"Red" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 824.
-
PERSOEIRO
Compositor estadounidense. Realizou estudios en Harvard e posteriormente na Academia de Múnic. Ao seu regreso a EE UU, desenvolveu a docencia en Boston e dedicouse á composición. Da súa produción destaca a ópera The Pipe of Desire (1905), primeira ópera norteamericana que se representou no Metropolitan Opera House (1910). Ademais é autor de sinfonías e poemas sinfónicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Peregrino francés. Desempeñou diversos cargos na corte parisiense como o de tesoureiro de Filipe IV o Fermoso. Doou á catedral de Santiago de Compostela un relicario. Trátase dun peza gótica de prata dourada que representa o Apóstolo como peregrino, vestido con túnica longa, os pés espidos, capote pechado con mangas abertas e con fardel, bordón e cunchas gravadas no sombreiro de copa esférica e á ancha. Na man dereita sostén unha lámpada relicario con forma de torre e na esquerda unha cartela na parte superior coa inscrición do doador. Sitúase sobre un pedestal hexagonal decorado con placas esmaltadas que se apoia nas esquinas en figuras de leóns. Inicialmente, a reliquia foi un dente e tralo incendio da capelas das Reliquias en 1921, un fragmento dun óso.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico francés. Alumno da École Polytechnique de París, exerceu alí como profesor de física dende 1867. Investigou en física matemática e experimental, especialmente no campo da óptica xeométrica. En 1879 mellorou o método de Fizeau para medir o valor da velocidade da luz (c) e obtivo como resultado c=300.030 km/s.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, gravador e escultor. Discípulo de Mariano García Patiño, as súas primeiras composicións figurativas incluían temas dionisíacos e eróticos. Bolseiro nun curso de cerámica do Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos (1975), a partir do 1978 pertenceu ao grupo A Carón e, posteriormente, foi un dos fundadores do colectivo de comunicación obxectual A Galga, co que realizou algunhas exposicións. Como integrante do movemento Atlántica, participou en todas as súas mostras (1980-1983) e neste período realizou unha obra espacialista baixo a influencia do expresionismo abstracto e da arte pobre. Cunha bolsa do ministerio de Cultura (1979) viaxou a México, onde comezou a traballar coa técnica da augaforte e incorporou a temática precolombina nunha liña expresionista. Entre 1984 e 1986 formou o Gruporzán, co que editou a súa obra gráfica. Durante os anos noventa a súa obra evolucionou dende a figuración á paisaxe. A partir de 1998 elaborou mariñas afastadas do naturalismo, entre as que...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafo. Membro do consello asesor do Centro Galego de Artes e Imaxe (CGAI), coordinou a área de fotografía do Proxecto Galicia. Director da produtora XCA-Xulio Correa Asociados, membro do consello asesor de Hércules de Ediciones e profesor de fotografía na Escola de Imaxe e Son de Vigo (1998). Publicou algunhas das súas obras nas revistas Galicia Moda, Vogue, Photovisión, Lápiz, Foto Profesional, El Temps, Cambio 16, El País, Divos e Luzes de Galicia. Entre outras exposicións colectivas, participou en Sete plantexamentos na fotografía galega de hoxe, no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela; Arco 85, na Galería Finisterrae de Madrid; Echos d’Espagne-Quinzaine Internationale de la Photographie, en Bordeos; Création Photographique en Espagne, no Museo Cantini de Marsella; e na IV e V Fotobienal de Vigo (1990 e 1992). Individualmente, organizou diversas mostras na Galería Spectrum (Zaragoza, 1987), na Galería Portokalenia (València, 1988) e na Sala Os Peiraos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello que mide a velocidade aparente dun barco. A antiga consiste nunha peza de madeira en forma de sector circular que flota no punto onde caeu, mentres se vai soltando corda desde a embarcación en marcha, feito que permite coñecer a distancia percorrida pola embarcación nun tempo dado e, polo tanto, a velocidade. A corredeira mecánica mide mediante o movemento de rotación que toma un eixe con ás helicoidais somerxido na auga cando a embarcación está en marcha. Tamén existe a corredeira pneumática, que actúa pola presión dinámica que exerce a auga sobre o casco do barco e que é proporcional á velocidade deste.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, unha cabria de azul
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concepto teolóxico, non moi precisado, que expresa a cooperación da Virxe María na obra redentora de Cristo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Redentor xunto con outro.
-
-
corredizo.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘libra (de peso)’.
-
-
-
Aplícase ao nó que corre e que permite apertar ou afrouxar con facilidade unha atadura.
-
Que se desliza sobre carrís.
-
Que non ten rizos.
-
Aplícase ao viño livián, con pouco corpo, pastoso e agradable.
-
-
-
Camiño estreito e máis fondo ca o terreo que o rodea.
-
Camiño estreito que serve de paso para as leiras e terreos próximos.
-
Pedra do muíño empregada para moer ao xirar sobre outra fixa.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cotobade baixo a advocación de san Gregorio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica que xa se documenta no s XIII en latín: “Alfonsus P. de Corritoria” (doc ano 1229 en Emilio Duro Peña, El Monasterio de S. Pedro de Rocas y su colección documental, 1972, p 150). En romance, no s XIV: “Pero Mãso da Corredoyra” (doc ano 1394 en Mª C. Barreiro Fernández, A documentación notarial do Concello de Noia (séculos XIV-XVI): lectura, edición e léxico, 1995, p 30).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista anual bilingüe da comisión de cultura do Centro Galego de Zaragoza que apareceu en 1976 co subtítulo de “Folleto informativo”. De amplo contido cultural e literario, contou coa colaboración de J. Trapero Pardo, Benito Pérez, Pedro González, Manuel Fontela, Arcadio López-Casanova, Xesús Manuel Valcárcel, Xosé Mª Cidoncha e incluíu debuxos humorísticos de Álvaro Cebreiro, Fernando Quesada e Castelao.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xesús Rodríguez Corredoira de Castro.
-
GALICIA
Pintora. Coñecida como María Corredoyra, iniciou a súa formación na Coruña con Félix Castro e Enrique Saborit. Participou en concursos e exposicións colectivas como a Exposición Rexional Galega de Santiago de Compostela (1909), na que recibiu a Medalla de Ouro polo conxunto da obra presentada, entre a que destaca A neta; nunha exposición en México (1910), en Bos Aires (1911) e na Exposición de Arte Galega celebrada no Centro Galego de Madrid (1912). En 1914 trasladouse a Madrid para ampliar a súa formación con Eduardo Chicharro (1914-1915) e con José María López Mezquita (1915-1916), ao tempo que recibiu clases teóricas de Joaquim Sorolla. Regresou a Galicia en 1916 e, ao ano seguinte, participou na Segunda Exposición de Arte Galega celebrada na Coruña con cadros figurativos entre os que destaca A galega dos cacharros. En 1922 realizou o seu primeiro cadro de interiores, Interior da igrexa das Capuchinas, presentado á Exposición de Arte Galega de Ferrol....
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Camiño estreito e máis fondo ca o terreo que o rodea.
-
Parte do eixe do carro en forma de rebaixe que permite o xiro entre as treitoiras.
-
Domingo anterior ao de Entroido no que, tradicionalmente, se fai a corrida do galo. Os protagonistas son os mozos e mozas que van tirando farelo, relón de fariña e mesmo formigas vivas que apañaron para a ocasión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nun alcume profesional aplicado aos individuos que tiñan por oficio transportar as mercadorías. Xa se documenta no s XII: “Pelagio Corredor” (doc ano 1132 en Santiago Montero Díaz “La colección diplomática de San Martín de Jubia [Ferrol]”, BUSantiago 7, 25, 1935, p 78).
-
-
-
Que ou quen corre.
-
Persoa que toma parte nunha carreira.
-
Soldado que se enviaba antigamente para descubrir e observar o inimigo.
-
-
-
Persoa que fai de intermediaria en operacións mercantís, poxas, peñores, etc, polo que percibe unha comisión ou retribución.
-
Pregoeiro oficial dun municipio ou doutra administración pública encargado da comunicación ou difusión de avisos e disposicións, entre outras obrigas. Antigamente, denominábase corredor de trompeta ou trompeta, por mor do instrumento que utilizaba para chamar a atención.
-
corredor de bolsa
Axente encargado da mediación nas operacións do mercado de valores por conta dun particular.
-
corredor de cambios
Axente encargado de solicitar letras ou diñeiro prestado, e que axusta os cambios de interese.
-
corredor de comercio
Axente mediador encargado da promoción e intervención de contratos mercantís entre as partes, dando fe dos mesmos na súa condición de feudatario público colexiado. A súa intervención acredita a identidade e a capacidade dos contratantes, ademais do outorgamento do acto ou contrato. Dá fe dos asentos contables dos libros de contas e das pólizas expedidas. Actúa nas prazas mercantís que non dispoñen de bolsa de comercio.
-
...
-
-