"Pol" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1042.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recompilación do dereito revolucionario francés, constituída como o primeiro código de dereito civil da historia. Foi elaborado entre 1800 e 1804, e baseouse no relatorio redactado polos avogados Félix Bigot, Jean Portalis e Francois Tronchet, polo Consello de Estado e polos corpos colexisladores do consulado bonapartista. Pouco modificado pola Restauración, foi a norma reguladora da vida xurídica francesa contemporánea e influíu tamén no dereito civil doutros estados europeos e americanos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político venezolano de tendencia socialcristiá fundado en 1946 por Rafael Caldera. En 1958 formou parte da Junta Patriótica que substituíu o ditador Marcos Pérez Jiménez. Gobernou o país cos presidentes Rafael Caldera (1969-1974) e L. Herrera Campins (1979-1984).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade petroleira española constituída en 1927 cun capital de 195 millóns de pesetas, subscrito polo Estado (31%) e por un consorcio bancario. Foi a empresa gañadora dun concurso convocado polo goberno de Primo de Rivera para o monopolio sobre a importación e manipulación industrial dos combustibles minerais líquidos. Concibida polo ministro de Facenda José Calvo Sotelo, dedicouse exclusivamente á venda e distribución do combustible por motivacións económicas e fiscais. Empregou as instalacións petrolíferas xa existentes, que foron expropiadas. Permitiu a creación, en 1929, da Compañía Española de Petróleos (CEPSA), coa que contratou o fornecemento e refinado de petróleo, e participou en Asfaltos Españoles S A, Butano S A, Petronor, etc. En 1984, incorporou como asociadas as refinerías públicas e privadas, e adquiriu en propiedade os activos da rede de distribución que pertencían ao Estado. A través da Empresa Nacional de Petróleos Petroliber e do Instituto Nacional de Hidrocarburos,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poemario de Xosé Luís Méndez Ferrín, publicado en 1976. A súa proposta concéntrase en dous eixes temáticos principais, expresados no propio título: a “pólvora”, que é símbolo de revolución, de loita, do nacionalismo, do compromiso e da reivindicación; e a “magnolia”, que implica introspección íntima e problemática existencial, isto é, poesía combativa combinada cunha expresión lírica e intimista. Consta de 22 poemas estruturados en tres partes: os primeiros dezaseis poemas; a serie “Triste Stephen”, que se divide en cinco seccións; e o poema final “Reclamo a libertade pró meu pobo”, unha especie de epílogo en correlato co poema inicial no que tamén hai un canto á liberación de Galicia. Un dos motivos dominantes é o paso do tempo, sobre todo nos poemas máis autobiográficos nos que o poeta lembra a infancia e a mocidade. Ás veces afróntao desde unha perspectiva nostálxica, cargada de tristura, ou vinculada ao sentimento de saudade; outras, con dor e con espanto. A metáfora do río, que se...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica francesa realizada en 1912. Dirixida por Georges Méliès e interpretada pola súa compañía, xunto con artistas do Folies Bergère e do Carnavalet, o filme reflicte os mellores trucos do cine do momento, con elementos futuristas e de ciencia fición. Trátase da aventura que emprende o profesor Maboule e os seus acompañantes para conquistar o Polo Norte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado o 5 de xaneiro de 1976 como plataforma para a participación política dos partidos nacionalistas galegos na reforma política de España trala morte de Franco. Afirmaba o dereito de autodeterminación de Galicia e de ruptura democrática co franquismo. Estaba formado pola Unión do Pobo Galego (UPG), o Partido Socialista Galego (PSG) e o Partido Galego Social-Demócrata (PGSD), e asistiu como observador un representante do Partido Popular Galego (PPG), partido que non chegou a integrarse. Incorporáronse tamén a Asamblea Nacional-Popular Galega (ANPG), como plataforma asemblearia de participación política, o Partido Carlista de Galicia (PCdG), seguidor da fracción esquerdista do carlismo, e o Movemento Comunista de Galicia (MCG). Desde a súa creación, elaborou propostas programáticas para a consecución dos seus obxectivos e publicou as Medidas económicas para un Goberno provisorio galego e as Bases constitucionais para a participación galega nun pauto federal. No primeiro dos textos...
-
-
Relativo ou pertencente a Constantinopla ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Constantinopla.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
contradecotado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polea que xira de forma independente da árbore sobre a que está montada e que se emprega para guiar ou tensar unha correa ou un cable.
-
PERSOEIRO
Arqueólogo alemán. Director do Instituto Arqueolóxico Alemán (1887) e profesor na Universidade de Berlín, participou en campañas arqueolóxicas en Samotracia (1875-1880) e Pérgamo (1880-1886). As súas publicacións incluíron, por primeira vez, fotografías. Escribiu, entre outras obras, Investigacións arqueolóxicas en Samotracia (1875-1880), Antigüidades de Pérgamo (1880-1886) e Descrición das esculturas antigas dos museos de Berlín (1891).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Polimerización de adición de dous ou máis monómeros diferentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polimerizar dous ou máis monómeros distintos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polímero formado por máis dunha clase de monómeros.
-
PERSOEIRO
Realizador, produtor e guionista cinematográfico norteamericano. Iniciouse no cine en 1963 coa película Dementia 13. O éxito conseguido con The Godfather (O Padriño), nas dúas primeiras partes correspondentes a 1971 e 1975, e coas que obtivo tres e seis Oscar respectivamente, permitiulle realizar The Conversation (A conversa, 1973), filme premiado en Cannes. Neses anos escribiu o guión de Patton (1970), filme dirixido por Franklin J. Schaffner, e The great Gastby (O gran Gastby, 1974). Pronto se converteu nun dos principais directores do novo cine norteamericano con películas como Apocalypse now (1979), The Outsiders (Rebeldes, 1983), The Cotton Club (1984), Tucker: The Man and his Dream (Tucker: un home e o seu soño, 1988), The Godfather III (O Padriño III, 1990), Dracula (1992) ou Jack (1996). Como produtor destacan American Graffiti (1973), Kagemusha (1980), Frankestein...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Coñecido como Nicholas Cage; comezou no cine da man do seu tío Francis Ford Coppola con pequenos papeis en Rumble Fish (A lei da rúa, 1983), The Cotton Club (1984) ou Peggy Sue Got Married (Peggy Sue casou, 1986). Posteriormente protagonizou Wild at Heart (Corazón salvaxe, 1990), It Could Happen to You (Pódeche pasar a ti, 1994), Leaving Las Vegas (1995), coa que gañou un Oscar, The Rock (A rocha, 1996) ou Family Man (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical creada en 1987 e integrada na Federación Coral Galega (FECOGA). Composta aproximadamente por 45 voces mixtas, dirixiuna Miriam Fernández-Pareja y Marín, entre outros profesionais. Participou en numerosos certames e obtivo diversos galardóns, entre os que destacan o premio á mellor interpretación da obra barquereña no XXVI Certamen Nacional de la Canción Marinera de San Vicente de la Barquera (1993), I Premio no VIII Certame Coral de Noia (1995), III Premio no Concurso de Corais de Galicia (1995), Lira de Bronce no XXIX Certamen Nacional de la Canción Marinera de San Vicente de la Barquera (1996), II Premio no Concurso de Corais de Galicia (1996), I Premio no Certame de Corais de Galicia Vila de Marín (1998 e 1999) e III Premio no XVI Certamen Internacional de Corales Villa de Avilés (1999). En 1997 gravou o CD Desde mi orilla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto coral mixto constituído en 1941 baixo a dirección de Manuel Pérez Fanego. Realizou numerosas actuacións pola xeografía española e no estranxeiro. Da súa discografía destaca Salmos prá nosa terra (1970). En 1976 recibiu a Medalla de Prata de Ferrol ao mérito artístico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación coral fundada polo seu director Manuel López Castro en 1969. Legalmente está constituída como Asociación Cultural e subvencionada por entidades públicas e privadas, e, paralelamente, realiza unha intensa actividade cultural ao organizar exposicións, conferencias e certames literarios. Na súa primeira actuación presentouse con 72 compoñentes e o seu número variou co tempo, cunha media de 50 voces. O seu repertorio abrangue obras polifónicas, música sacra, habaneras, espirituais negros e música do Nadal. Destaca a súa actuación no concerto anual Ciudad de Betanzos, que se celebra co gallo das festas patronais o 13 de agosto en colaboración con outras agrupacións musicais da localidade. Realizou numerosas actuacións en Galicia e fóra dela (Astorga, Madrid, Salamanca, Santurce e Castro Urdiales). O 18 de maio de 1973 participou, xunto coa Coral Polifónica Follas Novas e a Orquestra do Conservatorio da Coruña, na estrea mundial da Cantata Nova Galicia, de Rogelio Groba; en...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación coral fundada en 1964 por Modesto Fernández Rodríguez, director ata 1998, en colaboración con outros membros deste colectivo musical. Dende 1998 está dirixida por Juan Carlos Troitiña Mota. Entre outros, foron os seus presidentes José Manuel Lorenzana, Ignacio Ramírez Pérez, José Luis Valcarce López, Ángel Gómez Montero e Víctor Arias Pérez. A súa primeira actuación foi no cine Capitol de Chantada o 8 de xullo de 1965, iniciando así unha serie de actuacións dentro e fóra de Galicia (Monforte, Ribadavia, Ourense, Lugo, Portomarín, Vigo e Oviedo). Promocionou a primeira actuación pública do cantautor Andrés do Barro, quen en 1970 foi o produtor do primeiro disco gravado pola Coral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación fundada en 1955 e dirixida dende a súa presentación ata 1984 por Carlos Álvarez Fernández-Cid, ano no que colleu a batuta María del Carmen Rodríguez Cancelo. Conta cun amplo repertorio no que se inclúen obras clásicas, relixiosas e populares, e pezas de zarzuelas, interpretadas por un conxunto de 50 voces mixtas. Apadriñou as corais de Viveiro e Sober e realizou numerosas actuacións en Galicia e fóra dela (Asturias, Astorga, Donostia, Barcelona, Sabadell, Jaén e Lisboa). Gravou para RNE, Cadena COPE, Radio Galega, TVG, Telelugo e TVE, así como un directo no ano 1995 no que se recolleu o concerto conmemorativo do seu 40 aniversario.