"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura precolombina de Perú. Os estratos máis profundos, descubertos en Cerro Prieto de Guañape, datan do III milenio a C. Desde o ss XIII ao IX a C estendeuse polo N no val do Virú. Cara ao s X a C apareceron o millo e outros cultivos, a llama domesticada e, posteriormente, a metalurxia, iniciada co traballo do ouro.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, ao N da illa de Tenerife (5.193 h [2001]). Ao O limita co Lomo de los Chupaderos, e polo S, coas vertentes do Teide. A agricultura é a base da economía (plátanos, tomates, cereais e patacas).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo guanche ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante do pobo guanche.
-
Pobo que vivía nas illas Canarias antes do s XIV. Orixinarios do N de África, a súa cultura era de tipo neolítico, baseada no pastoreo de cabras e ovellas, na recolección de froitos e nunha limitada agricultura. Vivían en cabanas, non coñecían os metais, a roda e as embarcacións, pero posuían unha técnica de cerámica moi avanzada. Adoraban as divindades naturais e estaban gobernados por unha aristocracia con cargos electos e hereditarios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sheng de China, na rexión do Centro-Sur, na costa do mar de China meridional (178.000 km2; 86.420.000 h [2000]). A capital é Canton. Montañosa, pero con relevos de escasa altitude, a parte N pertence á conca hidrográfica do Iang-Tsé (ou río Azul), e o resto do territorio, á do río Zhu (ou das Perlas). Produce arroz, cana de azucre, tabaco e madeiras olorosas. Ten industrias mecánicas, de seda, algodón e cemento, e minas de tungsteno, manganeso, carbón e ferro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zizhiqu de China (230.000 km2; 44.890.000 h [2000]). A capital é Nanning. Situada na conca superior e media do Xi Jiang. Destaca a explotación forestal. Posúe xacementos de minerais non ferrosos e cultivos de cereais, arroz, oleaxinosas e té.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Imina que deriva da urea. É unha substancia incolora, soluble en auga, fortemente básica que se obtén por tratamento da urea con amoníaco a presión. Atópase na arxinina, creatina, creatinina e na guanina, de onde se obtivo, por primeira vez, por degradación. É o axente desnaturalizante de proteínas máis forte, propiedade que o fai útil en experimentación bioquímica. A guanidina e os seus sales empréganse na preparación de medicamentos, explosivos ou colorantes.
-
-
Calquera sal do ácido guanílico.
-
Sal sódico do ácido guanílico. É un aditivo legalmente aceptado, igual que o ácido do que deriva, que se emprega como portador e reforzador do aroma cárnico en produtos alimentarios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Base púrica que contén un grupo guanidínico. É unha das catro bases nitroxenadas que entran na constitución dos nucleótidos que forman parte da estrutura dos ácidos nucleicos (ADN e ARN). Interveñen en reaccións metabólicas de transferencia de enerxía ou grupos fosfato. Nas secuencias nucleotídicas represéntase pola letra G.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Materia formada principalmente por excrementos e cadáveres de aves mariñas. É moi rica en fosfatos e substancias nitroxenadas polo que se emprega como fertilizante. Encóntrase nalgunhas costas, especialmente na sudamericana do Pacífico.
-
-
Nucleósido da guanina. É un glicósido no que a base se une por un enlace N-glicosídico a unha ribosa ou unha desoxirribosa.
-
GTP.
-
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima de Cuba, próxima á baía e á base aeronaval estadounidense do mesmo nome (205.078 h [1996]). Está atravesada polo río Guaso e o seu afluente, o Bano. Nos arredores hai importantes plantacións de cana de azucre, café, cacao e cereais. Fundada no s XVIII por emigrantes de orixe francesa de Santo Domingo, EE UU construíron nela (1903) unha base militar. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de Santa Catalina de Rici (s XIX) e o palacio de Salcines (s XX).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Cuba (6.186 km2; 508.864 h [estim 1998]). A capital é Guantánamo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de vestir feita de diferentes materiais, como plástico, pel, punto ou goma, usada para protexer ou abrigar, que cobre a man ou a man e o pulso e, ás veces, o antebrazo, e que se amolda á súa forma enfundando por separado cada dedo, ou polo menos, o polgar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compartimento do cadro de instrumentos do automóbil onde se gardan obxectos pequenos e documentación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fai ou vende guantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
[Paullinia cupana, Fam das sapindáceas]
-
-
Relativo ou pertencente aos guaranís, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo guaraní.
-
Pobo amerindio que no momento do descubrimento de América ocupaba a costa atlántica, e que, polo interior, se estendía ata os ríos Paraná, Uruguay e Paraguay. Dedicábanse á caza e á recolección. Organizábanse ao redor de familias extensas, que se consideraban descendentes dun antepasado común, e tiñan un xefe que se ocupaba de dirixilos na guerra e de arbitrar as familias cando tiñan conflitos entre elas. As familias extensas agrupábanse en aldeas, que eran as maiores unidades sociais. No s XVI foron sometidos pola monarquía hispánica ao réxime da encomenda, ou ben ao de reducións, que os xesuítas instalaron en Paraguay, S de Brasil e no N de Arxentina.
-
Lingua do phylum amerindio da rama ecuatorial da familia tupí-guaraní falada polos guaranís de Paraguay, aínda que tamén se fala en zonas de Bolivia, Brasil e Arxentina. Ten recoñecemento oficial compartido co castelán en Paraguay. Dos seus trazos lingüísticos destacan a existencia de vocais nasais, que se sinalan na escrita con diéreses; o acento recae xeralmente na sílaba final; non fai distinción de xénero pero si de número (plural en -kuera); e os verbos non existen como raíz senón que se inician cun trazo de unión, que é o que esixe a presencia dun pronome persoal suxeito. Escríbese con caracteres latinos e algúns signos diacríticos.
-
Unidade monetaria principal do Paraguay (G 1 ), dividida en 100 céntimos.
-
Literatura cultivada en guaraní. En Paraguay, onde a política evanxelizadora dos antigos xesuítas e as súas reducións foron máis patentes, o proceso de alfabetización da poboación modificou a estrutura das literaturas orais. Dos libros publicados durante a colonización destacan Dicionario guaraní (1624), Vocabulario de la lengua guaraní (1624) e Tesoro de la lengua guaraní (1639).
-
-
IGREXAS
Igrexa situada na Guarda. Pertenceu a un mosteiro de monxas beneditinas fundado en 1558 pola familia Ozores de Soutomaior. O convento restaurouse en diversas épocas e nel destacou o claustro. Foi escola pública trala supresión da vida monacal en 1868 e converteuse nun establecemento hoteleiro en 1990. A igrexa construíuse no s XVI e conserva, entre outros, o sepulcro de Álvaro Ozores e Soutomaior. A fachada destaca pola sobriedade. A porta é de arco de medio punto apoiada en pilastras planas. O conxunto remata con pináculos nas esquinas e campanario central.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Guarda. Atópase no terreo que ocupou unha igrexa prerrománica do s X. Construída en 1576, ten planta rectangular. A fachada é barroca e nela sobresaen as cornixas curvas rematadas en volutas e a ventá central. No lado N conserva pegada a torre do s XIX formada por tres corpos separados por balcóns de balaústres con pináculos con bólas nas esquinas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Na súa obra destacou o esfumado da luz e o gusto polo movemento. Da plasmación dun anaco de paisaxe, onde non falta o elemento humano e arquitectónico, pasou a unha paisaxe inventada. Destacou como pintor de vistas. Entre outras obras sobresaen A roda de San Marcos, Capricio sulla la laguna e La piazzetta.
VER O DETALLE DO TERMO