"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Físico e químico. Colaborou no proxecto Manhattan, que desenvolveu a bomba atómica, confirmou as teorías de Bohr e descubriu a transmisión de enerxía en sistemas atómicos en estado de fluorescencia. En 1926 descubriu o principio Franck-Condon en colaboración con E. V. Condon. No 1925 recibiu o Premio Nobel de Física, xunto con L. Hertz, polo descubrimento das leis do impacto dun electrón cun átomo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Místico alemán. Sacerdote católico ata 1518, posteriormente foi predicador luterano. Foi autor de Geshichtsbibel (Biblia histórica, 1531), Paradoxa (1534), Weltbuch (Libro do mundo, 1534) e Kiegsbüchlein des Friedens (Libro militar da paz, 1539).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principio que establece que a distancia entre os núcleos dos átomos dunha molécula non cambia ao producirse unha transición electrónica cando as moléculas absorben enerxía. Foi descuberto en 1926 por J. Franck en colaboración con E.V. Condon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e educador. Profesor e pastor protestante en Halle, foi unha das figuras máis veneradas do pietismo. Abriu, na súa casa, unha escola e un orfanato. Escribiu Praelectiones hermeneuticae (1712) e Monita pastoralia theologica (1713).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Director de construcións dos duques de Brunswick-Wolfenbüttel, foi autor da Universidade de Helmstedt (1592-1597) e da Marienkirche de Wolfenbüttel (1604-1625), igrexa protestante con bóveda gótica con ornamentación renacentista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de pintores flamengos activos en Anveres nos ss XVI e XVII. Frans I Francken (1542?-1616?) pintou temas históricos e relixiosos. O seu fillo Frans II Francken (1581-1642) cultivou a paisaxe, as escenas de xénero e a pintura histórica caracterizadas polo cromatismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Unidade monetaria de diferentes países.

      2. franco burundiano

        Unidade monetaria principal de Burundi. Divídese en 100 céntimos.

      3. franco CFA

        Unidade monetaria creada no ano 1945 para as colonias francesas de África. É a unidade monetaria principal de Benin, Burkina Faso, Camerún, República Centroafricana, Congo, Costa de Marfil, Gabón, Guinea Ecuatorial, Mali, Níxer, Senegal, Togo e Chad.

      4. franco CFP

        Unidade monetaria creada no ano 1945 para as colonias francesas da Polinesia.

      5. franco comoriano

        Unidade monetaria principal de Comores. Divídese en 100 céntimos.

      6. franco malgaxe

        Unidade monetaria principal de Madagascar. Divídese en 100 céntimos.

      7. franco rwandés

        Unidade monetaria principal de Rwanda. Divídese en 100 céntimos.

      8. franco suízo

        Unidade monetaria principal de Suíza desde 1850. Divídese en 100 rappen. É tamén a unidade monetaria en Lietchtenstein.

      9. franco xibutiano

        Unidade monetaria principal de Xibutí desde 1949. Divídese en 100 céntimos.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Francisco.

    2. Liñaxe que se asentou en Ribadeo. As súas armas levan, en campo de ouro, unha cruz floreteada de ouro, perfilada de goles. A rama galega trae, en campo de azul, unha cruz floreteada, de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente aos francos.

      2. Individuo do pobo xermánico dos francos.

      3. Pobo xermánico constituído pola agrupación de diversas poboacións do Rin inferior, camavios, brúcteos, ampsivarios, catos e sicambrios, que penetraron dun xeito pacífico e gradual na Galia. Como consecuencia do debilitamento das defensas romanas do limes xermánico, atravesaron o Rin en diversas ocasións (254, 258 e 276) e devastaron a Galia. No s IV foron admitidos como auxiliares no exército romano e no 358 o Emperador Xuliano o Apóstata asinou a paz cos que se estableceran ao O do Mosa, que acadaron o estatuto de foederati e foron designados como francos salios, mentres que os que permaneceron na marxe dereita do Rin denomináronse francos ripuarios. A comezos do s V o xeneral Estilicón confirmou un pacto con eles, polo que se instalaban nas terras ocupadas constituíndo un limes de carácter defensivo. A súa sociedade estaba composta maioritariamente por campesiños libres dirixidos por unha pequena nobreza e, a diferencia doutras tribos...

      4. arte dos francos

        Arte desenvolvida polo pobo franco. Vinculada coa arte romana tardía, tivo influencias orientais, bizantinas, coptas e occidentais, do fondo céltico, do mundo irlandés insular e ata do mundo visigótico. Os restos arquitectónicos están moi reformados. Destacan o baptisterio de Saint-Jean de Poitiers (s VII), cun hipoxeo escavado no mesmo lugar, e a cripta funeraria de Jouarre, con paredes de opus reticulatum. Polas descricións textuais, suponse que a planta das igrexas era rectangular, con cruceiro e cunha bóveda máis alta sobre este. A escultura coñécese polos relevos dos sarcófagos e os capiteis de tradición corintia. No eido das artes suntuarias destacan os esmaltes cloisonné e champlevé, e as pedras semipreciosas aplicadas a fibelas.

    1. Nome co que os gregos designaban os croatas e expedicionarios latinos a Grecia e ao Oriente.

      1. Exento de cargas ou pagamento de taxas ou impostos.

      2. porto franco

        Porto no que poden descargarse e almacenarse as mercadorías sen pagar impostos e dereitos de aduanas.

      3. zona franca

        Área dedicada á actividade industrial ou comercial que se beneficia de certas exencións de impostos e dereitos de aduanas.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e político. Fillo dun funcionario naval, en 1907, ao non poder ingresar na Escola Naval por permanecer pechada daquela, ingresou na Academia de Infantería de Toledo, onde rematou a súa formación en 1910 co grao de segundo tenente de Infantería. A súa personalidade política debe ser interpretada principalmente a través da súa traxectoria militar. Ascendeu rapidamente na escala: tenente (1912), capitán (1915), comandante (1917), tenente coronel (1923), coronel (1925) e xeneral de brigada (1926). Agás breves períodos nos que estivo destinado en Ferrol (agosto 1910-febreiro 1912) e Oviedo (1917-1920), fixo a súa carreira militar en África. En 1923 asumiu a xefatura da Lexión Estranxeira, que dirixiu na campaña do Rif, no desembarco de Alhucemas e na reconquista do Protectorado, en 1925. Ao seu retorno de Marrocos, en 1926, foi nomeado director da Academia General Militar (Zaragoza, 1928-1931). Trala proclamación da Segunda República e o peche da Academia, foi comandante militar da Coruña...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Oficial da Armada e enxeñeiro naval, irmán de Francisco Franco Bahamonde. Director da Escola Superior de Enxeñeiros Navais (1932-1934), en 1935 ocupouse da Dirección Xeral da Mariña Mercante. Trala sublevación do 18 de xullo de 1936 converteuse nun colaborador incondicional do seu irmán, actuando como representante deste ante os militares sublevados. En outubro de 1936 o seu irmán nomeouno secretario xeral do Estado. Ao ano seguinte, foi nomeado embaixador plenipotenciario en Italia, onde mantivo diversas entrevistas con B. Mussolini. En xaneiro de 1938 como embaixador en Lisboa ocupouse da loita contra os intereses monárquicos que conspiraban a favor da restauración de Xoán de Borbón no trono español. Ao rematar a Segunda Guerra Mundial, desenvolveu un importante papel na procura de aliados ao réxime do seu irmán, ante o illamento internacional. De volta en España en 1957, foi nomeado procurador en Cortes por designación directa do seu irmán, dende a sexta lexislatura ata a décima, ao...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar, irmán de Francisco Franco Bahamonde. Ingresou na Academia de Infantería (1911), no corpo de Regulares e no Servicio de Aeronáutica Militar, participando como piloto na Guerra de Marrocos. Realizou un voo transoceánico que lle supuxo a condecoración persoal do Rei Afonso XIII. O 22 de xaneiro de 1926, xunto con Ruiz de Alda, saíu de Palos de Moguer co hidroavión Plus Ultra e aterrou en Bos Aires o 10 de febreiro, tras un voo de máis de dez mil kilómetros sen escalas. Durante a Ditadura de Primo de Rivera participou en diversos intentos para acabar co réxime e instaurar a República, polo que o detiveron en numerosas ocasións. Coa instauración do goberno do xeneral Berenguer, participou na creación da Asociación Militar Republicana e foi un dos integrantes do Comité Militar Revolucionario que pretendía provocar unha sublevación militar contra a monarquía. Detivérono novamente e trasladárono a un penal militar do que se evadiu pouco máis tarde. Tras un breve exilio en París, regresou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Realizou estudios de xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Colaboradora en distintas publicacións, escribiu o volume de relatos Historias de Edel (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Dereito, foi alcalde de Ortigueira (1979-1985) e deputado provincial (1979-1983). Como membro do Partido Demócrata Popular (PDP), foi deputado da Coalición Popular pola Coruña no Parlamento galego, durante as lexislaturas II, III e parte da IV (1985-30.6.1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do L de Francia, antigamente provincia, dividida dende 1790 nos departamentos de Doubs, Jura e Haute-Saône (16.202 km2; 1.117.059 h [1999]). Forma unha circunscrición de acción rexional que inclúe, ademais dos departamentos mencionados, o Territoire de Belfort. A capital é Besançon. Comprende a parte central da cadea montañosa do Jura e divídese, en conxunto, en tres partes principais: a montaña, que se estende pola maior parte dos departamentos do Jura e Doubs ata os altiplanos calcarios do NL que limitan co Lomont e que dominan a Porte de Bourgone e o río Doubs; unha comarca de cerros integrada pola montaña mediana, no Doubs, e por Vignole, no Jura; e a chaira, que se estende por unha gran parte da Haute-Saône. A agricultura é de cereais e de forraxe, e a policultura dáse nos cerros da Bresse. A gandería de bovinos dá lugar á elaboración do queixo gruyère. A industria mostra unha certa especialización segundo as rexións: metalurxia en Montbéliard; automóbiles...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado. Doutor en Dereito e en Filosofía, estudiou economía agrícola e socioloxía e realizou un master en Legal Institutions na University of Wisconsin. Foi delegado consular de España no estado de Mérida (Venezuela), profesor titular e xefe da cátedra de Dereito Agrario na Universidad de los Andes e profesor de dereito mercantil na Universidade de Vigo. Preside a asociación Amigos da Universidade de Vigo, da que foi fundador. Colaborou en Foro Galego ou Cuadernos para el Diálogo. Entre outras obras coordinou Universidade e Sociedade (1999) e escribiu Autonomía, agricultura e desenrolo de Galicia (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Oficial da Mariña Mercante e experto en redes comerciais. Colaborou en El Pueblo Gallego e Faro de Vigo, onde levou, baixo a dirección de Francisco Fernández del Riego, as súas páxinas culturais. Durante quince anos fixo programas radiofónicos e foi membro do grupo do Círculo Ourensán-Vigués, creador dos Premios da Crítica Galicia. Foi o piloto do Breogán, o barco de coiro, reprodución das naves galegas prerromanas, co que tentou demostrar a teoría do catedrático Fernando Alonso Romero sobre as relacións atlánticas celtas. Foi xerente de Edicións Xerais de Galicia e Publicações Dom Quixote en Portugal. Autor de numerosos artigos, fundamentalmente sobre o mar, publicou os primeiros álbum-cómics en galego con debuxos de Pedro Bofill, volume titulado As aventuras dun neno galego (1985) que incluía Os homes do fin do mundo, Os fillos de Breogán e A grande viaxe polo río. Así mesmo, publicou Blues para un asasino “First we take Manhattan”...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e lexicógrafo. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1960), trasladouse á Coruña como pasante no despacho de Sebastián Martínez Risco e posteriormente exerceu como letrado asesor da Caixa de Aforros de Vigo. Académico da RAG e membro do Consello da Editorial Galaxia. Colaborador en distintas publicacións (Aturuxo, Ínsula, La Noche, Vida Gallega, Grial, Nordés, Dorna, Bandarra), pertenceu á Asociación Cultural de Vigo e xunto con Xosé Manuel Beiras traduciu Antígona, de J. Anouilh, e Non haberá guerra en Troia, de Giradoux. Da súa produción destaca Vieiro choído (1957), Entre o si e o non (Premio Nacional de Poesía Rosalía de Castro 1967), Dicionario galego-castelán (1968), Vocabulario galego-castelán (1968), Manuel Leiras Pulpeiro. Obra completa (1970), Os anos escuros. I. A resistencia cultural da xeración da noite...

    VER O DETALLE DO TERMO