"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Precipitación parcial dun segundo sal conxuntamente cun primeiro, que é o único dos dous que sobrepasou o límite da súa solubilidade e que, xa que logo, tería que ser o único en precipitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Produción feita entre varias persoas ou entidades.

    2. Colaboración entre produtores cinematográficos de diferentes estados para producir películas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acto no que ten lugar a cópula.

    2. Reacción de substitución aromática por un sal de diazonio como axente electrofílico na que se obtén un composto azo. Emprégase na síntese de colorantes de tipo azo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Destilación seca dos carbóns bituminosos. Emprégase para a produción de gas cidade, na que se obtén carbón de coque como subproduto, e para a produción de coque metalúrxico, utilizado principalmente como combustible. Tamén se denomina carbonización da hulla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor, político e xornalista. Comezou a súa carreira política como empregado no ministerio de Fomento e como administrador da Beneficencia Provincial. A partir de 1894 exerceu como concelleiro en Lugo, como deputado provincial pola circunscrición de Mondoñedo-Ribadeo e, durante a etapa liberal, como gobernador civil de Albacete. En 1908 regresou a Lugo e fundou, xunto co avogado Fernando Pardo Suárez, o diario El Progreso. Anque o xornal naceu vinculado ao proxecto liberal de Montero Ríos e García Prieto, dentro da súa segunda década de existencia, o seu fundador decidiu darlle un carácter independente en defensa dos intereses da provincia de Lugo. Dende as súas páxinas promoveu o debate político, a cultura e a modernización da cidade. Posteriormente, entre 1909 e 1913, xunto co goberno de Xosé Canalejas, desempeñou o cargo de gobernador civil en Albacete -por segunda vez-, Ciudad Real e Cuenca. Ao seu regreso foi nomeado presidente do Círculo das Artes da cidade lucense e, despois...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Foi presidente, conselleiro delegado e editor de El Progreso. Licenciouse en Enxeñería Industrial Superior na Universidad Central de Madrid. Durante a súa etapa á fronte do xornal inaugurou a súa primeira rotativa e modernizouno ao incluír a informatización dos servicios administrativos e informativos. Foi cofundador das axencias informativas Imagen Press e Axencia Galega de Noticias (AGN). Paralelamente, ocupou a xefatura do gabinete de Hixiene e Seguridade no Traballo, a delegación en Lugo do Colexio de Enxeñeiros Industriais e a vicepresidencia do Círculo das Artes. Foi, así mesmo, membro do consello de administración de Caixa Galicia e creador do Premio Literario Ánxel Fole.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Despois de estudar o bacharelato en Lugo, cursou estudios superiores na Universidad de Valladolid. Residiu en Albacete, Ciudad Real e Córdoba, e nos primeiros anos trinta entrou a formar parte da redacción do xornal lucense, onde escribiu crónicas locais, críticas cinematográficas e, durante uns anos, as columnas do personaxe Pelúdez, creado en 1908 polo seu irmán Antonio. Foi director xerente do xornal El Progreso e presidente da Asociación da Prensa lucense, que durante o seu mandato editou a Hoja del Lunes de Lugo, concelleiro de Lugo, presidente do Círculo das Artes e conselleiro do Instituto Nacional de Previsión. Así mesmo, a dirección xeral de Prensa nomeouno conselleiro nacional e o goberno entregoulle as encomendas da orde do Mérito Civil e a Gran Orden de Isabel La Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto coral mixto constituído en 1941 baixo a dirección de Manuel Pérez Fanego. Realizou numerosas actuacións pola xeografía española e no estranxeiro. Da súa discografía destaca Salmos prá nosa terra (1970). En 1976 recibiu a Medalla de Prata de Ferrol ao mérito artístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra en prosa escrita por Giovanni Boccacio en lingua vulgar, a mediados do s XIV, nunha data imprecisa que oscila entre os anos 1354, 1355 e 1365. No tocante ao título, tampouco existe un acordo sobre a súa etimoloxía e o seu significado. As hipóteses fundamentais apuntan, por unha banda, a unha voz de orixe árabe que significa ‘azoute’ ou ‘castigo’ e, pola outra, a un derivado pexorativo do italiano corbo (corvo), símbolo do amor funesto ou da muller que o inspira. O texto responde aos ideais morais do cristianismo eclesiástico medieval, que rexurdira en Florencia a finais do s XIV, combinando a alegoría coa sátira dentro da forma global dun exemplum. Un narrador en primeira persoa expón o seu caso como exemplo da bondade divina, que o salvou do suicidio levado polo desamor e que lle enviou un soño adoutrinador para liberalo da súa paixón fatal e devolvelo ao camiño da gracia. O soño entronca coa tradición da viaxe polo outro mundo como camiño cara á verdade purificadora e, en particular,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aceleración aparente, engadida á real, que un observador ten que atribuír a un corpo en movemento (con velocidade non nula) cando o observa dende un sistema de referencia S’ en rotación con respecto a un sistema de referencia inercial S. É unha aceleración fiticia, xa que resulta só do feito de utilizar un sistema xiratorio para describir o movemento do corpo estudiado. Un observador sobre a Terra ten que considerar esta aceleración sobre calquera corpo. Se a velocidade do corpo respecto a S’ é v , e a velocidade angular de rotación de S’ respecto a S é ω, a aceleración de Coriolis do corpo é aC =-2ω¥ v . Deste xeito, un corpo en caída libre sobre a Terra experimenta unha desviación cara ao leste. O observador determina que sobre o corpo actúa unha forza ficticia de valor FC =-2mω¥ v , que se denomina forza...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de palacios situados ás beiras da Gran Canle de Venecia. Está formado polo palacio Corner della Ca Grande (1530?), obra de Sansovino; o palacio Corner-Spinelli (1500), atribuído a Muro Coduci; o palacio Corner-Mocenigo (1543), obra de Sanmicheli; e o palacio Corner della Regina (1724), de Domenico Rossi.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de coroar ou coroarse.

      2. Cerimonia de imposición da coroa a un soberano. Trátase dun acto de carácter público e solemne que, en xeral, forma parte da entronización. A súa orixe está na unción dos reis de Israel narrada no Antigo Testamento, aínda que se considera que o primeiro soberano coroado foi o Emperador Constantino. Nos países de tradición cristiá tiña, en parte, un carácter litúrxico e estaba precedida pola consagración ou unción. A coroación introduciuse na corte bizantina cara á segunda metade do s V e practicouse despois, seguindo o seu exemplo, na corte visigótica e na corte carolinxia. O carolinxio Pipino o Breve foi coroado en dúas ocasións (751 e 754), e Carlomagno foi coroado polo papa o 25 de decembro do ano 800, aínda que previamente, no 774, xa fora coroado como rei dos longobardos coa coroa de ferro. Dende aquela, a coroación dos emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico realizouna o papa. Os visigodos incluíron no cerimonial da coroación a unción e os ritos do Antigo...

      3. Cerimonia na que se coroa a alguén, especialmente a un poeta.

    1. Remate dunha cousa material ou inmaterial.

    2. Motivo ornamental que remata algunha cousa, especialmente un edificio.

      1. coroación da virxe

        Iconografía que representa a coroación da Virxe por Deus, Cristo, a Trindade ou os anxos. Trátase dunha temática presente no ciclo iconográfico da vida da Virxe. Cultivárona, entre outros, Giotto, frei Angelico, Filippo Lippi, Rafaello Sanzio, Rubens, o Greco e Velázquez.

      2. coroación de espiñas

        Iconografía que representa o momento da imposición da coroa de espiñas a Xesús. Tratáse dunha temática moi presente na tradición artística occidental como unha das pasaxes do ciclo da paixón, presente en moitos retablos e pinturas. Cultivárona, entre outros, Giotto, frei Angelico, o Bosco, Tiziano, Caravaggio e Tintoretto. Unha variedade do tema é o Ecce Homo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Asociación de persoas ligadas entre elas por unha comunidade de regras, de obrigas ou de privilexios.

      2. Entidade de interese público constituída pola asociación permanente e obrigatoria de persoas físicas e xurídicas para a administración e defensa dos seus intereses. A súa creación e extinción prodúcese por lei ou por disposición administrativa. Ten personalidade xurídica de seu e capacidade para poder levar a cabo os fins que lle son propios. Pode conformarse como entidade de dereito público estritamente ou como entidade suxeita ao dereito privado. Reciben o nome de corporacións, entre outras, os colexios profesionais, as cámaras de comercio, industria e navegación, as cámaras oficiais da propiedade urbana e as comunidades de regadores.

      3. corporación municipal

        Conxunto dos edís dun concello.

    1. Retrato de grupo característico da pintura dos Países Baixos. Ten a súa orixe nos retratos que representaban os gardas da cidade nun banquete ou nunha saída, e que se colocaban na sede da corporación. Posteriormente, ampliouse á representación doutros estamentos corporativos. Entre outros destacan A compañía do capitán Frans Banning Cocq, coñecida como A rolda de noite (1642), e Os síndicos do gremio dos paneiros (1662), de Rembrandt; e O banquete dos oficiais de san Xurxo (1616) e Os rexentes do hospicio de anciáns (1664?), de Frans Hals.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade anónima constituída pola Lei 25/1991, do 21 de novembro, pola que se establece unha nova organización das entidades de crédito de capital público estatal con consideración de entidade de crédito e estatuto de banco. Coñecida polo seu nome comercial (Argentaria), foi a cabeceira dun grupo que reuniu todas as entidades financeiras (bancos e entidades públicas de crédito) pertencentes ao Estado: Banco Exterior de España, Banco Hipotecario de España, Banco de Crédito Local de España, Banco de Crédito Agrícola e Caja Postal de Ahorros. Os primeiros anos do grupo, baixo a xestión de Francisco Luzón, que impuxo un modelo de banco federado, serviron para transformar as antigas entidades de crédito de capital público estatal e organismos autónomos en sociedades anónimas para iniciar o proceso de privatización en 1993. En 1998, baixo a presidencia de Francisco González, culminou o proceso de privatización que permitiu consolidalo como o terceiro banco na clasificación de entidades españolas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo empresarial con sede en Vigo. A súa orixe está na empresa Cementos Noroeste, SA fundada en 1958 e que cambiou a súa denominación social en 1984. Os seus fundadores foron Arcadio Arienza Valcarce, Antonio Fernández López, Manuel Fernández López, Álvaro Gil Varela, Fidel Isla Couto e Isidro Parga Pondal. Trala construción (1959-1962) da fábrica de Oural (Lugo), en 1968 incorporouse a Sociedad Cementos Cosmos, SA, coa fábrica de Toral de los Vados (León) como activo principal. A partir de entón, constituíronse ou mercáronse empresas relacionadas co sector dos materiais de construción entre as que destacaron as destinadas á produción e distribución de formigón preparado. En 1984, o grupo ordenou os seus negocios nas sociedades Cementos Cosmos, SA, que agrupou as dúas fábricas de cementos, e Prebetong Galicia, SA, que articulou as sociedades de formigón. A finais dos anos 80 comezou unha diversificación dirixida ao sector alimentario e á acuicultura. En 1992, a práctica totalidade do capital...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor arxentino. Estudiou en Florencia co escultor Luchessi. De regreso ao seu país, foi profesor na Escuela de la Sociedad Estímulo de Bellas Artes e na facultade de Arquitectura. A súa obra amosa un carácter indíxena motivado polas viaxes realizadas por toda Arxentina. Entre as súas obras destacan Ondina del Plata (1880) e La cautiva (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de corrixir.

      1. Cambio resultante de corrixir un texto.

      2. Proposta dun especialista para mellorar un texto antigo corrompido.

      3. corrección de estilo

        Corrección feita sobre o orixinal dun texto para evitar repeticións innecesarias, darlle forma literaria, etc.

      4. corrección de probas

        Corrección feita xeralmente polo autor ou un corrector sobre probas de imprenta (galeradas e compaxinadas) mediante chamadas á marxe con signos convencionais.

      5. corrección tipográfica

        Corrección que consiste en substituír as letras (na composición á man ou no monotipo) ou as raias (no linotipo).

    2. Calidade de correcto.

    3. Cifra variable que, sumada alxebricamente á altura observada do Sol, á hora do cronómetro ou ao rumbo, serve para calcular exactamente a situación do barco.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que leva á corrección, especialmente castigando ou exercendo unha acción educadora.

    2. Establecemento penitenciario dedicado xeralmente á readaptación social dos menores e de persoas que, sen ser delincuentes, presentan unha conduta antisocial. Nos países con sistemas penais avanzados, tende a ser de réxime aberto ou mesmo a desaparecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina que defende un sistema penitenciario e penal que pretende a corrección e a readaptación social do delincuente a través da educación en establecementos especializados.

    2. Escola xurídico-penal liderada por Roeder. En España desenvolveuse no s XIX a través de Concepción Arenal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concepto teolóxico, non moi precisado, que expresa a cooperación da Virxe María na obra redentora de Cristo.

    VER O DETALLE DO TERMO