"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome alemán de Franconia.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Debutou no cine en 1957 coa película The Young Stranger. A partir dese momento iniciou unha irregular carreira cinematográfica en que destacan películas como The Young Savages (Os mozos salvaxes, 1961), Seven Days in May (Sete días de maio, 1964), Grand Prix (1966), The Gypsy Moths (Os temerarios do aire, 1969), I Walk the Line (Eu vixío o camiño, 1970), French Connection II (1975), The Holcroft Covenant (O pacto de Berlín, 1985), Year of the Gun (O ano das armas, 1991), Ronin (1998), Deception (2000) ou Path to War (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Novela terrorífica de Mary Wollstonecrat Shelley, muller de Percy B. Shelley, publicada en 1818. O doutor Frankestein dá vida a un ser construído con membros de cadáveres que será odiado e temido por todo o mundo. O monstro, que vén de matar o seu creador, foi coñecido posteriormente polo nome deste. O tema deu lugar a diversas producións cinematográficas, entre as que destaca a de J. Whale (1931).
-
PERSOEIRO
Arqueólogo e historiador holandés. Dirixiu numerosas escavacións arqueolóxicas en Exipto e Iraq. Centrou os seus estudios na relixiosidade das antigas civilizacións mesopotámicas, exipcias e do Mar Exeo. Entre as súas obras destacan The Intellectual Adventure of Ancient Man (1946) e Kingship and the Gods (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do länd de Hessen, Alemaña (643.821 h [2000]). Está situada a un lado e outro do Main, ao límite setentrional da alta chaira renana. Desenvolveuse xa na Idade Media pola súa favorable posición na confluencia das vías de comunicación de Hessen con Franconia e o NO de Alemaña. Destruída en gran parte polos bombardeos da Segunda Guerra Mundial, a reconstrución converteuna nunha cidade de aspecto moderno. Gran centro comercial e núcleo industrial, é tamén un centro financeiro e intelectual. É famosa a Feira Internacional do Libro, de periodicidade anual. Dentro da industria predomina a transformadora: química, téxtil, de calzado, de maquinaria para a industria tipográfica, de papel, contrucións mecánicas, etc. Ten ademais refinería de petróleo. Aínda que os primeiros asentamentos datan do Neolítico, a cidade naceu no s I ao redor dun campamento romano e foi engrandecida polos carolinxios que a converteron na capital da Franconia oriental. No s IX o seu carácter de feira europea...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do länd de Branderburgo, Alemaña, á beira do río Oder, na fronteira con Polonia (86.131 h [1990]). A redefinición das fronteiras á conclusión da Segunda Guerra Mundial, significou a cesión a Polonia da área suburbana da beira dereita do río en 1945. Constitúe un núcleo industrial con porto interior no canal Oder-Spree, 10 km ao S da cidade. Fundada por un grupo de comerciantes francos no s XIII, adquiriu a categoría de cidade en 1253 e foi membro da Liga Hanseática (1368-1450).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asemblea constituínte reunida en Frankfurt (1848-1849) para dar unha constitución á Confederación Xermánica. Despois dos movementos revolucionarios de 1848, un grupo de liberais formou unha comisión (Vorparlament) para organizar as eleccións, que se fixeron por sufraxio universal. A Constitución, votada en marzo de 1849, estableceu o imperio hereditario da pequena Alemaña, excluíndo Austria, e ofreceu a coroa a Federico Guillerme IV de Prusia. Este rexeitouna e a asemblea trasladouse entón a Stuttgart, pero foi disolta en xuño de 1849.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asemblea formada polos representantes dos estados da Confederación Xermánica e que constituía o órgano de goberno. Creada no Congreso de Viena (1815) e presidida por Austria, funcionaba como unha asemblea federal. As rivalidades entre Austria e Prusia levaron á disolución da Confederación e da Dieta (1866).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento filosófico e sociolóxico alemán nacido ao redor do Instituto para a Investigación Social da Universidade de Frankfurt (1923). Nela agrupáronse unha serie de filósofos que tiñan en común o intento de elaborar unha crítica da economía, da política e do modelo de razón instrumental que se impuxo nas modernas sociedades industrializadas, polemizando contra o exceso de racionalismo e o neopositivismo. Inspiráronse en K. Marx e S. Freud e aplicaron as súas categorías ás novas realidades sociais, aínda que rexeitaron as ideas marxistas da primacía da infraestrutura económica e da loita de clases como motor da historia e a freudiana de que a represión dos instintos sexuais fose básica e necesaria para o funcionamento de calquera sociedade. Denominaron a súa forma de análise social teoría crítica e desenvolvérona na revista Zeitschrift für Sozialforschung. Afirmaron que non existe a imparcialidade, que a presunta obxectividade da racionalidade tradicional serve para agochar intereses...
-
FILOSOFOS
Filósofo norteamericano. Doutorado en Filosofía na John Hopkins University (1954), foi profesor nas universidades de Yale (1978-1987) e Princeton (1990). Centrou os seus estudios sobre a circularidade da defensa da razón de R. Descartes. Entre as súas obras destacan Demons, Dreamers and Madmen (1970) e The Importance of What We Care About (1988). Presidiu a American Philosophical Association (1992-1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
REPUBLICAS
República xermánica (1815-1866) situada entre o electorado de Hessen, o gran ducado de Hesse-Darmstadt e o ducado de Nassau. Apoiou a Austria en 1866 e o exército prusiano ocupou o seu territorio, que foi incorporada á nova provincia de Hesse-Nassau.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado de paz asinado o 10 de maio de 1871 entre Francia e Alemaña que puxo fin á Guerra Franco-prusiana (1870-1871). Francia perdeu Alsacia e unha gran parte de Lorena e ademais comprometeuse a pagar unha indemnización de guerra.
-
-
Relativo ou pertencente a Frankfurt.
-
Natural ou habitante de Frankfurt.
-
-
PERSOEIRO
Químico. Foi profesor de química en Manchester e Londres. Estudiou a sintetización de diversos hidrocarburos e compostos organometálicos e determinou que o átomo dun elemento só se pode combinar cun número específico de átomos doutro elemento, o que se coñece como teoría da valencia. Identificou, xunto con J. N. Lockyer, o helio como elemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de carga eléctrica no sistema CGS electrostático. É a carga que, situada a 1 cm de distancia de outra igual a ela no baleiro, repélea coa forza dunha dina. Equivale a 3,3356·10-10 coulombs.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico estadounidense coñecido como William Holden. Comezou como actor de radio e de teatro, ata que o descubriu un produtor dos estudios Columbia, para os que realizou a súa primeira película, Golden Boy (Soños de ouro, 1939). A partir dese momento comezou unha brillante carreira cinematográfica na que destacan títulos como Texas (1941), Rachel and the Stranger (Volve mencer, 1948), Sunset Boulevard (O crepúsculo dos deuses, 1950), Born Yesterday (Nacida onte, 1950), Force of Arms (A forza das armas, 1951), Stalag 17 (Traidor no inferno, 1953), pola que gañou un Oscar, Executive Suite (A torre dos ambiciosos, 1954), Picnic (1955), The Bridge on the River Kwai (A ponte sobre o río Kwai, 1957), The World of Suzie Wong (O mundo de Suzie Wong, 1960), The Wild Bunch (Grupo salvaxe, 1969), Wild Rovers (Dous homes contra o Oeste, 1971), The Towering...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e político. En 1726 estableceuse en Philadelphia onde fundou unha imprenta, o diario Pennsylvania Gazette e o Poor Richard’s Almanack (1732-1757). En 1736 elixírono secretario da asemblea de Pennsylvania. Investigou os fenómenos eléctricos, descubriu o poder das puntas metálicas, enunciou o principio da conservación da electricidade e en 1752 inventou o pararraios. Investigou a corrente do Golfo e inventou as lentes bifocais. Director xeral de correos (1753), nomeárono deputado (1775) por Pennsylvania. En 1776 redactou, xunto con Jefferson e John Adams, a Declaración de Independencia dos EE UU. Negociou o tratado de amizade con Francia (1778) e con España (1779). Participou na Convención de Philadelphia (1787). Fundou a Universidade de Pennsylvania, promoveu a instalación da biblioteca de Philadelphia e creou a Sociedade Filosófica Americana. Popularizou a frase Time is money (O tempo é ouro). Ten numerosas obras de carácter filosófico, sobre economía,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biofísica. Estudiou química física na Cambridge University e obtivo o doutoramento en 1945. Traballou no King’s College da University of London, onde John Randall lle encargou que estudiara a estrutura da molécula do ADN mediante difracción de raios X. As fotografías obtidas por ela mediante esta técnica permitiron a J. D. Watson e F. Crick demostrar a estrutura helicoidal que predecían para o ADN, pero a súa contribución non recibiu o recoñecemento da comunidade científica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido de cinc, manganeso e ferro, de fórmula (Zn,Mn)Fe2O4. Cristaliza no sistema cúbico. Ten unha cor negra ou marrón escura, dureza 5,5-6,5 e peso específico 5,07-5,34. É o mineral dominante dos xacementos de Franklin (EE UU).
-
PERSOEIRO
Escritor ucraíno. Fundador do movemento obreiro e do partido radical ucraíno, editou a revista Zite i Slovo. Da súa produción destacan Balady i raskazi (1876), Boa constrictor (1877), Veršiny i niziny (1887) e Uvádšije list’ja (1896).
VER O DETALLE DO TERMO