"Román" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 201.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oftalmía unilateral que aparece durante o período agudo da enfermidade de Chagas ou tripanosomiase brasileira.
-
-
-
Que deriva do latín.
-
Lingua vulgar que se falaba nos países da Romania, cando xa se diferenciara claramente do latín e se sentía como unha lingua distinta del. O texto romance máis antigo, documentado na Romania arredor do s IX, é posiblemente a adiviña Indovinello Veronese, que se conserva nun códice da Biblioteca Capitolare de Verona, xunto cos Xuramentos de Estrasburgo, de mediados do mesmo século, contidos na Historia de Nitardo. Nos reinos cristiáns do N da Península Ibérica (agás Catalunya) a visión nítida dun latín distinto das linguas romances non se xeneraliza ata o primeiro terzo do s XIII, aínda que xa hai precedentes no s XII. No territorio galaico, a consciencia de que existía un falar romance diferenciado do latín exprésase xa nun documento de 1136 contido no Liber Fidei bracarense (“Dedit illis unum coopertorium lecti quod romane alifaf dicitur”). Décadas despois, o galego aparece como unha das linguas poéticas no descort plurilingüe de Raimbaut...
-
-
-
Narración novelesca extensa, en verso ou en prosa, das aventuras dun heroe. O termo deriva da voz medieval francesa roman, aparecida no s XII e que expresaba primeiro unha simple versión na lingua romance de relatos novelescos latinos, e despois, os dunha literatura orixinal en lingua vulgar que desenvolvía en verso e, a partir do s XIII, en prosa diversas materias novelescas.
-
Poema escrito en versos normalmente octosílabos con rima asonante nos pares e libre nos impares.
-
romance de cego
Narración en verso que era recitada ou cantada por cegos especialmente nas feiras e festas das vilas. A temática baseábase en feitos famosos, reais ou fantásticos. Coa imprenta púxose ao alcance do gran público a produción literaria oral e tradicional existente, á vez que se creou unha cadea comercial do impresor ao libreiro e ao cantador cego, que se pode considerar unha especie de continuador do xograr na Idade Media.
-
-
Aventura amorosa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
arromanzar.
-
-
Colección de romances.
-
Conxunto de romances da literatura castelá e que constitúe propiamente un xénero exclusivo desta literatura. Provenientes da fragmentación da canción de xesta, os primeiros romances naceron a finais do s XIV, coa decadencia da épica, transmitidos tamén de forma oral. Os máis antigos chámanse vellos ou tradicionais, e os compostos a partir de mediados do s XVI, novos ou artísticos. Ademais da idade heroica castelá, o romanceiro nútrese tamén da épica francesa e, en menor proporción, do ciclo bretón. Nun primeiro momento foron impresos en pregos soltos e recolléronse por primeira vez no Cancionero de romances de Anveres, que está datado contra 1547. Non houbo outras compilacións ata chegar á gran colección do Romancero General (1600).
A tradición antiga
Das cinzas dos vellos cantares de xesta naceu, na Castela do s XIV, o romanceiro, xénero poético que chegou, a través do canto con ou sen acompañamento musical, a Catalunya e a Portugal a finais da...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘festa’ e ‘romaría’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘bailar’.
-
-
Relativo ou pertencente á zona onde se fala o romanche, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante desta zona.
-
Lingua retorrománica do grupo occidental que se fala no cantón suízo de Graubünden. É lingua cooficial no cantón dos Grisóns e, desde 1938, a cuarta lingua oficial de Suíza. Desde 1982 conta co chamado Rumansch Grishum ou lingua escrita unificada. O testemuño máis antigo escrito en romanche é o de cinco palabras incluídas nun códice dos ss XI e XII. O primeiro texto real é unha tradución de 14 liñas dunha homilía latina incluída nun manuscrito (principios s XII) conservado en Einsiedeln. As diferenzas entre os dialectos son fundamentalmente léxicas, aínda que tamén presentan trazos dispares de tipo fonético e morfolóxico. Distínguense cinco variedades de romanche: o sobreselvano, no val de Vorderrhein; o subselvano ou sotoselvano, no lado inferior do bosque e nos arredores da cidade de Andeer, no Hinterrhein; o engadino alto, ou puter, no SL (zona alta do val do Inn); o engadino baixo ou valader, no NL; e o surmirano, falado nos distritos de Xulia e Albula, en Graubünden central.
-
-
-
Que ou quen escribía en lingua romance, en oposición ao que o facía en latín.
-
Persoa que escribe romances.
-
-
-
Relativo ou pertencente á Suíza occidental, aos seus habitantes e aos seus dialectos.
-
Natural ou habitante da Suíza occidental.
-
Conxunto de variedades lingüísticas francoprovenzais que se fala na Suíza occidental.
-
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Axudante e discípulo de Pietro da Cortona, traballou na catedral de Viterbo e en París, onde, a petición da corte, decorou o palacio de Mazzarino e a Salle des Saisons do Musée du Louvre (1648-1659).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Romanía, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Romanía.
-
Lingua románica do grupo balcanorrománico do phylum indoeuropeo, falada en Romanía, Moldavia e, en diferentes graos, en todos os países da Península Balcánica. Distínguense catro variedades dialectais: o dacorromanés, que se fala en Romanía e nalgunhas zonas fronteirizas dos países veciños; o macedorromanés ou arromanés, que se fala en Grecia, Albania e Bulgaria; o meglenorromanés ou meglenítico, ao N do golfo de Salónica; e o istrorromanés, en Istria; tamén se engade o dálmata, xa extinguido (s XIX). O dacorromanés divídese en dous subdialectos: o moldavo e o valaco. A lingua literaria romanesa fundaméntase en ambos os dous, pero especialmente no segundo. As diferenzas que existen entre estas catro variedades dialectais son tan grandes que a comprensión entre os seus falantes é difícil: o grego influíu profundamente no macedorromanés, o búlgaro no meglenorromanés, o croata no istrorromanés e o eslavo no dacorromanés...
-
Arte desenvolvida nos territorios da actual Romanía. Recolle a arte dos antigos principados de Valaquia, de Moldavia e de Transilvania. Á parte dos vestixios prehistóricos e os de tradición grecorromana, destaca como característica da arte popular o traballo sobre madeira. As creacións artísticas presentan diferenzas entre Transilvania, máis influída por Occidente, e Valaquia e Moldavia, dentro da órbita da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla. En Transilvania, ao lado de igrexas onde se mesturan elementos bizantinos e occidentais (Denşus, Strei-Sîngeorgiu, do s XIII), construíuse en estilo románico tardío (Alba Iulia), gótico (igrexa negra de Braşov) e renacentista (Bistriţa). O Renacemento empregouse en obras civís (Gherla, Criş), mentres que o barroco austríaco empregouse en obras civís e militares (Timişoara, Oradea, Cluj, Silbiu). En Valaquia adoptouse o estilo bizantino (igrexa de Curtea de Argeş, mosteiro de Cozia, s XIV), pero despois formouse un estilo...
-
Cine desenvolvido en Romanía. A primeira representación cinematográfica tivo lugar o 27 de maio de 1896, aínda que o cine deste país tivo nos seus inicios moi pouco apoio por parte do estado. En 1912 realizouse a primeira longametraxe: Rǎzboiul Independentei (A guerra da independencia, 1877-1878), dos irmáns Brezeanu. Destaca, tamén, o filme Manasse (1925) de J. Mihail. En 1948 iniciouse unha nova etapa a raíz da nacionalización da industria cinematográfica. Creáronse uns estudios que ofreceron, ademais da realización, a produción de filmes dunha ampla temática que vai desde a folclórica-popular ata a de temática científica. Utilizando como fonte de inspiración o pasado histórico, a loita do pobo romanés pola súa independencia e a adaptación de obras literarias, xurdiu unha nova etapa en que destacan os filmes În sat la noi (O pobo, a nosa casa, 1951) de J. Georgescu e V. Iliu; Eruptie (Erupción, 1958) de L. Ciulei; Lupeni 29 (1962)...
-
Literatura cultivada en romanés. As primeiras obras, dos ss XV e XVI, foron relixiosas. No s XVII e comezos do XVIII apareceron obras profanas, en que destacaron unha serie de brillantes cronistas, como o humanista D. Cantemir. Progresivamente, a influencia eslava foi substituída pola influencia grega, a través da que chegou a Romanía o humanismo occidental. O desvelo nacionalista do s XIX produciu a afirmación intelectual da conciencia romanesa, que buscaba a súa fonte literaria nos contos e nos poemas populares. Conseguiron liberarse da submisión ás correntes literarias occidentais os poetas V. Alecsandri e M. Eminescu, o narrador I. Creangǎ e o dramaturgo I. L. Caragiale. A comezos do s XX a literatura romanesa orientouse, dunha banda, cara á exaltación dos valores populares do movemento sǎmǎnǎtorista, onde destacaron os poetas G. Cosbuc, S. Iosif e O. Goga, e narradores como M. Sadoveanu; e, doutra, cara á adhesión ás correntes...
-
Arte musical cultivada en Romanía. A música popular romanesa é dunha gran riqueza e está constituída por modos, elementos pentatónicos e extensos melismas. Destacan as kolinde ou panxoliñas e as dóinǎ ou cancións pastorais. A música culta comezou a cultivarse no s XVIII. O máis grande representante da música romanesa foi Georges Enescu, formado en París; destacaron tamén Michal Andrico e o pianista Dinu Lipatti (1917-1950). Bucarest, centro operístico desde finais do s XVIII, ten unha vida musical moi activa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
xitano.
-
PERSOEIRO
Xeógrafo. Escribiu Galicia y sus puertos, pesca y trafico marítimo (1983), La industria de la madera en Galicia (1980) e Atlas de Galicia (1994). Foi autor dos tomos de clima e vexetación da Geografía de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Locutora de radio e poetisa. Licenciouse en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela e participou na creación da Asociación Cultural Catavento (1983), da revista Festa da Palabra Silenciada e da asociación Mulleres Galegas na Comunicación, ademais de en diversos proxectos, como o Laboratorio de Indagacións Poéticas, xunto a Antón Lopo. Foi actriz de dobraxe (1985-1989) e realizou A viborona (1989) en RNE en Galicia e ao ano seguinte comezou a dirixir o Diario Cultural na Radio Galega. Colaborou en diversos proxectos artísticos, como O son da pedra (1994), co grupo Milladoiro; os discos Rosalía na voz dos poetas (1983) e Daquelas que cantan (1997), e o espectáculo Son Delas (2000). Publicou poemas en A Nosa Terra, Dorna, A Saia ou Carel e, en 1987, editou o seu primeiro poemario Palabra de Mar, de carácter intimista, ao que lle seguiron Das últimas mareas...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico, compositor e produtor musical. Director do Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo e profesor de Arpa e Historia da Música Galega no mesmo centro. Desde 2003 coordina o Arquivo Sonoro de Galicia, pertencente ao Consello da Cultura Galega. Comezou a súa carreira vinculado ao movemento musical Voces Ceibes durante a década de 1970, xunto a Antón Seoane, co que formou un dúo. Participou na creación, entre 1976 e 1977, do colectivo Roi Xordo, co que actuou en distintos festivais da época. En 1978 gravou, con Antón Seoane, o disco Milladoiro, que obtivo o Premio da Crítica ese mesmo ano. En 1979 foi un dos impulsores da creación do grupo Milladoiro, no que permaneceu ata o ano 2000. Con este grupo gravou diversos discos, dos que destacan A Galicia de Maeloc (1979), Milladoiro 3 (1982), Castellum Honesti (1989) ou As fadas de estraño nome (1995). Tamén participou na creación da banda sonora de diversos filmes, como...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Especialista en economía pesqueira galega, colaborou en diversas publicacións periódicas, como Chan, El Ideal Gallego, La Noche e La Voz de Galicia. É autor de Pseudopoesía a la Costa de la Muerte (1978), Xogos infantiles de Galicia (1979), a traxedia teatral O patriarca (1980), La pesca de bajura en Galicia (1981), a novela Barlovento (1992), dotada de trazos realistas e costumistas, A revolución tecnolóxica na industria salgadeira de Galicia (1991) e Una industria salazonera catalá en Galicia, origen, apogeo y ocaso: la familia Romaní (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Centrou os seus estudos no campo da paleografía e a diplomática. Escribiu El Monasterio cisterciense de Santa María de Oseira (Ourense): estudo histórico (1137-1310) (1989) e A Colección diplomática do Mosteiro Cisterciense de Santa María de Oseira (Ourense): (1025-1399) (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Coñecido como Il Romanino, realizou a Pala di Santa Justina (1513), onde mostrou a súa formación lombarda e a influencia de Tiziano. Traballou principalmente en Brescia, en Cremona e en Trento, onde pintou frescos cunha pincelada áxil e esbozada, dun progresivo expresionismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Área xeográfica dos pobos de civilización latina ou onde se fala algunha lingua derivada do latín. Desde Friedrich Christian Diez adoita dividirse en Romania Occidental e Romania Oriental. Walther von Wartburg sinala como fronteira de ambas as dúas unha liña que vai desde La Spezia ata Rimini. A primeira, situada ao N e ao O desa liña, sonoriza as oclusivas xordas intervocálicas (AMĪCA > gal, port, cat e cast amiga) e mantén o -s final (DŬŌS > gal dous, port dois, cat dos e cast dos); a Romania Oriental, que comprende os territorios situados ao L e S desa fronteira, conserva as oclusivas intervocálicas sen sonorizar (ital amica) e perde o -s final (ital due).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que designaba ao Imperio Bizantino durante a Idade Media.