"IBE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 465.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo nome de Irlanda.
-
ENTRADA LARGA
Derivado monohidroxilado do benceno descuberto por Runge en 1834 no alcatrán de hulla. Obtense industrialmente, conxuntamente coa acetona, mediante o proceso Hock a partir do cumeno, segundo as reaccións:
FORMULA
C6H5SO3Na + 2NaOH → C6H5ONa + Na2SO3+ H2O
FORMULA2
2C6H5ONa + SO2+ H2O → 2C6H5OH + Na2SO3
VER O DETALLE DO TERMO
Emprégase na obtención de resinas sintéticas e na produción doutras substancias como o nailon e determinados herbicidas. Na industria farmacéutica emprégase na preparación do ácido salicílico e da fenolftaleína. Tamén recibe o nome de ácido fénico ou ácido carbólico. -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos tres isómeros orto, meta e para derivados do benzaldehido por adición do grupo fenólico. O primeiro emprégase como perfume, o segundo para fabricar anilina e o terceiro emprégase para obter anisaldehido.
-
PERSOEIRO
Militar e enxeñeiro xeógrafo. Alistouse no exército en 1838 e un ano despois ingresou na Academia de Ingenieros Militares de Guadalajara. Froito da súa experiencia e das súas viaxes por Europa comisionado polo exército, redactou, xunto con J. Modet, o Manual del Pontonero (1853), obra fundamental da enxeñería de camiños e pontes en España. En 1854 incorporouse á comisión do Mapa de España, creada pola Junta General de Estadística co obxectivo de levantar un mapa xeodesicamente preciso de todo o territorio; nese proxecto desenvolveu un aparato para a medición de bases xeodésicas que presentou en 1858. A partir de 1866 asumiu a representación de España na Asociación Xeodésica Internacional, da que foi un dos fundadores e posteriormente presidente, e onde levou a cabo proxectos transcendentais, como a conexión das redes xeodésicas de Europa e África (1879). Tamén presidiu a comisión internacional que determinou a medida do metro, extraído das observacións sobre a lonxitude do meridiano...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oficina Internacional de Educación.
-
-
Nome que os gregos lle deron orixinalmente ao territorio dos iberos.
-
Nome empregado como sinónimo de España ou da Península Ibérica.
-
Antigo reino oriental de Xeorxia entre os ss IV e III a C.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa española de transportes aéreos fundada en 1927 co nome de Compañía Aérea de Transportes Iberia, con participación de capital alemán. En 1931 adoptou o nome de Líneas Aéreas Postales Españolas (LAPE) e desde 1940 o de Iberia. En 1943 foi traspasada ao INI. Fortemente deficitaria, para sanear e afrontar a crecente liberalización do tránsito aéreo, reestruturouse e en 1989 formou un grupo con diversas compañías filiais, entre as que figuraba Aviaco. En 1990 converteuse en accionista principal de diversas compañías latinoamericanas. A súa saída a Bolsa en 2001 culminou o proceso de privatización da compañía.
-
PENÍNSULAS
Península do S de Europa, situada entre o Océano Atlántico ao N, O e SO, e o Mar Mediterráneo ao S e L, unida ao continente europeo pola cordilleira alpina dos Pireneos e separada de África polo estreito de Xibraltar. Sitúase entre os 36° 0 3 N e os 43° 47 24 N. O seu territorio, 597.625 km2 de superficie, divídese entre os estados de Andorra (468 km2 no Pireneo), España (que ocupa a súa maior parte, 505.009 km2) e Portugal (92.142 km2 no O), ademais da colonia británica de Xibraltar (6km2 no sector máis meridional). Presenta un contorno rectilíneo, cunha conformación maciza e unha altitude media elevada (660 m alt). Xeograficamente está moi compartimentada e na súa superficie aparecen diferentes unidades. A Meseta organiza todo o relevo. Dentro dela sitúanse os Montes de Toledo e o Sistema Central; tres concas afundidas, Ebro, Tajo e Guadiana, e nos seus bordos, a Cordilleira Cantábrica, o Sistema Ibérico e Sierra Morena. Ademais están...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ibero.
-
-
Relativo ou pertencene á Península Ibérica e aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da Península Ibérica.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de aliñacións montañosas da Península Ibérica que constitúen o límite oriental da Meseta. Esténdese de NO a SL, desde a depresión do Ebro ata o litoral mediterráneo, a través do territorio de Castela e León, La Rioja, Aragón, Castela-A Mancha e Comunitat Valenciana. As principais aliñacións do sistema son a serra da Demanda (que culmina a 2.131 m no macizo de San Millán) e os picos de Urbión (2.264 m). É unha unidade esencialmente alpina, onde predominan as formas estruturais con abundantes fenómenos cársticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas anuais ou perennes, da familia das brasicáceas. Son glabras ou con pelos simples. Presentan inflorescencia en corimbo de cor branca e froito en sílicua. En Galicia está presente, no litoral, a especie Iberis procumbens.
-
-
Estudio da cultura dos pobos iberos.
-
Doutrina que postula a unión política das diferentes nacionalidades da Península Ibérica.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao iberismo.
-
Que ou quen se dedica ao estudo da cultura ibera.
-
Seguidor ou partidario do iberismo.
-
-
-
-
moeda ibera NUMIS
Moeda empregada entre os ss III a C e I a C polos poboadores da rexión que comprendía ao L e ao S da Península Ibérica, penetrando cara ao interior polo val do Ebro ata o territorio dos vascóns e ata o Alto Duero. Caracterizábase polo emprego dun alfabeto hemisilábico. As primeiras emisións, a mediados do s III a C, foron as denominadas dracmas ibéricas de imitación, que seguían o modelo grego pero con topónimos e xentilicios no seu alfabeto. Acadou o seu período de plenitude entre o s II a C e a primeira metade do s I a C, pero as emisións ibéricas foron substituídas pouco a pouco polas romanas de municipios e colonias, con algunhas emisións bilingües. A partir de mediados do s I a C, as cuñaxes realizáronse exclusivamente en alfabeto latino. Trala chegada ao poder de Octavio Augusto considérase que desapareceu a moeda iberorromana. A tipoloxía presentou poucas variacións: no anverso presentaba unha cabeza de home, identificada cun deus, posiblemente Hércules, Ares ou Apolo, mentres o...
-
Relativo ou pertencente ao pobo ibero, á súa cultura ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo ibero.
-
Conxunto de pobos que se estenderon entre Languedoc meridional e Andalucía, ocupando o litoral e boa parte de Aragón, Catalunya, Comunitat Valenciana, Murcia e Andalucía. Esta denominación, que apareceu nas fontes escritas gregas desde o s V a C, empregouse para designar a Península Ibérica. A súa unidade cultural e social, que se manifestou no carácter sincrético da relixión, nos rituais funerarios de incineración, na iconografía artística, na vocación guerreira e nos vínculos de relación clientelar, permite definir o territorio ibero. Malia todo, presenta diferencias rexionais nos sistemas de goberno, cun predominio dos gobernos monárquicos no S e aristocráticos no L, nas actividades económicas dominantes, e nas variedades e tipoloxías construtivas e decorativas. Cronoloxicamente o mundo ibero pode dividirse en catro etapas: período de formación (650 a C-550 a C), ibérico antigo (550 a C-450 a C), ibérico pleno (450 a C-200 a C) e ibérico tardío (200 a C-comezo do s I d C). A área ibera...
-
Lingua dos iberos que estaba estendida no levante da Península Ibérica, desde o N dos Pireneos ata o estreito de Xibraltar. As fontes do seu estudio, ademais dos nomes propios que aparecen nos textos ou nas inscricións latinas, son os textos epigráficos indíxenas, escritos en alfabeto grego, como os chumbos de Alcoi e de El Cigarralejo, ou na escritura ibera. O aspecto máis coñecido da lingua ibera é a onomástica persoal. OBS: Tamén se denomina ibérico.
-
arte ibera
Arte desenvolvida no territorio dos iberos durante o florecemento desta civilización, entre os ss V e I a C. Destaca o seu carácter meridional, pois céntrase en València, Murcia e Andalucía. A arquitectura era alintelada con arcos e bóvedas e empregaba o aparello ciclópeo. Nos poboados destacan as murallas (Puig de Alcoi) e as cámaras sepulcrais (Pozo Moro, Albacete). A escultura con representacións humanas, das que destacan a Dama de Elx e a Dama de Baza, e animais, é de pedra, mentres que as figuriñas doadas como exvotos son de bronce, como as atopadas nos santuarios de Despeñaperros e Castillar de Santiesteban de Sierra Morena, ou de terra cocida, como as do santuario da Serreta de Alcoi. A pintura coñécese mediante a cerámica. O estilo de orixe máis antiga é o da decoración xeométrica, con bandas horizontais, combinadas con círculos e, máis adiante, con elementos decorativos vexetais. Estendeuse por toda a área ibérica e mantívose desde o s VI ata a súa desaparición. Os dous estilos...
-
escritura ibera ESCR
Escritura propia dos pobos iberos, que a utilizaron durante cinco séculos (V-I a C). Ten 28 signos e é moi difícil de descifrar; en 1925 Manuel Gómez Moreno conseguiu descifrar o sistema gráfico ibérico, que é hemisilábico, isto é, que mantén un signo para cada vogal e cada consoante continua (l, m, n, r, rr, s, ss), mentres que as oclusivas dispoñen de cinco signos cada unha, porque sempre están vocalizadas (pa, ba, etc); ao principio marcábase a diferenza entre sonoras e xordas (pa, ba, etc). Este sistema estendeuse por toda a zona mediterránea da Península Ibérica, ata o SO, con diversas variedades caligráficas que permitiron establecer tres áreas: a catalana, a do SL e a do SO. A escritura ibera estendeuse, no s II, pola Celtiberia. Quedan inscricións sobre pedra, cerámica, láminas de chumbo e bronce e sobre vaixela de prata. Utilízase tamén nas moedas iberas do ss II e I a C, a pesar de que foron cuñadas polas autoridades romanas. Esta escritura puido nacer co amparo dos grandes santuarios...
-
moeda ibera NUMIS
-
-
Relativo ou pertencente á antiga rexión de Iberia, no Cáucaso.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada que se emprega na formación de palabras co significado de ‘da Península Ibérica’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Países de América colonizados por España e Portugal.
-
-
Relativo ou pertencente a Iberoamérica ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Iberoamérica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
cultura oraniana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao grupo de linguas románicas faladas na Península Ibérica: o galego, o portugués, o asturleonés, o castelán, o aragonés e o catalán, e o desaparecido mozárabe.
-
-
Relativo ou pertencente aos iberorromanos.
-
Ibero baixo a influencia romana.
-
Arte desenvolvida polos iberos baixo dominio romano. Destacan os relevos de Osuna (Sevilla), as parellas de oferentes do Cerro de los Santos (Albacete) e o relevo da muller e o guerreiro da Albufera (Alacant).
-