico político aparecido na vila coruñesa de Fene a partir de setembro de 1988. De tendencia socialista e nacionalista, recollía as principais reivindicacións do Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión do Oriente Próximo ao longo da costa mediterránea, que se corresponde co Líbano e partes de Siria e Israel. Foi a patria dos fenicios e tivo como cidades principais Biblos, Beirut, Tiro e Sidón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Fenicia ou ao pobo fenicio.

    2. Individuo do pobo fenicio.

    3. Pobo de orixe semítica establecido cara ao 3000 a C nunha estreita franxa costeira de Siria Central, situada entre o Monte Carmelo e o río Eleuter. Dedicáronse ao comercio marítimo e organizáronse en cidades estado ao redor de portos resgardados como Tiro, Sidón, Tripoli, Biblos e Beirut. Durante o III milenio a C comerciaron cos exipcios, subministráronlles madeira de cedro e de abeto para construír embarcacións, ademais de aromas, aceites e resinas. No II milenio a C Biblos e Sidón mantiveron un importante comercio cos exeos, cretenses e micénicos. Sometidos militarmente polos exipcios (ss XV-XIV a C) foron liberados pola invasión dos “pobos do mar” ao redor do 1200 a C. A partir dese momento substituíron os micénicos como potencia e iniciaron unha etapa de prosperidade durante a que desempeñaron o papel de intermediarios do comercio entre Oriente e Occidente; ademais controlaron os puntos de chegada das caravanas que cruzaban o deserto, como Hama ou Damasco. Ao mesmo...

    4. Lingua do phylum afroasiático da familia semítica, que falaban os antigos fenicios. Foi lingua viva desde o s XII a C ata o s III, e estendeuse pola costa mediterránea. A variedade de fenicio que se falaba en Cartago, un dos seus asentamentos máis importantes, denominouse púnico. Os restos atopados confirman que o fenicio se mantivo como lingua viva ata o s II no leste do dominio fenicio, e ata o IV na área de Cartago. Entre as trazos lingüísticos máis sobresaíntes, cómpre destacar: o uso de tres vocais (e, i, u), que poden ser longas e breves, e a distinción de dous xéneros (masculino e feminino, que se marcan cun -t) e tres números (singular, plural e dual). Utilizaban o seu propio alfabeto, de vintedous signos, que lles serviu de inspiración aos gregos para construír o seu. Escribían de dereita a esquerda e utilizaban un signo por sílaba (consoante + vocal). Máis adiante tamén representaron sons consonánticos e algunhas vocais engadidas. As glosas dos textos...

    5. Arte desenvolvida polo pobo fenicio. Produto de influencias mesopotámicas, exipcias, hititas e exeas, entre outras, apareceu no III milenio a C e adquiriu importancia no comezo do II milenio a C. Os templos tiñan patios rodeados de cuartos, as cidades eran amuralladas e as rúas entrecruzábanse perpendicularmente. As tumbas, agrupadas en necrópoles e talladas na rocha, amosan unha grande influencia exipcia. No eido da escultura destacan as estelas e os sarcófagos decorados con relevos; no eido da escultura exenta destacan os colosos de Biblos. Cómpre tamén salientar a realización de xoias, obxectos de bronce e de marfil; destacan, entre outras, as plaquetas de Ra’s Šmara. Entre as producións fenicias localizadas nas colonias da Península Ibérica cómpre subliñar os marfís atopados nas tumbas tartésicas de Carmo (Sevilla); os peites de Carmona e Osuna (Sevilla); os sarcófagos antropomorfos da necrópole de Gadir (Cádiz); a Dama de Galera, realizada en alabastro no s VII a C; o Sacerdote de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués, membro da liñaxe dos Sousa, fillo de Garcia Mendiz d’Eixo e irmán do conde Gonçalo Garcia. Debeu nacer a comezos do s XIII. Ata 1247 -ano en que se atopa na Beira apoiando o conde de Boloña e desafiando a Martin Gil de Soverosa, partidario de Sancho II- é probable que se ausentase de Portugal e frecuentase a corte castelá nos tempos de Fernando III. Sendo Rei Afonso III, ocupou o cargo de tenente de Maia e morreu arredor do 1251. Autor de vinte composicións -ningunha delas recollida no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana-, desenvolveu a súa actividade poética cara ao segundo cuarto do s XIII; escribiu dezaoito cantigas de amor e dúas de escarnio.

    VER O DETALLE DO TERMO