"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundada o 23 de marzo de 1898 en Santiago de Compostela, foi a primeira organización patronal desta cidade e unha das primeiras de Galicia. O seu obxectivo básico era a defensa mutua e protección recíproca dos seus asociados, cando a súa autoridade ou os seus intereses de clase estivesen ameazados polo obreiro, especialmente na folga ou no paro. Non se admitía ningún aprendiz (menor de 16 anos) que estivese afiliado a calquera das sociedades de resistencia da cidade e, sobre todo, aqueles que xa pertenceran ás organizacións obreiras, procurando os seus xefes que abandonasen esta afiliación. Por outra banda, os afiliados a esta patronal, comprometíanse a non dar traballo a aquel obreiro que non viñese provisto dun documento, expedido polo seu anterior patrón, no que se informaba de que abandonaba o traballo voluntariamente sen ter secundado protestas obreiras ou ter cometido faltas graves na empresa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización agraria máis antiga da vila de Betanzos constituída oficialmente en decembro de 1900. A súa fundación foi alentada no transcurso dunha visita que o líder socialista Pablo Iglesias realizou en 1899 á vila. Esta organización labrega, de orientación socialista, estaba conformada por xornaleiros, arrendatarios e pequenos propietarios de terras. Entre os seus obxectivos estaban os de mellorar a condición económica, moral e intelectual dos afiliados, establecendo relacións de solidariedade coas demais asociacións de carácter obreiro. Interveu nas loitas electorais municipais dende 1901, apoiando aos candidatos socialistas; e do mesmo xeito, entre 1907 e 1909, apoiou a Solidaridad Gallega, enfrontándose así ao caciquismo liberal do distrito. Nos anos da II República estivo adherida á Federación Agraria do Partido Judicial de Betanzos. Desapareceu nos comezos do alzamento militar de 1936.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización integrada por licenciados e doutores en ciencias da información (xornalismo, publicidade, relacións públicas e comunicación audiovisual) de España, co fin de defender corporativamente os seus intereses, desenvolvendo actividades académicas e profesionais entre os seus asociados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización con sede en Barcelona integrada por empresas dedicadas ao márketing directo, publicidade directa, telemárketing e empresas de venda por correo. Entre os seus asociados atópanse axencias como Bates Direct, Cano & Martínez, Diálogo & Relación, Europ RSCG e Ogilvy One.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación internacional fundada no ano 1973 que reúne xuristas e bromatólogos e ten a súa sede en Bruxelas. Os seus obxectivos son a divulgación, o desenvolvemento e a harmonización internacionais do dereito alimentario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundada no 1987, exerce a súa actividade en Galicia e ten como obxectivo fundamental divulgar e promocionar a creación musical dos compositores socios, ben a través dos seus propios medios ou ben mediante convenios con institucións; fomentar as edicións de partituras e gravacións; organizar concertos, conferencias e estimular a actividade de intérpretes que se interesen pola obra compositiva dos socios. En 1998 a AGC editou un CD con 17 obras para piano de 12 dos seus membros e ata a data realizou seis ciclos de concertos. O seu presidente é Carlos López García-Picos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación constituída en Santiago de Compostela o 27 de xuño de 1983 por iniciativa de Bieito Ledo Cabido como director-xerente da editorial Galaxia. Na mesma participaron Carmen Brochs, Enrique Iglesias, Bieito Ledo, Fernando Abraldes, José Luís Veleiro, Olegario Sotelo Blanco, Carlos Blanco Yáñez, Salvador García Bodaño e Antón Patiño. Ten as finalidades de defender, promocionar e difundir a edición de libros en lingua galega; os seus estatutos foron presentados para a súa aprobación oficial o 27 de setembro de 1983, sendo publicado o anuncio do referido depósito no DOG nº 143 de 7 de outubro de 1983. A primeira xunta directiva, elixida na xuntanza mantida en Santiago de Compostela o 29 de outubro de 1983, estivo presidida por Bieito Ledo Cabido. Por orde cronolóxica, presidiron a Asociación Galega de Editores Luís Mariño, Antonio Díaz Díaz, Bieito Ledo Cabido, Carlos Blanco Yáñez e Damián Villalaín. En cumprimento das súas finalidades a Asociación Galega de Editores vén desenvolvendo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación creada no ano 1990 por estudiantes de segundo e terceiro ciclo da facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, co obxectivo de organizar foros de debate histórico e historiográfico, investigacións e publicacións que amplíen o coñecemento da Historia de Galicia. Se ben nun primeiro momento se destinou a estudiantes e profesionais da Historia, pronto se abriu á participación de todo aquel interesado nas actividades que a asociación desenvolve. Organiza a Semana Galega de Historia así como congresos de Xoves Historiadores e outras actividades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundada en 1997 agrupa o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Orujo de Galicia, o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, o Consello Regulador da Denominación Específica Mel de Galicia, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Queixo Arzúa-Ulloa, o Órgano Rector do Produto Galego de Calidade Queixo do Cebreiro, o Consello Regulador do Produto Galego de Calidade Mexillón de Galicia, o Consello Regulador da Denominación Específica Pataca de Galicia, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Queixo Tetilla, o Órgano Rector do Produto Galego de Calidade Queixo de San Simón, o Consello Regulador da Denominación Específica Lacón Gallego e o Consello Regulador...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundouse en xuño de 1905 na Habana co obxectivo de financiar e apoiar a creación dunha Academia Gallega. En 1905 publicouse nos xornais da illa de Cuba un artigo de Manuel Murguía no que incitaba á fundación da Real Academia Gallega, co fin de evitar a desaparición do idioma galego, e que esta se encargase da elaboración dun dicionario e dunha gramática. Tal iniciativa foi acollida con aceptación por parte das asociacións e galeguistas da illa, especialmente Manuel Curros Enríquez e Xosé Fontenla Leal. Ao mesmo tempo traballaba dende América na recuperación da cultura galega recollendo cantos e tradicións populares, e contemplando no seu regulamento a creación de tres seccións culturais dentro da asociación (Historia, Literatura e Belas Artes, e Ciencias). A achega da asociación cubana foi tan importante que, en outubro de 1905, se formalizou a constitución da Real Academia Gallega, con sede na cidade da Coruña. Na súa declaración estatutaria, a asociación declaraba non ter ideoloxía política...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización económica filial do Banco Internacional para a Reconstrución e o Desenvolvemento, fundada no ano 1960 en Washington e coñecida xeralmente polas siglas IDA (International Development Association). Ten como obxectivo o fomento de créditos a longo prazo aos países subdesenvolvidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
PEN Club de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada no ano 1919 na cidade de Bos Aires, e que tiña como obxectivo sustentar economicamente á Real Academia Gallega, ao mesmo tempo que difundir as súas iniciativas na República Arxentina. Esta asociación tivo a súa orixe en 1908, cando a Asociación Iniciadora y Protectora da Academia Gallega na Habana nomeou unha delegación en Bos Aires, que no sucesivo se amosaría case inexistente; estes académicos na Arxentina tiveron como única actividade a promoción dunha suscrición popular para a construción do monumento a Curros Enríquez na Coruña. En 1919, a Real Academia Gallega enviou a Xulio Dávila coa intención de unir as iniciativas existentes en Bos Aires a prol da Academia. Xulio Dávila solicitoulle apoio económico á Casa de Galicia da capital, acordando esta ofrecer unha achega anual de 500 pesetas, ao mesmo tempo que permitía a constitución dunha comisión autónoma da Academia nas súas dependencias. Poucos días despois constituíuse oficialmente a Asociación, sendo o seu primeiro...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acto ou efecto de asolagar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de asolar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Perda da consciencia dunha parte ou da totalidade do corpo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demostración excesiva ou esaxerada de calquera sentimento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Felipe Fernández Armesto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proba realizada polo equipo do físico francés Alain Aspect na década dos anos 1980 e que serviu para comprobar a exactitude do teorema de Bell, en contra do argumento EPR (Einstein-Podolsky-Rossen).
-
-
Xeito de presentarse ou de aparecer alguén ou algunha cousa.
-
Conxunto de facetas dende as que se presenta ou pode ser interpretada unha cousa.
-
Presentación para a súa posterior dun elemento ou cousa a considerar por alguén.
-
Nome xenérico das diferentes situacións dos planetas respecto á Terra e ao Sol: conxunción, elongación, oposición, cuadratura.
-
Cada unha das características que presenta unha especie ou comunidade correspondentes a cada etapa ao longo do ano. Nos climas cálidos e fríos pódense distinguir catro aspectos: primaveral, estival, outonal e invernal, ademais dun aspecto preprimaveral nos países subtropicais con seca no verán.
-
-
Categoría verbal que afecta, concretamente, ás diferentes maneiras de representar unha acción dende o punto de vista do seu desenvolvemento, do seu termo e das súas consecuencias. Convén distinguilo do modo de acción, que está constituído polas características da acción de cada verbo. De acordo co modo de acción, os verbos pódense dividir en perfectos ou imperfectos. O aspecto ten unha expresión gramatical ben definida en linguas como as eslavas e o grego antigo. Nalgunhas linguas atópase unha expresión morfolóxica doutras calidades de acción como a iterativa, a intensiva, a causativa, etc.
-
aspecto aorístico
Aspecto verbal que presenta a acción desenvolvida no pasado, sen alusión especial ao principio, nin ao final nin á duración.
-
-