"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina ou movemento propio dunha reacción de tipo regresivo, tradicionalista ou conservador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina ou opinión favorable á monarquía.
-
-
Calidade de realista.
-
Exactitude na maneira de representar a realidade.
-
-
Actitude estilística que procura elaborar formas artísticas con adecuación aos aspectos da realidade. Este termo adoita utilizarse para definir os movementos artísticos de diferentes períodos históricos, como a arte grega do s V, os retratos romanos de época imperial, o naturalismo gótico, o Catrocentos florentino e flamengo, Caravaggio, a pintura castelá, francesa e holandesa do s XVII ou os pintores napoleónicos. En sentido estrito, designou a corrente artística, especialmente pitórica e literaria, de mediados do s XIX que se caracteriza por querer representar as cousas tal e como son na realidade, sen embelecelas. Nacido en Francia, estendeuse por Europa e tivo como consecuencia o impresionismo. Os principais representantes foron G. Courbet, H. Daumier, J. F. Millet, C. de Groux, A. von Menzel, os artistas da escola da Haia, I. S. Repin e, en escultura, C. Meunier. A poética do realismo deixou pouso no impresionismo, pero foi retomada sobre todo pola estética marxista, co realismo socialista....
-
realismo máxico
Corrente pictórica do s XX que se caracteriza por representar cunha gran minuciosidade os obxectos da vida cotiá, tan xustapostos que dan impresión de inquietude e de irrealidade, cunha técnica de pincelada plana. Coñecido tamén como postexpresionismo, iniciouse cara a 1920 coa obra de G. De Chirico, a segunda etapa de produción de C. Carrá e o grupo Valori Plastici, e foi continuado por Roy e R. Magritte e por P. Delvaux, O. Dix e Balthus. Durante as décadas de 1930 e 1940, desenvolveuse cunha gran forza en EE UU.
-
-
-
Doutrina estética que se basea na descrición obxectiva da realidade, tal e como se pode localizar en determinadas obras literarias e artísticas, sen concesións ao embelecemento ou á idealización. En literatura, xurdiu cara a 1850 como unha reacción contra os excesos da novela romántica e co tempo chegou a constituír unha escola, definida en Francia e irradiada sen interrupcións ata os tempos máis modernos. Os antecedentes están na novela picaresca e na novela sentimental do s XVIII, aínda que é cos románticos como o realismo se abre camiño, co propósito de describir unha sociedade, onde destacou por exemplo Balzac. Despois de 1850, a difusión do positivismo e o progreso das ciencias naturais influíron nos escritores, que tomaron unha actitude de rigorosa observación e que formularon un problema de escola. A fronteira entre realismo e naturalismo, que se iniciou cara a 1880, foi sempre pouco concreta. A literatura francesa define como realistas a G. Flaubert e A. Daudet. A novela realista...
-
realismo máxico
Corrente literaria, propia da literatura hispanoamericana da segunda metade do s XX, que pretende fundir a realidade narrativa con elementos fantásticos ou fabulosos. Ademais dos escritores Miguel Ángel Asturias, Alejo Carpentier, Julio Cortázar, Carlos Fuentes e Mario Vargas Llosa, destaca Gabriel García Márquez, autor de Cien años de soledad (1967). Á marxe dos escritores hispanoamericanos, destaca a obra dos autores europeos Italo Calvino, Milan Kundera ou Salman Rushdie.
-
-
-
Doutrina metafísica, oposta ao nominalismo, segundo a que os universais (os xéneros e as especies) existen como esencias, en parte non redutibles aos conceptos intelectuais e aos termos de que son expresión. No s XII Guillermo de Champeaux defendeu, en fronte de Roscelin e de Pedro Abelardo, un realismo extremo, mentres que Tomé de Aquino, estableceu un realismo moderado, para volver radicalizarse no formalismo de John Duns Escoto nos inicios do s XIV.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento que defendía a eliminación dos contratos agrarios ou foros a través do pago polo arrendatario e dono do dominio útil, aos donos do dominio directo. Os primeiros ataques ao sistema foral protagonizáronos os liberais no s XIX, por considerar que impedía modernizar a agricultura galega. A desaparición do réxime foral iniciouse coa aprobación en 1873 por parte das Cortes da Primeira República Española da Lei de Redención de Foros, presentada por X. M. Paz Novoa, pero foi suprimida rapidamente, aínda que logo se realizaron novos proxectos. A comezos do s XX produciuse a toma de conciencia dos labregos da súa situación e desenvolveuse un importante activismo antiforal, tanto redencionista coma abolicionista, apoiado por sociedades como Solidaridad Gallega, Unión Campesina, o Directorio de Teis e os partidos políticos, sobre todo de esquerda e nacionalistas. O proceso comezou co non pagamento das rendas forais e despois producíronse sucesivas redencións nos lugares máis conflitivos,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude filosófica en virtude da que se tende a establecer a redución dun fenómeno ou dunha realidade a outro fenómeno ou realidade que se considera máis real ou fundamental, e das que aquelas non son senón manifestacións posteriores e incluso secundarias. A redución pode ser do real ao ideal ou racional (idealismo e racionalismo extremos), á materia e á causalidade puramente eficiente (materialismo ou naturalismo deterministas), ou ben a un ámbito concreto da realidade (psicoloxismo, sensualismo, redución da psicoloxía á fisioloxía, ou desta á química e incluso á física).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude política que afirma que a transformación dunha sociedade, dun réxime ou dun sistema socioeconómico pode realizarse dentro do marco das institucións existentes, mediante reformas lexislativas sucesivas e sen recorrer á revolución. Pódense destacar catro correntes reformistas: a liberal-burguesa, que actuou dentro das monarquías constitucionais do s XIX e principios do XX; a socialdemócrata ou revisionismo; o reformismo capitalista, que foi un intento de corrixir desde dentro as consecuencias máis dexenerativas deste modo de produción; e o socialreformismo cristián, baseado na doutrina pontificia sobre a cuestión social.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina e política que defende a preponderancia dos poderes estatais sobre os eclesiásticos. Denominouse así a política relixiosa dos soberanos europeos durante os ss XVII e XVIII que tiña como finalidade controlar a acción da Igrexa. O termo aplicouse especialmente á coroa castelá, xa que noutros estados recibiu outros nomes como galicismo na coroa francesa, ou xosefinismo nos estados dos Habsburgo. Entre os dereitos eclesiásticos que os monarcas reclamaron como regalías da coroa figuran o padroado rexio ou o dereito de presentar ou emendar candidatos para os beneficios ou de ocupar as súas vacantes, o plácet, e a regalía de amortización ou intervención da autoridade civil fronte á acumulación de bens inmobles por parte da Igrexa. A intervención do estado no terreo da Igrexa remóntase aos tempos dos Reis Católicos, que obtiveron o padroado rexio para as coroas de Castela e de Aragón (1482) e para América (1510). En 1753, durante o reinado de Fernando VI, asinouse un concordato que establecía...
-
GALICIA
Político. Membro do PSdeG-PSOE desde 1978, foi concelleiro (1983-1987) e primeiro tenente de alcalde (1987-1993) de Cervo e concelleiro de Burela. Deputado no Parlamento Galego desde 1990, é voceiro do grupo socialista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente de codificación da lingua galega que defende a recuperación e o uso da escrita histórica do galego, a escrita galego-portuguesa -a mesma que emprega o luso-brasileiro na actualidade-, porque considera que o galego e o portugués son a mesma lingua e, consecuentemente, variantes dun mesmo diasistema. Polo tanto, seguindo estes criterios, a lingua que se fala en Galicia tamén se fala en Portugal, Brasil, diversos países africanos e Timor Oriental. Dentro do reintegracionismo pódense distinguir dúas correntes: unha partidaria de acollerse sen límites á norma portuguesa (a mesma ortografía ca o portugués e practicamente a coincidencia total nos outros aspectos; sería a postura que defende, por exemplo, a Associação Cultural de Língua, Literatura e Cultura Lusófonas-Irmandades da Fala da Galiza e Portugal) e outra partidaria dun achegamento máis moderado ao portugués. A proposta máis radical foi definida por Manuel Rodrigues Lapa que consideraba o galego como un dialecto rústico que...
-
-
Tendencia ou doutrina segundo a cal todo é relativo e, en consecuencia, non se pode coñecer nada dun xeito absoluto ou cun criterio estritamente obxectivo xa que o coñecemento vese como puramente relativo ao suxeito. Polo que respecta á ética, asúmese en sentido estrito, xa que o valor moral dunha acción ou decisión vese como dependente das circunstancias e relativo a elas. Nun sentido lóxico-epistemolóxico noméase a miúdo subxectivismo, e en relación a un suxeito humano xenérico denomínase antropoloxismo ou relativismo antropolóxico. No sentido xeral e cando se afirma radicalmente, conduce loxicamente ao escepticismo e, despois, ao nihilismo.
-
Principio que sostén a igualdade intrínseca de todos os sistemas culturais e que os seus diferentes aspectos deben ser analizados segundo os patróns e os criterios propios da mesma cultura que os contén.
-
-
PERSOEIRO
Rei suevo de Galicia (460-468), fillo de Maldras. Tras a morte do seu pai foi elixido rei por unha parte dos suevos pero tivo que enfrontarse ao seu curmán Frumario ata 464. Intentou imporse devastando Lugo e Ourense e despois aliouse cos visigodos ata 468, cando Eurico lle declarou a guerra e os seus dominios quedaron reducidos á actual Galicia. Casou coa filla de Teodorico II e converteuse ao arianismo, feito que simbolizou a submisión dos suevos aos visigodos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de características artísticas do Renacemento ou que se relacionan coa renovación propia deste.
-
VER O DETALLE DO TERMO
reotaxe.
-
-
Calidade de republicano.
-
Doutrina dos partidarios da república como forma de goberno. A partir das achegas ideolóxicas de John Locke, Montesquieu e Jean-Jacques Rousseau, apareceu moi relacionado inicialmente co liberalismo. Tivo as súas primeiras realizacións prácticas nos estados da Unión nortemericana e na Primeira República Francesa e estendeuse ao longo do s XIX nos novos estados latinoamericanos. O establecemento en EE UU dunha república federal significou un forte impulso para a expansión do republicanismo, que se baseou no consenso popular e nos dereitos do home. En Francia, os republicanos comezaron a organizarse a partir da revolución de 1830 e conseguiron a instauración da Segunda República (1848-1852). Durante o Segundo Imperio foron reprimidos, pero fixeron avances importantes ata obteren o triunfo definitivo coa instauración da Terceira República (1870-1940). En Italia, o republicanismo comezou con G. Mazzini, que fundou a Nova Italia (1831-1848) e despois da ditadura fascista, proclamouse a república...
-
Pensamento favorable á forma de goberno republicana.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia á retórica ou exceso dela.
-
-
Doenza de etioloxía moi diversa pero que ten en común a dor e a impotencia funcional dalgunha parte do aparato locomotor (ósos, músculos e articulacións). Están neste grupo enfermidades como a artrite, a artrose, a colaxenose ou a gota.
-
Doenza de causa descoñecida caracterizada por episodios recorrentes de artrite de duración variable, desde unhas poucas horas ata unha semana. Resultan especialmente afectados os xeonllos e os dedos das mans.
-
Doenza que se presenta como complicación inflamatoria non supurada dunha infección polo estreptococo betahemolítico do grupo A. OBS: Tamén se denomica febre reumática.
-
-
-
Doutrina que pon en dúbida os principios ideolóxicos en que se sustenta un determinado movemento sociopolítico.
-
Posición que, partindo do marxismo expresa unha revisión nos seus aspectos filosóficos, económicos e políticos. Empregárono a finais do s XIX os marxistas ortodoxos para designar as teorías de Eduard Bernstein, que postulaban un proceso de construción do socialismo baseado no reformismo político e contrario ás teses revolucionarias do marxismo. No terreo filosófico, significou o abandono do materialismo dialéctico e o retorno ao idealismo kantiano. Enraizou fortemente na práctica da socialdemocracia alemá e na doutros partidos europeos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de movementos de masa, de tipo místico, encabezados por algunhas Igrexas ou grupos protestantes para revitalizar a fe, o entusiasmo e para gañar novos fieis, nos momentos de decaemento. Os máis destacables iniciáronos nos ss XVI, XVII e XVIII, os baptistas, os puritanos e os pietistas alemáns. Nos ss XIX e XX foi impulsado o metodismo en diversas cidades de América do Norte e Reino Unido, sobre todo con John Wesley.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente ideolóxica que se desenvolveu en España entre finais do s XIX e principios do XX, provocada polo desastre colonial de 1898, aínda que xa existía un substrato de insatisfacción co sistema sociopolítico e económico da Restauración. Propuña unha serie de reformas políticas, económicas e sociais para rexenerar o país, propugnando a supremacía técnica e administrativa sobre a política e a necesidade dun ditador.
-
-
Afecto ás cousas da propia rexión.
-
-
Doutrina política e social que favorece, dentro dun mesmo estado, o papel das agrupacións rexionais delimitadas pola xeografía e a historia. Representa a conciencia rexional en acción como ideoloxía, movemento social ou programa reivindicativo dalgunha forma de recoñecemento daquela personalidade rexional. En España xurdiu a finais do s XIX, despois de que se reactivara o provincialismo e fracasara o federalismo e a vía armada do carlismo. O rexionalismo galego mantivo tres correntes: a derivada do provincialismo, liderada por Manuel Murguía e representada entre outros por Eduardo Pondal ou Manuel Lugrís Freire, que defendía a autonomía pero non o independentismo; a tradicionalista, máis conservadora e que defendía os valores do pasado, representada por Alfredo Brañas; e a federalista, máis democrática, representada por Aureliano Pereira e que presentou o Proyecto de Constitución para el Estado Galaico. Todas elas entendían a Galicia como unha rexión con dereito a ter unha autonomía política...
-
Doutrina de política internacional que propugna o establecemento de vínculos particulares entre os estados e as nacións dun mesmo continente, subcontinente ou zona xeopolítica ampla. Así, fálase de europeísmo, panafricanismo, panamericanismo ou paneslavismo.
-
-
Corrente que se desenvolveu na pintura galega no derradeiro cuarto do s XIX e nos primeiros anos do s XX. Caracterizouse pola representación de temas galegos, fundamentalmente paisaxes e xentes de Galicia. Está representada, entre outros, por Fernando Álvarez de Sotomayor, Francisco Llorens e Carlos Sobrino.
-