"Trat" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 223.

  • Organización defensiva multilateral creada en 1959 por Turquía, Irán, Paquistán e Reino Unido, despois de que Iraq abandonase o Pacto de Bagdad en 1955. Os seus obxectivos eran a defensa conxunta ante posibles agresores e a cooperación para o desenvolvemento económico e científico. A súa denominación alude a unha zona central entre as rexións incluídas na Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) e na Organización do Tratado do Sueste Asiático (OTASE). EE UU relacionouse coa organización a través de acordos bilaterais cos países membros. A sede inicial de Bagdad trasladouse a Ancara (Turquía) en 1958. A organización disolveuse en 1979, tras a retirada de Irán e Paquistán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado en 1949 para oporse ao Pacto de Varsovia (1949). Os países que se comprometeron foron Bélxica, Canadá, Dinamarca, EE UU, Francia, Islandia, Italia, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos, Portugal e Reino Unido. Posteriormente foron admitidos Grecia e Turquía (ambos os dous en 1950), Alemaña (1955) e España (1982). En 1999 incluíronse Hungría, Polonia e República Checa. A última ampliación foi con Bulgaria, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Lituania, Letonia e Romanía (2004). A súa estrutura está formada polo Consello do Atlántico Norte, composto por un representante de cada país membro, e as decisións tómanse por unanimidade. O seu órgano executivo é o Estado Maior Militar Internacional. Coa mingua das tensións entre Oriente e o Occidente, a OTAN decidiu (marzo de 1990) reducir o seu arsenal nuclear en Europa. En novembro de 1990 a OTAN e o Pacto de Varsovia asinaron a paz. Entre 1995 e 1999 o español F. J. Solana Madariaga foi o seu secretario xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado polo tratado militar de defensa en 1954 por Australia, EE UU, Filipinas, Francia, Reino Unido, Nova Zelanda, Paquistán e Tailandia para se opoñer ás actividades militares promovidas pola República Popular China. Foi disolto en 1977, debido á mellora das relacións de EE UU e doutros países da OTASE con China.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado o 10 febreiro de 1763 entre Francia e Reino Unido, que marcou a fin da Guerra dos Sete Anos (1756-1763). Por este acordo, que consagraba a vitoria inglesa sobre Francia e España, Francia cedeulle a Reino Unido, Canadá e o leste de Louisiana, e abandonou Senegal, Dominica, Saint Vincent, Tobago, Granada e Menorca. España, pola súa banda, cedeulle Florida a Reino Unido e devolveu a colonia de Sacramento a Portugal e, en compensación, recibiu de Francia o oeste de Louisiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado o 10 de decembro de 1898 entre España e EE UU. Supuxo a fin da guerra e do imperio colonial español, que perdeu Cuba, Puerto Rico e Filipinas, e o inicio do imperialismo estadounidense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado que asinaron Austria, Venecia e Turquía en xullo de 1718 para rematar a guerra iniciada en 1715 entre as dúas primeiras potencias e a última, derrotada en Belgrado. Os turcos cederon Temesvár e parte de Valaquia, Serbia e Austria, e conseguiron Morea, de Venecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten a propiedade ou a facultade de penetrar.

    2. Aplícase á textura de deformación que afecta uniformemente á totalidade dunha rocha ou conxunto de rochas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo de paz asinado na Illa dos Faisáns, na desembocadura do río Bidasoa, o 7 de novembro de 1659, entre os representantes de Filipe IV -Luis Méndez de Haro e Pedro Coloma-, e os de Luís XIV de Francia -Mazzarino e Hugues de Lionne-, que puxo fin á contenda iniciada entre eles en 1635, durante a Guerra dos Trinta Anos. Como antecedente tivo lugar a Conferencia de Madrid (1656), infrutuosa, onde Francia manifestou que non renunciaría ao Rosellón se non era a cambio de Navarra. En 1658 retomáronse as conversas e, co Pacto de París como base, iniciouse o acordo definitivo o 13 de agosto de 1659. O tratado estipulaba a cesión de Filipe IV a Francia de diversas poboacións de Flandres, Artois (agás Aire e Saint Omer), Hainaut e, ao S, a cesión do Condado do Rosellón e da metade do Condado de Sardeña. Así mesmo, acordouse o matrimonio de Luís XIV con María Tareixa de Austria, filla de Filipe IV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen descende de Pisístrato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político grego. Como aristócrata dirixiu o partido da montaña, que agrupaba os campesiños pobres do interior da Ática e a xente máis humilde da cidade. En 546 a C erixiuse en tirano de Atenas. Tivo amizade con todos os estados gregos e proporcionoulle a Atenas unha etapa de paz e prosperidade. Instituíu as grandes festas dionisias. Foi sucedido polos seus fillos Hipias e Hiparco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marco que se usa para poñer fotografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado na cidade homónima do estado de New Hampshire, en EE UU, entre Rusia e Xapón en 1905, que puxo fin á guerra entre os dous países. Intermediado polos estadounidenses, supuxo unha serie de concesións rusas aos xaponeses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convenio mediante o que as partes se comprometen a celebrar, nun momento posterior, un determinado contrato e a emitir, nun momento futuro, a declaración de que se prestará un definitivo consentimento contractual. Unha teoría máis moderna di que é o inicio dunha única relación contractual desenvolvida en dúas etapas. Na primeira, as partes xa están de acordo no contido da súa vontade, e na segunda, reservan a facultade de esixir a entrada en vigor do contrato nun momento posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á orde dos Cóengos Regulares de Prémontré ou premonstratense.

    2. Membro da orde fundada por san Norberto en Premontré, cara a 1120, como reforma dos antigos cóengos agostiños, polo que a orde foi denominada orde nova, por contraposición á orde vella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado entre Napoleón I Bonaparte e o Emperador Francisco II na cidade de Pressburg (Bratislava), en decembro de 1805, pouco despois da vitoria francesa en Austerlitz. Austria cedeu unha serie de territorios ao Reino de Italia, Baviera, Württemberg e Baden, e os tres últimos estados acadaron a emancipación respecto a aquela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado de paz asinado en Rastatt o 6 de marzo de 1714, como complemento do Tratado de Utrecht (1713), que puxo fin á Guerra de Sucesión Española. Foi establecido entre o príncipe Uxío de Savoia-Soissons, por parte do Emperador Carlos VI, e o mariscal duque de Villars, plenipotenciario de Luís XIV de Francia. O emperador recibiu definitivamente as posesións europeas retidas ata entón por Filipe V: Flandres, Sardeña, Nápoles, Milán e os presidios de Toscana; Francia conservou Alsacia con Estrasburgo e os lugares que Carlos VI lle arrebatara á dereita do Rin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratados de Contraseguro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer o retrato de algúen por medio dun debuxo, pintura, fotografía ou outro sistema.

    2. Describir detalladamente algo ou a alguén.

    3. Deixar ver ou mostrar algo.

    4. Ser partícipe nun retrato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica a facer retratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Representación dunha persoa mediante a pintura, a fotografía ou a escultura. Pode ser de medio corpo, corpo enteiro ou tres cuartos. Desde a Antigüidade retratáronse reis e personaxes destacados segundo os canons estéticos de cada momento: en Exipto de acordo coas leis da frontalidade, en Grecia de maneira idealista, e en Roma de forma marcadamente realista. No s XIII comezaron a ser representados nos retablos os doadores, o que deu lugar ao nacemento do retrato flamengo. Foi moi cultivado polos pintores do Renacemento e o interese que desde entón espertou preséntase en todas as épocas e tendencias ata o s XX.

    2. Descrición moi precisa ou exacta dunha persoa ou cousa.

    3. Persoa moi semellante a outra.

    VER O DETALLE DO TERMO