"atü" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 368.
-
-
-
Calidade de curvo.
-
Forma curva dun corpo.
-
-
Límite da razón, nunha curva plana, entre a variación da inclinación da tanxente sobre un arco dado e a lonxitude deste arco ao facelo tender a cero. Analiticamente, defínese mediante a expresión:
FORMULA
na que f(x) é a ecuación da curva en coordenadas cartesianas. -
Aberración xeométrica consistente na imposibilidade de conseguir imaxes nítidas sobre unha superficie plana dun obxecto plano e perpendicular ao eixe dun sistema óptico, dado que os círculos de máxima nitidez non forman, en xeral, un plano.
-
No marco da relatividade xeral, propiedade xeométrica do espacio-tempo pola que este se curva por mor da presenza de materia. O movemento das masas enténdese como un movemento libre ao longo das xeodésicas do espacio-tempo, en lugar de selo en termos da interacción gravitacional. O tensor de curvatura explicita matematicamente esta propiedade.
-
Raio dunha circunferencia que ten unha curvatura que coincide coa dunha curva nun punto dado. Esta circunferencia recibe o nome de círculo de curvatura ou ben círculo osculador. O valor R do raio da curvatura é o inverso da curvatura C. O centro do círculo osculador recibe o nome de centro de curvatura da curva.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Baía da illa de Borneo, no estado de Sarawak, Malaisia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Punto fundamental da triangulación, determinado astronomicamente, a partir da que se elaboran os mapas. Na cartografía española empregouse como datum o vértice da cúpula do Observatorio Astronómico Nacional, pero na década de 1970 substituíuse polo Datum Europeo ou Datum Postdam, orixe da Rede Xeodésica Local Europea, establecido en 1950 na posición astronómica da Torre de Helmert desa cidade alemana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero da plantas, da familia das solanáceas, caracterizadas por presentar flores pentámeras con forma de funil, que comprende dez especies das zonas tropicais e cálidas do mundo. En Galicia están presentes, como especies alóctonas, de orixe americana: D. stramonium, de ata 100 cm de altura, de aspecto ramalludo e cuberta de longas espiñas, con follas de ata 20 cm de longo e dentadas, flores brancas e froitos constituídos por cápsulas de cor verde de 5 cm de lonxitude, que aparece en medios ruderais como cultivos e lugares incultos e removidos nitrificados, e que presenta alcaloides derivados do tropano -de acción antiespasmódica, antiasmática e antiparkinsoniana-. As follas frescas trituradas empréganse como analxésico local e as follas desecadas fúmanse para solucionar problemas respiratorios e como alucinóxeno pola súa acción soporífera e hipnótica; e D. arborea, procedente dos Andes peruanos, con follas caducas grandes e oblongas, flores brancas de ata 250 mm e fedorentas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
hiosciamina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión ou sinal parecido ao d co que, nunha proba de imprenta, se indica que debe suprimirse algunha cousa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zona do delta do Ebro, considerada espazo protexido desde 1983 e ampliada no ano 1986, cando se constituíu en parque natural. Cunha superficie total de 7.736 ha, comprende un variado conxunto de medios húmidos, entre os que destacan as zonas salobres, as dunas, os carrizais e os lagos de auga doce. Unha gran parte deste medio natural substituíuse por cultivos de arroz que ademais de ocupar unha grande extensión, supoñen un perigo para a fauna do contorno, debido ao emprego masivo de biocidas para controlar os insectos que se alimentan da planta do arroz. No delta existen máis de 515 especies de plantas e máis de 260 de aves tendo, o Delta de l’Ebre especial importancia como rexufio de aves invernantes, ata un 10% das anátidas da Península Ibérica, entre as que destaca o pato cullerete, o pato asubiador e o alavanco
-
VER O DETALLE DO TERMO
desatoar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aquilo que se desexa ou que se quere obter.
-
-
Acción e efecto de desnaturar.
-
Adición a un produto alible de substancias tóxicas, colorantes ou de cheiro desagradable para facelo inalible para as persoas ou os animais, pero utilizable para uso industrial, como é a adición de metanol ao etanol ou o uso agrícola, como é o tratamento de cereais con colorantes indicadores.
-
Modificación da estrutura dun biopolímero por mor dun cambio nas condicións físicas ou químicas do medio, que conduce á perda das súas propiedades naturais. Supón a deformación das cadeas polipeptídicas ou da dobre hélice. No caso das proteínas realízase o tratamento con ácidos, bases ou raios X, e no caso do ADN quentando a mostra que o contén a 90°C ou incubándoa cun pH maior de 10,5.
-
Proceso de engadir outro isótopo a un material fisible co obxecto de facelo inadecuado para o seu uso en armas nucleares.
-
-
-
de desnaturar.
-
Que carece ou é contrario aos sentimentos naturais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desnaturalizar ou desnaturalizarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de desnaturalizar ou desnaturalizarse.
-
-
Privar a alguén dos dereitos de cidadanía.
-
Perder ou renunciar aos dereitos de cidadanía.
-
Perder un nobre a súa condición de vasalo e todos os dereitos que este título lle outorgaba.
-
-
-
-
Alterar as propiedades dunha cousa engadíndolle unha substancia artificial.
-
Someter un produto a desnaturación.
-
-
Privar do carácter ou da maneira natural de ser, sobre todo de calquera bo sentimento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grao universitario que se obtén cando se remata unha carreira de tres anos.
-
-
Propiedade e dominio señorial.
-
Dereito que se lle pagaba ao señor.
-
Terra que o señor reservaba para a súa explotación directa cando cedía un feudo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín informativo do teatro galego. Estaba dirixido por Celestino Ledo e coordinado por Francisco Pillado. Entre os seus colaboradores figuraban Pilar Pin, Santiago Fernández, Franciso Vidal, Francisco X. Pose, Carlos Gurméndez, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xoel Gómez e Pedro Blanco Llano. Incluíu debuxos de Xaquín Marín e fotografías de J. Garaizábal, xunto con artigos de crítica, entrevistas, recensións críticas de obras galegas e traducións de textos de autores estranxeiros, como A voda do latoeiro, de John Millington Synge, e O Escorial, de Michel de Chelderode. Entre 1980 e 1982 editáronse un total de cinco números nos que se recollía información sobre a oferta teatral das compañías profesionais e as crónicas correspondentes aos feitos máis significativos do teatro galego da época, como a desaparición da Mostra de Ribadavia, a constitución da Asociación Profesional do Teatro Galego, a apertura da Sala Luís Seoane na Coruña, ou a posta en marcha das primeiras iniciativas...
-
-
Autor de obras de teatro. O termo comezou a usarse a partir do s XVIII no lugar de poeta, que se aplicou durante os ss XVI e XVII aos creadores, mentres que autor se reservaba para o director da compañía teatral, encargado da contratación e preparación de actores, e da selección dos textos. En 1787 Jean-François Marmontel denominou a William Shakespeare “o gran modelo dos dramaturgos”. Desde a década dos sesenta do s XX, xurdiu como unha nova figura que conxuga as funcións do autor español do Século de Ouro, co dramaturg alemán: ocúpase da selección do texto, do seu estudio e adaptación á posta en escena, da supervisión dos ensaios, e do seguimento da montaxe da representación.
-
Persoa que se dedica á dramaturxia.
-
-
-
Termo que, na súa concepción clásica, designa a arte de compoñer ou escribir obras dramáticas, a partir do coñecemento e do dominio dunha serie de principios e técnicas específicas. Considérase que a primeira dramaturxia de Occidente foi a Poética de Aristóteles. A partir da publicación da obra de G. E. Lessing, Hamburgische Dramaturgie (A dramaturxia de Hamburgo, 1768), comezou a diferenciarse entre o Dramatiker, ou escritor de textos dramáticos, e o Dramaturg, que se adoita traducir como dramaturxista, unha especie de mediador entre o texto e o espectáculo que traballa ao servizo do director de escena e que prepara os textos para a súa realización escénica. A dramaturxia aparece definida como unha especie de preescritura escénica integrada por unha serie de formulacións teóricas, por un conxunto de estratexias, aplicacións metodolóxicas e técnicas, e por un numeroso grupo de prácticas, que teñen como obxectivo deseñar un espectáculo virtual definindo todos os...
-
Conxunto de traballos encamiñados a converter un texto, dramático ou non, en espectáculo teatral.
-
Materia ensinada nas escolas de arte dramática que pretende dar unha visión unitaria do feito teatral desde o punto de vista teórico.
-